43
R R R t i u l i e z a i c e u c d i c e l a fichas de traballo Educación Secundaria

RRR Educación Secundaria

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: RRR Educación Secundaria

RR

R tiu

lie

za

ic

e

u

c

d

ice

la

fichasde

traballo

Educación Secundaria

Page 2: RRR Educación Secundaria
Page 3: RRR Educación Secundaria

PROCESO QUE SEGUE UN ELEMENTO MATERIAL ATA CONVERTERSE NUN MATERIAL DE CONSUMO

A maioría dos elementos destinados ó consumo humano seguen un proceso de transformación que mo-difica de algunha maneira as cualidades orixinais do material ata que se transforma nun producto cun-ha cualidades determinadas en función do uso ó que vai destinado. Á hora reciclar ou aproveitar un material é importante que as cualidades orixinais da materia prima se manteñan o mellor posible para poder completar o ciclo da súa recuperación. Cantos menos enga-didos artificiais teña un produto, máis doado será de reciclar e menos complexo será o seu proceso de transformación.

CICLO DE VIDA EXEMPLO: A AUGA LOCALIZACIÓN DO RECURSO: atopar un manancial de auga, un xa-cemento de mineral, un bosque cunha madeira determinada, unha bolsa de gas, un banco de peixes... Estúdase a súa situación, a can-tidade, as facilidades para explotalo ou transportalo...

Localízase un manancial

EXTRACCIÓN: por diferentes métodos (pozos petrolíferos, canteiras, minas, tala de árbores, pesca...)

Escávase un pozo

DEPURACIÓN: eliminación dos materiais que non interesan para dei-xar o que interesa o máis puro posible. Os minerais, por exemplo, adoitan vir asociados a outros e hai que sometelos a unha serie de procesos para separalos (triturados, lavados, disolución...)

Depúrase para eliminar resí-duos e bacterias (planta depuradora)

TRANSFORMACIÓN: algúns elementos úsanse sos e hai que sometelos a tratamentos para convertelos no obxecto concreto. Outros forman parte, xunto con outros, dun material máis elaborado. Despois de diferentes procesos mecánicos, físicos e/ou químicos obtense o pro-duto final.

APLICACIÓN: e a fase final de transformacións que consiste en reali-zar o obxecto ou produto de consumo. Por exemplo: papel para li-bros, madeira para taboleiros, ferro para envases, plástico para bol-sas... Esta fase compleméntase con diversos procesos segundo o tipo de obxecto: recheo de envases, etiquetado, impresión de libros, construción de mobles...

Envasado en botellas de PET

DISTRIBUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN: pode ser previa á elaboración final do produto, ó final ou en varias fases do proceso.

Envío a centros de venda. Adquisición das botellas

USO OU CONSUMO: é o remate da vida do produto como tal. Unha vez utilizado convértese en RESÍDUO ou REFUGO e en función da decisión que toma o consumidor ou dos medios dos que dispón no seu lugar de residencia vai a ser valorizado para aproveitar ou sim-plemente eliminado.

Consumo como bebida na casa

ELIMINACIÓN: o refugo sae das mans do consumidor e deposítase nun determinado lugar (verquido directo na natureza ou recollida orga-nizada).

A auga elimínase polos ouri-ños e vai á rede de sumi-doiros. A botella pasa a for-mar parte do lixo

PROCESO QUE SEGUE O REFUGO: incorporación ó medio, descompo-sición natural, verquido controlado, incineración, reutilización, reci-claxe, aproveitamento enerxético, ...

A auga dos sumidoiros depú-rase, vérquese ó mar, evapó-rase, volve á atmosfera e de novo á terra cando chove. A botella de PET bótase no contedor de envases, vai á planta de selección, logo á planta de reciclaxe e convér-tese en bolsas de plástico.

Page 4: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DO CICLO DOS MATERIAIS Escoller un material do lixo e explicar o seu ciclo de vida. No caso de ser reciclable indicar con frechas o momento do ciclo no que se incorpora.

