20
O Budismo O budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, nada na India no século VI A.C. Fundada sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Sangha (a comunidade dos crentes). Na orixe, o budismo non é unha filosofía, senón unha « lección de cousas » (Dharma), o ensino da realidade, unha exposición do feito do sufrimento e do cese do sufrimento. Vén a ser unha filosofía e dentro de certas escolas unha relixión; considerada hoxe como unha ciencia do espírito. Inspirada polos ensinos do « Buda histórico », un xefe espiritual que viviu no sec. V A.C. O seu verdadeiro nome era Siddhārta Gautama da familia Śākya nado en Kapilavastido (Utar Pradesh), da raíña Māyā e do rei Śuddhodana, dentro dunha familia de kṣatriya (casta dos nobres-guerreiros). A vida do Buda é rica en lendas. O mundo hinduísta, nesa época, tiña importantes disensións filosóficas e especulativas ; e deste momento cando o xainismo fixo a súa aparición. Por ser significante ao seo do seu medio sociocultural, o budismo impregnase de hinduísmo, do cal adoptou numerosos conceptos como o ciclo das reencarnacións, saṃsāra, ou aínda a lei de retribución dos méritos e faltas cometidas no ciclo, o karma. O Buda subliña que non hai nin un deus, nin mensaxeiro dun deus, e que o seu sistema de pensamento non ten orixe divina, senón que trata sobre a comprensión da natureza do espírito humano, o cal podería ser redescuberto por calquera persoa cos seus propios medios e pola experiencia; o budismo dos orixes nin tiña mesmo a creación do mundo polos deuses, a noción de alma, a redención ou a revelación. Os tres velenos do espírito pódense denominar así: Atracción Repulsión

Tarefa 3 budismo hinduísmo 6ºA

  • Upload
    se-mon

  • View
    524

  • Download
    2

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

O BudismoO budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, nada na India no século VI A.C. Fundada sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Sangha (a comunidade dos crentes).

Na orixe, o budismo non é unha filosofía, senón unha « lección de cousas » (Dharma), o ensino da realidade, unha exposición do feito do sufrimento e do cese do sufrimento. Vén a ser unha filosofía e dentro de certas escolas unha relixión; considerada hoxe como unha ciencia do espírito.Inspirada polos ensinos do « Buda histórico », un xefe espiritual que viviu no sec. V A.C. O seu verdadeiro nome era Siddhārta Gautama da familia Śākya nado en Kapilavastido (Utar

Pradesh), da raíña Māyā e do rei Śuddhodana, dentro dunha familia de kṣatriya (casta dos nobres-guerreiros).

A vida do Buda é rica en lendas. O mundo hinduísta, nesa época, tiña importantes disensións filosóficas e especulativas ; e deste momento cando o xainismo fixo a súa aparición. Por ser significante ao seo do seu medio sociocultural, o budismo impregnase de hinduísmo, do cal adoptou numerosos conceptos como o ciclo das reencarnacións, saṃsāra, ou aínda a lei de retribución dos méritos e faltas cometidas no ciclo, o karma. O Buda subliña que non hai nin un deus, nin mensaxeiro dun deus, e que o seu sistema de pensamento non ten orixe divina, senón que trata sobre a comprensión da natureza do espírito humano, o cal podería ser redescuberto por calquera persoa cos seus propios medios e pola experiencia; o budismo dos orixes nin tiña mesmo a creación do mundo polos deuses, a noción de alma, a redención ou a revelación.

Os tres velenos do espírito pódense denominar así:

• Atracción • Repulsión

Page 2: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

• Indiferenza

Os velos do espírito comportan por exemplo :

• Ignorancia, ilusión (no senso negativo, avidyas) ao suxeito das tres características da existencia

• Desexo, avidez, ataduras (trishnas) • Odio, aversión

O HinduísmoO Hinduísmo é unha relixión henoteísta tradicional da India. Considerada

a máis antiga das grandes relixións do mundo aínda en práctica, o Hinduísmo caracterízase por unha diversidade de sistemas de crenzas, prácticas e escrituras. Ten orixe na antiga cultura Védica cerca de 3000 a.C . É a terceira maior relixión do mundo con aproximadamente 1050 millóns de seguidores, 96% dos cales están no subcontinente indiano . Mais tamén é influente en Bangadesh, Nepal, Indonesia, Sri, Lanka, Paquistán, etc.

