54
Festival de Cannes

Festival de Cannes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Festival de Cannes

Festival de Cannes

Page 2: Festival de Cannes

Até comezos do século XIX Cannes era unha pequena vila de agricultores e pescadores. O primeiro censo efectuado en 1793 recoñecía 2626 habitantes. Se Cannes creceu foi en boa parte grazas a un político británico, Lord Henry Peter Brougham (1778-1868), que “descubriu” o lugar en 1834 e ficou seducido pola paisaxe. Mercou terras e construíu unha gran mansión que serviu de polo de atracción para outros aristócratas ingleses.

Page 3: Festival de Cannes

Así se foi desenvolvendo a Riviera como lugar residencial para familias adiñeiradas, devagariño. A finais do XIX os habitantes do lugar eran xa 22 mil. A mellora das comunicacións e a construción do vello Casino (xa desaparecido) e de diversos grandes hoteis afianzouno coma destino de luxo, na actualidade enfocado ao turismo de negocios vinculado aos eventos que alí se celebran. Cannes conta hoxe con 73 mil habitantes (algo máis ca Ferrol, menos ca Pontevedra).

Page 4: Festival de Cannes
Page 5: Festival de Cannes
Page 6: Festival de Cannes
Page 7: Festival de Cannes

O Festival de Cannes nace por iniciativa do ministro de Educación Pública e Belas Artes Jean Zay, que desexaba para Francia un gran acontecemento cultural internacional que puidera competir coa Mostra de Venecia, en activo dende 1932. Nesa altura os festivais de cinema entendíanse ante todo como ferramentas de promoción turística, propaganda e relacións públicas.A primeira edición do festival celebraríase en setembro de 1939 coa presidencia de Louis Lumière. The Hunchback of Notre Dame foi o filme inaugural... e o único: o 1 de setembro Hitler invadiu Polonia. O festival clausurouse ás poucas horas de comezar.

Page 8: Festival de Cannes

Así pois, o verdadeiro comezo do Festival de Cannes tivo que esperar ao final da Segunda Guerra Mundial. Entre o 20 de setembro e o 5 de outubro de 1946 tivo lugar no antigo Casino da vila a primeira edición. Entre os filmes a competición, Brief encounter (David Lean), Gaslight (George Cukor), La Belle et La Bête (Jean Cocteau), Roma Citta Aperta (Roberto Rossellini), The Lost Weekend (Billy Wilder) ou Maria Candelaria (Emilio Fernández). Once -si, once!- filmes compartiron o “Grand Prix” do certame.

Page 9: Festival de Cannes

Malia o éxito inicial, os primeiros anos non foron un camiño de rosas. Problemas financeiros impediron a celebración das edicións de 1948 e 1950 e a “Guerra Fría” impón certo control de contidos por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores. En 1951 o festival cambia de datas e pasa a celebrarse na primavera: a cuarta edición celébrase do 3 ao 20 de abril. Distánciase así do seu principal competidor, a Mostra de Venecia, mais tamén doutros certames que empezan a proliferar en Europa, entre eles o de Locarno.

En 1955 instáurase a “Palme d'Or” como premio principal do festival, en lugar dos “Grand Prix” anteriores. En 1959 o Marché du Film -que até entón sucedía de forma oficiosa nalgunhas salas de Cannes- intégrase no programa do festival.

Page 10: Festival de Cannes

En 1961 o Festival de Cannes proxecta, a iniciativa da Association Française de la Critique de Cinéma, o filme The Connection da cineasta Shirley Clarke, unha das figuras da vangarda fílmica americana. O bo funcionamento desta produción independente -a priori, atípica dun evento coma Cannes- inspira ao delegado xeral do festival a creación dunha nova sección a partir de 1962: a “Semaine de la Critique”.

A Asociación Francesa de Críticos faríase cargo dende entón da programación durante unha semana dunha sala do festival. Ao longo dos anos esta sección iría presentando os primeiros traballos de autores coma Chris Marker, Bernardo Bertolucci, Jean Eustache, Philippe Garrel, Barbet Schroeder, Ken Loach, Leos Carax, Wong Kar Wai, Arnaud Desplechin ou Jacques Audiard.