LOCALIZACIÓN DAS

MATERIAS PRIMAS

EXTRACCIÓN

DEPURACIÓN

TRANSFORMACIÓN

APLICACIÓN

USO

REFUGO

TRATAMENTO

DOS RESÍDUOS

ELIMINACIÓN

Page 5: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo do papel e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

CICLO DE VIDA DO PAPEL

Page 6: RRR Educación Secundaria

Desde que os chineses inventaron o papel, hai máis de 2000 anos, ata a revolución industrial coa in-vención das primeiras máquinas, o papel fabricábase á man, folla a folla. Partían de restos textís (roupas vellas) de algodón ou liño que se seleccionaban, cortaban e trituraban ata formar unha pasta fina. Para formar a follas utilizaban uns moldes, logo prensábannas e poñíanas a secar.

EXPERIENCIA: Elaboración de papel reciclado

Obxectivos: Preparar unha mestura (auga e papel) e observar as

propiedades das substancias antes e despois de mes-turarse.

Realizar papel reciclado aplicando o método de se-paración de substancias por filtración.

Material: Papel de periódicos, folios, revistas...

Recipientes grandes

Batedora ou similar

Dous marcos, un con rediña e outro sen ela. Fan-se con listóns de madeira.

Prensa

Panos

Procedemento: Rachar en anacos unhas follas de papel de periódi-co e deixalas amolecer en auga abundante un día ou dous.

Bater ben a pasta cunha batedora ou aparello de remexer a pintura.

Botar nunha tina grande con auga unha pequena cantidade de pasta.

O marco de dúas pezas ármase coa parte sen rede

por enriba.

Introducir o molde na mes-tura.

Levantar e escoar con coidado en posición hori-zontal.

Retirar a parte superior do marco e cubrir a lámina de pasta cun pano.

Voltear o conxunto e reti-rar o marco.

As láminas, enriba dos panos, amoréanse unhas sobre outras para aforrar espacio e facilitar o pren-sado.

Prensar as láminas duran-te un tempo poñéndolle enriba unha táboa cun obxecto pesado.

Poñelas a secar.

Pódese alisar cun ferro de pasar pouco quente.

O grosor do papel depende da concentración da pasta. Pódese alixeirar engadíndolle auga. A consistencia depende do prensado. A cor do papel que se obtén é gris, pero podemos engadirlle á auga productos colorantes (pinturas, cenoira, espinacas, azafrán...) Pódense facer probas con papel de periódicos, restos de folios e fotocopias...

Page 7: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DOS RESÍDUOS: PAPEL E CARTÓN

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA REUTILIZALO

Page 8: RRR Educación Secundaria
Page 9: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo do plástico e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

CICLO DE VIDA DO PLÁSTICO

Page 10: RRR Educación Secundaria

Estudo dos envases de plástico

producto características do envase

tipo de plástico símbolo posibilidade de reciclaxe

Page 11: RRR Educación Secundaria

EXPERIENCIA: Fabricación de febras artificiais

Obxectivos: Realizar no laboratorio un proceso similar ó da fabricación das febras artificiais

Material:

Amoníaco, carbonato de cobre, auga, ácido sulfúrico.

Papel de filtro

Recipientes de vidro, xeringa…

Procedemento:

Preparar 150 cc duna disolución de amoníaco en auga e engadirlle un pouco de carbonato de cobre.

Disolver uns anacos de papel de filtro (celulosa)

Recoller cunha xeringa un pouco líquido e botala nun recipiente cunha disolución diluída de auga con ácido sulfúrico. Observar o que sucede.

A febra que se obtén a partir da celulosa chámase viscosa.

AMPLIACIÓN:

Buscar información sobre a fabricación de febras artificiais:

Materias primas

procesos de elaboración

Propiedades

Aplicacións

Page 12: RRR Educación Secundaria
Page 13: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo dos envases férricos e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

CICLO DE VIDA DOS ENVASES FÉRRICOS

Page 14: RRR Educación Secundaria
Page 15: RRR Educación Secundaria

1. Investiga sobre a fabricación de aluminio: de onde se obtén, proceso de elaboración, impacto ambiental,

consumo de enerxía, importancia económica, usos ...

2. Busca obxectos que conteñan aluminio e completa a táboa:

Material Usos ¿Cómo se

podería reducir?

¿Cómo se

podería reutilizar?