Aínda que sexa xeralmente mencionado como unha relixión específica, o Hinduísmo é máis corretamente descrito como un conxunto de relixións cunha linguaxe en común, pois ten pouca ou ningunha organización central

Page 3: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

ou base teolóxica compartida.

Dunha forma xeral, é unha das relixións máis tolerantes coñecidas, excepto polo sistema de castas. Os Hindús seguen un sistema estrito de castas que

determina o status de cada persoa. O nacemento nunha determinada casta é o resultado do karma producido en vidas pasadas. Soamente membros das castas máis elevadas, brámanes, poden realizar os rituais Hindus e ter

posicións de autoridade nos templos Hindús.

"Hinduísmo" é unha palabra que orixinalmente indicaba unha rexión xeográfica. Por ese motivo, algúns grupos indianos máis tradicionalistas defenden que a relixión é máis adecuadamente chamada de Sanatana Dharma, significando "Relixión Eterna".

A teoloxía hinduísta fundaméntase no culto aos Avatares da divindade suprema, Brahma. Destaca particularmente a Trimurti - o propio Brahma, Shiva e Vishnu. Pode parecer estraño para os padróns dunha cultura cristiá, mais o culto directo aos membros da Trimurti é relativamente raro - en vez diso, acostúmase render culto a avatares máis específicos e máis próximos da realidade cultural e psicolóxica dos practicantes, como por exemplo Krishna, Avatar de Vishnu e personaxe central do Bhagavad Xita.

Aínda que se afirme que foi na cultura hinduísta onde tiveron orixe tres outras importantes relixións: o Budismo, o Xainismo e o Sikhismo, os indólogos colocan o Xainismo como ben anterior ao Bramanismo que orixinou o Hinduísmo, e o Budismo garda relación co Xainismo e o Sankhya-Ioga.

Talvez o espírito Hindú, que non se inspirou por un home ou muller en particular, poida ser mellor comprendido nos Rig Veda, a "máis antiga escritura relixiosa do mundo." :

Sánscrito: एकम � सत � वप�: बह�द� दन�त

Transliteración: ekam sat vipraaha bahudaa vadanti Galego: "A verdade é única, aínda que os sabios a coñezan como

Page 4: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

moitas." — Rig Veda (Libro I, Himno CLXIV, Verso 46)

Esencialmente, calquera forma de práctica espiritual seguida con fe, amor e persistencia levará ao mesmo estado final de auto-realización. Por tanto, o pensamento hindu distínguese por encoraxar enfaticamente a tolerancia polas diferentes crenzas, desde que sistemas temporais non poden declarar serem a única comprensión da Verdade Transcendental.

Para os hindús, esa idea ten sido unha forza activa na definición do 'Dharma Eterno'. É para o hinduísmo o que o infinito Ser Divino de Advaita é para a existencia, permanecendo eternamente imutábel e auto-iluminado, central e penetrante, a despeito de todo o caos á súa volta.

Diferenzas A existencia ou non de Deus. O concepto de atman( Alma espiritual). A autoridade das escrituras e os Vedas. O papel de Buda Gautama. Os conceptos de Nastika y Pasanda. A conversión. O sistema de castas.

Autores: Roberto e Néstor

Page 5: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

BUDISMO E HINDUÍSMO

O BUDISMOO budismo é unha das grandes filosofía e relixións

orientais, nace na India no século VI A.C. Fundada sobre as chamadas Tres Xoias: os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Sangha(a comunidade dos crentes).OS TRES VELENOS:Os tres velenos son:Repulsión, atracción e indeferenza.OS CINCO PRECEPTOSOs cinco preceptos preséntanse xeralmente baixo a súa forma negativa:

• Non danar os seres vivos nin quitar a vida, • Non tomar o que non nos é dado, • Non ter unha conduta sexual incorrecta ─ máis en

xeral: gardar o control sobre dos sensos (o mental facendo tamen parte dos sensos),

Page 6: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

• Non usar palabras inútiles, ferintes ou lisonxeiras, • Non tomar produtos intoxicantes que supriman o

autocontrol (alcol, tabaco ou drogas).

