Upload
xenevra
View
2.211
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
Citation preview
A poesía entre 1936 e 1976:
a Xeración do 36,
a Promoción de Enlace,
a Xeración das Festas Minervais.
Dende que remata a Guerra Civil ata os últimos
anos da década dos corenta apenas se
publicaron libros en galego.
A represión lingüística, política e cultural impediu
a continuidade do movemento cultural e literario
que nacera coas Irmandades da Fala. Mentres
que no exilio agromaba unha intensa
actividade cultural.
En 1949 nace a colección de poesía “Benito Soto” en Pontevedra e en
1952 aparece, en Lugo, a revista Xistral, creada por Anxel Xohán e
Manuel María e, a partir de 1950, a editorial Galaxia.
Con estas vías editoriais ábrese unha época frutífera para a poesía
galega.
Como consecuencia da forte represión:
- no exilio destacaba o cultivo da liña socialrealista,
-- en Galicia predomina a poesía de tipo intimista e
esteticista nun desexo de fuxir da realidade, tendencia
que cambiaría ata predominar tamén o socialrealismo.
Unha das consecuencias do silencio e a falta de publicacións
nos anos seguintes á posguerra foi a coincidencia de publicación de
poetas de diferentes épocas, o que trae como consecuencia que a
nosa lírica ofreza ó longo destes anos un panorama moi heteroxéneo:
varias xeracións,
múltiples estilos e liñas temáticas,
convivencia ó mesmo tempo de autores de promocións distintas,
poetas que ofrecen gran variedade de estilos…
Chegados os anos cincuenta, despois de case quince anos de
ausencia case absoluta de libros en galego, xorden tres promocións
poéticas no panorama da lírica galega:
•A xeración do 36,
•A promoción de enlace e
•A Xeración das Festas Minervais.
Trazos definidores da xeración do 36Trazos definidores da xeración do 36
Naceron case todos entre 1910
e 1920.serviron de ponte de enlace
entre o galeguismo anterior á
guerra e as xeracións
posteriores. Reflicten na súa obra a traxedia da
contenda bélica a través dun discurso
poético intimista onde a morte, a soidade, a
nostalxia do pasado ou a trascendencia
relixiosa se erixen como temáticas
principais.
Normalmente publican en
castelán e galego, posúen
culturas moi diferentes e,
polo tanto, empregan estilos
moi diferentes.
1) Imaxinismo:1) Imaxinismo:
a) É unha das primeiras tendencias en aparecer na posguerra e é
herdeira do
imaxinismo de Amado Carballo. Sería unha corrente
importante na poesía galega ata ben entrados os anos 60.
b) Caracterízase por unha poesía na que se suceden imaxes, ás
veces de carácter hilozoísta (dotación de espírito a seres
inanimados).
2) Neotrobadorismo:
a) Movemento característico dos poetas da Xeración de 1936, que fora
iniciado por Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933), aínda que nese
mesmo ano Cantiga nova que se chama ribeira de Cunqueiro supera a
obra anterior,
b) Caracterízase por retomar características da lírica medieval, sobre
todo formais e das cantigas de amigo, e destaca neste momento a
sección “Cantigas do amor cortés” de Dona do corpo delgado (Benito
Soto, 1950) de Cunqueiro.
c) O movemento dáse por rematado en 1953 coa publicación do
Cancioeiro de Monfero de Álvarez Blázquez, obra que intenta facerse
pasar por un hipotético cancioneiro medieval.
3) Ruralismo:3) Ruralismo:
a) Movemento tipicamente galego xa existente antes da guerra,
iniciado por
poetas lugueses, que trala guerra é recuperado con forza.
b) Caracterízase por un reflexo da paisaxe interior fixándose nas
pequenas
cousas (tea de araña, gota de orballo, avespa...). Combina isto
cunha forma
de resonancias clásicas.
c) Destaca a obra Nimbos (1961) de Díaz Castro, na que se inclúe
o poema
“Penélope”.
4) Socialrrealismo:
a) Tendencia que nace en América.
b) É unha poesía social na que entra a compoñente marxista e que se dá sobre
todo en poetas emigrados, dada a imposibilidade de publicar obras deste tipo en
Galiza. Así, o poeta está ao servizo do pobo e actúa coma un adoutrinador das
masas.
c) En América destacan obras coma:
Eliseo Alonso: Seara de romances (1952), considerada a primeira obra de poesía socialrrealista.