Page 11: Festival de Cannes

A 21ª edición do Festival de Cannes debía celebrarse do 10 ao 24 de maio de 1968. O filme inaugural foi unha versión restaurada de Gone with the wind. Mais naquel mes de maio Francia non estaba para alfombras vermellas...O mundo do cinema non era unha excepción; antes polo contrario, sumaba outro foco de conflito debido ao cesamento por parte do ministro André Malraux do director da Cinemateca Francesa, Henri Langlois. A mobilización dos creadores franceses, apoiada por grandes cineastas internacionais, forzou ao ministro a readmitir a Langlois uns meses despois.

Page 12: Festival de Cannes

Un grupo de cineastas franceses, entre eles Godard e Truffaut, esixen o peche desa edición do festival en solidariedade coa loita dos estudantes e obreiros dese mítico mes de maio. O 18 de maio a proxección de Peppermint Frappé de Saura é interrumpida e susbtituída por un debate. Varios directores retiran os seus filmes a concurso e dimiten diversos membros do xurado. O 19 de maio o consello de administración do festival acorda por unanimidade suspender o certame con cinco días de antelación. Obviamente, non se concederon premios.

Page 13: Festival de Cannes

Logo dos acontecementos de 1968, o Festival introduce un novo contedor de filmes, completamente independente: a “Quinzaine des Réalisateurs”, rexida pola Société des Réalisateurs de Films. En apenas dous meses montan unha primeira edición, a de 1969, presidida polo lema “Cinéma en liberté” e que viría a definir o ton posterior da Quincena. Entre os filmes daquel ano, Invasión de Hugo Santiago, Cara a cara de Júlio Bressane, Le Lit de la Vierge de Philippe Garrel, Nocturne 29 de Pere Portabella, Une Femme Douce de Robert Bresson...

Page 14: Festival de Cannes

Autores que pasaron pola Quincena: Werner Herzog, Rainer Werner Fassbinder, Nagisa Oshima, George Lucas, Martin Scorsese, Jim Jarmusch, Michael Haneke, Chantal Akerman, Spike Lee, Luc e Jean-Pierre Dardenne, Lisandro Alonso, Albert Serra, Miguel Gomes, Manoel de Oliveira, Jerzy Skolimowski, William Friedkin, Francis Ford Coppola...

Page 15: Festival de Cannes

En 1978 Gilles Jacob é designado “Delegado Xeral do Festival”. Agrupa as seccións fóra da competición nun mesmo contedor, “Un Certain Regard”, e crea o premio Camera d'Or para as óperas primas presentes en todas as secciós do festival, oficiais ou non.En 1983 o festival ocupa o novo “Palais des Festivals”, sede actual do mesmo, que irá medrando en superficie e modernizándose co paso dos anos.

Page 16: Festival de Cannes

En 1998 nace Cinéfondation, fundación creada polo festival para apoiar novas xeracións de cineastas. Seleccionan cada ano curtas e mediometraxes presentadas por escolas de cinema que optan a un premio outorgado por un xurado específico. Gañaron Cinéfondation Sergei Loznitsa en 2001 e Corneliu Porumboiu en 2004.

La Résidence de Cinéfondation (2000) é un programa para que cineastas de todo o mundo traballen na súa 1ª ou 2ª película. Son convidados a residir en París durante uns meses e asisten a un curso para axudalos na escrita e produción do seu proxecto.L'Atelier une a cineastas con profesionais da industria. Convidan un certo número de autores ao festival para que contacten con potenciais produtores e distribuídores dos seus futuros filmes.

Page 17: Festival de Cannes

No 2000 Gilles Jacob é nomeado Presidente do Festival. En 2001 designa a Thierry Fremaux Delegado Artístico do certame e logo, en 2007, Delegado Xeral do mesmo, posto no que continua a día de hoxe.En 2014 Pierre Lescure é nomeado Presidente do Festival. Gilles Jacob pasa a ser Presidente de Honor.

Page 18: Festival de Cannes

En 2004 créase a sección “Cannes Classics”, dedicada á proxección de filmes clásicos en copias restauradas, pezas notábeis do patrimonio fílmico e documentais sobre cinema. Tres anos despois xorde coma sección paralela e aberta ao público o “Cinema de la Plage”, proxeccións ao aire libre a carón do mar.

