41
CEIP MANUEL RIVERO DE LALÍN

Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

CEIP MANUEL RIVERO DE LALÍN

Page 2: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*PRESTA ATENCIÓN!

*Os experimentos seguintes nos que apareza o símbolo inferior, requiren para a súa realización, a presenza dun adulto.

Page 3: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 4: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

-cartulina (ou papel groso)-unha grapadora-un cordel -unhas tesoiras-cinta adhesiva

INSTRUCIÓNS:

-Recorta dous discos como os da fotografía. Despois de colorear os debuxos pégaos coas imaxes cara fóra, pero en posición invertida un respecto do outro.-Suxeita cada extremo do cordel cunha man e faino xirar adiante e atrás para que xiren os discos.

-Observarás que a mecha acende a candea.

Page 5: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?*Ao xirar os discos, ves imaxes da candea e

da chama. Ao ir a gran velocidade ves unha imaxe mentras a outra aínda persiste na túa memoria. O cerebro combina as dúas imaxes e crea a ilusión da candea acesa.

Page 6: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 7: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

:

*Para este experimento precisas:

*-manteiga

*-un anaco de papel hixiénico

*-un palillo ( mellor un palillo de pincho moruno)

*-un acendedor

Page 8: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

* INSTRUCIÓNS

*1º.- Corta un taco de manteiga.

*2º.- Co palillo fai un burato profundo e un pouco amplio.

*3º.-Retorce o papel hixiénico ata que pareza un fío e introdúceo no burato. Engrasa a parte saínte do papel.

*4º.- Agora acende a candea e verás como queda prendida.

Page 9: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*A graxa da manteiga derretida en contacto co osíxeno do aire produce unha reacción de combustión que libera enerxía en forma de luz e de calor.

Page 10: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 11: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

-un recipiente de cristal-auga-aceite-colorante alimentario-contagotas

INSTRUCIÓNS:

-Bota a auga no recipiente e por riba bota o aceite.-Deseguido verte unhas pingas de colorante sobre o aceite. Observarás que quedan na fronteira do aceite coa auga.

Page 12: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*As pingas quedan aí atrapadas pola tensión superficial da auga. Se lle botamos unhas pingas de lavavaixelas, estas rompen a tensión superficial da auga e o colorante pode descender ata o fondo do recipiente.

Page 13: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 14: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

- unha cubeta- un vaso- auga

INSTRUCIÓNS:

Mete o vaso ata o fondo do recipiente e dálle a volta.Levántao sen que o borde rebase a superficie da auga e comprobarás que a auga contida no vaso elévase acadando un nivel superior ao da auga externa.

Page 15: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*Porque a presión do aire sobre a superficie da auga contida na cubeta, empuxa á auga do vaso. Se elevamos o vaso por riba da superficie, o aire entra, expulsa a auga e baleira o vaso.

Page 16: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 17: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:-un recipiente de cristal-un imán-un clip

INSTRUCIÓNS:

-Bota auga no recipiente e introduce nela un clip. Logo invita a un amigo a sacalo clip sen mollar as mans.-Coloca o imán na parede do recipiente á altura do clip: cando este se acerque, despraza lentamente o imán cara arriba.

Page 18: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*A forza magnética do imán funciona tamén a través do cristal. Se as paredes do recipiente fosen metálicas, o clip sería atraído con menos intensidade porque parte da forza magnética sería «absorbida» polas paredes do recipiente.

Page 19: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Gracias á capacidade de exercer a súa forza tamén na auga, os imáns son usados durante a construción e a reparación de instalacións submariñas: son moi útiles, por exemplo, para manteñer fixos os cables durante os traballos.

Page 20: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 21: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:- un globo- unha agulla- cinta adhesiva

INSTRUCIÓNS:

-Infla o globo e pega un anaco de cinta adhesiva (coma no debuxo).-Logo fai un burato coa agulla no lugar onde pegaches a cinta.

Observarás que o globo vai perdendo aire, pero non estoupa.

Page 22: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que ?

*A cinta adhesiva evita que o globo rache a pesar de estar sometido a unha forte presión.

Page 23: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 24: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

-unha botella de plástico de auga dun litro e medio ou de dous litros.-un globo-un alfinete

INSTRUCIÓNS:

-Coloca o globo na boca da botella, cada adentro, de xeito que coincida a boca do globo coa boca da botella.-Sopra para inflar o globo.

-Observarás que non poderás conseguilo.

Page 25: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*Cando sopras coa intención de inflar o globo, a presión do aire que está atrapado no interior da botella impídeche facelo…

*…pero, se lle fas co alfinete, un burato á botella, o aire que hai no seu interior pode saír e así conseguirás inflar o globo con facilidade.

