73
PARQUE NACIONAL TEIDE

Parque Nacional do Teide

Embed Size (px)

Citation preview

PARQUE NACIONAL

TEIDE

SITUACIÓN: no centro da illa de Tenerife (arquipélago de Canarias)Concellos: La Orotava, Santiago del Teide, Guía de Isora, Vilaflor de Chasna, Fasnia e Icod de los Vinos.SUPERFICIE: 3.606,7 hectáreas

Costa norte de Tenerife co Teide

ALTITUDE MEDIA: 2.000 mCUME MÁIS ALTO: Teide, con 3.318 m

PROTECCIÓNParque Nacional (1954), o maior e máis antigo da Illas Canarias.Patrimonio da Humanidade (2007)

VALORES NATURAIS-É unha área de grande interese xeolóxico onde se poden apreciar caldeiras, conos volcánicos, coadas de lava de materiais moi diversos, domos, pitóns, covas, depósitos de cinsas, fumarolas...-Grande diversidade de ecosistemas e de especies de flora e fauna con numerosos endemismos.-Paisaxes espectaculares

Vista desde Guajara, na beira da caldeira

Monte Izaña, co observatorio astronómico. Ao fonto o Teide.

Chaira de Ucanca

Minas San José

Minas San José

Roques de García

XEOLOXÍAO antigo edificio volcánico que ocupaba o centro da illa de Tenerife formouse durante 3,5 millóns de anos en sucesivas erupcións alternadas con procesos de erosión e esbaramento, sobre todo cara ao norte, dando como resultado unha grande depresión ou caldeira (coñecida como As Cañadas) dentro da que xurdiu o complexo de volcáns Teide-Pico Viejo.

Vista parcial da caldeira das Cañadas desde o cume do Teide.

Chaira de Ucanca desde o cume do Teide

Vista da caldeira e do Teide desde o cume de Guajara.A parte que se conserva da caldeira das Cañadas mide 16x12 km

Llanos de Ucanca, a maior Cañada do Teide.

Vista do interior da caldeira das Cañadas.

O conxunto Teide-Pico Viejo son estratovolcáns de tipo estromboliano que comezaron a formarse hai uns 150.000 anos.

Cume do Teide

Cume do Teide

O Teide e a Montaña Branca (vista leste)

Cráter do Pico Viejo

A última erupción tivo lugar no 1798 na base do Pico Viejo e formou as Narices do Teide.

Monte Pasajirón e Roque “La Grieta”, na beira sur da caldeira.

Monte Guajara (2.712 m) o cume máis alto da beira sur da caldeira.

O Gangarro (2223 m), ao pé da Boca Tauce, una das entradas na caldeira do Teide.

Na actualidade a única actividade son as furmarolas.

As lavas procedentes de distintas erupcións, formadas por materiais diversos (basaltos, basanitas, traquibasaltos, fonolitas, traquitas...) conforman unha paisaxe onde as cores, as formas e as texturas son moi variadas.

Lava cordada

Os campos de escoiras formados polas coadas de lava coñécense co nome de “malpaíses”.

Formacións basálticas coas características formas prismáticas (Roques de García)

Minas de San José, un campo de area de pedra pómez

Montaña Mostaza, un cono de cinzas de cor avermellada.

Os Azulejos, materiais de cor verdosa, formados por acción hidrotermal

Efectos da erosión nas rochas.

Os roques son estruturas que sobresaen na paisaxe formadas por rochas máis duras que resistiron a erosión dando lugar a curiosas formas.

O Roque Cinchado,

Roques de García

Roques de García

Roques de García

Roque A Catedral

Roque A Catedral

Roque na base do Guajara

O zapato da Raíña

FLORAAs especies vexetais están adaptadas ás rigorosas condicións do ambiente (altitude, forte insolación, amplitude térmica e seca). Teñen formas semiesféricas, reducen a superficie foliar, están cubertas de pelos ou cera, floración abundante...

Están rexistradas 194 especies vexetais, das que 5 son exclusivas do Parque Nacional, 32 endemismos tinerfeños e 31 endemismos de Canarias.

