31
Os desherdados Henrique Dacosta (Ferrol, Embora, 2006)

Os desherdados

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os desherdados

Os desherdadosHenrique Dacosta (Ferrol, Embora, 2006)

Page 2: Os desherdados

Henrique Dacosta: un ferrolán que ama a súa terra e a súa historia

• Nace en Ferrol en 1964.

• Pasa a súa infancia en Ferrol nobarrio de Canido, con longasestancias estivais en Covas, deonde proceden os seus ancestros.De alí que sexa coñecedor da súapaisaxe, toponimia e historia, oque logo destila na súa obra.

• Ademais é membro da AsociaciónCultural Columba, radicada enCovas, con quen participa endistintas iniciativas para a posta envalor do patrimonio da zona.

Page 3: Os desherdados

Henrique Dacosta: por riba de todo un docto amante da nosa lingua

• Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa.

• Técnico Especialista en LinguaGalega na Comisión deEducación, Cultura e Deportesno Concello de Fene, ondeelaborou o estudo: Fene e asúa toponimia. Achegas paraunha comprensión.

• Profesor de lingua e literaturagalega no IES de Catabois.

• Colaborador habitual de Nordesía, suplemento do Diario de Ferrol.

• Publica en revistas e periódicos como (Agália, A Nosa Terra, FerrolAnálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia, etc.)

• Ponente en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.

Page 4: Os desherdados

Henrique Dacosta: unha sólida obra I

Obra Narrativa

• Mar para todo o sempre (1992) Laiovento.

• Sobre comboios, janelas e outraspequenas historias (1995). Laiovento.

• Os desherdados (2006) Embora.

• O prezo da tentación (2008) Embora.

• Unha mada de doce relatos

(2008) Laiovento.• Entrada ao xardín do saber (2014)

Redelibros.

Ensaio

• Ferroláns na Historia da Literatura Galega ((2007) Embora.

Page 5: Os desherdados

Henrique Dacosta: unha sólida obra II

Obras colectivas

• “Ruivamulher de esperança” enMuralla de Crescórnio (1989) ANosa Terra.

• “Diálogo de sordos” en Longalingua Os contos da Mesa (2002)Xerais.

• “Ouro maldito” en Seis ferroláns(2003) Embora.

• “Cabo do mundo” en PremiosPedrón de Ouro.Certame ModestoR. Figueiredo. XXXII e XXXIII(2008) Edicións do Castro.

• “En defensa do Poleiro. A voz dosescritores galegos” en Celanova(2010). Toxosoutos.

Page 6: Os desherdados

Henrique Dacosta: unha carreirarecoñecida

• Finalista no I Certame de RelatoCurto da Asociación CulturalCidade Vella de Santiago deCompostela (1989) con“Ruivamulher de esperança”.

• Premio Carvalho Calero, navertente de creación literaria(1991) con Mar para todo osempre.

• Premio Carvalho Calero, navertente de creación literaria(1993) por Sobre comboios,janelas e outras pequenashistórias.

• Premio Carvalho Calero, navertente de creación literaria(2007) por Unha mada de docerelatos.

Page 7: Os desherdados

Henrique Dacosta: un estilo moidefinido

• Primor da súa prosa.• Dificultade do seu léxico. Gusto

polas palabras máis castizas ouenxebres.

• Sintaxe complexa: frases alongadas, enumeración de sintagmas nominais, paralelismos.

• Influencias lusistas.• Influencia de autores de estilo

“barroco” como Alejo Carpentier.

• Veremos máis adiante o estilo concreto desta novela.

Page 8: Os desherdados

Os desherdados: título

Hai unha referencia ao título na propia novela:“Sobrevivencia. A lei do máis forte. Eran a Españadesafecta, os desherdados.” (p. 57)Refírese aos prisioneiros republicanos obrigadosa traballar nos túneles de Covas. Pero podeaplicarse o adxectivo a todos os personaxes danovela. Xa que, polo xeral, son serestraballadores, sufridores, asoballados. Pero queconservan a súa dignidade e enteireza. Xente quenon sae nos libros de historia. Gusto polaintrahistoria segundo o concepto unamuniano.

