Upload
ies-a-basella
View
1.124
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Xestion dos vertedoiros de residuos solidos urbanos. Gestion de los vertederos de residuos solidos urbanos.
Citation preview
VERTEDOIROS DE RESIDUOS
Juan PozaIES A Basella30.11.03
Que son
Os vertedoiros son instalacións de eliminación de residuos mediante o seu depósito subterráneo ou na superficie, por períodos de tempo superiores a un ou dous anos. (Real Decreto 1481/2001).
Segundo os residuos que almacenan, os vertedeiros son de 3 tipos: Vertedoiros de residuos inertes
Vertedoiros de residuos non perigos.
Vertedoiros de residuos perigosos.
Tipos de vertedoiros
De inertes
De perigosos
De non perigosos
Normativa aplicable
Directiva 1999/31/CE, do Consello, de 26 de abril de 1999, relativa ó vertido de residuos.
Real Decreto 1481/2001, de 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro. BOE nº 25, de 29 de xaneiro de 2002.
Decisión do Consello de 19 de decembro de 2002, pola que se establecen os criterios e procedementos de admisión de residuos nos vertedoiros.
Tipos de vertedoiros
Segundo o cumprimento da lei: Vertedoiro controlado. Vertedoiro incontrolado ou ilegal.
Segundo a compactación que acadan os residuos: Vertedoiro de baixa densidade. Vertedoiro de media densidade. Vertedoiro de alta densidade. Vertedoiro de placas ou fardos.
Segundo a topografía do terreo: Vertedoiros de área. Vertedoiros de trincheira. Vertedoiros de rampa, vaguada ou depresión.
Segundo o tratamento dos residuos: Sen trituración. Con trituración previa. Con trituración in situ.
Opcións de eliminación en vertedoiro
Procedemento de admisión de residuos en vertedoiro
Residuos que non poden eliminarse en vertedoiro
Residuos líquidos. Residuos que, en condicións de vertido, sexan explosivos,
corrosivos, oxidantes, facilmente inflamables ou inflamables, de acordo cas definicións que figuran no Real decreto 833/1988, modificado polo Real decreto 952/1997.
Residuos que sexan infecciosos de acordo á característica H9 da táboa 5 do Real decreto 833/1988.
Residuos da categoría 14 da táboa 3 do Real decreto 833/1988, é dicir, os que presenten riscos inmediatos ou diferidos para o ambiente.
A partir do 16 de xullo de 2003, pneumáticos usados enteiros e, a partir do 16 de xullo de 2006, pneumáticos torados. Non obstante admitiranse os pneumáticos de bicicleta e os de diámetro exterior superior a 1.400 mm.
Residuos que non cumpran os criterios de admisión establecidos para a clase de vertedoiro.
Probas de admisión de residuos
1. Caracterización básica É o primeiro paso do procedemento de admisión dun
residuo en vertedoiro e constitúe a recollida de toda a información precisa para eliminar o residuo de forma segura a longo prazo. É obrigatoria para cada tipo de residuo e correrá a cargo do productor de residuos.
2. Probas de conformidade A función das probas de conformidade é comprobar
periodicamente fluxos de residuos xerados con regularidade, para determinar se se axustan ós resultados da caracterización básica.
3. Verificación in situ Cada carga de residuos que se entregue nun vertedoiro
someterase a unha proba de inspección visual antes e despois da súa descarga.
Elementos estructurais dun vertedoiro
Berma: superficie inclinada para facilitar a circulación da maquinaria e evitar a erosión. A pendente horizontal:vertical soe ser 2:1 ou 3:1, e ata 4:1.
Terraza: É unha superficie lixeiramente inclinada para recolle-los lixiviados.
Cela unitaria: Volume dos residuos depositados nun día e o material de cobertura correspondente.
Fronte de traballo: Anchura dunha cela unitaria na que se están a realiza-las operacións diarias. Presenta unha inclinación entre 20 e 40 º para facilita-lo traballo da maquinaria.
