45
O SOLO

O solo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O solo

O SOLO

Page 2: O solo

Conceptos

Page 3: O solo

Edafoloxía: ciencia que se ocupa do estudo do solo.

Solo: capa superficial da codia terrestre.É unha formación natural da superficie terres-tre que se compón de elementos nos tres estados:

- sólidos: * materia ou fracción mineral: aportada pola rocha nai a través de proce- sos de alteración e disgregación físicos e químicos.

* materia ou fracción orgánica: viva ou procedente da descomposición dos restos de seres vivos vexetais e animais (raíces, fungos, bacterias, vermes, insectos, …)

- líquidos: auga.É unha solución complexa con abundantes nutrientes.

- gasosos: gases ocupando os poros.O aire proporciona osíxeno e CO2.Xunto coa auga ocupa os espazos porosos do solo entre as partículas sólidas.

Page 4: O solo

Rocha nai: é o material litolóxico orixinal (granito, calcaria, arxila, …), o substrato mineral a partir do cal se forma o solo.

Inflúe na súa:

* cor.

* textura: o tamaño das partículas que o compoñen.

* estrutura: forma en que se agrupan as partículas do solo en fragmentos maio- res.

* permeabilidade: capacidade do solo de permitir a filtración de auga e de gases a zonas máis profundas.

* acidez: en función das concentracións de H (hidróxeno) nos coloides do solo. Mídese co pH (“potencial de hidróxeno”) que é un indicador da concen- tración de ións hidróxeno nos coloides do solo, determinando o seu grao de acidez ou de alcalinidade. Emprégase unha escala de 1 a 14, onde os valores inferiores a 7 indican acidez e os superiores alcalinidade.O pH dun solo é un factor de gran importancia á hora de determinar a vexetación que se pode asentar nel

ou as súas posibilidades agrarias. Os solos cun índice de pH 1, 2 ou 3 son moi ácidos; 4 ou 5 acidez media pouco ácidos os de 6 ou superiores (Galicia: pH 4-6; correción: cal)

Page 5: O solo

Perfil do solo: conxunto de “capas” ou horizontes que forman un solo.

Horizonte: son cada unha das capas individualizadas (con características físicas, químicas e bioló-xicas ben diferenciadas).Son observables nos cortes ou seccións verticais dun solo desde a super-ficie.

Posto que os procesos de formación do solo prodúcense desde a superficie hacia o interior, a configuración tipo dos sucesivos horizontes sería, de xeito paradigmático:

* Horizonte A: en superficie.Distínguense varias capas:

- A0: capa superficial, composta por follaxe e restos orgánicos pouco descom- postos.É o único horizonte 100% orgánico.

- A1: segunda capa, de cor escura, formada pola materia orgánica en descompo- sición, o humus.

- A2: terceira capa, de cor máis clara, composta de materia mineral mezclada con algo de materia orgánica.Aquí as partículas máis finas son arrastradas pola auga que tamén disolve compoñentes orgánicos e transpórtaos a capas profundas (proceso de lixiviación)

Page 6: O solo

* Horizonte B: de cor máis intensa.Ten unha capa de alteración en contacto co horizonte C (rocha nai meteorizada) e unha capa de acumulación de substancias lixiviadas procedentes do horizonte A.

* Horizonte C: formado pola rocha nai meteorizada, é dicir, alterada e disgregada pola acción dos axentes atmosféricos.

* Horizonte D: rocha nai consolidada, non meteorizada, sen alterar.

Meteorización: define o proceso de transformación e descomposición das rochas.Distínguese:

- meteorización mecánica ou fragmentación física: procesos de gelifracción, descompresión, expansión térmica e actividade biolóxica.

- meteorización química ou alteración química: mediante procesos de disolución, oxidación e hidrólise.