Page 9: Os desherdados

Os desherdados: temas

Como o propio autor, recollendo as críticas recibidas pola novela, salienta:• É unha novela realista, ambientada na inmediata posguerra sobre a vida

de traballadores humildes. Trata o tema da intrahistoria.• É unha novela social: denuncia as duras condicións de vida dos pobres,

dos vencidos, das mulleres, dos prisioneiros, dos inxustamente acusados…• É unha novela con elementos fantásticos, que se imbrican nos reais con

total naturalidade, como é moi propio da mentalidade galega e de parteda súa narrativa (Rafael Dieste). Na mente de Balbina mestúranse ossoños, os medos, os escrúpulos (en forma de sombras, como veremos),coa realidade.

• É unha novela que fai reflexionar: Destila profundos pensamentos comoque todos os feitos dunha vida están relacionados entre sí e cos doutraspersoas. A vida como cadea: “A vida está concibida como unha sucesiónde elos, como unha colosal cadea, como unha malla de cadeas (mellordito) da que todos e cada un facemos parte. A simple alteración de un, deun tan só destes elos pode ser a transmutación de calquera acontecementoulterior que poida acontecer.” (p. 98)

Page 10: Os desherdados

Os desherdados: estrutura I

A novela pecha o círculo vital dunha muller forte e sinxela, Balbina. Cóntanos

cómo descubre o misterio das súas orixes. Consta de dez capítulos.

• Capítulo 1. Desde o punto de vista do neno no ventre da súa nai, Balbina, cóntaseque ela e Ramón parten de Moeche para Covas. Logo hai unha analepse que contaa vida de Sefa e Bieito, nai e padrastro de Balbina.

• Capítulo 2. Conta o paso de Balbina e Ramón dende Moeche a Covas. Acaba cointento de violación de Balbina e o susto de crer ter perdido ao Tonecho.

• Capítulo 3. Analepse sobre a historia de Ramón. Buscador de granates, mal earriscado negocio. Ten que fuxir de O Barqueiro e vai dar a Moeche onde traballacon Bieito e casa con Balbina.

• Capítulo 4. Logo da agresión de Balbina, trata da investigación do capitán Basanta.A detención do falso culpable Fuco e a trampa que a valente de Balbina lle tendeao auténtico agresor.

• Capítulo 5. A vida segue en Covas. Problemas laborais nas obras, dos que Ramóntrata de evadirse. Prisioneiros de guerra. Basanta e Balbina enfróntanse por esteasunto.

Page 11: Os desherdados

Os desherdados: estrutura II• Capítulo 6. Fantasía. O soño de Balbina. Atopa a casa e os personaxes e a

ronda ata que consegue entrar nela.

• Capítulo 7. Balbina faise familiar na casa dos Silvas e fai de “celestina”entre Guillermina e o capitán Basanta. Clima positivo no campamento.

• Capítulo 8. Balbina volve ter o soño co aforcado. Pregunta a Sito sobre oZalo, o seu irmán que morreu aforcado, e aquel cóntalle que éste eramalo.

• Capítulo 9. Casan Guillermina e Basanta. Pequenas analepses sobre amorte dos pais de Guillermina. Balbina torna a soñar co aforcado e vesombras. Fala coa Colasa e logo dunha nova analepse sobre ela, cóntalleque Zalo era un violador.

• Capítulo 10. O das confesións. Sito confesa que matou a Zalo. Ela confesa,sonámbula, a Ramón que matou a parteira. Balbina confesa con DonDamián e este confésalle quen é o seu pai. Ela queda tranquila e identificaaos catro fantasmas: os seus avós, o seu bisavó, e o seu tío Xesús, mortona guerra?

Page 12: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial I

• Novela itinerante pola comarca de Ferrolterra (Covas,Moeche) e doutras Rías Altas (O Barqueiro e Viveiro).

• Prioiro (Covas), onde transcorre a meirande parte da novela.Véxase o mapa da zona.

• Corresponde a zona máis próxima ao cabo Prior. Fálase dofaro, dos túneles das baterías do Monte do Cabalo, do cuartel,do lavadoiro, da aldea coas súas casas, a súa igrexa.

Page 13: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial II

• Dos arredores de Covas aparecenlocalizacións coma o campo de tirodo Marmadeiro, a casa de comidados Galos, xunto a Chousa de Valón(o restaurante o Galo?) a Bailadora(a finca de tal nome?).

• Cítanse case que todas asparroquias da zona e máis aló:“Papoi, Serantes, A Graña, Castelo,Mandiá, Val, San Mateo, Meirás,Santa Mariña, San Xoan, Xuvia,Barallobre, Brión, Narahío, Roxal…”(p. 26).Cos seus correspondentes patróns(san Martiño de Covas, san Xoan deEsmelle, san Pedro de Papoi, santaUxía de Mandiá, san Salvador de OVal… p. 113).

