13
www.quepasanacosta.com / [email protected] T. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com Quepasanacosta, o diario dixital da Costa da Morte QPC centraliza na rede toda a actualidade social, política, cultural e deportiva da Costa da Morte. QPC é un novo punto de encontro, xerador de opinión, co claro obxectivo de xerar un pensamento de comunidade. Que é Quepasanacosta.com 1. 18 concellos da Costa da Morte: Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas. 2. Unha poboación estimada de 95.000 per- soas que chega ata as 200.000 contando coa diáspora e o fútbol da Costa, que abran- gue dende Laracha ata a Serra de Outes. QPC é unha iniciativa comunicativa que nace do compromiso co territorio da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios e que continúa dende o 2007 vertebrando a bisbarra.

Dossier QPC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O Dossier do diario dixital da Costa da Morte www.quepasanacosta.com (actualizado en abril de 2015, tras case 8 anos de existencia). Para que vexades a verdadeira incidencia, con datos do señor Google, da rede na Costa.

Citation preview

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Quepasanacosta, o diario dixital da Costa da MorteQPC centraliza na rede toda a actualidade social, política, cultural e deportiva da Costa da Morte.

QPC é un novo punto de encontro, xerador de opinión, co claro obxectivo de xerar un pensamento de comunidade.

Que é Quepasanacosta.com

1. 18 concellos da Costa da Morte:Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

2. Unha poboación estimada de 95.000 per-soas que chega ata as 200.000 contando coa diáspora e o fútbol da Costa, que abran-gue dende Laracha ata a Serra de Outes.

QPC é unha iniciativa comunicativa que nace do compromiso co territorio da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios e que continúa dende o 2007 vertebrando a bisbarra.

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Liña editorial do diario

1. O maior seguimento do fútbol da Costa.

2. A opinión da Costa: As Firmas QPC.3. A máis completa Axenda Cultural e

Festeira.4. Un espazo para QPC Motor.5. As eleccións en QPC.6. Aposta polo desenvemento cultural,

social e económico da bisbarra.7. Traballa pola mellora das redes de

comunicación da bisbarra.8. Agregador da produción audiovisual

feita na Costa.9. Recuperando a nosa historia, as

tradicións e o patrimonio natural e etnográfico.

3000visitas diarias

Máis de

Máis de

25.000usuarios mensuais

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Ademais do Equipo QPC hai máis dun centenar de veciños da Costa da Morte que nos achegan información de toda clase (texto e imaxes), tando deportiva, social como festeira. A participación dos veciños da bisbarra aumenta cada día situando QPC como o diario máis vangadista en xornalismo cidadán.

Sen eles sería imposible estar tan preto da nova e, dende logo, este diario non sería posible sen a súa aportación. QPC é Comunidade.

Os informadores anónimos: Xornalismo cidadán

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Contidos habituais

CONTIDOS QPC

Quepasanacosta.com informa diariamente de toda actualidade que ocorre na bisbarra. A nosa media de publicación é de 15 novas ao día, que abran-guen a actualidade política, social, empresarial, cultural, patrimonial, festeira e deportiva da bisbarra.

ACTUALIDADE: Boa parte dos contidos son os que atinxen aos 15 concellos da Costa tanto en materia política, social como cultural. Un dos temas que máis seguimento merece é a defensa do patrimonio natural, un dos meiran-des tesouros da nosa terra. Concello a concello coñecemos a realidade das entidades sociais, visitando as actividades que organizan asociacións ou concellos.Ademais, a sección de Bisbarra inclúe as novas que abranguen a máis dun concello e son, habitualmente das máis importantes para o desenvolvemento socio-económico da bisbarra.

CULTURA E FESTAS: O diario informa diariamente de toda clase de eventos culturais que suceden no noso territorio. As festas son citas ineludibles para a bisbarra e QPC está alí para contalas. Tamén participa en foros de debate, representación teatrais, exhibicións de artesanía, de gastronomía, exhibicións poéticas ou concertos musicais.

DEPORTES: QPC xa é a referencia do Fútbol da Costa. O noso seguimento das Ligas da Costa, así como as ligas de fútbol base e do fútbol sala da zona, convírtenos no punto de encontro de todos os amantes do deporte rei. Ademais facemos un completo seguimento de outros deportes como pira-güismo, vela, remo, baloncesto, balonmán, hoquei, atletismo, voleibol e xo-gos tradicionais.

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

As Firmas QPC

A Opinión como bandeira: Máis de 40 colaboradores con voz propia, con temáticas que van da actualidade, a política, a historia ou o deporte:

Roberto Traba Velay Óscar de Souto Modesto García Quintáns

David Lourido Cebreiro Domingo Guerra Paula García Costa Viki Rivadulla

Manuel Suárez Suárez Lorena Martínez Canosa Mario Maceiras

Fran Hermida Manuel Vilar Serxio Iglesias Mario Rodríguez Gómez

Arturo Simón Jose Manuel Castro Marcote Alejandro Lamas Manuel Vilar

Luís Lamela Xosé Manuel Varela Varela Manuel M. Caamaño Roberto Rouget

José Luis Louzán Víctor Castiñeira Darío Areas Xabier García

Foro Social CdM Manuel Corredoira Pablo Varela Héctor Pose

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Horarios de autobusesUn dos proxectos máis comprometidos socialmente é o que facilita información sobre os Horarios de autobuses da Costa da Morte.

O diario é a día de hoxe o único espazo (non só dixital) onde se poden atopar os horarios integrados das 3 empresas concesionarias do servizo de transporte colectivo que operan na bisbarra.