Criterios legais de ubicación
Distancia a zonas residencias e recreativas, vías fluviais, masas de auga e zonas agrícolas ou urbanas. Distancia mínima de 300 metros.
Existencia de augas subterráneas, costeiras ou reservas naturais na zona. Distancia mínima de 100 metros.
Condicións xeolóxicas e hidroxeolóxicas da zona.
Zonas inestables con riscos de inundacións, afundimentos, corremento de terras ou aludes. Risco de impacto ambiental grave para o medio ambiente, e medidas correctoras aplicables. Distancia mínima de 100 metros.
Zonas de exclusión e protección do patrimonio natural ou cultural. A distancia que estimen as autoridades competentes.
Distancia a aeroportos. Recoméndase superior a 8 Km polo risco de presencia de aves.
Criterios técnicos de ubicación
Distancia ós centros xeradores e cantidade de residuos xerada.
Soporte axeitado: impermeabilidade natural ou posibilidade de impermeabilización artificial.
Topografía do terreo.
Dispoñibilidade de material de recubrimento.
Condicións climatolóxicas.
Consideracións estéticas (paisaxe).
Condicións ambientais
Cumprimento da lexislación vixente.
Outros criterios de ubicación
Económicos Efectos nas propiedades. Custos de construcción e operación. Impacto na industria local. Plans de compensación.
Sociais Equidade na selección do lugar. Efecto na imaxe da comunidade. Paisaxe e estética. Alteración do uso do solo
Políticos Eleccións locais. Intereses de inversión local. Responsabilidade do manexo do lugar. Control local.
Tipos de vertedoiros
Vertedoiros de área Empréganse en lugares chás e
e amplos, onde non se poden realizar profundas escavacións por atoparse o nivel freático próximo á superficie.
Despois da impermeabilización, esténdese o residuo sobre o terreo previamente impermeabilizado, e logo compáctanse.
O lixo esténdese en capas de 60 cm de espesor que se cubren con terra, e cunha anchura entre 2,5 e 5 metros.
A tongada, en tódolos casos, non debe supera-los 2,5 m de altura (varias capas de 60 cm).
A capacidade de vertido é moi grande, podendo superar as 500 t/día.
Vertedoiros de trincheira
Emprégase en terreos amplos e chás con nivel freático profundo.
Escávase un suco de 60 a 300 m de lonxitude, 5 a 15 m de ancho e 1 a 3 m de profundidade.
Impermeabilízase e vanse formando as celas unitarias do ancho do suco e 2,5 m de altura (en capas de 60 cm).
Permite capacidades de 100 a 500 tm/día.
Vertedoiros de rampa, vaguada ou depresión
Aplicase en terreos que presentan depresións: canteiras, cañadas, vagoadas e hondanadas.
Impermeabilízase e os residuos colócanse en celas unitarias semellantes ós casos anteriores.
A orientación e as dimensións adaptándose ás características topográficas do terreo.
Vertedoiros de baixa densidade
Os residuos son espallados con tractores provistos dunha pala de arrastre.
Conseguen densidades de 500-600 Kg/m3 (media de 500).
Este é o modelo empregado para vertedoiros grandes, con capacidades superiores a 300 t/día.
As tongadas, coma sempre, non deben supera-los 2,5 m de alto (baixaría moito a densidade, provocando riscos de desprendemento de taludes, bolsas de gas e menor vida útil do vertedoiro).
Cóbrense diariamente con 15-20 cm de terra para evitar insectos, roedores e cheiros.
VANTAXES:
• Gran capacidade.
• Explotación barata.
• Recuperación de biogás.
• O mellor sistema para zonas chuviosas
Vertedoiros de media densidade
Compáctase o lixo con buldozers dun peso mínimo de 15 Tm.
Acádanse densidades de 800 Kg/m3.
A capacidade de traballo é de 35 a 40 Tm/hora.
A basura cúbrese diariamente.
VANTAXES
• Economía de espacio
• Aumento da vida útil do vertedoiro.
Vertedoiros de alta densidade
O lixo esténdese en capas finas (25 cm) para facilitar a súa fermentación aerobia.