• Alí a novela remata o círculo davida de Balbina, chega ás súasorixes, onde foi concebida. E alíqueda en paz cos seus fantasmasou sombras.

Page 14: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial III

• Moeche: Aquí comeza anovela. Saen de alíBalbina e o seu home,estando ela embarazadado Tonecho. Fálase do val,do seu castelo, dascanteiras de toelo, de sanXurxo, da aldea, do bar,da igrexa, do monte.

• Nos recordos de Balbina,a acción volve a estelugar, intermitentemente.

Page 15: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial IV

• Ferrol. Na analepse sobre Sefa viaxamos dunhaaldea (logo se vai saber que é Covas) a Ferrol,aparece o porto, onde malvive Sefa, o Hospital deCaridade, onde dá a luz a Balbina. De novo obarrio de Ferrol Vello onde un estibador, Bieito, acoñece e a leva vivir con el á súa casa da rúaEspírito Santo.

• Na acción de Balbina menciónanse dependenciasde Ferrol, como a cárcere de Caranza onde vai daro falso culpable da agresión, Fuco.

Page 16: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial V

Hospital da Caridade.Onde nace Balbina.

Muelle de CuruxeirasOnde traballa Bieito.

Page 17: Os desherdados

Os desherdados: marco espacial VI• O Barqueiro: Na analepse

sobre a vida de Ramónaparece o seu pobo natal, oBarqueiro; a súa praia, ondemariscaba a súa nai; o seuporto onde el “andou áardora, coa traína doPancho o Lebracho, entre oOrtegal e a Estaca, entreambos os cabos pois. Nuncapasara dos aguillóns” p.33). Pero logo si vai collergranates alí.

• Viveiro: aquí aparece o portodo Celeiro. E a cidade deViveiro, onde Ramón e o seuamigo Mundo fan negocios coreloxeiro Melchiades. Aquí oameazan, e teñen que fuxirpola porta de Carlos V e aponte do Landro.

Page 18: Os desherdados

Os desherdados: personaxes I

Novela de bastantes personaxes, case todos teñen encomún a súa condición de desherdados, descoñecidos dagran historia. Boa descripción de personaxes. Salvo oviolador e o Zalo, cúmulo de maldade, o resto sonpersonaxes con aristas, con virtudes e defectos:

• Balbina: salienta entre todos. A novela é a busca da súaverdade. É case unha heroína épica. Afróntase a moitasdificultades na súa vida. Orfa de nai, maltratada, enderezaao seu padrastro coa axuda do cura don Servando e dabeata Virtudes. Casa con Ramón, vai a Covas estando denove meses, traballa de lavandeira. Agresión sexual.Vinganza, acada categoría épica co seu epíteto. Apiádasedos prisioneiros. Non lle teme a Basanta. Sonámbula, nonpara ata clarificar os seus soños e sombras. Fai de boacelestina e de investigadora.

Page 19: Os desherdados

Os desherdados: personaxes II• A familia de Balbina:

– Ramón: home de Balbina.Traballaba no toelo enMoeche, pero cansan e van aCovas a picar nos túneles dasbaterías de costas. Cóntase asúa historia previa no capítulo3. Cando hai problemaslaborais, a súa mentalidade é“ver e calar”. Axuda a Balbina.

– Antón, Tonecho: fillo deBalbina. A novela comenzadende o seu punto de vista,no ventre da súa nai. Cóntaseas súas medras ata que podeandar. É un neno precioso emoi querido.

Page 20: Os desherdados

Os desherdados: personaxes III

• Os maiores de Balbina: Van morrendo os seus maiorespero sempre ten outros que fan o seu papel:– Sefa: A nai de Balbina, cuxa vida cóntase nunha analepse

no capítulo 1. Embarazada do fillo dos donos, tivo quepartir a Ferrol, onde traballou. Morre nun segundo parto.

– Bieito: Cóntase a vida no capítulo 1. Casou coa Sefa e crioua Balbina. Estibador do porto, apíadase de Sefa e xúntasecon ela. Van a Moeche a traballar. Cando morre Sefa,vólvese tolo e bebe. Ata que casa con Virtudes.

