9
Montaxe

Montaxe

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Montaxe

Montaxe

Page 2: Montaxe

Montaxe: acción de seleccionar, ordenar ou combinar material cinematográfico, sonoro, fotográfico, etc.

Dicionario da RAG

A montaxe é a organización dos materiais que compoñen un filme de acordo a certas decisións en canto á súa orde e duración.

A idea básica na montaxe dun filme é ligar un plano con outro para crear un conxunto dotado de coherencia e continuidade.

*Cinema narrativo vs Cinema experimental

Page 3: Montaxe

Montaxe en cámara: facer o filme cos planos filmados en secuencia, coa orde e duración precisa, de maneira que non se precise edición posterior.

Algunhas funcións da montaxe...

-Asegurar que a produción final ten a duración requirida.

-Eliminar material innecesario e/ou non desexado.

-Modificar o xeito e a orde en que as accións serán presentadas.

-Proporcionarlle un estilo propio á obra.

Algunhas funcións da montaxe...

-Asegurar que a produción final ten a duración requirida.

-Eliminar material innecesario e/ou non desexado.

-Modificar o xeito e a orde en que as accións serán presentadas.

-Proporcionarlle un estilo propio á obra.

A montaxe...

-Dota da emoción precisa á narración.

-Mantén a continuidade do relato.

-Mantén a continuidade espacial da acción.

-Dá garantía de que o espectador non se perde nin se desorienta nas relacións entre os personaxes.

Page 4: Montaxe

Nos primeiros anos do cinema os creadores foron inventando regras simples de montaxe que permitiron armar obras máis complexas. A idea máis básica nace de xustaposición de imaxes, que convida ao espectador a crer que os acontecementos narrados nelas sucédense uns a outros.

Fire (Williamson, 1901)

Page 5: Montaxe

O efecto Kuleshov

O cineasta ruso Lev Kuleshov desenvolveu un curioso experimento. Puxo un mesmo plano do actor ruso Ivan Mosjoukine pegado a tres imaxes diferentes: un prato de sopa, unha nena nun cadaleito e unha muller nun diván. A audiencia reaccionaba en cada caso de maneira diferente: vía no rostro de Mosjoukine segundo o caso unha expresión de fame, dor e desexo, aínda que o plano do actor fose sempre o mesmo. O espectador, en suma, tende a relacionar dous planos contiguos e ao facelo fai unha interpretación persoal dos mesmos.

Lev Kuleshov (1899-1970)

Ivan Mosjoukine (1889-1939)

Ivan Mosjoukine (1889-1939)

Page 6: Montaxe

Asociando imaxes

As imaxes poden asociarse de acordo a diferentes criterios: por proximidade visual, ritmo, relacións espaciais ou temporais, etc.

Por exemplo, poden unirse imaxes que teñen certa proximidade visual (porque se parecen en termos de luz ou escuridade, pola forma dos seus obxectos centrais, etc). Ou podemos buscar unha discontinuidade evidente creando un choque entre eses planos por seren radicalmente diferentes.

A montaxe tamén crea ritmo, percibido como tal polo espectador, a forza de xogar coas duracións dos planos (máis curtos, máis longos), coas transicións, etc.

Cut, Corte: un plano reempraza outro de maneira instantánea.

Jump Cut: corte que conecta dous planos do mesmo suxeito que varían moi levemente en canto ao emprazamento da cámara. Fractura a duración do que podería ser un plano secuencia e fai evidente o que o cinema ten de construción, fronte a fórmulas que simulan o curso natural do tempo.

Disolución: transición gradual entre planos (un parece disolverse noutro). Falamos de “Fade-in” (“aparecer”) cando a imaxe vén dende un plano en negro; “fade out” (“esvaecer”) cando desemboca nun plano a negro.

Wipe, transición: efecto no que unha imaxe varre a outra movéndose sobre ela dende unha punta a outra do cadro ou facendo algunha forma especial.

Page 7: Montaxe

Asociando imaxes, 2

A duración dun filme non coincide, na inmensa maioría das ocasións, coa duración do relato que nel se narra. No tempo dunha sesión de cinema transcorren días, meses, anos... Unha boa montaxe fará que ese paso do tempo resulte natural e non confuso para o espectador.

A acción da maioría dos filmes discorre, en xeral, en orde cronolóxica. Os xestos máis comúns de ruptura da “frecha do tempo” son os flashbacks (saltos ao pasado para explicar cousas que sucederon antes) e os flashforwards (saltos ao futuro para adiantar accións que sucederán despois).

Unha función esencial da montaxe é axudar a construír o espazo físico no que se desenvolve a acción. Ademais da elección do cadro de cada plano, a unión atinada dos mesmos facilita a creación de continuidade en termos espaciais.

A montaxe é unha ferramenta básica para manipular a interpretación do espectador. Por exemplo, a sucesión de planos pode inducir relacións de causa-efecto; a alternancia de accións en paralelo forza emocións ao visibilizar os contrastes, etc.

Page 8: Montaxe

180°

A regra dos 180º

É unha regra básica para clarificar as posicións dos personaxes nunha escena. Establécese unha liña imaxinaria -o “eixe”- que une os dous personaxes e sitúase a cámara a un mesmo lado dese eixe durante toda a escena. Así, se o personaxe A mira á dereita, o personaxe B mira á esquerda e o espectador asume que están en liña, mirando un ao outro. Iso evita a desorientación espacial do espectador.

Romper esta regra é o que se coñece como “salto de eixe”.

Page 9: Montaxe

Plano-Contraplano

Forma típica de filmar unha conversa entre dous personaxes (ou un que fala e outro que escoita). Mantendo a regra dos 180º, a orientación das miradas induce a pensar que un se dirixe ao outro aínda que non estean os dous en plano. Os actores non miran á cámara nunca para reforzar a sensación de que esta “non existe” e que estamos asistindo a unha escena natural.

A non ser, claro, que queiramos salientar a idea de “representación”, caso de Eugène Green.