Proceso de

reciclaxe

Page 16: RRR Educación Secundaria

Ciclo de vido do vidro

moterios primos

selección e depósitoen contedor especiol

templeenf riodo

f e selecciót

lJl[l-\

ecenomentostribución

Page 17: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo do vidro e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

CICLO DE VIDA DO VIDRO

Page 18: RRR Educación Secundaria

ESTUDIO DOS RESÍDUOS: VIDRO

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA REUTILIZALO

Fai unha lista de obxectos de vidro que se poden botar no contedor verde (iglú) para reciclar e os que

non. Explica por que.

OBXECTOS QUE SE BOTAN NO CONTEDOR OBXECTOS QUE NON SE BOTAN NO CONTEDOR

Page 19: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DOS RESÍDUOS: ENVASES

NOME ORIXE IDEA PARA REDUCILO IDEA PARA REUTILIZALO

Page 20: RRR Educación Secundaria

As pilas e baterías son aparellos que transforman a enerxía

química a partir do intercambio

electrónico producido nunha reacción.

Están formadas por determinados

productos químicos (reactivos): ácidos,

metais, sales... protexidos por illantes no

interior dunha carcasa metálica.

Unha pila precisa 50 veces máis enerxía

para a súa fabricación da que ela mesma

producirá.

PROCESO DE RECICLADO:

As pilas pódense procesar para separar os seus

compoñentes.

Recóllense en contedores específicos.

Trasládanse a unha planta de tratamento

Seleccionanse

Tritúranse

Estabilízanse os diferentes productos químicos con reactivos. Como resultado obtense:

Chatarra férrica (reutilizable),

Vapores amoniacais (dos que se saca sulfato amónico que se pode usar como fertilizante),

Unha masa inertizada que se traslada a depósitos de seguridade.

As pilas son unha porcentaxe moi pequena dos resíduos, pero son moi perigosas, polos materiais que conteñen. Unha sola pila de botón pode contaminar máis de medio millón de litros de auga. As pilas nunca deberían rematar nun vertedoiro.

Page 21: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DOS RESÍDUOS: PILAS E BATERÍAS

TIPO DE PILA:

nome, debuxo

CARACTERÍSTICAS:

composición, potencia, aplicacións...

EFECTOS SOBRE

O MEDIO AMBIENTE

Investiga sobre os efectos das pilas e baterías sobre o medio ambiente:

Page 22: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase da reciclaxe das pilas e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

RECICLAXE DAS PILAS

Page 23: RRR Educación Secundaria
Page 24: RRR Educación Secundaria

Apega as imaxes representativas de cada fase do ciclo da materia orgánica e explica o proceso que ten lugar en cada unha. Fai unha análise dos procesos, materiais e enerxía que se aforran no caso de reciclar o refugo.

CICLO DA MATERIA ORGÁNICA

compostaxe doméstica

planta de compostaxe

Page 25: RRR Educación Secundaria

Fabricación de compost “Compost” é o abono orgánico elaborado de maneira natural polos microorganismos ó descompoñer aerobicamente (en presenza de aire) a materia orgánica (como resíduos das plantas -follas, tonas, herbas...-, esterco de animais -vaca, ovella-... ). A elaboración do compost constitúe unha forma de reciclaxe ideal pois a materia “inerte” transfórmase de novo en materia viva como abono enriquecedor do solo.

Nunha casa con xardín os resíduos orgánicos (cartón, cascas de ovos, restos de alimentos, papel de periódico, pelos, restos de plantas, serrín, servilletas de papel, terra, ...) poden transformarse en abono orgánico por efecto dos microorganismos (compost) por diferentes métodos. O máis simple é amorealos nun recuncho e cubrilos con terra para que manteñan a calor e a humidade que favorecen a fermentación. Tamén se pode construir un recipiente no que se depositen os restos en capas alternadas con terra. Outro método de facelo é utilizando a acción conxunta das miñocas e os microorganismos o que acelera o proceso.

Preparación do compost Capa de herba, follas ou varas de arbustos Capa fina de terra Separación fina entre capas (compost vello ou materias diversas) Mestura de resíduos (20-30 cm.) Materiais grosos (ponlas, varas de arbustos...)