Luís Seoane: As cicatrices (1959) e Fardel de eisilado (1954).
Lorenzo Varela: Lonxe (1954).
d) En 1954 aparece O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro, un antecedente claro de Longa noite de pedra (1962):
É libro máis importante do socialrrealismo e que supón a plasmación poética de parte da teoría marxista.
Non perde en calidade poética por estar ao servizo dunha causa.
Inflúe moito na Xeración das Festas Minervais (Acoitelado na espera, de Alexandre Cribeiro).
Aqulino Iglesisas Alvariño e Celso Emilio Ferreiro
A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou
no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente
no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa
vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina.
Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiado
onde entra en contacto co galeguismogaleguismo (chegou a ser director de A Nosa
Terra) e cos movementos literarios de vangardavangarda. A partir de 1933
exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade
compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos
(Virxilio, Horacio…)
Obra Ano
SeñardáCorazón ao ventoCómaros verdesDe día a díaLanza en soledá
19301933194719601961
Publicara con anterioridade Señardá, 1930, o seu primeiro
libro, e Corazón ao vento de 1933. Após a guerra civil,
Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en
español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando
Cómaros verdes.
Con Cómaros verdes márcase o inicio da
poesía galega de posguerra. Esta é unha obra
heteroxénea na que aparecen exemplos de
neotrobadorismo e tamén poemas de verso
libre que mostran unha visión humanizada da
natureza.
Sen menoscabo da súa obra anterior, podemos afirmar que en
Cómaros verdes chega Aquilino á súa madurez como poeta,
impregnando a súa poética de novas técnicas e temasnovas técnicas e temas.
salientamos a precisión descritiva, a calidade rítmica e sonora
do verso, así como a inclusión dun léxico que pretende estar a
ton co medio natural que se describe, resultado dunha
investigación e estudio exhaustivos da lingua estudio exhaustivos da lingua da que se serve
como ferramenta.
• Poeta da Xeración do 36 que tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social.
• Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas na vila natal. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra.
• Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG.
• En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para voltar en 1973.
• Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.
OBRA ANO
O soño sulagado
Longa noite de pedra
Viaxe ao país dos ananos
Cantigas de escarnio e maldicir
Antipoemas
Onde o mundo se chama Celanova
1955
1962
1968
1968
1972
1975
A súa poesía está dominada por tres rexistros básicos os cales se
manifestan entretecidos nas súas obras:
•o cívico,
•o intimista e
•o satírico.
Como poeta cívicocívico, Celso Emilio conectaría a súa
traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles
comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa
realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu
tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo,
a liberdade, ou tamén a solidariedade cos que sofren…
Irmaus Camiñan ao meu rente moitos homes.Non os coñezo. Sonme estranos.Pero ti, que te encontras alá lonxe,máis alá das sabanas e das illas,como un irmau che falo.Se é túa a miña noite,se choran os meus ollos o teu pranto, se os nosos berros son iguais,coma un irmán che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,e ti negro i eu branco,se temos semellantes as feridas,coma un irmau che falo.Por enriba de tódalas fronteiras,por enriba de muros e valados,se os nosos soños son iguais,coma un irmau che falo.Común temos a patria,común a loita, ambos.A miña mau che dou,coma un irmau che falo.
IntimistaIntimista: a súa obra está impregnada dunha
visión intimista e subxectiva da vida -practicamente
eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha
poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o
desacougo existencial na vivencia do tempo e do
amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade
da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño
sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova
(1975).
Pero ademais o autor celanovés é poeta intimistaintimista. Acotío sente a
necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son
poemas nos que trata, por exemplo: a memoria da guerra, a dor
existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da
infancia…
Polo seu rexistro críticocrítico, tamén é Celso Emilio poeta satírico,
conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en
todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de
persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das
contradicións sociais e políticas do seu tempo.O preguntón O home por natureza quere saber,dixo Aristóteles fai algún tempo.O meu amigo quixo saber da vida,quixo saber da leiquixo saber do Reiquixo saber do bispoquixo saber da espreranza.Eiqui- díxolle o gardaque o levou detido-o que quere saber,
Antipoemas
No tocante ao estilo e á lingua, a lírica de Celso Emilio
caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como obxectivo
chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima
en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas
palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos
veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola
abundancia de recursos repetitivos: paralelismo, anáfora...