Page 19: Festival de Cannes

A cifra de profesionais acreditados foi en 2014 de 31358 persoas. Entre eles, 1555 cineastas, 4484 distribuídores e 5498 produtores.Francia achegou 12920 acreditados e o resto de Europa outros 10195. EEUU, 3238; África, 564; América Central e do Sur, 856; Canadá, 645; Asia Oriental e Oceanía, 2049; Oriente Próximo e Asia Central, 891. En total houbo 128 países representados.

[1] En 2003 houbo 18926 acreditados.

Page 20: Festival de Cannes

En 2014 acreditáronse para o Festival de Cannes 4675 persoas de prensa: 4001 xornalistas e 674 técnicos [1]. Do total, 2038 deles foron franceses e 2637 estranxeiros, en representación dun total de 96 países.

[1] En 1966 os xornalistas acreditados foron 700.

Page 21: Festival de Cannes

Acceso libre só ao Cinéma de la Plage.

Acceso con acreditación profesional ás proxeccións da Selección Oficial dentro do límite de prazas dispoñíbel.

Acceso con invitación para as proxeccións oficiais do Grand Théâtre Lumière dos filmes a competición. Os convites son “estritamente persoais”. As sesións vespertinas de Gala,

ás 19:30 e 22:30, esixen etiqueta: é obrigatorio levar esmoquin ou vestido de noite.

“Para o resto de sesións, basta un vestuario correcto”.

As seccións paralelas Quincena de Realizadores e Semana da Crítica si poñen á venda entradas para o público en xeral.

Page 22: Festival de Cannes
Page 23: Festival de Cannes

De 1946 a 1954 o premio foi o “Grand Prix”.

De 1955 a 1963, a “Palme d'Or”.

De 1964 a 1974 volveuse á formula do “Grand Prix”.

E de 1975 en adiante, de novo a “Palme d'Or”.

Imos recordar algunhas das grandes películas gañadoras.

Page 24: Festival de Cannes

1949 The Third Man (Carol Reed)

Page 25: Festival de Cannes

1955 Marty

(Delbert Mann)

Primeira Palma

Page 26: Festival de Cannes

1956 Le Monde du Silence

(Jacques Yves Costeau e Louis Malle)

Primeiro documental gañador da Palma (e o único até 2004)

Page 27: Festival de Cannes

1960 La Dolce Vita

(Federico Fellini)

Page 28: Festival de Cannes

1961 Viridiana

(Luis Buñuel)

Ex-aequo con Une aussi longue absence

de Henri Colpi.

Único director español premiado coa

Palma de Ouro.

Page 29: Festival de Cannes

1963 Il Gattopardo

(Luchino Visconti)

Page 30: Festival de Cannes

1964 Les parapluies de

Cherbourg (Jacques Demy)

Page 31: Festival de Cannes

1967 Blow-up

(Michelangelo Antonioni)

Page 32: Festival de Cannes

1970 Mash

(Robert Altman)

Page 33: Festival de Cannes

1974The Conversation

(Francis Ford Coppola)

Coppola gañou outra vez a Palma de Ouro en 1979 con

Apocalypse Now.

Page 34: Festival de Cannes

1976Taxi Driver

(Martin Scorsese)

Page 35: Festival de Cannes

1979All That Jazz(Bob Fosse)

Ex-aequo con Kagemusha (Akira Kurosawa)

Page 36: Festival de Cannes

1983A balada de Narayama

(Shohei Imamura)

Page 37: Festival de Cannes

1984Paris, Texas

(Wim Wenders)

Page 38: Festival de Cannes

1990Wild at Heart(David Lynch)

Page 39: Festival de Cannes

1993The Piano

(Jane Campion)

Ex-aequo con Adeus, miña concubina (Chen Kaige)

Única muller gañadora da Palma de Ouro.

Page 40: Festival de Cannes

1997O sabor das cereixas(Abbas Kiarostami)

Ex-aequo con A anguía de Shohei Imamura.