O lixo non se cubre, e deben transcorrer a lo menos 25 días antes de engadir unha nova capa encima (45 en zonas húmidas).
Emprégase para pequenas tonelaxes (30-150 Tm/día)
Necesitan unha superficie moi grande.
Para vertedoiros pequenos e medianos.
Acádanse densidades de 1.100 kg/m3.
Hai 3 modalidades que veremos a continuación.
VANTAXES
• Xéranse menos lixiviados e biogás que nos outros sistemas.
• Permite un máximo aproveitamento do espacio útil.
•A fermentación aerobia da materia orgánica é case total.
Vertedoiro de alta densidade con compactación previa Previamente, os residuos son compactados en fardos de 0,8-
1 m de alto por 1-2 m de lonxitude. Acádanse densidades de ata 1.000-1.100 Kg/m3) Unha plataforma remolque transporta as balas ó vertedoiro. Unha pala coloca os fardos en columnas de 3-4, e recóbrese o
conxunto cunha capa de terra de 20-30 cm. Tamén serve como almacén temporal ata un posterior
tratamento.
Vertedoiro de alta densidade con trituración in situ
Trituradoras cun peso mínimo de 22 Tm, estenden, compactan e trituran o lixo.
Mellórase a aireación, a homoxinización e a humidade para lograr períodos de descomposición máis rápidos.
Empréganse capas finas (25 cm) sen cubrición para acada-la fermentación aerobia
A intervalos semanais vólvese a pasar a máquina para airear.
Necesítase unha ampla superficie de vertido. A alta temperatura da fermentación e a
evaporación elimínan a producción de lixiviados. Papeis e plásticos non voan a causa da
compactación, e tampouco se atraen roedores e aves.
Adecuado para lugares secos e sen solo de cobertura axeitado.
Acádanse densidades de 1.100 Kg/m3. A capacidade de traballo non supera as 25
Tm/hora. Teñen que pasar 25 días (45 en lugares húmidos)
antes de colocar outra capa. Polo tanto a superficie do vertedoiro ten que ser
grande
Emprégase para pequenas tonelaxes (30-50 Tm/día) en lugares secos.
Colocación dos residuos nun vertedeiro de alta densidade
Vertedoiros de alta densidade con trituración previa
Os residuos son triturados nunha planta de trituración.
Emprégase en terreos caros, con escaso material de cobertura e baixa pluviometría.
Manipulación semellante á trituración in situ.
Sendo a superficie pequena, a capacidade tamén se reduce a escasas produccións.
Pola contra, a vida útil é longa porque se mineraliza a materia orgánica.
Colocación dos residuos
1
2
3
4
Espallamento dos residuos
Cubrimento con terra
Os principais problemas dos vertedoiros
LixiviadosBiogás
Incendios
Cheiro e animais
Equipos 1: Tractores
Usos: Arrastre, carga e
descarga.
Compactación dos residuos.
Movemento de terras para cobertura.
Excavacións e obras de paso.
Tractores con palas de carga e excavación
Equipos 2: Trituradoras-Compactadoras
Trituradora con pala de arrastre Trituradora-compactadora
Equipos 3: Compactadoras
Compactador vibratorio Trituradora con pala de arrastre
Equipos 4: Tractores compactadores
Tractores oruga con palas de arrastre e carga
Selado ou clausura de vertedoiros
Cóbrese, de abaixo cara arriba con xeomembrana, arxila e terra.
Medidas de protección no selado de vertedoiros
Control de accesos Acondicionamento das superficies de vertido Control da escorrentía superficial Recollida e control de lixiviados Control e extracción de gases Medidas de contención da contaminación de solos e augas subterráneas Cuberta de selado Revexetación das superficies
Clausura do vertedoiro A empresa adxudicataria ten que controlar os
lixiviados e biogás durante 30 anos
Vertedoiro selado en Roncudo (Corme)
Selado de vertedoiros
Ourense
Monterroso
Vilagarcía
O GroveCambados
Bueu