19
A consolidación do cinema

A consolidación do cinema

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A consolidación do cinema

A consolidación do cinema

Page 2: A consolidación do cinema

Nos primeiros anos do século XX foron afirmándose, como vimos, as regras básicas da linguaxe cinematográfica. O progreso paralelo da tecnoloxía do cinema, tamén no campo da proxección, posibilitou unha maior duración dos filmes e con iso creceu igualmente a complexidade dos mesmos.

Fronte ás estampas documentais, as ilustracións históricas, as escenas cómicas e as fantasías dos primeiros anos, que empezaban xa a cansar ao espectador, xorden propostas máis ambiciosas.

Page 3: A consolidación do cinema

En Francia en 1908 nace a produtora Le Film d’Art co ánimo de quitarlle ao cinema o sambenito de entretemento populacheiro, de espectáculo de “barracón de feira”, para apostar por contidos “de peso”, con base literaria, histórica e mitolóxica. Fichan a autores de prestixio e a intérpretes reputados da Comédie-Française.

O paradigma é L'Assassinat du duc de Guise, para a cal compuxo unha partitura Camille Saint-Saëns. O tempo non lle sentou ben a esta liña de actividade fílmica, que, con todo, introduciu un elemento importante no devir: o peso das “estrelas”, dos actores e actrices, como reclamo para os compradores de entradas.

Page 4: A consolidación do cinema

Seriais

A consolidación do cinema como entretemento masivo favorece a fidelidade dos espectadores e iso induce o nacemento dos “seriais” ou filmes por episodios. En Europa, onde xa en 1908 triunfara Nick Carter, le roi des detectives, o gran nome do xénero é Louis Feuillade, responsábel das series Fantomas (1914), Les Vampires (1915) e Judex (1916). Les Vampires descubriu á mítica Musidora.

Louis Feuillade

N: 19 de febreiro de 1873, Lunel, Francia

M: 25 de febreiro de 1925, Niza, Francia

Page 5: A consolidación do cinema

“Estas extravagantes aventuras, tejidas de trampas infernales y persecuciones sin cuento a través de peligros inverosímiles, enfrentando a héroes y villanos de gran categoría, señalan el status nascens de una concepción de la existencia; concepción deportiva de la vida, del culto al peligro, superado por la rapidez de los reflejos y la fortaleza de los puños. El Aquiles de los nuevos tiempos no empuña una lanza sino una pistola automática y, desafiando el peligro junto a una bella heroína, corretea sobre los tejados o bajo el pavimento de las grandes ciudades. Sus aventuras son un canto al moderno mundo de la mecánica y en ellas desempeñan un papel protagonista los automóviles, dirigibles, hidroaviones, ferrocarriles y máquinas diabólicas. Con su involuntaria poesía surrealista, los seriales que electrizan a las masas constituyen un inapreciable testimonio moral de una época y de una concepción del mundo”

Román Gubern, Historia del cine

Musidora

N: 23 de febreiro de 1889, París (Francia)

M: 11 de decembro de 1957, París (Francia)

Page 6: A consolidación do cinema

Nos EEUU a audiencia atendía entusiasmada ás aventuras de dúas “damas en apuros”, Pearl White en The Perils of Pauline (1914) e Helen Holmes en The Hazards of Helen (1914-1917).

Pearl White

N: 4 de marzo de 1889, Green Ridge, Missouri (EEUU)

M: 4 de agosto de 1938, Neuilly-sur-Seine (Francia)

Page 7: A consolidación do cinema

Vampiresas

Fronte ao prototipo da muller doce, bondadosa e virxinal que impuxo o éxito popular de actrices coma Mary Pickford e as irmáns Gish, Lillian e Dorothy, o cinema non tardou en interesarse por personaxes femininos máis misteriosos e inquietantes. Instálase a figura da “muller fatal”, depredadora sexual capaz de poñer os homes aos seus pés. Preferibelmente estranxeiras e exóticas, e se non o eran sempre se lles podía inventar un pasado e converter a unha moza de Ohio chamada Theodosia Burr Goodman na sedutora Theda Bara, supostamente nacida no Sáhara filla dun xeque árabe e unha muller francesa e cuxo nome sería en realidade un anagrama de “Arab Death”, morte árabe.

No seu filme de 1915 A Fool There Was introdúcese a denominación de “vampire” ou “vamp”, vampiresa, para este tipo de muller.

Page 8: A consolidación do cinema

O cinema histórico

En Italia triunfa o cinema épico e histórico que reproduce e revive o pasado imperial. Grandes decorados e centos ou miles de extras nutren filmes como Quo Vadis? (Enrico Guazzoni, 1913) ou a mítica Cabiria (Giovani Pastrone, 1914), un referente para as épicas inmediatamente posteriores de D. W. Griffith.

En Cabiria aparece como personaxe o hercúleo escravo Maciste. Foi tanto o éxito do fortachón Bartolomeo Pagano (1878-1947) que acabou protagonizando vinte e tantos filmes co mesmo personaxe, ambientados en épocas moi diversas. O primeiro deles foi Maciste, dirixido en 1915 por Vincenzo Denizot e Luigi Romano Borgnetto.