Teñen tamén unha forma positiva, moi útil, en primeira persoa:

• Coas accións boas, purifico o meu corpo, • Cunha xenerosidade sen reserva, purifico o meu

corpo, • Con calma, simplicidade e contento, purifico o

meu corpo, • Cunha comunicación verdadeira, purifico a miña

palabra, • Cunha atención clara, purifico o meu corpo

Orixe:BudaDeuses e crenzas:Liberación ou nirvanaNormas éticas:Coñecer a orixe do sufrimento e eliminalo.Templos:Templos e mosteirosFestas sagradas:Iluminación e monte de BudaLibros:Ensinanzas de Buda

Page 7: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

Liturxia e culto:Peregrinar e facer ofrendas as estatuas de BudaIMAXES:

TEMPLO

BUDA

Page 8: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

O HINDUÍSMOO Hinduísmo é unha relixión henoteísta tradicional da India. Considerada a máis antiga das grandes relixións do mundo aínda en práctica, o Hinduísmo caracterízase por unha diversidade de sistemas de crenzas, prácticas e escrituras. É a terceira maior relixión do mundo con aproximadamente 1,050 millóns de seguidores, 96% dos cales están no subcontinenete indiano. Mais tamén é influente en Bangladhes, Nepal, Indonesia, Sri Lanka, Paquistán, etc.Aínda que sexa xeralmente mencionado como unha relixión específica, o Hinduísmo é máis corretamente descrito como un conxunto de relixións cunha linguaxe en común, pois ten pouca ou ningunha organización central ou base teolóxica compartida.Orixe: Na antiga cultura Védica.Deuses e crenzas:Brahma, Shiva e Vishnú. A reencarnación.Normas éticas:Liberarse da ignorancia e do sufrimento.Templos:Templos hindús.Festas sagradas:Krisna e Divali.Libros:Os vedasLiturxia ou culto:Ofendas e peregrinaxes.

Page 9: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

IMAXES:TEMPLO SÍMBOLO

Page 10: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

DIFERENZAS:O hiduísmo foi fundado antes e ten máis seguidores. O hinduísmo é unha relixión henoteísta (O henoteísmo ou monolatría é a

crenza relixiosa segundo a cal recoñécese a existencia de varios deuses, pero só un deles é suficientemente digno de adoración por parte do fiel) e politeísta (cren en máis dun deus)O budismo é unha relixión que non cre en ningún deus senón en Buda, o seu fundador.

Os templos son diferentes:

Hinduísmo BudismoOs símbolos tamén son distintos:Budismo Hinduísmo

Page 11: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

Esperamos que agora sepades un pouco máis sobre estas relixións.De:

Page 12: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

Reportaxe: Hinduísmo e BudismoO Hinduísmo e o Budismo son dúas relixións que comezaron na Asia (India), pero son moi diferentes entre elas.Hinduísmo:

Comezou fai uns 3.500 anos na India. No Hinduísmo existen miles de deuses, pero só se adoran algúns deles. Os hindús cren que Brahma é o maior, mais el non fai nada. Dentro do Hinduísmo hai varios grupos chamados castas. Algunhas castas están consideradas máis puras ou máis altas ca outras. A casta máis alta é a sacerdotal, despois vén a dos gobernantes e soldados. A continuación temos a dos comerciantes e tendeiros e, por último, a casta máis baixa é a dos que barren, lavan a roupa, arranxan zapatos e, polo xeral, son os escravos das castas máis altas.Cren na reencarnación, é dicir, regresan á vida outra vez como animais ou como persoas. Tamén cren no “karma”, que significa que o comportamento na vida anterior afecta ao lugar das persoas nesta vida e, o que fan nesta vida determinará o seu lugar na vindeira. Se gardan as leis da súa

Page 13: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

casta, cren que naceran de novo noutra máis alta. Os renacementos poden continuar de maneira interminable xa que os hindús nunca poden estar seguros de facer todo correctamente.

Os hindús fan peregrinaxes a lugares santos como Benarés, no río Ganges, na India. Eles pensan que bañarse no río os purificará dos pecados. A maioría dos hindús son vexetarianos porque cren que os animais e os insectos teñen alma. Hai máis de 700 millóns de hindús no mundo, a maior parte deles na India.

Budismo:

O Budismo defínese como filosofía do espertar e ensina ao homes a desenrolar a súa capacidade intelectual ata chegar a comprender o Universo claramente. Xurdiu na Asia no século VI a.C. Hoxe en día conta cuns 300 millóns de seguidores en todo o mundo.Enténdense por budismo as doctrinas de Siddhartha Gautama, nacido no ano 560 a.C. na fronteira entre a India e Nepal. Aos 29 anos decidiu deixalo todo para buscar a verdade. Meditou baixo unha figueira durante sete anos, ata que obtivo a iluminación que o converteu en Buda. Iniciou así este movemento, que concibe a vida

Page 14: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

como unha estrutura de dores e intenta superalos a través da súa doutrina. Comezou a divulgar ao mundo a súa sabedoría e rápidamente creceu o número dos seus seguidores.