Lixiviación: proceso de arrastre, pola auga de chuvia, dos materiais solubles dos horizontes su- perficiais do solo hasta horizontes máis profundos.A súa intensidade depende do vo- lume das precipitacións (se son demasiado intensas pode conducir a un empobrece- mento do solo)

Page 7: O solo

HORIZONTES DO SOLO

Procesos de meteorización da rocha nai

Procesosdelixiviación

Page 8: O solo

HORIZONTES DO SOLO

Page 9: O solo

Tipos de solo segundo criterio xenético (polos procesos e factores que os orixinaron, fundamentalmente clima e litoloxía)

* Solos zonais ou clímax: son solos evolucinados, creados pola influencia do clima.Re- presentan, xeralmente, unha situación de edafoclímax ou equilibrio co medio natural.

* Solos azonais: son solos inmaduros, con características pouco definidas debido a que son solos xóvenes ou moi afectados pola erosión.Poden existir en cal- quer clima.

* Solos intrazonais: dependen, en maior medida, da rocha nai, o drenaxe ou a topo- grafía, mentras o factor climático importa menos.

Page 10: O solo

Factores

Page 11: O solo

O solo é unha capa dinámica, en constante cambio e evolución.

Considérase un elemento fundamental da paisaxe xeográfica, que fai posible o desenvolvemento da vexetación natural e que é soporte das actividades económicas

da agricultura, a ganadería e a explotación forestal.

Page 12: O solo

FÍSICOS:

* A rocha nai

* O clima: considérase actualmente o principal condicionante do solo.O réxime termopluvio- métrico inflúe decisivamente:

- no tipo de meteorización (mecánica ou química) e na velocidade e profundidade da mesma: as precipitacións e temperaturas altas favorecen a descomposi- ción química da rocha nai e aumentan a velocidade de descomposición da materia orgánica.

- nos procesos de lixiviación: cando as precipitacións son excesivas, moitas subs- tancias son arrastradas ou filtradas hacia horizontes máis profundos e redú- cese a fertilidade do terreo.

* A topografía: inflúe na profundidade e potencia (espesor) dun solo.En zonas de pendentes pronunciadas, os solos tenden a desenvolverse pouco: son solos delgados ou, incluso, inexistentes. As mellores condicións danse en superficies chairas ou suavemente ondula- das que presenten unha boa drenaxe, onde se acumulen os materiais e a ero- sión sexa menor. Ademais, a orientación do relevo, en interacción co clima, condicionan o ca- rácter do solo.

Page 13: O solo

BIOLÓXICOS: (os seres vivos)

* As plantas e os animais interveñen decisivamente sobre as características fisicoquí-micas do solo.

* as plantas poden empobrecer e acidificar os solos (coníferas) ou enriquecelo, ache-gándolles bases captadas pola súas raíces (frondosas)

* a microflora (bacterias e fungos) descompón a materia orgánica e crea o humus (do que depende, en gran medida, a súa fertilidade.

* os animais (lombrices, roedores, insectos, …) remóveno e contribúen á súa aireación

* o ser humano é, en sí mesmo, un factor biolóxico: pode destruír, alterar ou mellorar, coas súas actuacións os solos.

Page 14: O solo

O TEMPO:

* é factor determinante posto que a formación dun solo é un proceso lento que se de-senvolve ao longo de séculos ou de miles de anos.É esta unha compoñente esencial de todos os procesos xeolóxicos.

* a evolución dun solo arranca da alteración da rocha nai.A partir disto, e segundo o seu nivel de evolución, distínguense:

- solos xoves, novos ou incipientes, esqueléticos e pouco desenvolvidos, que aínda non completaron a súa evolución.

- solos maduros e evolucionados, resultado dun proceso de miles de anos.

Page 15: O solo

Tipos de solo

Page 16: O solo

Esquema Terra parda húmida - Rochedo silíceo Rankers Clima oceánico Terra parda calcaria - Rochedo calcario Terra fusca* Solos zonais - Rochedo silíceo = Terra parda meridional

Solos vermello mediterráneo - Rochedo calcario Terra rossa Clima mediterráneo - Arxilas e margas = Vertisolos ou terras negras

- Áreas mediterráneas = Serosem ou solo gris sub- de clima estepario desértico

* Solos azonais (inmaduros, de características non ben definidas, nos que non é doado diferenciar os horizontes)

Pardo - calcarios

Renzinas Aluviais* Solos intrazonais Encharcados

Areentos

Salinos

Volcánicos

Page 17: O solo

Solos zonais

Page 18: O solo

Clima oceánico

Page 19: O solo

Trazos xerais:

* evolucinados.