– Virtudes: Beata que, movida en principio pola obedienciaa don Servando, preocúpase por Bieito e Balbina, ata que,namorada, casa con este e o endereza.

Page 21: Os desherdados

Os desherdados: personaxes IV

• Os Silva, a familia podente da aldea:– Guillermina, “A Dama da

fonte” muller sufridora querecobra a ilusión grazas aBalbina e ao amor polocapitán Basanta. Portentosatransformación física esicolóxica (p. 79).

– Sito, irmán menor, cunhadiscapacidade mental.Víctima dos abusos do irmánmaior e a postre executor del.Gústalle bailar e escapar detodos polo monte. Ainfluencia do Nordés.

– Zalo, auténtico depravado,violador e torturador. Pai deBalbina.

Page 22: Os desherdados

Os desherdados: personaxes V• As forzas vivas:

• Os curas: A súa importancia naGalicia rural era enorme comoconciencia dos seus fregueses eautoridade moral.

– Don Servando: Boa persoa quese preocupa polos seus freguesese axuda a Bieito e Balbina.Manda a Virtudes unha misiónpara salvar esta familia.

– Don Damián: Boa persoa, aíndaque non consinta en enterrar ensagrado a Zalo (como por outrabanda tiña mandado). Moi amigode Don Servando. Escoita aconfesión de Balbina ecorresponde con outraprocedente de Don Servando.

• Os militares:Capitán Basanta: boa persoa. Ao principioaparece como típico home do Réxime,cheo de prexuízos, pretende botar a culpada agresión de Balbina a un inocente,para non manchar un militar. Pero vaicambiando, ao coñecer e respectar aBalbina. Acaba namorado e casando coaGuillermina.

Page 23: Os desherdados

Os desherdados: marco temporal• Sitúase o comezo da historia de Balbina, deixando aparte as repetidas analepses,

no verán de 1940, coa guerra moi recente e en plena Guerra Mundial sen saber seEspaña vai ser neutral. Situación difícil. Ambiente militar, necesidade de construírtúneles para defenderse de ataques aéreos (p. 24-6) Bibliografía sobre as baterías.

• Máis referencias á Guerra Civil:

– O militar Basanta fala da batalla de Brunete e en xeral da heroica cruzada.

– Na obra traballan penados políticos.

• Máis referencias a Guerra Mundial:

– O asunto do Wolframio (citado no capítulo 2)

– Os cabecillas das protestas nos túneles son obrigados a enrolarse na DivisiónAzul.

– Combate aéreo do que algúns veciños gardan restos.

Page 24: Os desherdados

Os desherdados: uso do tempo• O relato comeza en Moeche con Balbina embarazada e case saíndo de

alí. Inicíase unha analepse longa sobre a súa nai (p. 10-20) ata que,logo de morta a nai, Balbina consegue reconducir ao seu pai coa axudade don Servando.

• O relato retoma a saída de Balbina de Moeche a súa instalación enCovas co seu marido e neno ata o intento de violación (p. 21-31).

• Volve haber unha analepse sobre Ramón e explícanos como chega aMoeche e casa con Balbina (p. 31-38, é dicir todo o capítulo 3).

• O relato retoma a vida de Balbina dende a agresión. Non haberá máisanalepses longas pero si breves: (sobre Basanta p. 62, a morte dosSilva, p. 95, a vida da tía Colasa, p. 102).

• Pasa o tempo, medido pola idade do Tonecho. Xa camiña. E o relatoremata coa revelación da orixe de Balbina é dicir, onde comezara.Estrutura circular.

• A narración non busca sorprender ao lector porque dende o principiosabemos máis que os personaxes: que o Zalo é o pai de Balbina (p. 11).

Page 25: Os desherdados

Os desherdados: técnicas narrativas

• Narrador omnisciente en tercerapersoa.

• Ausencia absoluta de diálogo enestilo directo. Pero frecuencia devoces dos personaxes en estiloindirecto libre que mete no medio danarración sen previo aviso:monólogos internos (p. 28, 34),declaracións xudiciais (de Balbina aomilitar, p. 49) algúns moi longos (orelato da Colasa sobre o Zalo, p. 104),incluso diálogos (entre Guillermina eBalbina p. 70). Pluriperspectivismo.

• Descricións fermosas da paisaxe edos costumes da vida rural (os xogosdo Tonecho co Sito na natureza p. 88-9). “locus amoenus”.