Os millóns de microorganismos que traballan no “compost” necesitan, ademais de auga e osíxeno, nitróxeno para formar as súas propias proteínas e carbono para xerar enerxía. Precisan 30 unidades de carbono para tranformar unha unidade de nitróxeno, polo tanto a relación óptima carbono - nitróxeno (C/N) é de 30/1. Na seguinte táboa amósase de que orde é a relación C/N de algunhas das sustancias orgánicas usuais. Cunha mestura, o máis variada posible, pódense correxir as desproporcións e obter un compost equilibrado que sexa nutritivo para as plantas.

Masa verde (resíduos recentes da horta) 7 Céspede cortado 12 Esterco de animais 15 Palla de leguminosas e alfalfa 15 Resíduos da cociña 23 Plantas de pataca 25 Faíscas dos piñeiros 30 Turba negra 30 Follas de árbores 50 Turba branca 50 Palla de cereais 50-150 Serraduras 5.111

Page 26: RRR Educación Secundaria

EXPERIENCIA:

MONTAR UN PEQUENO ECOSISTEMA

Tema:

Os seres vivos

Obxectivo:

Observar o desenvolvemento dun ecosistema a pequena escala.

Material:

Acuario ou recipiente semellante

Plantas acuáticas

Peixes

Insectos… Procedemento:

Nun recipiente (acuario) introducir auga sen clorar, unhas plantas acuáticas e algúns pequenos animais herbívoros (cabezolos, caracolas de auga,…).

Pasados uns días engadir algún peixe.

Facer un seguimento rexistrando cada día a evolución xeral do conxunto e observacións de cada especie en particular.

Se a auga está clorada hai que deixala en repouso un par de días antes de engadirlle as plantas e os animais.

Ampliación:

Buscar información sobre un ecosistema natural semellante: poza ou estanque de auga dóce

Page 27: RRR Educación Secundaria

EXPERIENCIA:

Observación da actividade das miñocas na terra

Tema: Os seres vivos

Os animais Obxectivo:

Comprender a importancia da presencia das miñocas na terra

Material:

Recipiente transparente

Terra

Area

Serrín

Restos vexetais

Miñocas Procedemento:

Preparar un recipiente transparente con capas alternas de terrra, area e serrín e humedecelo.

Engadirlle restos de plantas ou follas.

Meter unhas miñocas e deixalo nun sitio escuro ou cubrilo para que non lle entre a luz.

Observalo a diario e anotar os cambios (engadirlle follas e humedecer a terra se é necesario).

Page 28: RRR Educación Secundaria

Nomes de obxectos que entranESTUDO DO LIXO QUE ENTRA E SE REFUGA NUNHA VIVENDA

-Fai un estudo dos resíduos que se xeran na túa vivenda durante unha semana e calcula as proporcións de cada tipo facendo unha análise da súa posibilidade de redución, reutilización ou reciclaxePodes utilizar a táboa da páxina seguinte.

-Indica un resumo dos resultados sobre este debuxo.

-Comparar os resultados de diferentes vivendas e investigar sobre as razóns das diferencias

Nomes de resíduos que saen e porcentaxes aproximadas

materia orgánica

papele cartón plásticos

metais vidro

OUTROS:mobles

tecidos

electrodomésticos

pilas

medicamentos

...

Page 29: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DO LIXO NUNHA VIVENDA: cantidades de lixo de cada tipo Para tomar os datos podes utilizar varios procedementos: Ir anotando cada cousa con cantidades (1 periódico, 1 bote de refresco...) por día Pedir a colaboración da familia e colocar o lixo en bolsas separadas que se irán pesando a medida que estén cheas. Pódese medir a capacidade utilizando recipientes...

papel cartón plástico metal vidro tecidos materia orgánica

outros

1ª bolsa

2ª bolsa

3ª bolsa

4ª bolsa

5ª bolsa

6ª bolsa

TOTAL

Nº de persoas da vivenda: Situación: rural urbana

Peso total do lixo da familia nunha semana: Producción por persoa ó día:

¿QUÉ SE FAI CO LIXO? ¿Onde se

deposita? Sistema de recollida

Periodicidade da recollida

¿A onde a levan?

papel

cartón

plástico

metal

vidro

tecidos

materia orgánica

electrodomésticos

pilas

mobles

Page 30: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DO LIXO NO CENTRO

Formar equipos e distribuir traballo de forma que cada equipo se encargue de facer unha investiga-ción. Ó rematar o traballo facer unha posta en común para elaborar un informe sobre o centro. Buscar os datos facendo enquisas ó alumnado, profesorado, persoal de mantenemento e limpeza, con-serxería... Realizar observacións periódicas, facer fotografías, videos... Ó rematar elaborar un informe e plantexar posibles medidas para mellorar o centro tendo en conta a REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE dos resíduos.