* ricos en materia orgánica.

* ácidos: as constantes precipitacións arrastran as bases da superficie cara aos estratos

inferiores (lixiviación) Esta acidez acentúase cando: - a rocha é silícea. - a vexetación natural se substitúe por espe- cies como o piñeiro ou o eucalipto.

* os solos ácidos requiren fertilizado para o seu aproveitamento agrícola e cal para neutralizar a acidez.

Page 20: O solo

Sobre rocha silícea: (incremento da acidez)

* Terra parda húmida: - tipo dominante (o máis extendido)

- aparece en: Galicia, occidente asturiano e no Sistema Central.

- en xeral, son bos solos para o cultivo en zonas chas: hai que contrarrestar a acidez con cal.

- en zonas con pendente: pastizais.

Viñedos sobre terra parda húmida no Bierzo Perfil de terra parda húmida

Page 21: O solo

* Rankers:

- sitúanse en zonas máis altas ou con acusada pendente.

- xunto coas terras pardas, son os que presentan maior extensión neste ámbito.

- sometidos a forte erosión: de aí a súa escasa evolución e espesor.

- o horizonte orgánico A, pobre en humus, repousa directamente sobre os horizon- tes C ou D.

- só son aptos para pastos/bosques, non para cultivo.

Ranker sobre pizarras Landa sobre ranker

Page 22: O solo

Sobre rocha calcaria: (menor acidez do solo)

* Terra parda calcaria:

- tipo dominante: parte oriental da C. Cantábrica, Montes Vascos e no Pireneo Cen- tral onde alterna coa terra parda húmida.

- lixeiramente básica e rica en humus.

- excelentes rendementos en determinados tipos de cultivos (feixóns – cast. judías – e millo) ou en prados permanentes.

- nas áreas de maior pendente: bosques de frondosas.

Paisaxe sobre terra parda calcaria Terra parda calcaria

Page 23: O solo

* Terra fusca:

- sobre calcarias duras e en zonas montañosas e húmidas: sectores orientais da Cor- dilleira Cantábrica e Montes Vascos.

- o seu horizonte A soe ser moi delgado e facilmente erosionable.

- principal dedicación: forestal.

Terra fusca Paisaxe sobre terra fusca

Page 24: O solo

Clima mediterráneo

Page 25: O solo

Sobre rochedo silíceo:

* Terra parda meridional:

- variedade árida da terra parda húmida.

- ocupa unha ampla zona do zócalo paleozoico no oeste peninsular.

- solo pobre pola súa acidez.

- escaseza de humus.

- estrutura solta, polo que erosiónase con facilidade.De feito, en moitas zonas ató- panse degradados pola intensa erosión (basicamente antrópica)

- dedicación: devesas de aciñeira e sobreira, pasteiros pobres ou cereais se se enga-

de cal e se fertiliza.

Page 26: O solo

Paisaxes sobre terra parda meridional (Estremadura)Terra parda meridional

Page 27: O solo

Sobre rochedo calcario:

* dominantes na área climática mediterránea.

* os solos teñen un horizonte arxiloso, resultado da lenta disolución da calcaria,.

* cor avermellada, debido ao óxido de ferro.

* fertilidade: diversa.

Page 28: O solo

* Solo vermello mediterráneo:

- rico en nutrientes.

- presenta, no horizonte B, un horizonte de acumulación de arxilas, dunha cor ver- mella característica.

- defínese como boa terra de labor, apta para case todo tipo de cultivos.

Page 29: O solo

* Terra rossa:

- sobre calcarias duras.

- horizonte arxiloso repousando directamente sobre a rocha nai.

- frecuentes afloramentos da rocha nai, o que difuculta o laboreo e, sobre todo, a mecanización.