A promoción de enlaceA promoción de enlace
Non gardan coherencia de grupo, pero podemos atopar os seguintes trazos:
Naceron case todos entre 1920 e 1930.
A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos de posguerra.
carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de preguerra.
Foron nos seus comezos escritores bilingües.
Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.
Antón Tovar ( Ourense, 1921)Antón Tovar ( Ourense, 1921)
Pasou parte da súa nenez en Celanova. Traballou como
funcionario en Ourense, onde participou nos faladoiros literarios
celebrados arredor da figura de Vicente Risco. En 1981 recibiu o
Premio da Crítica pola súa obra Calados esconxuros
Obra AnoArredoresNonO vento no teu coloCalados esconxurosA nada destemida
19621967197419801991
Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social,
Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a
tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma,
son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de
imaxes e recursos.
A partir de O vento no teu
colo apréciase certa renovación na
súa lírica. Tovar completa a liña
existencial anterior con poemas de
firme preocupación social e con
outros dun erotismo vitalista.
Eu queríaEu quería Eu quero trocarme en tiEu quero trocarme en tipaisaxe da miña terra,paisaxe da miña terra,quero ceibar miña anguriaquero ceibar miña anguriapola túa cabeleira.pola túa cabeleira.Ser carballo entre os carballos,Ser carballo entre os carballos,ser néboa coas túas néboas,ser néboa coas túas néboas,ser maina chuvia e caerser maina chuvia e caerpolas congostras tolleitas …polas congostras tolleitas … NonNon
Naceu no seo dunha familia que,
trala guerra civil, sufriu a
represión franquista. Estudou
piano, maxisterio e chegou a se
licenciar en Filosofía e Letras.
Grande afeccionada ás artes
( música, pintura…), reside en
Vigo desde 1977, onde se
xubilou do seu traballo de
sempre, profesora de Lingua e
Literatura Españolas.
Obra AnoO paxaro na bocaVerbas derradeirasCódice CalixtinoPrometo a flor de loto
1952197219861992
Coma outros autores desta promoción, comezou
escribindo en castelán. A súa obra adoita
caracterizarse como intimista, cun tema
dominante sobre os demais: o amor. Así, por
exemplo, a autora plasma unha visión sensual,
doce e delicada do sentimento amoroso na súa
primeira obra: O paxaro na boca.
En cambio, trala morte do seu marido, aparece
unha visión máis transcendente do amor, ao
reflexionar a través del sobre a vida e a morte.
Na miña poesía vexo dúas liñas esenciais:
a) unha comprometida, solidaria
coas xentes,de senso humanista onde o
NÓS substituíu ó EU.
b) outra, íntima e saudosa,
subxectiva, feble, esvaída. Nela EU / TI
marcan o eixe bipolar no ámbito do amor.
a súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do
que a poeta queira expresar.
VOLVER A LUGO CANDO SOSEGA O TEMPO
Volver a aquela primavera que fuxía das mansalgunha verba en soedade
algunha noite coma un soprosobre das almofadas húmidas de silencio.
Volver a ollada lonxe en vidas sucesivasnomear ese río que chamamos pasado
a palabra inmediata que vén dunha certeza de murallanon poder esquecer pórticos descubertos ou azuis
ignoradosque forman presentidos nun poema de Luís Pimentel
na forma de recordo que precede á existencia.
Na excesiva demoraalguén pechou os ollos a falta dunha imaxe clemente.
Na memoria do tempo pasan brisas mutables.O que existiu ben puido ser soñado ou tal vez precedido
acaso precisado nesa reminiscenciaque permite asumir escuras profecías.
Volver á primavera que fuxíanun xeito de mudanza repentina
conciliar os espacios os lamentosas últimas palabras dun recinto secreto
poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bachnun violín invulnerable e mudo.
A xeración das festas MinervaisA xeración das festas Minervais
Baixo esta denominación
reunimos aos poetas máis novos
da posguerra.
Danse a coñecer nos seguintes medios:
•as “Festas Minervais”, certames literarios de vella tradición renacentista e
barroca, restaurados en Santiago a partir de 1953.
•O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por universitarios que crean
unha colección de poesía, coa temática da “escola da tebra”.
•A colaboración no diario compostelano “La Noche”.
A maioría coinciden en Santiago como estudiantes universitarios, polos anos
50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé
Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Déronselles diferentes nomes: “Grupo Brais Pinto”,” Escola da
Tebra” ou Xeración de "La Noche".