Page 26: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 27: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

-unha moeda-un contagotas-un vaso cunha pouca auga-colorante alimentario

INSTRUCIÓNS:

-Bota no vaso unhas 2 ou 3 pingadas de colorante alimentario.-Coloca a moeda enriba dunha superficie plana e vai botando pouco a pouco pingadas sobre ela.

Observarás que se crea unha especie de «tea invisible» que fai que a superficie se curve e evite que se derrame a auga.

Page 28: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*Isto débese a unha forza que ten a auga chamada «tensión superficial» que mantén unidas as moléculas de auga. Claro que se botas demasiadas pingas sobre a moeda esa especie de tea invisible acabará rompendo.

Page 29: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 30: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:-tres escarvadentes-un recipiente pequeño (una cunca, por exemplo)-lavavaixelas

INSTRUCIÓNS:

-Enche a cunca con auga e no medio coloca dous escarvadentes un a carón do outro. Intenta separalos co terceiro escarvadentes e verás que non é doado

-Agora molla a punta do terceiro escarvadentes no lavavaixelas e toca con esa punta no medio dos escarvadentes que están na auga e comprobarás que se separan rapidamente.

Page 31: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*O lavavaixelas fixo diminuír a tensión superficial da auga («a pel da auga») na zona que está entre os escarvadentes, mentras que na parte externa deles a auga tira cara fóra. De aí este desprazamento.

Page 32: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 33: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:-un recipiente grande con auga-unha botella de plástico-auga -un cravo

INSTRUCIÓNS:

-Pídelle a un adulto que che faga unha ducia de buratiños no fondo da botella.-Bota auga no fondo do recipiente grande. Sostén a botella sobre ese fondo e coa outra vaille botando auga ata que estea chea. Despois enrosca ben o tapón e levanta a botella.

Observarás que se poden formar algunhas pingas arredor dos buratos, pero a auga non caerá. Se lle quitas o tapón, a auga sairá polos buratos.

Page 34: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*Mentres a auga non presione cara abaixo a través da boca da botella, a presión de aire externa, manterá a auga dentro dos buratos. Cando destapas a botella, a presión do aire, empúrraa cara abaixo e a auga sae.

Page 35: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 36: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:

-un tubo de plástico-cinta adhesiva-a parte de cristal dun contagotas-un funil-auga

INSTRUCIÓNS:

-Coa cinta adhesiva pega o embudo e o contagotas aos extremos do tubo.-Pecha cun dedo a abertura do contagotas e enche o tubo de auga polo funil.-Baixa o extremo do contagotas e aparta o dedo.

Observarás que do contagotas sae un chorro de auga: canto máis levantas o funil, máis alto sae o chorro.

Page 37: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?

*A forza de presión exercida polo aire sobre a auga do embudo e a da auga dentro do tubo lanzan a auga cara riba. Ao levantar o funil, aumenta a altura do chorro porque é maior o estrato de auga que presiona cara abaixo.

Page 38: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)
Page 39: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

Precisarás:-acetona-recipiente de cristal-poliestireno expandido que é o nome que recibe a cortiza branca que se usa nas embalaxes

INSTRUCIÓNS:

- Bota a acetona no recipiente- Introduce nel, pouco a pouco os anacos ou

as barras da cortiza branca e verás como vai desaparecendo «misteriosamente».

Page 40: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Por que?*O segredo deste experimento é que o poliestireno expandido é nun 98% aire en un 2% plástico. Cando este material entra en contacto coa acetona prodúcese unha reacción química que rompe as estruturas que o compoñen . Ao romperse o plástico disólvese, aínda que en ningún momento desaparece.

*No recipiente queda un material pastoso mergullado na acetona, que sigue sendo estireno.

Page 41: Semana da Ciencia 2014 (bibliomrivero)

*Bibliografía:

* El gran libro de los experimentos, MEIANI, Antonella (Ed. San Pablo, Madrid

* 101 grandes experimentos, ARDLEY, Neil (Ed.Grupo Z)

* El taller de los experimentos, VARIOS (Ed. Labor)

* Experimentos científicos asombrosos con materiales de uso cotidiano, CHURCHILL, Richard E. (Ed. Edivisión)

* Experimentos para todas las edades, MORENO,R. CANO, Luis (Ed. Rialp

* Experimentar y descubrir. Revisado por LÜCK, Gisela (Ed.Elfos)

* Los experimentos de Flipy. PÉREZ VERGARA, Enrique e IBÁÑEZ PÉREZ, Pablo (Ed. Santillana)

* Ilusiones mágicas, VALERO,Almudena (Ed. LIBSA)