- dominan matogueiras , bosques de devesa ou cultivos arbóreos (amendoeira, oli- veira)

Page 30: O solo

Sobre arxilas e margas:

* fórmanse os vertisolos (vertisoles, do latín vertere: dar a volta) ou terras negras:

- formados por arxilas expansivas que se contraen cando se secan e se inchan cando se hu- medecen: durante o verán, ao se contraer, ábrense gretas, que se enchen con materiais da superficie. na época húmida, cando a arxila se incha e se dilata, os materiais que enchen as gretas actúan como cuñas e provocan tensións tensións internas que ocasionan o volteo e remoción do solo.

resultado deste proceso é á renovación constante do solo e a súa fertilidade.

- son dos solos máis fértiles de España: usados para todo tipo de cultivos, agás os arbóreos, para os que, debido ao seu alto contido de arxilas, non son aptos.

- localización: val do Guadalquivir, Terra de Barros (Badajoz) ou a conca de Pamplona.

Page 31: O solo

VertisolesTerra negra

Page 32: O solo

Áreas mediterráneas de clima estepario: sureste peninsular ou val medio do Ebro

* predomina o solo gris subdesértico ou serosem:

- de cor gris clara.

- a elevada aridez reseca estes solos.

- ricos en calcaria e pobres en humus e materia orgánica pois a vexetación que soporta é es- casa e aberta e deixa grandes espazos sen cubrir: isto determina, ademais, que sufran unha intensa erosión.

- aproveitamento:

en secaño: moi pobre, aínda que no val medio do Ebro, se as precipita- cións de primavera son suficientes, pode dar boas colleitas de cereal.

en regadío: é mais fértil, aínda que acusa fácil salinización (pola inten- sa evaporación destas áreas)

Page 33: O solo

Solo gris subdesértico

Os Monegros

Almería

Page 34: O solo

Solos azonais

Page 35: O solo

* son solos inmaduros, con características e perfil non ben definidos, nos que apenas é posible diferenciar os horizontes.

* tipos fundamentais:

regosoles: formados por materiais moi soltos.

litosoles: solos esquléticos, moi pedregosos, característicos de zonas de topo- grafía con forte pendente.

* forman enclaves illados no territorio peninsular.

Page 36: O solo

Regosol Litosol

Page 37: O solo

Solos intrazonais

Page 38: O solo

* teñen un perfil ben definido que contrasta co do contorno.

* inflúen na súa formación factores locais distintos do clima.

* os máis habituais en España son os pardos calcarios e as rendzinas, sobre rochedo calcario (con abundante contido en carbonato cálcico).Permiten cultivos leñosos, cereais, leguminosas e, ben regados, hortas.

Page 39: O solo

* Solos pardo – calcarios:

- sobre calcarias.

- exténdense sobre boa parte do territorio peninsular e o arquipélago balear.

- erosionados, pobres en humus, pouco profundos e con escasa alteración química.

- aproveitamento: cultivo da vide e do olivo.Só nas zonas nas que os solos son máis profundoscultívanse cereais e leguminosas.

Page 40: O solo

* Rendzimas:

- solos xóvenes.

- pobres en humus.

- formados sobre rochas calizas en áreas secas.

- ocupan as grandes depresións fluviais.

- aproveitamento: tradicionalmente orientáronse ao cultivo de cereal.

Page 41: O solo

* Outros:

Aluviais: nas beiras dos ríos.Cultivos de regadío (horta) e pastos.

Encharcados: en zonas endorreicas.Pobres en nutrientes.

Areentos: áridos e improdutivos, xa que as precipitacións infíltranse.

Salinos ou halomorfos: propios das marismas ou de zonas onde a intensa evapora- ción fai precipitar os sales contidos na auga.

Volcánicos: fundamentalmente basálticos, en gran parte improdutivos.

Page 42: O solo

Encharcados

Tablas de Daimiel Encharcado

Page 43: O solo

Salinos

Page 44: O solo

Aluviais (fluvisoles)

Page 45: O solo

Volcánicos

Cultivo de viñas sobre solo volcánico en Lanzarote

Cultivo en bancais sobre solo volcánico en La Gomera