•Naceron case todos entre 1930 e 1940 polo que, na
práctica, non chegaron a coñecer a guerra.
•Déronse a coñecer a través dos certames literarios
celebrados en Santiago non anos 50 (as Festas
Minervais)
•Teñen xa como mestres os autores da xeración do 36, e
tamén as figuras históricas ligadas á Editorial Galaxia.
Liñas poéticas:Liñas poéticas:
A Escola de TebraA Escola de Tebra: poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co
mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza...
O Realismo coloquialO Realismo coloquial introduce esquemas estructurais da fala cotiá
na canle poética, e está representado por Manuel María con
Documentos persoaes e por Bernadino Graña con Poema do home
que quixo vivir.
SocialrealismoSocialrealismo: poesía de denuncia social. Temas: a
opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...
Escola da TebraEscola da Tebra
Participaron nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos
séculos escuros e son a orixe do nome da xeración), no diario La Noche
(xornal vespertino), na creación da colección Illa Nova, na fundación do
nacionalismo revolucionario (en oposición ó galeguismo cultural e
promove asociacións como O Facho ou O Galo) e na formación do
Grupo Brais Pinto (formado por membros que se reunían no centro
galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o
que lles foi transmitido da Guerra).
Autores:Autores:
Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente
Manuel María na cuberta dos seus libros, naceu en
Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004.
En 1958 instálase en Monforte como procurador dos
Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel
María participa en organizacións políticas clandestinas, e
empeza a atender voluntariosamente todo tipo de
necesidades de tipo cultural: escribindo poesía
programática, dando conferencias, colaborando con
músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto
para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969)
fundou a editorial Xistral a canda Ánxel Xohán, e abriu
unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de
Lemos.
Obra Ano
Muiñeiro de brétemasMorrendo a cada intreTerra CháDocumentos persoaisCancións do lusco e fuscoA primavera de Venus
195019521954195819701993
As dúas primeiras obras
considéranse as pezas inagurais
da Escola de Tebra: unha visión
atormentada da existencia:
Os meu berros absolutos son o meu acento
disolto en ácido sulfúrico.
A anguria, a carraxe e o arrepío
é a miña música de paxaros valeiros de garimos
que viñeron arrolarme
cando tiña mes e medio aproximadamente...
Muiñeiro de brétemas
A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando
publica o primeiro libro de poesía en galego que
non pertence a autores que coñeceran a
República, Muiñeiro de brétemasMuiñeiro de brétemas. Este é ademais
o volume co que a crítica considerou que
comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética
existencialistaexistencialista que puxo o acento na soidade e
na opresión humana e espiritual da ditadura
franquista.
Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a Morrendo a
cada intrecada intre, pero mudouna dous anos despois, en 1954, co
libro Terra CháTerra Chá.
Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións,
constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o
protagonismo é dunha paisaxe saudosa, e aparecen claras
algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e
populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha
proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con
situacións e feitos da cotidianeidade.
BandoProhíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sias rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen que pedir licencia para voar...
Documentos persoais
Realismo coloquial
Co paso dos anos e dos títulos foi
evolucionando cara a unha poesía máis
socialrealistasocialrealista, cunha nidia presencia das
reivindicacións esquerdistas e nacionalistas,
como en Cantos rodados pra alleados e Cantos rodados pra alleados e
colonizadoscolonizados, de 1976, ou As rúas do vento As rúas do vento
ceibeceibe, de 1979.
Manuel María foi tamén un dos impulsores do
teatroteatro na transición, con obras que foron
verdadeiros éxitos de público e
representacións como Barriga verde,Barriga verde, de 1970,
Unha vez foi o trebónUnha vez foi o trebón, de 1976, ou Farsa de Farsa de
BuluúBuluú, de 1979, onde apostou por unha
dramaturxia popular e sen grandes
complicacións narrativas ou escénicas.
É un dos poetas máis persoais da
posguerra. A súa novidosa visión da
paisaxe, forxada entre as montañas do seu
Courel natal, levouno a ser coñecido como
o “poeta da terrapoeta da terra”.
Fillo dunha familia de labregos do Courel, a poética de Uxío Novoneyra
sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra
natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo
trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e
Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán.
Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”.
Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou longas tempadas de
descanso na súa terra natal, a serra do Courel. Gran recitador,
traballou na radio e na TV, sempre en espazos relacionados coa
literatura.