Page 26: Os desherdados

Os desherdados: estilo IEsta novela é como todas as súas, boa mostra dun primoroso estilo do

que xa falamos. Abundan recursos estilísticos como:• Nivel morfo-sintáctico:

– Longas enumeracións: “Cunha bolboreta de cores que se pousou nunfelgo, cunha miñoca que sae de paseo á fresca do campo, co gorgolexoda auga do río cando a mamá lava, bate e torce a roupa, coas papasde maínzo e leite morniño que tanto lle saben, coas festas de papá, coacara enlarafuzada de terra e pó do granito escachizado, así que baixadas obras do Monte do Cabalo… Vai ti a saber con que” (p 66)

– Estilo sintagmático: paralelismos nos que se repiten as mesmasestructuras: moitas veces sintagmas nominais:

– Nexos: “quer tropa, quer traballadores” (p. 52)– Gusto polo léxico enxebre: naipelo, toelo, mao, …– Lusismos abundantes no léxico e na estrutura sintáctica.– Aparición de léxico ferrolán (procedente do inglés pola influencia dos

ingleses traballadores de Bazán): brus

Page 27: Os desherdados

Os desherdados: Estilo II• Nivel léxico-semántico:

– Metáforas: Sefa co seu bebé “ virxínea madonnasostendo o seu Xesús” (p. 13) O río no que lava Balbinaa roupa dos militares e penados os iguala a todos:“Fardas duns, camisas e casacas doutros, aquilo, á finde contas, ía todo por xunto camiño do río, para omesmo río, e o mesmo xabón as lavaba, e as mesmasmans as torcían, e estendíaas no campo ou púñaas noestendal para secar…” (p. 61)

– Símiles: “Ventábao como un can, como un sabuxo” (p.45) “Andalle o humor coma faba na ola” (p. 62)

– Epíteto épico: Balbina, “A Despeitahomes”, víngase doseu agresor, (p. 50). Guillermina, “A Dama da Fonte”.

Page 28: Os desherdados

Os desherdados: Estilo III– Símbolos:

A sombra: aquilo que fai saír a Balbina deMoeche cara a terra onde, sen ela sabelo, foraconcebida, onde atopará outras sombras: “asombra, a sombra sobondándoo todo,sobordándoa toda ela, a súa existencia, a súaconciencia, o seu penar, e precisábao largar,ceibar como fose, de forma que a aliviase dotormento”. (p. 10) “A sensación que no corpo ten,así como a estraña impresión coma que de entesextraordinarios, de sombras que de cando en vezchegan a axexar até en pleno día” (p. 98).

Page 29: Os desherdados

Os desherdados: Estilo IV– Máis símbolos

A presenza constante do vento Nordés, (ademáis decómo símil “era coma a frescaxe do Nordés” p. 61) creoque simboliza a forza da Natureza que se alía cosagresores –impide que nadie escoite gritar a Balbinamentres é violada, que se oia o tiro recibido por Sito p.110)- ao tempo que vexo unha identificación co propioSito, salvaxe e variable: “O Sito ten a cabeza chea de ar,de moito vento, por iso abala con tanta frecuencia dunlado para o outro, sembre semellando que a rotaescollida é variábel, variábel como as múltiplesdireccións que marca o catavento en forma de galo queten no cumio da súa casa” (p. 111).

Page 30: Os desherdados

Bibliografía• Nada máis publicarse a novela apareceron recensións nos

principais diarios culturais galegos. Poden consultarsegrazas ao PDF do Centro de Investigación da FundaciónRamón Piñeiro:

• Ramón Loureiro: “Coa memoria da posguerra” SuplementoCulturas de La Voz de Galicia (20, maio, 2006).

• Xosé M. Eyré: “As traxedias que agacha a vida”, A NosaTerra, 1235, (14-20 setembro, 2006).

• Armando Requeixo: “Para todo o sempre”, Suplemento deDiario de Ferrol, Nordesía, 381, (18, xuño, 2006).

• http://cadernodacritica.blogaliza.org/manuscritos-henrique-dacosta-i/

• Artigo na wikipedia

Page 31: Os desherdados

Os desherdados: créditos

• Traballo realizado por Pilar Berrio Martín-Retortillo, para a visita de Henrique Dacostaao noso Club de Lectura de Adultos, logo dalectura da súa novela Os desherdados.

• IES Sofía Casanova.

• Ferrol, 25 de novembro de 2014.