Debido á falta de información, o budismo divídese en diferentes correntes:-O Hinayana ou Pequeno Vehículo: Caracterízase polo seu agnosticismo.-O Mahayana ou Grande Vehículo: Nesta rama destacan a intuición e a mística.-O Vajrayana, Vehículo do Diamante ou Tantrismo: Os seus ritos renunciaron a todo sentimento relixioso.

Diferenzas-O Hinduísmo ten moitos máis seguidores ca o Budismo (H-700 millóns, B-300 millóns).-Os templos son diferentes.

Templo do Budismo Templo do Hinduísmo-Os hinduístas son vexetarianos, pero os budistas non.-O Hinduísmo é máis antigo que o Budismo.

Page 15: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

-Os budistas son non-teístas, é dicir, non cren en ningún deus. En cambio os hinduístas son politeístas, é dicir, cren en varios deuses.-O budismo está en contra das castas; segundo eles todos somos iguais. Ao contrario os hinduístas utilizan o sistema de castas.-O budismo é antropocéntrico e o hinduísmo é teocéntrico.-O propósito final do budismo é a iluminación e o do hinduísmo é romper co continuo ciclo da reencarnación.-O karma no budismo é unha especie de inercia, é só a lei de causa e efecto, mais non é unha especie de intervención divina. E no hinduísmo é "propagado" por lama rash, en formas animadas, iama dutas.-Os budistas cren no renacemento e os hinduístas na reencarnación.

Feito Por: Ana, Antía e Lucía

Page 16: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

Hinduísmo e o Budismo

Na India hai dúas relixións principais, o hinduísmo e o budismo que non teñen moito que ver. Empecemos polo Hinduísmo.

O hinduísmo non ten fundador. Dise que é unha mezcla entre varias relixións cun idioma en común.É a relixión máis antiga do mundo todavía en práctica.Os hinduístas cren en tres deuses: Brahma, Shiva e Vishnu.

Brahma é un deus hindú do que descenden todos os seres humanos.

Vinshnu, tamén chamado Hari, está relacionado coa conservación e a protección.Shiva, aínda que a súa orixe foi moi

Page 17: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

discutida, crese que está relacionado coa escuridade, a morte e o tempo.

En resumo:Brahma é o creador.Vinshnu é o protector.Shiva é o destrutor.

Cren na reencarnación, que é a crenza de que unha esencia individual das persoas (que pode ser mente, alma, conciencia ou enerxía) adopta un corpo material e vive unha nova vida non só unha vez, se non varias.Tamén cren na nirvana, que é liberarse do sufrimento.

As normas éticas son liberarse da ignorancia e do sufrimento.

Templos: Hindús.

Page 18: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

O hinduísmo celebra dúas festas sagradas:

Janmashtami e Davali

A festa Janmashtami celebra o nacemento de Krishna, que soe ser sobre agosto ou setembro. A medianoite, bañan, pousan nunha cuna e adoran a Krishna.

A festa Davali é unha festa hinduista coñecida como “A festa das luces”. É a chegada ao novo ano hindú, e a xente ese día estrea roupas, regala doces, tira foguetes...

O budismo é unha relixión creada por Buda.

Siddharta Gautama, máis tarde chamado Buda (que significa “o Iluminado”) naceu en 556 a.C nunha familia nobre, cheo de luxos e comodidades. Pero

Page 19: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

decidiu facer un camiño so, para descubrir o mundo. Viu moitas traxedias, que o inspiraron para crear unha nova relixión chamada budismo que consta da meditación e a paz interior. Morreu aos oitenta anos.

Ao igual que no hinduísmo, os budistas cren na reencarnación e no nirvana.

Os budistas teñen templos e mosteiros.

Os budistas celebran dúas festas sagradas: Iluminación e Morte de Buda.

Semellanzas e diferenzas

Semellanzas: - As dúas relixións foron creadas e son maioritariamente usadas na India.

– As dúas relixións cren na reencarnación.

Page 20: Tarefa 3 budismo  hinduísmo 6ºA

– As dúas relixións cren no nirvana.

Diferenzas:-No hinduísmo cren nos deuses, e no budismo cren na meditación e na paz interior.-As festas sagradas, os ritos e os templos sagrados son diferentes.-O hinduísmo non ten fundador, e o budismo foi creado por Buda.

Feito por: Alba, Lola, Aldara e Santi.