Obra Ano
Os eidosOs eidos 2Poemas caligráficosMuller para lonxe
1955197419801987
Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única.
Na obra primeira, Os eidosOs eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e
as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os
eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro.
Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da
tradición polo seu carácter esencial e totalizador: é unha poesía da é unha poesía da
metapaisaxemetapaisaxe.
O do poeta é un canto telúricotelúrico que atopa na natureza unha dimensión
ontolóxicaontolóxica: nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos
dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo
e da procura de emocións.
Abondan os topónimos e as series de sustantivos que denominan os
elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e
fonosimbolismosfonosimbolismos, manifestacións todas elas dun propósito esencializador
que se aproxima á estética do haikuhaiku xaponés xaponés.
¡Cousos de lobo!
¡Cousos de lobo!
¡caborcos de xabarín!
¡Eidos solos
onde ninguén foi nin ha de ir!
¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis sola e máis
medosa...
Os Eidos
FonosimbolismoFonosimbolismo
A reiteración do son o evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo.
Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á
preocupación colectiva e a temática política dominante na
poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento
da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é de
ver en Elexías do Courel (1966).
VIETNAM CANTO (fragmento)
CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOENUNHA VEZ POR CADA MORTE
VIETNAMMMMMMMMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMMMMM
Metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa estáE calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar
Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA
unmorto
dous mortostres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortosOFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquinadifuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do
[monzónna lua do TEIT
dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA
cándo remata un pobo? un pobo nace sempre
no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca
seino por vóspobo como o meu
GALICIA pequeniñaSola cousa de todos
mortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortos
mortos caindo polos teletiposluas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA......
“Viet Nam canto” (Canadá, 1969) vén
guiado por unha reflexión sobre o
destino da colectividade, expresada
mediante a oposición conceptual
entre liberdade e opresión. A
disposición visual do poema gaña
moita importancia. Aquí inicia o poeta
unha pescuda no terreo das
posibilidades plásticas e expresivas
da tipografía, a escrita fonética, o
caligrama.
Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor galego
vivo máis importante, cunha carreira máis
longa e sólida. Construíu o seu discurso cun
dominio preciso e extenso da linguaxe,
fundamentalmente nos xéneros da narrativa
breve e da poesía. Foi seleccionado como
candidato ao premio Nóbel en numerosas
ocasións.
Na cidade das Burgas transcorreu a súa
infancia. Durante os seus anos de
Universidade en Santiago participou con
éxito nas Festas Minervais e entrou en
contacto co galeguismo cultural. En 1957
trasladouse a Madrid para rematar os seus
estudos e alí participou na constitución do
grupo “Brais Pinto”. Na década dos 60,
Ferrín comezou a amosar o seu forte
compromiso político: foi cofundador da
UPG e mesmo pasou períodos nos
cárceres franquistas ( 1969 e 1972). Na
actualidade reside en Vigo. Tamén é un
destado narrador e ensaísta.
Obra Poética Ano
Voce na néboaCon pólvora e magnoliasPoesía enteira de Heriberto BensO fin dun cantoEróticaEstirpe
195719761980198219921994 2005
2004
Foi incluído na mesma promoción literaria ca Graña ou
ca Xohana Torres, malia que iso só é válido para a súa
primeira época, a que vén marcada polo seu poemario
Voce na néboaVoce na néboa, de 1957, e onde a crítica viu os
primeiros pasos da Escola da Tebra
(poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista,
simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e
cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a
visión fatal da propia Galicia).
1
Galicia
Galicia, longa praia, estensa e negra,
soia i esquiva, con pesados corvos,
senlleiras píllaras, vento coriscante
e a morte e o baleiro en todo o longo.
Porén, a praxe política levouno,
deixando atrás a paréntese dos
sesenta, ao socialrealismosocialrealismo
máis elaborado e máis
explicitamente partidario: desa fase
son Antoloxía popular, de 1972,
asinado como Heriberto BensHeriberto Bens, e
Sirventés pola destrución de
Occitania, de 1975.
Para Alexandre Bóveda, asasinado
Cando a pupila, derradeira imaxe
refrexou, xa sen lume, aquil piñeiro
e ti ficaches, Bóveda, senlleiro
testemuña para sempre diste aldraxe.
Cando che percutiu no peito a torta
ira descarregada por Hespaña,
coidaron os verdugos que fazaña
era deixar en ti Galicia morta.
