24
Nutrición, Respiración e Circulación Por: María Díaz Lorenzo

Trabajo para asun compatible

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Trabajo para asun compatible

Nutrición,Respiración e

Circulación

Por: María Díaz Lorenzo

Page 2: Trabajo para asun compatible

Alimentos

● Os alimentos son os materiais que entran no noso corpo polo tubo dixestivo e que se necesitan para realizar as seguintes funcións:

Medrar e repoñer as partes do corpo que se desgastan.

Obter enerxía necesaria para levar a cabo as nosas actividades.

Obter as substancias necesarias para o bo funcionamento do noso organismo.

Page 3: Trabajo para asun compatible

Nutrientes

● As substancias que compoñen os alimentos chámanse nutrientes; poden ser:

Os hidratos de carbono que proporcionan enerxía e se atopan principalmente nos alimentos vexetais.

As proteínas dannos enerxía, son necesarias para medrar e para reparar tecidos do corpo. Encontrámolas nos alimentos de orixe animal, en case todas as sementes e nos alimentos derivados delas.

As graxas conteñen enerxía e atopámolas nos aceites a e nalgúns alimentos graxos.

As vitaminas (A,B,C,etc) e elementos minerais (calcio,ferro,etc). Son necesarias para o bo funcionamento do organismo.

A auga é a substancia máis abundante do noso corpo. Cada día perdemos pola urina e o suor aproximadamente 2 litros de auga, que recuperamos bebendo e tamén absorbendo a auga que conteñen os alimentos.

Page 4: Trabajo para asun compatible

O aparello dixestivo e o tubodixestivo

O aparello dixestivo é o conxunto de órganos que dixiren os alimentos, absorben os nutrientes resultantes e expulsan os restos non dixeridos.

O tubo dixestivo é un longo tubo que atravesa o corpo e que consta de varios órganos:

1-Boca 9-Intestino delgado

2-Farinxe 10-Recto

3-Glándulas salivares 11-Ano

4-Esófago

5-Fígado

6-Estómago

7-Páncreas

8-Intestino groso

Page 5: Trabajo para asun compatible

Glándulas dixestivas

As glándulas dixestivas son as encargadas de fabricaren os zumes dixestivos e de vertelos ao interior do tubo dixestivo.

Hai glándulas dixestivas de tamaño microscópico e se atopan en gran número nas paredes do estómago e no intestino delgado.

Outras glándulas son de maior tamaño e comunícanse co tubo dixestivo mediante uns conductos polos que verten os seus zumes.

Son as glándulas salivares, que fabrican a saliva.

O fígado, que produce a bile.

O páncreas que fabrica a zume pancreático.

Page 6: Trabajo para asun compatible

A dixestión

A dixestión é o proceso polo que os alimentos son esmiuzados e transformados en nutrientes moi sinxelos, que poden ser utilizados polas células.

A dixestión é o resultado de dous procesos:

A dixestión mecánica na que os alimentos son triturados e amasados. Ocorre na boca,coa mastigación,e nos movementos que fai o estómago para mesturar os alimentos.

A dixestión química: os alimentos son convertidos en substancias moito máis sinxelas, grazas aos acción dos zumes dixestivos que segregan as glándulas dixestivas.

Page 7: Trabajo para asun compatible

A boca

A boca é unha cavidade que se pode abrir e cerrar grazas á articulación das mandíbulas. Na boca atopánse os dentes, a lingua e as glándulas salivares:

Os dentes serven para mastigar o alimento.

A lingua está formada por músculos, que lle permiten moverse con gran facilidade para repartir o alimento entre os dentes e mesturalo coa saliva.

Os tres pares de glándulas salivares fabrican a saliva. A saliva ten como función abrandar os alimentos e comezar a dixerilos.

Page 8: Trabajo para asun compatible

Da boca ao estómago

Cando o alimento xa se converteu nunha masa pastosa na boca, a lingua empúxao cara á farinxe.

A farinxe é o lugar onde o tubo dixestivo se cruza co conducto respiratorio. Unha lingüeta que hai enriba da larinxe impide que o alimento vaia aos pulmóns.

O paso do alimento pola farinxe recibe o nome de deglutición.

Da farinxe, o alimento segue cara ao esófago, un tubo muscular que desemboca no estómago.

O estómago ten unhas paredes nas que se atopan numerosas glándulas que fabrican o zume gástrico.

Este zume, que é moi ácido, disolve os alimentos.

O estómago contráese de xeito repetido para asimilar os alimentos e para mesturalos co zume gástrico, que remata convertido nunha papa, e pasa ao intestino.

Page 9: Trabajo para asun compatible

O intestino delgado

O intestino delgado é un tubo estreito e moi longo. Nas súas paredes atópanse as glándulas que fabrican o zume intestinal.No intestino vértense tamén os zumes que fabrican o fígado e o páncreas.

Debaixo da membrana que recobre o interior do intestino delgado atópase unha densa rede de vasos sanguíneos.Os nutrientes resultantes da dixestión son tan pequenos que son capaces de atravesar esta membrana e pasar ao sangue. Este proceso recibe o nome de absorción intestinal .

As substancias que non son útiles para o organismo diríxense ao intestino groso, que é máis ancho e moito máis curto que o intestino delgado.

No intestino groso absórbese gran parte de auga que conteñen os zumes dixestivos e os alimentos.

Os restos non absorbidos espesan ao perderen a auga, e transfórmanse en excrementos, que saen expulsados ao exterior polo ano.

Page 10: Trabajo para asun compatible

O aparello respiratorio

O aparello respiratorio é o conxunto de órganos mediante os cales introducimos no noso corpo o osíxeno do aire e expulsamos o dióxido de carbono que respiramos. Esta formado polas vías respiratorias e os pulmóns.

As vías respiratorias comunican o nariz e mais a boca cos pulmóns. Están formadas polas fosas nasais, a farinxe,a larinxe, a tráquea e os bronquios que son dous tubos que parten da traquea e se ramifican no interior dos pulmóns.

Os pulmóns son dous órganos moi esponxosos que se atopan no interior da caixa torácica. Estes están formados polas ramificacións dos bronquios e por millóns de pequenos sacos micróscopicos que se denominan alvéolos pulmonares. Os alvéolos comuníanse co aire procedente do exterior por medio das últimas ramificacións dos bronquios, chamadas bronquíolos.

Page 11: Trabajo para asun compatible

Respiración

Page 12: Trabajo para asun compatible

O intercambio de gases co exterior

O intercambio de gases entre o noso corpo e o aire exterior lévase a cabo nos alvéolos pulmonares.

Cada alvéolo está rodeado por unha rede de capilares, uns vasos sanguíneos moi finos.

Simultaneamente, o dióxido de carbono pasa do sangue ao aire seguindo o camiño inverso ao do osíxeno.

O sangue que leva o osíxeno, e que parte dos pulmóns, pasa polo corazón e distribúese por todo o corpo grazas a unha extensa rede de vasos sanguíneos.

Este osíxeno atravesa os vasos sanguíneos e entra en cada unha das células do noso corpo; alí combínanse cos nutrientes que proveñen dos alimentos, e de xeito prodúcese a enerxía que as células necesitan para realizar todas as súas actividades.

Este proceso recibe o nome de respiración celular.

Como consecuencia deste proceso prodúcese dióxido de carbono, que, ao ser prexudicial para as células , é expulsado cara ao sangue, que o devolverá aos pulmóns.

Page 13: Trabajo para asun compatible

Intercambio de gases nas células

Page 14: Trabajo para asun compatible

O aparello circulatorio

O aparello circulatorio cumpre dúas funcións moi importantes:

Distribúense os nutrientes e mais o osíxeno a todas as células do corpo.

Recolle as substancias de refugallo que as células producen.

O aparello circulatorio está formado polo corazón e os vasos sanguíneos, e polo sangue que circula no seu interior.

Page 15: Trabajo para asun compatible

O sangue

O sangue é un líquido vermello formado por tres tipos de células distintas:

O plasma sanguíneo é un líquido transparente formado principalmente por auga. Nel atópanse disoltos os nutrientes procedentes do tubo dixestivo, que son transportados a todas as células.

Os eritrocitos ou glóbulos vermellos son as células que transportan o osíxeno desde os pulmóns a cada unha das células do corpo, e o dióxido de carbono desde cada célula ata os pulmóns.

Os leucocitos (glóbulos blancos) deféndennos dos microbios fabricando substancias químicas que os destrúen, ou ben rodéanos co seu corpo dixírenos. Cando enfermamos os leucocitos aumentan.

As plaquetas son moi pequenas, e actúan cando se produce unha hemorraxia, isto é, cando por algún motivo os vasos sanguíneos rompen. Cando iso acontece, as plaquetas acumúlanse e adhírense aos bordos do vaso roto e fabrican unhas substancias que espesan o plasma. Estas substancias forman un tapón denominado coágulo, que detén a hemorraxia.

Page 16: Trabajo para asun compatible

Formación dun coágulo

Page 17: Trabajo para asun compatible

Os vasos sanguíneos

Os vasos sanguíneos son os conductos polos que circula o sangue. Hai tres tipos:

As arterias son os vasos sanguíneos polos que o sangue se dirixe desde o corazón cara aos capilares. As arterias ramifícanse e estréitanse segundo se van distribuíndo por todo o corpo. As súas últimas ramificacións rematan nos capilares.

Os capilares son uns tubos moi delgados cunha parede moi fina. Nos capilares, os nutrientes e mais o osíxeno atravesan as súas paredes e pasan ás células. O dióxido de carbono e outras substancias de refugallo seguen o camiño inverso, isto é, pasan das células aos capilares.

Nos capilares dos pulmóns, o intercambio de gases ocorre ao revés: o osíxeno do aire que conteñen os pulmóns pasa o sangue e, a continuación, o dióxido de carbono pasa ao devandito aire.

As veas son os vasos sanguíneos polos que o sangue se dirixe desde os capilares ata o corazón. As veas máis pequenas son as que se comunican cos capilares. Estas veas reúnense para formaren outras maiores, e deste xeito repítense o proceso ata chegar ás máis grandes, que rematan no corazón.

Page 18: Trabajo para asun compatible

Intercambio entre as células e os capilares

Page 19: Trabajo para asun compatible

O corazónO corazón é o órgano encargado de impulsar a sangue cara a todas as partes do corpo. O seu tamaño é semellante ao dun puño cerrado e as súas paredes están formadas por tecido muscular. Posúe catro cavidades:

Dúas cavidades superiores, as aurículas, ás que chega o sangue que recolleron as veas

Dúas cavidades inferiores, os ventrículos, dos que sae o sangue cara ás arterias

O corazón está dividido ao longo por un tabique en dúas metades independentes, de xeito que a cada lado queda unha aurícula e un ventrículo. En cada metade, as dúas cavidades están comunicadas entre si por unha válvula que deixa pasar o sangue da aurícula ao ventrículo, pero non ao revés

Page 20: Trabajo para asun compatible

O corazónO corazón é o órgano encargado de impulsar o sangue cara a todas as partes do corpo. O seu tamaño é semellante ao dun puño cerrado e as súas paredes están formadas por tecido muscular. Posúe catro cavidades:

Dúas cavidades superiores, as aurículas, ás que chega o sangue que recolleron as veas.

Dúas cavidades inferiores, os ventrículos, dos que sae o sangue cara ás arterias.

O corazón está dividido ao longo por un tabique en dúas metades independentes, de xeito que a cada lado queda unha aurícula e un ventrículo. En cada metade, as dúas cavidades están comunicadas entre si por unha válvula que deixa pasar o sangue da aurícula ao ventrículo, pero non ao revés.

Page 21: Trabajo para asun compatible

O latexo

Page 22: Trabajo para asun compatible

O percorrido do sangue

A sangue un circuito cerrado dobre a través dos vasos sanguíneos:

Circulación pulmonar, o sangue sae do ventrículo dereito cara os pulmóns pola arteria pulmonar alí deixa o CO2 e recolle osíxeno. De alí o sangue volve ao corazón polas veas pulmonares, entrando na aurícula esquerda.

Na circulación xeral o sangue vai da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo e sae pola arteria aorta e de alí a través de arterias máis pequenas cara a os capilares onde deixa osíxeno e recolle CO2 que a través de pequenas veas chega as veas cavas e desemboca na aurícula dereita. E volta a empezar.

Page 23: Trabajo para asun compatible

O aparello excretor

O aparello excretor ou aparello urinario é o conxunto de órganos encargados de expulsaren ao exterior do corpo as substancias de refugallo que leva o sangue procedentes das células.

Está formado por:

1- Riles

2- Uréteres

3- Vexiga urinaria

4- Uretra

Page 24: Trabajo para asun compatible

Os riles e os tubos uriníferos

Os riles son doús órganos situados un a cada lado da columna vertebral, enriba da cintura. Son do tamaño dun puño e semellan un feixón.

Extraen do sangue auga xunto coas susbtancias de refugallo (ouriños ou urina) a través de tubos micróscopicos chamados tubo uriníferos que están en contacto con capilares.

Os tubos uriníferos nunha cavidade en forma de funil, que recolle os ouriños.

A urina fabricada nos riles recóllese en dous condutos chamados uréteres que rematan na vexiga.

A vexiga é un órgano muscular oco e elástico que se atopa na parte inferior do ventre. Nela almacénase a urina procedente dos riles.

Para controlar que a urina non saia continuamente da vexiga. Ten un músculo na súa parte inferior, o esfínter, que cerra a saída da vexiga.

Cando a vexiga se enche, o esfínter reláxase e daquela a urina sae cara ao exterior a través da uretra.