Page 9: A consolidación do cinema

O humor

O cinema confiou no humor dende a súa orixe, e de proba está aquel Regador regado dos Lumiere. A tradición cómica e burlesca, herdada do vodevil, estivo moi presente nos primeiros anos de creación fílmica. A medida que o cinema se foi asentando xurdiron tamén os cómicos con personalidade definida: Boireau (André Deed), Polidor (Ferdinand Guillaume, que varias décadas despois aparecería en filmes de Fellini), Onésimo (Ernest Bourbon)... Trátase, en xeral, de obras non moi sofisticadas que apostan polo humor simple e as chiscadelas máis básicas.

Brilla a outra altura Max Linder, a quen Charles Chaplin consideraba un mestre.

Max Linder

N: 16 de decembro de 1883, Saint-Loubes (Francia)

M: 31 de outubro de 1925, París (Francia)

Page 10: A consolidación do cinema

“Max Linder no basó su comicidad en las cabriolas, caídas, persecuciones, peleas y acrobacias. Max no necesitó recurrir al furor destructivo que caracterizó a casi todo el cine cómico primitivo: su comicidad nacía, simplemente, de la creación de situaciones comprometidas en las que, no obstante, jamás llegaba a perder la compostura. Su temática, por otra parte, procede del repertorio vodevilesco y de las comedias de enredo”.

Román Gubern, Historia del cine

A primeira metade da década dos 10 sinala o apoxeo de Max Linder, convertido no actor máis popular e mellor pagado de Europa. Participou na “Gran Guerra” como condutor entre liñas de fronte (non foi considerado apto para o combate). A experiencia foi traumática e deixouno tocado, psicolóxica e fisicamente; tivo que deixar a acción militar mais seguiu vinculado ao exército entretendo as tropas.

Marcha aos EEUU en 1916 fichado pola Essanay, que viña de perder a Charles Chaplin (contratado pola Mutual). Non acadou o éxito esperado e regresou a Francia, onde reviviu a súa carreira. Intentouno outra vez en Hollywood co filme Seven Years of Bad Luck (1921), un dos seus fitos, e a parodia dos filmes de Douglas Fairbanks The Three-Must-Get-Theres.

Casou en 1923 con Hélène "Jean" Peters, coa que tería unha filla, Maud, nacida en xullo de 1924. Mais a depresión que seguía arrastrando puido con ele. Logo dun primeiro intento de suicidio a comezos de 1924, Hélène e Max acabaron coas súas vidas en París o 31 de outubro de 1925.

Page 11: A consolidación do cinema

Ao tempo que Max Linder triunfa en Europa, nos EEUU arranca un período dourado para a comedia. Os circuítos de salas demandan contidos como complemento ás sesións, que comprenden un filme “longo” (de “seis rolos”) precedido dun noticiario, un documental, unha curta cómica... O complemento humorístico acabou por converterse en imprescindíbel.

O nome de referencia é Mack Sennett, que logo de traballar con Griffith fundou en 1912 a produtora Keystone. O seu éxito foi inmediato e a compañía produciu filmes sen parar, máis de mil até a súa desaparición en 1935.

Sennet foi ademais un gran cazatalentos: pola Keystone pasaron Charles Chaplin, Mabel Normand, “Fatty” Roscoe Arbuckle, Ben Turpin, Harold Lloyd, Harry Langdon, Marie Dressler, Gloria Swanson, W. C. Fields, Bing Crosby...

Mack Sennett

N: 17 de xaneiro de 1880, Richmond, Quebec (Canadá)

M: 5 de novembro de 1960, Woodland Hills, California (EEUU)

Page 12: A consolidación do cinema

“El cine de Mack Sennett se caracterizará, precisamente, por una extraordinaria libertad y una pasión destructiva que sólo tiene cierto parangón con el movimiento intelectual dadaísta que, por estas mismas fechas, floreció en Zurich alentado por el poeta francorrumano Tristan Tzara. La comparación no puede llevarse muy lejos porque la obra de Sennett es infinitamente más pura, espontánea y popular que la de los mitificados inconformistas europeos. El mundo dislocado de Sennett, con sus vertiginosas persecuciones en Ford T, carreras sobre tejados, caídas desde alturas increíbles, porrazos, patadas al trasero, tartas de crema, bombas de dinamita, orgías de destrucción (y no sólo de objetos, sino del orden establecido y de sus más respetables y severas encarnaciones, que son los policías) es el producto espontáneo de una civilización joven, no condicionada por una abigarrada tradición cultural”.

Román Gubern, Historia del cine

Page 13: A consolidación do cinema

A animación

O francés Émile Cohl pasa por ser o primeiro gran nome dos “debuxos animados”. A súa obra (desenvolvida en Francia e os Estados Unidos) foi unha clara influencia para o traballo do norteamericano Windsor McCay, autor de Gertie the Dinosaur (1914) ou The Sinking of the Lusitania (1918).