Pro esqueceron teu sangue sobre a terra,
ista esperanza que en nosoutros corre,
e non tolleron a verdá que berra.
Baixo a lívida luz que nos aterra,
sobre ista teima que xa nunca morre
Galicia hase erguer en pé de guerra
2
Nesa liña insiste con O fin dun canto, de 1982,
Estirpe, de 1994, premio Losada Diéguez, onde é
capaz de fusionar un nacionalismo case
pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en
Contra maquieiro, de 2005, onde avanza na
crítica ao capitalismo.
nas Illas cando chovehai asobíos secos e un alustre espiralque se enguedella dentro da memoria
aparición agora da serpentana peneda nos fondais do soño
vós mulleres estades no intre alto de pari-lo filloe ela espreita alí
nos choros urros castañetas de dentes feces polo curso
e cómo vos torcedesarrótavos o dentro un agurgullo mesto
rachan panos de baixoafeas lumes coiteladas froles
invádenvos a vidae corgas de negror manan de afeito
e cómo vos torcedesno seguro segredo dos paridoiros escusados
nos profundos da bouzaa cobra aperta a cobra cingue espreme
cos seus aneis os ventres das femias do mundo
iluminados por dentro iluminadose cómo vos torcedes
e vén de noite a cobrapolo luar que é cousa das mulleres
sitio da cobra dos grandes ollosá percura do leite e mais dos tetos
a cobra trai a críapro logo levaranos de morte morridapolas poulas do frío alén das serras
pómulos marelos toxo arnal espetado nos ollosvermes a choutos fríos polo fígado
misia pega peteirará nos nosos labrespolas grandas xordas levaranos
deica a ribeira na que vagan os que foronpois que era chegará á devesa de noso e máis
ás Illas de acódeseñada no peito dos fillos dos señores de
lonxe(coido que con ocre)
a cobra nunca empeza nin falecea cobra está nas Illas vixiando
se asobiar as vidas son segadasse alampa a vista nace toda cousaeu son a cobra de todas as Esposas
que desovan no mar igual ca os ríos.
Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o
cambio e muda con el a traxectoria da
poesía galega. A súa Con pólvora e
magnolias de 1976 marca a viraxe cara a
unha poesía
3
Culturalista e rompedora
referencias e o preciosismo: característica fundamental,
sen por iso carecer dun mestísimo pouso ideolóxico.
e nos que se investigan novas formas e novas posibilidades novas posibilidades
estilísticas da linguaxeestilísticas da linguaxe (sintaxe non convencional, riqueza léxica,
abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...).
Renovación
dando paso ás tendencias da lírica actual
abren a novos temas ( a lembranza do pasado, o amor, o tempo...)
Escolma. Señoras do pasado Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut
Georges Brassens
E quíxenvos moi tristemente a todasas que forades rapidamente eu (un pouco).Unha lus nos lugares do estremecemento
e tardes coma rodas de bronce, interminábeles.Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chao, de amor
outido.
E quíxenvos moi escasamente a todasporque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor
e nada para o tempo que destrue os ourizos.E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,limítrofes do amor, esquencidas pra sempre.E quíxenvos autente, e case non vos quixen
antre tanto artefauto, construcción, mala pedra,que nos ten envisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran.Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuadosno baleiro e no fume, e reclamo ese espacio
que deixáchedes e que cecais é globo (de lume e desespero).
Características
Formalismo Pondaliano
Superrealismo
Beat
Mundo medieval
Outras...
Formalismo pondaliano: A influencia que Pondal exerce sobre el obsérvase nos seguintes
trazos:
• Distanciamento vaticinante: un pasado combativo (Roi Xordo, Bóveda), dunha Galiza que se revela e que é exemplo para o presente. Porén, o pasado ao que se achega Ferrín é un pasado real, histórico, mentres que o de Pondal é lendario.
• Clasicismo narrativo: usa a épica para gabar ese pasado combativo, do mesmo xeito ca Pondal, pero Ferrín céntrase, como xa dixemos, en feitos históricos (Irmandiños, guerrilleiros antifranquistas) que mesmo traspasan o ámbito galego (Che Guevara, Jian King).
• Lingua: linguaxe afastada, moi especializada, pero plenamente galega. Así, afástase da linguaxe intelixíbel dos socialrrealistas.
Onde mellor se aprecia a influencia de Pondal na Poesía enteira de Heriberto Bens.