TEMA SUXERENCIAS

1. Estudo das aulas Número de papeleiras e situación Utilización das papeleiras Selección do lixo Limpeza da aula: chan, mesas...

2. Estudo dos corredores Número de papeleiras e situación Utilización das papeleiras Tipo de lixo que hai no chan, zonas, horas...

3. Estudio dos baños Instalacións para recoller lixo Limpeza do chan e das instalacións Tipo de lixo que se atopa no chan, nos inodoros...

4. A cafetería Papeleira e outros sistemas para o lixo Limpeza do chan Tipo de lixo Selección dos distintos materiais: envases, papel...

5. O patio, xardíns... (recinto exte-rior)

Instalacións para o lixo: papeleiras, tipo, situación, núme-ro..., contedores... Tipo de lixo que hai no chan Zonas con máis lixo Días e horas nas que se produce máis lixo

6. Oficinas, sala de profesores... Número de papeleiras e situación Utilización das papeleiras Selección do lixo Limpeza da aula: chan, mesas...

7. O sistema de limpeza e recollida Número de persoas da limpeza e cometido de cada unha Tipo de limpeza e periodicidade Forma de recoller os resíduos (mesturados, separados...) Superficie total da zona a limpar

Page 31: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DO LIXO NA PARROQUIA, BARRIO, POBOACIÓN...

Facer unha investigación sobre a recollida do lixo. Pódese facer por zonas ou parroquias ou do concello completo. Facer observacións directamente ou buscar información no concello, nos servizos de limpeza, preguntando ós veciños ...

1 ESTUDO DUNHA RÚA

Situación das papeleiras

Contedores: tipos, situación, aspecto...

Estado da rúa, tipo de lixo máis abundante, orixe (animais, persoas, actividades concretas...)

Sistema de limpeza

Periodicidade con que se limpa

Variación da limpeza: - en función da hora do día, - do día da semana - da época

Observación do comportamento das persoas e animais

2 ESTUDO DUNHA ZONA DE RECREO (Praza céntrica, xardíns, parque...)

3 ESTUDIO DUNHA PARROQUIA Contedores: - tipos - situación - cantidade - aspecto

Sistema de recollida: vehículos, periodicidade

Limpeza das rúas e camiños

Limpeza de zonas públicas

Presencia de vertedeiros incontrolados

4 OS SERVIZOS MUNICIPAIS Contedores: - tipos - situación - cantidade - aspecto

Sistema de recollida: vehículos, maquinaria, pe-riodicidade, zonas onde se deposita, destino de cada material...

Limpeza das rúas: sistema, periodicidade

Limpeza de zonas públicas

Presuposto que adica o concello á recollida e tra-tamento dos resíduos

Taxas que pagan os veciños

Tipo de xestión...

Tratamento que se lle da ós comercios e indus-trias...

Page 32: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DA AUGA EXPERIENCIA: depuración da auga

Obxectivos:

Experimentar con diferentes métodos de depu-rar a auga.

Diferenciar entre métodos físicos e químicos.

Material:

Varias botellas de plástico do mesmo tipo.

Variña e soportes

Recipientes de vidro: vasos, cristalizadores, ...

Material para filtrar: area limpa, carbón activo, algodón ou febra de filtro.

Tesouras ou coitelas, variñas de vidro.

Arxila, aceite, tinta, fariña, sal, ...

Procedemento:

Preparar varias mesturas en diferentes reci-pientes: auga e sal, auga e arxila, auga e tinta, auga e fariña, ... Deixalas repousar un pouco e observar cales se separan por decantación.

Cortar a botellas de plástico e facer unha mon-taxe coma a do debuxo.

Filtrar cada mestura por separado e observar en que tipo de filtro se separa cada unha.

Comprobar se na auga que se extrae ó final queda algunha substancia disolta. Averiguar cal é e deseñar un novo método para separala.

Ampliación: investigar como funciona unha depuradora de augas residuais e para o consumo humano.