Page 41: Festival de Cannes

1998A eternidade e un día(Theo Angelopoulos)

Page 42: Festival de Cannes

2001La Stanza del Figlio

(Nanni Moretti)

Page 43: Festival de Cannes

2003Elephant

(Gus van Sant)

Page 44: Festival de Cannes

2010Uncle Boonmee who can

recall his past lives(Apichatpong

Weerasethakul)

Page 45: Festival de Cannes

2011The Tree of Life

(Terrence Malick)

Page 46: Festival de Cannes

2013La vie d'Adele

(Abdellatif Kechiche)

Por decisión do xurado, comparten a Palma o

director e as dúas actrices, Lea Seydoux e Adéle

Exarchopoulos.

Page 47: Festival de Cannes

Gañadores de dúas Palmas de Ouro:

Alf Sjöberg Iris e o Tenente, 1946 + Miss Julie, 1951

Francis Ford Coppola A conversación, 1974 + Apocalypse Now, 1979

Bille August Pelle o conquistador, 1988 + As mellores intencións, 1992

Emir Kusturica Papá está en viaxe de negocios, 1985 + Underground, 1995

Shohei Imamura A balada de Narayama, 1983 + A anguía, 1997

Luc e Jean-Pierre Dardenne Rosetta, 1999 + O fillo, 2005

Michael Haneke A fita branca, 2009 + Amour, 2012

Page 48: Festival de Cannes

Os “repetidores” de Cannes:

Ken LOACH: 12 participacións en competición | 6 s.XXWim WENDERS: 9 | 7Lars VON TRIER: 9 | 5

Joel COEN, Ethan COEN: 8 | 4Jean-Luc GODARD: 7 | 5

Jim JARMUSCH: 7 | 5HOU Hsiao Hsien: 7 | 4Nanni MORETTI: 7 | 3André TECHINÉ: 6 | 5Alain RESNAIS: 6 | 4

Marco BELLOCCHIO: 6 | 4Atom EGOYAN: 6 | 3

Michael HANEKE: 6 | 2Jean-Pierre & Luc DARDENNE: 6 | 1

Paolo SORRENTINO: 6 | 0...

Naomi KAWASE: 4 | 0

Page 49: Festival de Cannes

A tendencia á repetición de certos nomes é unha das críticas máis comúns á selección a concurso do Festival de Cannes. Nas tres edicións anteriores os cineastas que como mínimo “volvían” á competición superaron o 70%; en 2014 a metade dos 18 filmes en competición pertencían a autores que estaban en Cannes como pouco por cuarta vez: Loach (12), Godard (7), Egoyan e Dardenne (6), Leigh, Cronenberg e Ceylan (5) e Assayas e Kawase (4).

En 2015 mantéñense os “sospeitosos habituais” (HOU Hsiao-hsien e Nanni MORETTI, 7; Paolo SORRENTINO, 6; Jacques AUDIARD, JIA Zhang-ke, Gus van SANT e KORE-EDA Hirokazu, 4; Matteo GARRONE, 3; e Todd HAYNES e Maïwenn, 2) mais hai nove debutantes na sección principal: Denis VILLENEUVE, Guillaume NICLOUX, Joachim TRIER, Justin KURZEL, László NEMES, Michel FRANCO, Stephane BRIZÉ, Valerie DONZELLI e Yorgos LANTHIMOS.

Page 50: Festival de Cannes

Entre 2001 e 2015 houbo 307 filmes a competición en Cannes, dos cales só 26 estiveron dirixidos por unha muller (menos do 9%).

Page 51: Festival de Cannes
Page 52: Festival de Cannes

“Palme de Palmes”1997: Ingmar Bergman

Palmes d'honneur d'interprétation2003: Jeanne Moreau

2005: Catherine Deneuve2007: Jane Fonda

2011: Jean-Paul Belmondo

Palme d'honneur2002: Woody Allen

2008: Manoel de Oliveira2009: Clint Eastwood

2011: Bernardo Bertoluccie...

Page 53: Festival de Cannes

Palme d'honneur 2015,

Agnès Varda

Page 54: Festival de Cannes

Para seguir #Cannes2015:

http://www.caimanediciones.es/http://www.todaslascriticas.com.ar/cannes

@jj_pena @JoseLuisLosa1 @ManuYanezM @OtrosCinesE @EuIglesiasHuix @carlosfheredero @dlerer @dmbatlle @rogerkoza @OtrosCines @AlejandroGCalvo @criticademonica @Aldemarce @CinemaScopeMag