Ademais, temos creado un cartel integrando os horarios, que foi distribuido a entidades sociais, establecimentos hosteleiros e concellos de toda a bisbarra co único obxectivo de manter informados aos veciños e aos visitantes.

SalvacadelosIniciativa artellada entre QPC e a Clínica Veterinaria Argos de Cee que procura que non haia un só can abandonado na Costa da Morte.

Xa son 4 anos nos que o portal serve de escaparate para que veciños da bisbarra coñezan dende as súas casas os animais que poden acoller nas súas familias.

Máis de 3.000 persoas crean unha comunidade salvadora a través do Facebook de Salvalcadelos e máis de 350 cans e gatos atoparon familia.

SERVIZOS QPC

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Recunchos da Costa Xa son máis de 150 os Recunchos da Costa descubertos polo diario. Trátase dunha sección que existe dende o 2008 en QPC, onde cada semana visitamos un deses lugares, máis ou menos coñecidos, que merece a pena visitar pola súa riqueza paisaxística, natural, cultural ou etnográfica.

O novo blog www.recunchosdacosta.com conta cun novo deseño, un sistema de Xeolocalización GIS, e unha nova estrutura con identidade propia que se poderá extender non só aos lectores diarios de QPC senón a todos os visitantes que se acheguen pola Costa da Morte.

SERVIZOS QPC

QPC MOTOR

Todo en www.quepasanacosta.com/motor

DEPORTES QPC

Espazo especializado e único para os amantes do Motor na Costa da Morte. O Rali Galego, a Fórmula 1, novidades en maquinaria agrícola, Autocross...

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Gran aposta polo Fútbol da Costa

QPC é a maior referencia para o fútbol da Costa. Resultados ao momento, clasificacións actualizadas, crónicas completas de todas as Ligas da Costa, entrevistas... QPC ten o meirande seguemento do fútbol da Costa.

A última aposta é a web de resltados e clasificacións: www.futboldacosta.com e www.copadacosta.com

Ademais, nos últimos anos facemos un carrusel tecnolóxico en directo, cos goles en tempo real a través da APP “Fútbol da Costa”.

Futboldacosta.com

Dende 2014 organizamos a Gala con entrega de Premios do Fútbol da Costa - QPC, e un partido solidario entre a Selección da Costa e un combinado de categoría como o Fabril, ou o Coruxo.

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Que pasou na Costa

Esta iniciativa histórica, desenvolta ca web www.corcubion.com, serviu para que os internautas elexiran aos persoeiros máis senlleiros da historia da Costa da Morte. Un xeito distinto de coñecer a nosa historia a través dos seus nomes máis importantes.A través da web www.eleccionhistorica.com, os internautas escolleron os persoeiros máis singulares de cada concello.

Elección Histórica da Costa da Morte

HISTORIA QPC

Da man do historiador ceense Víctor Castiñeira, realizamos un completo re-paso á Historia da Costa da Morte.

Máis de 100 artigos que comezan no Megalistismo e abranguen ata a Época Contemporánea.

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Tesouros da FundaciónSeguindo co programa de dixitalización de contidos, e coa colaboración do Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, Darío Areas, o diario inclúe unha sección semanal onde se repasan pezas hstóricas da Fundación. Cada semana publícase a fotografía e descrición dunha peza da colección cunha completa descripción con fotografías.

HISTORIA QPC

A cara máis íntima do Naufraxio

Unha ollada diferente do Naufraxio da man do fisterrán Xusto Gómez e do muradán Manuel M. Caamaño.

A influencia do mar nesta bisbarra é innegable, e a dixitalización de contidos que teñan que ver coa mar é importante.

A Guerra da IndependenciaDa man do corcubionés Alejandro Lamas realizamos unha completa viaxe ata 1809 para conmemorar o Bicentario da Guerra da Independencia.

A serie está forma por 13 capítulos, baixo o título "Corcubión e a súa Xuris-dición na Guerra da Independencia".

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

Facebook

QPC aproveita unha das grandes ferramentas da internet como son as redes sociais. Na nosa páxina de Facebook xa contamos con máis de 11.000 siareiros. O espazo serve de referencia informativa nas redes sociais e a tempo real, cun alcance que supera as 40.000 persoas ao mes.

Twitter

Autobuses, Salvacadelos e Recunchos no Facebook

Ademais QPC aproveita a rede máis instaurada na bisbarra para promocionar as nosas iniciativas particulares. Cos Autobuses Costa da Morte facemos chegar os horarios a máis e máis xente.A presencia de Salvalcadelos fai que os animais que busquen familia cheguen a máis casas.

QPC nas Redes Sociais

QPC tamén está activo nesta ferramenta sociais. No Twitter mantén, en 140 caracteres, informados a todos os siareiros de dentro e fóra da bisbarra. Xa superamos os 6.000 siareiros.

Youtube e VimeoQPC xa é o maior agregador da produción audovisual da Costa da Morte. A través dos nosos espazos en Youtube e Vimeo traemos tanto vídeos de produción propia como outros moitos feitos na bisbarra.

www.quepasanacosta.com / [email protected]. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta

DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com

QPC en cifras dende xullo de 2007

Máis de 3,2 millóns de visitas

Máis de 10 millóns de páxinas vistas

10% de incremento de visitantes no último ano

500.000 usuarios únicos (máis de 175.000 no último ano)

Uns 3.000 visitantes ao día

QPC en cifras

Mapa de visitantes

120 países, destacando Suiza, EEUU, Portugal, Arxentina...

O 95% das visitas chegan den-de a península.

O 70% das visitas peninsulares chegan dende dentro da pro-vincia.

O 30% chegan dende Madrid, Vigo, Barcelona, Ourense, Las Palmas...