Pouco despois, os irmáns Max e Dave Fleischer axigantaron as posibilidades da animación e crearon personaxes míticos como Betty Boop ou Popeye.

Windsor McCay

N: 26 de setembro de 1869, Spring Lake, Michigan (EEUU)

M: 26 de xullo de 1934, Nova York (EEUU)

Page 14: A consolidación do cinema

O documental

Como vimos, no cinema dos primeiros anos abundou o rexistro da realidade, instantes cotiás capturados para a pantalla, na estela das primeiras imaxes tomadas polos Lumière.

A filmación de “acontecementos de actualidade” foi outro dos camiños para os cales o cinema demostrou ser unha ferramenta moi útil. O enxeño facilitou prodixios técnicos como a filmación dun combate de boxeo completo, Corbett-Fitzsimmons Fight, polo pioneiro Enoch J. Rector en 1897. Hoxe consérvase só parte da metraxe, mais a película orixinal duraba arredor de 100 minutos, incluídos os 14 asaltos e a presentación das celebridades asistentes. Gañou Fitzsimmons, por certo.

Corbett-Fitzsimmons Fight foi un gran éxito: estímase que xerou uns ingresos de 750 mil dólares nos anos que estivo en circulación. As copias do filme fixéronse nun formato singular de 63mm, non válido para os proxectores convencionais: requiría un modelo especial, o “Veriscope”. Até a estandarización do formato fílmico, esa foi unha estratexia frecuente para dificultar a difusión de copias piratas.

Page 15: A consolidación do cinema

A imaxe en movemento deixa de ser un fin en si mesmo como novidade tecnolóxica e pasa a ter valor “polo que contén”. O espectáculo está no contido, non no feito (e por iso un combate de boxeo é unha fórmula de éxito).

O potencial das imaxes atrae a atención de profesionais moi diferentes. Por exemplo, nas ciencias da saúde. O cinema serve para gardar rexistro de procedementos médicos e utilizalo logo como ferramenta educativa. O polaco Boleslaw Matuszewski filma xa en 1897 unha operación cirúrxica, mais o campión do xénero é o doutor francés Eugène-Louis Doyen, que contratou a Clément Maurice Gratioulet e Ambroise-François Parnaland como cámaras para filmar as súas operacións. Fixeron ducias de filmes dese tipo, entre eles Séparation des sœurs xiphopages Doodica et Radica en 1902.

Entusiasta do cinema e a súa veracidade, Boleslaw Matuszewski (1856-1943?) foi autor en 1898 do panfleto Une nouvelle source de l'histoire, no que chamaba a preservar as imaxes filmadas.

Un dos primeiros conflitos de dereitos do cinema afecta a Eugène-Louis Doyen (1859-1916), que demandou ao seu cámara Parnaland pois este vendera sen permiso algúns filmes cirúrxicos para a súa distribución ilegal pola Pathé.

Page 16: A consolidación do cinema

Séparation des sœurs xiphopages Doodica et Radica pode verse nesta ligazón:

http://videotheque.cnrs.fr/doc=22

Evocaciones y Reliquias del Cine Quirúrgico, documental de Norberto Govetto de 1973 sobre as filmacións do doutor Posadas en 1899 na Arxentina:

https://vimeo.com/11336059

Page 17: A consolidación do cinema

Devagar, o cinema gaña en complexidade e iso reflíctese en todos os xéneros. Máis alá das ”actualidades” e as viaxes polo mundo, nos primeiros anos do século XX estréanse obras máis elaboradas que concordan co que logo se dará en chamar “documental”. Un exemplo canónico é A Visit to Peek Frean and Co's Biscuit Works (George Cricks, Henry Sharp, 1906), encargada pola fábrica de galletas do título.

Page 18: A consolidación do cinema

A combinación de curiosidade científica e artística alenta pezas pioneiras que ensaian diferentes técnicas. F. Percy Smith (1880-1945) pasará á historia polo seu uso do time-lapse e a microfotografía en filmes como To Demonstrate How Spiders Fly (1909), The Acrobatic Fly (1910), The Birth of a Flower (1910) ou The Strength and Agility of Insects (1911).

Page 19: A consolidación do cinema

Unha figura esencial é o produtor angloestadounidense Charles Urban (1867-1942). Nacido en Cincinatti, Ohio, estableceuse en 1897 no Reino Unido á fronte da Warwick Trading Company, especializada en filmes de actualidades. En 1903 funda a súa propia compañía, Charles Urban Trading Company, coa que fará sobre todo filmes educativos e científicos, mais tamén ficcións como The Airship Destroyer (William R. Booth, 1909). A Day in the Life of a Coal Miner (1910) é un fito na historia do documental.

Un dos froitos máis celebrados da compañía é un primitivo sistema de cor, o Kinemacolor, inventado por George Albert Smith. Con ese sistema fixeron en 1912 With Our King and Queen Through India, documental épico de 2,5h a maior gloria do Rei George V.