As formacións vexetais máis características son os “retamales” ou xesteiras, dominadas pola xesta do Teide.

ENDEMISMOS DO PARQUE NACIONALVioleta do Teide (Viola cheiranthifolia), “jarilla” das Cañadas (Helianthemum juliae), cardo de prata (Stemmacantha cynaroides), edelweiss do Teide (Gnapalium teydeum), herba coelleira (Silene nocteolens).

Edelweiss do Teide (Gnapalium teydeum)

ENDEMISMOS CANARIOSXesta do Teide (Spartocytisus supranubius), alhelí do Teide (Erysimum scoparium), tonática (Nepeta teydea Var. teydea), flor do malpaís (Tolpis webbii), roseira do guanche (Bencomia estipulata).

Tonática (Nepeta teydea Var. teydea)

Alhelí do Teide (Erysimum scoparium)

Flor do malpaís (Tolpis webbii)

Xesta do Teide (Spartocytisus supranubius)

ENDEMISMOS DO PISO SUPRAMEDITERRÁNEOTaxinaste vermello (Echium wildpretii), margarida do Teide (Argyranthemum teneriffae), herba “pajonera” (Descurainia bourgaeana), roseiriña de cume (Pterocephalus lasiospermus).

Margarida do Teide (Argyranthemum teneriffae)

Taxinaste vermello (Echium wildpretii)

Herba “pajonera” (Descurainia bourgaeana)

Roseiriña de cume (Pterocephalus lasiospermus).

Taxinaste picante(Echium auberianum)

Andryala pinnatifida

Cedro canario (Juniperus cedrus)

Piñeiro canario (Pinus canariensis).É a única especie de piñeiro que retoña despois de ser cortado ou de arder.

FAUNAMAMÍFEROS. Cinco especies de morcegos: nóctulo pequeno (Nyctalus leisleri), orelludo canario (Plecotus teneriffae), morcego de Madeira (Pipistrellus maderensis)... e varias especies introducidas en distintas épocas (muflón, coello, ratos, gato asilvestrado, ourizo moruno...)

AVES. Vinte especies (10 nidificantes): pimpín azul do Teide (Fringilla teydea teydea), bisbita camiñeiro (Anthus berthelotii berthelotii), lagarteiro (Falco tinnunculus canariensis), alcaudón real (Lanius excubitor); ferreiriño (Parus caeruleus teneriffae), picafollas (Phylloscopus collybita), xirrio unicolor (Apus unicolor unicolor), bufo pequeno (Asio otus canariensis), perdiz moruna, pomba bravía...

Bisbita camiñeiro (Anthus berthelotii berthelotii),

RÉPTILES: destacan tres especies endémicas: lagarto tizón (Gallotia galloti galloti), perenquén (Tarentola delandii), lisa (Chalcides viridanus viridanus).

Lagarto tizón (Gallotia galloti galloti).

INVERTEBRADOS1.400 especies, na súa maioría endémicas: arañas, insectos (escaravellos, dípteros, hemípteros e himenópteros).

Escaravello do Teide (Pimelia ascendens), un endemismo do parque.

CURIOSIDADES -O Teide é o pico máis alto do Estado Español e de todas as terras emerxidas do Océano Atlántico.

-O Parque Nacional do Teide recibe máis de tres millóns de visitantes ao ano. É o parque con máis visitantes de Europa e o segundo do mundo.

-O nome do Teide en guanche era Echeyde que significaba inferno.Segundo as súas crenzas, nel vivía Guayota, o espíritu do mal.

Observatorio do Teide, no que hai instalación de distintos países para estudar o Universo e o clima. A calidade e transparencia do aire fai que sexa un dos mellores enclaves do mundo.

O Roque Cinchado é una das imaxes máis coñecidas do Parque Nacional do Teide.

No mesmo Teide está situado o Refuxio de Montaña de Altavista e un teleférico que ascende desde o pé, a uns 2.350 m ata A Rambleta, a uns 3.555 m. O ascenso ao cume pódese facer cun permiso especial.

Vista desde o teleférico do Teide.

Adela Leiro Lois, Mon Daporta PadínXuño 2014