12
PAKISTÁN Paquistán Nome República Islámica de Paquistán Capital Islamabad Extensión 796.096 km² Poboación 165.803.560 (2006)

Paquistán

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Paquistán

PAKISTÁN

Paquistán Nome República Islámica de Paquistán

Capital Islamabad

Extensión 796.096 km²

Poboación 165.803.560 (2006)

Page 2: Paquistán

Linguas principais O idioma nacional é o urdu, pero tamén se falan o punjabí e o sindhi. O inglés é de uso xeral.

Moeda Rupia paquistaní (1 PKR = 100 paisa)

Relixión 97% musulmáns e o 3% de outras,

Ciudades principais Islamabad (805.236 habitantes (2005).

Karachi (10.100.000 hab.),

Lahore (6.300.000 hab.)

Faisalabad (2.300.000 hab.) (2005).

Page 3: Paquistán

límites

xeográficos Limita ao norte con China, ao leste coa India e ao Oeste con Afganistán e Irán

provincias Está dividida en catro provincias (Baluchistán, Fronteira do Noroeste, Punjab e Sind)

Islamabad é a capital federal.

Con estatuto especial figuran as Áreas Tribais, os Territorios do Norte e Azaz (libre) Cachemira.

Page 4: Paquistán

grupos étnicos Punjabi, sindim, pastho, beluchi e muhajir.

Forma de estado República Federal Islámica

Forma de goberno Sistema parlamentario federal. O poder executivo reside no presidente, elixido polos representantes na Asemblea Nacional e as asembleas provinciais para cinco anos.

Page 5: Paquistán

Clima Continental, seco e cálido, caracterízase por extremas variacións de temperaturas e está modificado pola altitude.

A temperatura media anual é de 27º, agás nas montañas onde os invernos son moi fríos.

A temperatura en Karachi oscila entre os 13º e os 34º con precipitacións insignificantes.

Temperaturas extremas en Islamabad: -4º e 48º

O monzón do suroeste, que sopra de xullo a outubro aporta chuvias, especialmente nas zonas do norte.

As precipitacións en xeral son moi variables polo que son frecuentes tanto os períodos de inundacións como os de seca.

Page 6: Paquistán

Xeografía O país está situado no oeste do subcontinente indio.

Distínguense tres grandes rexións físicas,

• a zona montañosa do Norte (Cachemira occidental), accidentada polo Karakorum e as estribacións do Hindu Kush e do Himalaya con algúns cumes dos máis altos do mundo

• as altiplanicies pedregosas e desérticas de Beluchistán e Sind, ao SO

• e o val aluvial do Indo e os seus afluentes, que compoñen o Punjab ou país dos cinco ríos.

O río Indo percorre 1000 km. Sobre chan paquistaní e os seus afluentes bañan o país dende a rexión de Cachemira ata o mar Arábigo.

Entre os lagos cabe destacar o Manchhar.

O punto máis alto do país é a montaña K2 con 8645m de altitude.

Page 7: Paquistán

.

bandeira

Page 8: Paquistán

Educación O ensino primario gratuíto é un dereito constitucional, pero non é obrigatoria. O ensino primario empeza aos 5 anos, durante 5. O secundario empeza aos 10 anos, dividido en dúas etapas de 3 e 4 anos respectivamente. Todas as escolas son nacionais, agás as das misións, e un crecente número de escolas privadas.

Page 9: Paquistán

Economía

O Paquistán é un país pobre e subdesenvolvido que sufriu con décadas de disputas políticas internas, baixos niveis de investimento estranxeiro, e caída nos prezos das manufacturas. Vive principalmente da agricultura. Os principias cultivos do país son a cana de azucre, trigo, arroz, algodón e millo. A maioría da poboación que vive en áreas rurais dedícase á gandería.

Page 10: Paquistán

En canto á industria destacan os alimentos elaborados, téxtiles e algodón e iute, roupas de algodón, seda e raión, petróleo refinado, cemento, fertilizantes, azucre, cigarrillos, sosa comercial bicicletas, barras e láminas e aceiro e produtos químicos. Os produtos artesáns como a cerámica e as alfombras son tamén importantes. As grandes fábricas son de propiedade estatal, como as fábricas e cemento, fertilizantes, aceiro e alimentos elaborados. Forza de traballo por sector : 43% agricultura 20,3% industria 36,6% comercio e servizos Desemprego 15%

Page 11: Paquistán

Gastronomía A cociña paquistaní é semellante á hindú, pero menos condimentada. Utiliza en boa parte dos seus pratos o curry e a masala. A especialidade é o tandoori chiken, que é un xeito de cociñar o polo nun forno típico. Tamén o kebab do que se distinguen tres clases: • shesh kebab , pinchos de carne asada. • Shami kebab, carne frita en ghee (manteiga

purificada) • E tikka kebab, carne asada e adobada,

condimentada con especias tradicionais.

Ao igual que na India, adoitase tomar a bebida elaborada a base de iogur frío batido con auga, que pode estar dóce ou salgado; o seu nome : lassi. Existe tamén unha bebida de lima mesturada con auga e azucre, chamada nimbu pani

Page 12: Paquistán

Deporte Os deportes máis populares en Paquistán son hockey sobre céspede e o cricket.