Page 33: RRR Educación Secundaria

ESTUDO DO CICLO DA AUGA EXPERIENCIA: Fabricando nubes nunha botella...

Obxectivo:

Observar experimentalmente a condensación do vapor de auga.

Estudar o ciclo da auga

Material: Unha botella transparente grande

Auga quente

Xeo

Cartulina escura

Procedemento:

Encher a botellade auga quente e logo baleirala nas tres cuartas partes.

Porlle o xeo enriba da boca e colocala diante dunha cartulina escura.

Observar o que pasa e explicalo. A cartulina escura permite ver con máis claridade o fenómeno. Ampliación Explicar como se forman as nubes na atmosfera.

EXPERIENCIA: destilación

Obxectivo:

Separar os componentes dunha disolución.

Observar os cambios de estado na auga

Evaporación condensación

líquido gas líquido

Material: Axitador de vidro Aro soporte Base soporte Matraz de destilación Mecheiro Noz doble Pinzas Refrixerante (auga)

Rediña con amianto Tapón furado Termómetro Tubos de goma Variña soporte Vaso de precipitados de 250 cm3

Auga do mar, dun estanque, ...

Procedemento:

Montar o aparello de destilación seguindo o debuxo. Conectar as gomas que conducen a auga de refrixeración de tal xeito que esta entre por abaixo e saia por arriba.

Introducir no matraz o líquido ou disolución que se quere destilar, medindo previamente o volume, e acender o mecheiro. Rexistrar as temperaturas do termómetro e observar o que sucede.

Explicar as características do líquido recolli-do no vaso: volume, cor… e do produto que queda no matraz.

Page 34: RRR Educación Secundaria

EXPERIENCIA: estudo da descomposición de diferentes materiais do lixo

OBXECTIVOS:

Observar as transformacións que sofren os dis-tintos materiais do lixo.

Estudar o ciclo natural de descomposición dos materiais no solo.

MATERIAL: Xardineira, maceta, caixón... grandes

Obxectos variados do lixo: recipientes de papel ou cartón, plástico, metal, tecidos, restos de froita, plantas, madeiras...

Botes de vidro

PROCEDEMENTO: 1)

Recoller diversos materiais do lixo, procurando que sexan variados: plásticos, materia orgáni-ca, botes de metais, papeis, tecidos.... Facer unha ficha indicando as características de cada un: cor, textura, cheiro, aspecto...

Preparar unha maceta grande, caixón, xardi-neira... con terra

Enterrar os diferentes materiais

Desenterralos despois dun mes e observar os cambios. Completar a ficha indicando as carac-terísticas de cada material e intentar explicar os cambios que se produciron neles.

Pódese seguir coa experiencia durante varios me-ses ou facer un estudo comparativo en distintos recipientes con distintas condicións: humidade, luz, tipo de terra, presencia de miñocas...

2) Facer unha experiencia semellante encerrando os materiais hermeticamente en botes de vidro. Fa-cer un rexistro dos cambios cada semana.

MATERIAL CARACTERÍSTICAS

INICIAIS DESPOIS DE 1 MES 2 MESES ...

Page 35: RRR Educación Secundaria

Busca ou fai unha foto ou nova de prensa que indique unha conduta positiva relacionada cos resíduos, apégaa no recadro e fai un comentario.

¿Que recolle a na imaxe ou noticia?

Efectos sobre o medio ambiente ou as persoas:

Opinión persoal:

Page 36: RRR Educación Secundaria

Busca ou fai unha foto ou nova de prensa que indique unha conduta negativa relacionada cos resíduos, apégaa no recadro e fai un comentario.

Problema que se recolle na imaxe ou noticia:

Causa:

Efectos sobre o medio ambiente, as persoas...

Alternativas ou solucións:

Opinión persoal

Page 37: RRR Educación Secundaria

CICLO DA MATERIA ORGÁNICA

Page 38: RRR Educación Secundaria

RECICLAXE DE ENVASES FÉRRICOS

Page 39: RRR Educación Secundaria

CICLO DAS PILAS

Page 40: RRR Educación Secundaria

CICLO DO PLÁSTICO

Page 41: RRR Educación Secundaria

CICLO DO-VIDRO

Page 42: RRR Educación Secundaria

CICLO DO PAPEL

Page 43: RRR Educación Secundaria

Setembro 2000