9
John Ford (1894-1973)

John Ford

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: John Ford

John Ford(1894-1973)

Page 2: John Ford

O 1 de febreiro de 1894 naceu en Cape Elizabeth, Maine (EEUU) John Martin Feeney, fillo de Sean O'Feeney e Barbara Curran, emigrantes irlandeses (de Galway) nos Estados Unidos. Era o sexto e máis novo dos fillos da parella que chegaron a adultos (naceron varios máis que morreron na infancia). O neno foi bautizado o 13 de marzo de 1894. Son datos ben contrastados polo seu gran biógrafo Tag Gallagher, aínda que é común -ás veces co propio cineasta coma fonte- atopar como ano do seu nacemento 1895 e outras variantes do seu nome: John Augustine Feeney, John Aloysius (“Aloysius” foi o que escolleu na súa confirmación) ou a “versión irlandesa” Sean Aloysius O'Feeney (que disque chegou a empregar até en pasaportes).

Page 3: John Ford

Despois de rematar os estudos de Secundaria marchou con 19 anos a Hollywood, onde estaba establecido o seu irmán Frank. Frank empezara coma actor en filmes da casa Edison e nesa altura xa exercía coma director para a Universal, asinando coma Francis Ford, e estaba en condicións de contratar ao seu irmán pequeno. Jack debutou en 1914 na industria de cinema coma operario, atrezzista, actor e finalmente asistente de realización. Uns anos despois, en 1917, dirixe o seu primeiro filme, The Tornado, que se dá por perdido, igual que os inmediatamente posteriores. Realizadas ese mesmo ano, e felizmente conservadas, son dúas longametraxes protagonizadas por Harry Carey: Straight Shooting e Bucking Broadway.

Page 4: John Ford
Page 5: John Ford

Destes primeiros anos coñecemos outros dous filmes do mestre: Hell Bent (1918), Just Pals (1920). A partir de Cameo Kirby (1923) asina co nome co que pasou á historia, “John Ford”. Axiña chega o primeiro éxito: The Iron Horse (1924), protagonizada polo gran George O'Brien. Aínda insuficientemente coñecido, o período mudo de Ford contén non poucas alfaias: ademais das xa citadas, North of Hudson Bay (1923), Kentucky Pride (1925), Three Bad Men (1926), Four Sons (1928) ou Riley the Cop (1928).

En 1920 casa con Mary McBride Smith. Terán dous fillos, Patrick (1921) e Barbara (1922).

Page 6: John Ford

O seu primeiro filme sonoro é de 1928: Napoleon's barber, tamén perdido. O rápido triunfo dos talkies fixo do cinema mudo unha cousa do pasado e a industria transformouse radicalmente. En pouquísimo tempo os filmes falados foron a norma en Hollywood. John Ford non foi unha excepción: The Black Watch (1929), Salute (1929), Men without women (1930), Up the river (1930), Arrowsmith (1931)... Despois vén outro fito, o ciclo formado polos filmes con Will Rogers: Dr Bull (1933), Judge Priest (1934) e Steamboat Round the Bend (1935). En paralelo, outros títulos míticos: The Lost Patrol (1934), The World Moves On (1934), The Whole Town's Talking (1935). E xa en 1935, The Informer, que triunfa nos Oscars: mellor director, mellor actor (Victor MacLaglen), mellor música (Max Steiner) e mellor guión (Dudley Nichols).

Page 7: John Ford

En 1936 roda Mary of Scotland con Katharine Hepburn, á que lle seguen títulos coma The Plough and the Stars, Wee Willie Winkie ou Four Men and a Prayer. En 1939 filma Stagecoach, un dos westerns máis populares de todos os tempos. A partir de aí, a lenda: Young Mr Lincoln (1939), Drums Along the Mohawk (1939), The Grapes of Wrath (1940), The Long Voyage Home (1940), Tobacco Road (1941), How Green was my Valley (1941)... Tras a paréntese da II Guerra Mundial, durante a cal dirixe varios memorábeis documentais, regresa á ficción cunha amarga obra mestra, They Were Expendable.

Page 8: John Ford

E despois, entre outras... My Darling Clementine (1946), The Fugitive (1947), Three Godfathers (1948), She Wore a Yellow Ribbon (1949), Wagon Master (1950), Rio Grande (1950), What Price Glory (1952), The Quiet Man (1952), The Sun Shines Bright (1953), The Searchers (1956), The Last Hurrah (1958), The Horse Soldiers (1959), Sergeant Rutledge (1960), Two Rode Together (1961), The Man Who Shot Liberty Valance (1962), Cheyenne Autumn (1964) e a memorábel despedida que representa Seven Women (1965).

Page 9: John Ford

1934 EL JUEZ PRIEST | LA PATRULLA PERDIDA

1935 EL DELATOR

1936 MARÍA ESTUARDO

1939 EL JOVEN LINCOLN | LA DILIGENCIA

1940 HOMBRES INTŔEPIDOS | LAS UVAS DE LA IRA

1941 LA RUTA DEL TABACO | QUÉ VERDE ERA MI VALLE

1947 EL FUGITIVO

1948 FORT APACHE

1949 LA LEGIÓN INVENCIBLE

1950 RIO GRANDE

1952 EL HOMBRE TRANQUILO | EL PRECIO DE LA GLORIA

1955 CUNA DE HÉROES

1956 CENTAUROS DEL DESIERTO

1957 ESCRITO BAJO EL SOL

1959 MISIÓN DE AUDACES

1962 LA CONQUISTA DEL OESTE

1965 SIETE MUJERES

Filmes de John Ford na Biblioteca do Fórum Metropolitano: