2
[email protected] GUÍA BREVE SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR IES FARO DAS LÚAS ETAPAS DA MEDIACIÓN 1. XORDE O CONFLITO. 2. SOLICITUDE DO SERVIZO DE MEDIACIÓN. 3. NOMEAMENTO DO ALUMNADO MEDIADOR ás 24 horas da solicitude do servizo. 4. PREMEDIACIÓN: No seguinte recreo ao nomeamento do alumnado mediador. Os mediadores, reúnense en privado con cada unha das partes. Explicarase brevemente o proceso e confírmase a voluntariedade dos alumnos mediados. Os mediadores determinan se o conflito é mediable ou non. Se o conflito é mediable, haxa ou non unha conduta contraria ás normas, continuaremos coa fase de me- diación. Se o conflito non é mediable e ademais existe unha falta de disciplina, o equipo mediador comunicarallo á xefatura de estudos. Neste caso resolverase polo procedemento recollido nas NOF. 5. MEDIACIÓN. Realizarase na aula de mediación cos dous mediadores e preferiblemente nos recreos, aínda que, se as características do conflito así o requiren, podera- se utilizar unha ou, excepcionalmente, dúas horas de titoría dos mediadores. Fases : - Presentación e regras do xogo. - Cóntame. - Aclarar o problema. - Propor solucións. - Chegar a un acordo. - Seguimento dos acordos. eu gaño, ti gañas IES Faro das Lúas r/Cuxhaven nº7 36620 Vilanova de Arousa Tlno 986 555711- FAX.: 986 555389 [email protected]

Tríptico mediación. IES Faro das Lúas

  • Upload
    ana-rod

  • View
    55

  • Download
    3

Embed Size (px)

Citation preview

[email protected]

GUÍA BREVE

SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

IES FARO DAS LÚAS

ETAPAS DA MEDIACIÓN

1. XORDE O CONFLITO. 2. SOLICITUDE DO SERVIZO DE MEDIACIÓN. 3. NOMEAMENTO DO ALUMNADO MEDIADOR ás 24

horas da solicitude do servizo. 4. PREMEDIACIÓN: No seguinte recreo ao nomeamento

do alumnado mediador. Os mediadores, reúnense en privado con cada unha das partes. Explicarase brevemente o proceso e confírmase a voluntariedade dos alumnos mediados. Os mediadores determinan se o conflito é mediable ou non.

Se o conflito é mediable, haxa ou non unha conduta contraria ás normas, continuaremos coa fase de me-diación.

Se o conflito non é mediable e ademais existe unha falta de disciplina, o equipo mediador comunicarallo á xefatura de estudos. Neste caso resolverase polo procedemento recollido nas NOF.

5. MEDIACIÓN. Realizarase na aula de mediación cos dous mediadores e preferiblemente nos recreos, aínda que, se as características do conflito así o requiren, podera-se utilizar unha ou, excepcionalmente, dúas horas de titoría dos mediadores. Fases :

- Presentación e regras do xogo.

- Cóntame.

- Aclarar o problema.

- Propor solucións.

- Chegar a un acordo.

- Seguimento dos acordos.

eu gaño, ti gañas IES Faro das Lúas r/Cuxhaven nº7 36620 Vilanova de Arousa Tlno 986 555711- FAX.: 986 555389 [email protected]

INTRODUCIÓN

1. En que consiste o Servizo de Mediación? É unha ferramenta a disposición do alumnado para resolver de xeito pacífico os conflitos.

2. Como podo solicitar unha mediación? Hai varias maneiras:

A. Fala coa Xefatura de Estudos. B. Comunícallo a un membro do Equipo de Media-ción (está formado pola Orientadora, un profesor e dous alumnos mediadores). C. Mediante unha solicitude que se deixará na caixa de correo de mediación ( ao lado da aula de tecno-loxía) ou será enviada ao correo electrónico [email protected].

Os impresos están á túa libre disposición en Con-serxería e Biblioteca.

3.Onde se realizará a mediación? A sala de mediación estará na aula da casa do conserxe.

4. Podo suxerir que mediador quero que leve o meu caso? Si, efectivamente. No impreso de solicitude do Servizo de Mediación están os nomes de todos os mediado-res do Centro. Marca cun “X” aqueles dous que desexes. O Equipo de Mediación valorará a túa suxes-tión. Tamén é importante recordar unha norma: os media-dores non poden ser compañeiros de clase de ningún dos afectados, nin mediar nos casos nos que haxa amizade estreita con algún deles.

NORMAS DA MEDIACIÓN

A MEDIACIÓN É UN PROCESO VOLUNTARIO. Ninguén está obrigado a escoller a mediación para resolver un conflito. Se decides optar por este camiño, tanto ti como a outra persoa/as implicada/s debedes acudir de xeito vo-luntario.

É CONFIDENCIAL. Os mediadores están obrigados a manter a discreción e a confidencialidade durante e despois do proceso. Esta é unha das normas básicas de todo mediador “O que se fale na sala de mediación, alí se queda”.

O MEDIADOR NON DECIDE A SOLUCIÓN DO CONFLITO. SON OS MEDIADOS OS QUE CHEGAN A UN ACORDO.

O mediador non é un xuíz, non impón o seu criterio sobre que persoa actuou ben e cal o fixo mal; non se inclinará por ninguna das dúas partes. Simplemente axudará a que fale-des, expoñades os vosos sentimentos, e poñades de relevo o que precisa cada parte para que o conflito se resolva.

É INDISPENSABLE RESPECTAR AS QUENDAS DE PALABRA. Deberemos falar respectando as quendas de palabra. Todos seremos escoitados, pero precisamos actuar co máximo respecto. Non se admitirán, baixo ningún concepto, insultos ou descualificacións.

EU GAÑO, TI GAÑAS. O mediador velará para que o ACORDO FINAL sexa XUSTO e equilibrado para ambas partes. Posteriormente haberá un seguimento do Equipo de Media-ción para ver o grao de cumprimento do mesmo.

PREGUNTAS FRECUENTES

Todos os conflitos son mediables?

Depende. Se existe un conflito que leva asociada unha falta de disciplina, o Equipo de Mediación informará do conflito previamente á Xefatura de Estudos que, xunto co Equipo de Mediación, decidirá se o conflito pode ser derivado a media-ción. Cando non hai falta disciplinaria os mediadores decidirán se é un conflito mediable ou non.

Se o Equipo de Mediación, tras estudar o caso, decide que un conflito que leva asocia-da unha falta de disciplina é mediable, póde-se evitar a sanción? Se ambas partes, tanto a prexudicada como a que comete a falta, teñen intención de resolver pacifi-camente o problema, chegan a un acordo e o cum-pren, sí se pode evitar a falta de orde.

Que pasaría se no exemplo anterior (conflito con falta de orde asociada), se chega a un acordo pero finalmente non se cumpre o establecido? Se os acordos non se cumpren e hai unha falta contraria ás normas de funcionamento, procedera-se a resolver o conflito mediante o procedemento recollido nas NOF.