Superrealismo
• Distorsión da pausa rítmica e semántica.
• Versolibrismo.
• Asimetría estrófica.
• Aparente desorganización textual, aínda que
sempre existe un fío condutor.
Beat – Beatnicks: na literatura estadounidense existe a chamada Beat Generation, reflexións sobre o
sentido da vida trala II Guerra Mundial. É Jack Kerouac (On the road) quen lle dá nome a este movemento Este movemento observa con temor a hexemonía dos Estados Unidos polo que protesta contra o american way of life. Gustan do jazz, das tertulias en espazos fechados, do sedentarismo.
A influencia da poesía beat en Ferrín apréciase nas seguintes características:• Derrota fronte a sociedade: “en Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados” (Con pólvora e magnolias).
• Negación da tradición: non é unha negación do pasado, senón do presente tomado como pasado (“señoras do pasado”).
• Determinismo: visión cíclica da Historia e da vida de Galiza, imposibilidade de progreso.
• Importancia da conciencia máis ca do pensamento do individuo concreto. Isto é unha constante en toda a súa xeración.
• Obsesión coa morte, un dos seus temas fundamentais (Con pólvora e magnolias).
Poesía
Voce na néboa (1957)
Antoloxía popular (1972)
Poesía enteira de Heriberto bens (1980)
Con pólvora e magnolias (1976)
O fin dun canto (1982)
Homes e illas (1986)
Morte de Amadís (1990)
Erótica (1992)
Estirpe (1994)
Era na selva de Esm (2004)
Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo en
1932. Cursou Filosofía e Letras en Santiago, Salamanca
e Madrid.
cativa experiencia existencialista en Poema
dun home que quixo vivir (1958),
unha postura vitalista, na que abundan os versos que
procuran o contacto do home coa natureza e o
ambiente marítimo,
que ten o seu principal logro en Profecía do mar
(1966),
con pegadas de socialrealismo máis evidentes en Non
vexo Vigo nin Cangas (1975), que é un brado ecolóxico
contra a destrución do mar e da terra .
Reiniciará o seu canto á vida en libros como
Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1981),
Himno verde (1992).
Temas: o amor, a denuncia ecolóxica e o sentimento de
alienación do ser humano nunha sociedade tecnificada e
mercantilista.
Despois, deu ao prelo Luz de novembro (1997).
LUZ DE NOVEMBRO(NA MORTE DO XENERAL FRANCO)
E, por fin, xeneral, xa vas fedendo.
E agora que os carunchos, as lombrigas,os vermes, as bacterias en exércitos
avanzan contra ti baixo da terrae van furar voraces na fermosa,rica madeira e guata do teu leito,
nós temos que facernos outros bichos,nós temos que afiar uns dentes irtos,potentes, penetrantes, para roerte,para acabar contigo e cos soldados
na inercia das túas ordes, sen cerebro.Nós temos que saber erguer os puños
pechados e moi fortes ós fociñosdos ogros axudantes do teu reino.
Non vale que ti mesmo, os teus esbirros,vos agachedes baixo os crucifixos,non vale que finxades ser apóstolos
ou santos baixo palio ou pobres vellos.
Antón Avilés de Taramancos.Antón Avilés de Taramancos.
(Noia, 1935-1992).
No seu labor creativo distínguense dúas etapas separados por un
longo lapso de tempo que pasou en América.
1. Á primeira corresponden títulos como As moradías do vento
(1954) ou A frauta e o garamelo (1959);
2. a segunda e máis importante, caracterizada pola influencia da
experiencia na emigración e a dimensión mítica, corresponden O
tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no
ar (1989) e o póstumo Última fuxida a Harar (1992)
Xohana TorresXohana Torres(Santiago, 1931). Pasou a súa infancia e mocidade en Ferrol. Reside
en Vigo, onde dirixiu en 1963 o primeiro programa cultural
radiofónico integramente en galego na emisora “La Voz de Vigo”
desde a Guerra Civil.
Na súa obra máis recoñecida, Estacións ao mar (1980) presenta un
sólido rigor formal e conceptual, reflectindo a preocupación por
Galiza e o paso do tempo.
Declara o oráculo:
"Que á banda do solpor é mar de mortos,incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades disas patrias a vindima.Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.Que un sumario de xerfa polos cons."
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR."
XOHANA TORRES (Del libro ‘Tempo de ría’)