2
BOLETIN PARROQUIAL Nº 184 - Novembro 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ORAR EN MISERICORDIA Fai uns días, escoitando a Sebastián Mora, secretario xeral de Cáritas Española, este provocaba nos presentes unha profunda reflexión, que non por sabida é menos profética: “A acción caritativa sen reflexión e sen oración non é acción cristiá, pois fáltalle o auténtico sentido de vinculación a Cristo Xesús”. A un mes do comezo do Ano Santo da Misericordia, a actitude crente ante as catorce obras de misericordia, ampliables a vinteoito, non debe ser outra que a de facelas vida en oración confiada. Calquera persoa de ben pode practicar as obras de misericordia, pero o cristián identifica a súa acción caritativa cando as une, en oración, á vida persoal e á vida comunitaria da Igrexa. Hai outro aspecto importante a ter en conta. Precisamos o perdón de Deus, pois aínda que Deus “como Pai misericordioso" nos garante o seu perdón, non é menos certo que nós “como fillos” debemos recoñecer o noso pecado: “Pai, pequei contra o ceo e contra ti...” Preparémonos, en oración confiada, para o comezo do Ano Santo da Misericordia. COMPROMISO DE CRENTE Non sei se vos pasa a vós, pero a min si que me pasa. Explícome: cando algo non vai ben ou non funciona como debese a nivel social, parroquial ou eclesial, sempre tendo a buscar responsables, que non culpables, fóra de min, nas autori- dades competentes. Pásavos a vós? Ó mellor esta é a explicación máis fácil para que as cousas non funcionen como deben, non funcionen ou sigan sen solución. Poñamos un exemplo calquera a nivel familiar, veciñal, parroquial ou municipal; non vaiamos a niveis supra parroquiais de tipo autonómico ou estatal. Constatamos, como crentes, que a presenza eclesial cada día é menos presenza viva. Non busquemos razóns ollando cara a tempos pasados nin cara a esferas superiores. Constatamos que a sociedade, cada día, está máis secularizada e, polo tanto, a influencia da relixión na sociedade perde importancia e presenza. A pregunta que me fago e vos fago é a mesma: podo facer algo, poñer algo da miña parte para que a miña presenza de persoa crente se vexa nas palabras e nos feitos? Concretando: - Se miro os máis necesitados, incluídos os refuxiados e inmigrantes, podo participar activamente en Cáritas ou noutra entidade de axuda? - Se miro as celebracións litúrxicas, son así porque a culpa é da idade do clero ou porque non me comprometo a participar activamente como: lec tor, cantor, etc.? A vida parroquial será máis activa na medida en que eu participe, propoña ideas, non para que as executen outros senón para sentirme tamén actor. Na Igrexa, na parroquia, na sociedade, somos os que somos, pero non podemos quedarnos na lamentación senón no compromiso. Ademais do que se fai na parroquia, imos comezar a reunirnos no grupo parro- quial para achegar propostas para o sínodo diocesano. No mes de decembro, o día 8, comeza o Ano Santo da Misericordia; temos previstas actividades pero admítense suxestións para esta ou outras actividades. Podemos contar contigo? Achega ideas, intégrate nalgunha comisión, participa activamente. Serás ben recibido/a. Benjamín.

Boletin novembro 2015

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletin novembro 2015

BOLETIN PARROQUIALNº 184 - Novembro 2015

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

ORAR EN MISERICORDIA

Fai uns días, escoitando a Sebastián Mora, secretario xeral de CáritasEspañola, este provocaba nos presentes unha profunda reflexión, que non porsabida é menos profética: “A acción caritativa sen reflexión e sen oración noné acción cristiá, pois fáltalle o auténtico sentido de vinculación a CristoXesús”.

A un mes do comezo do Ano Santo da Misericordia, a actitude crente ante ascatorce obras de misericordia, ampliables a vinteoito, non debe ser outra quea de facelas vida en oración confiada. Calquera persoa de ben pode practicaras obras de misericordia, pero o cristián identifica a súa acción caritativacando as une, en oración, á vida persoal e á vida comunitaria da Igrexa.

Hai outro aspecto importante a ter en conta. Precisamos o perdón de Deus,pois aínda que Deus “como Pai misericordioso" nos garante o seu perdón,non é menos certo que nós “como fillos” debemos recoñecer o noso pecado:“Pai, pequei contra o ceo e contra ti...”

Preparémonos, en oración confiada, para o comezo do Ano Santo daMisericordia.

COMPROMISO DE CRENTE

Non sei se vos pasa a vós, pero a min si que me pasa. Explícome: cando algonon vai ben ou non funciona como debese a nivel social, parroquial ou eclesial,sempre tendo a buscar responsables, que non culpables, fóra de min, nas autori-dades competentes.

Pásavos a vós?

Ó mellor esta é a explicación máis fácil para que as cousas non funcionen comodeben, non funcionen ou sigan sen solución. Poñamos un exemplo calquera a nivelfamiliar, veciñal, parroquial ou municipal; non vaiamos a niveis supra parroquiaisde tipo autonómico ou estatal.

Constatamos, como crentes, que a presenza eclesial cada día é menos presenzaviva. Non busquemos razóns ollando cara a tempos pasados nin cara a esferassuperiores. Constatamos que a sociedade, cada día, está máis secularizada e,polo tanto, a influencia da relixión na sociedade perde importancia e presenza.

A pregunta que me fago e vos fago é a mesma: podo facer algo, poñer algo damiña parte para que a miña presenza de persoa crente se vexa nas palabras e nosfeitos?

Concretando:- Se miro os máis necesitados, incluídos os refuxiados e inmigrantes,

podo participar activamente en Cáritas ou noutra entidade de axuda?- Se miro as celebracións litúrxicas, son así porque a culpa é da idade do

clero ou porque non me comprometo a participar activamente como: lector, cantor, etc.?

A vida parroquial será máis activa na medida en que eu participe, propoña ideas,non para que as executen outros senón para sentirme tamén actor.

Na Igrexa, na parroquia, na sociedade, somos os que somos, pero non podemosquedarnos na lamentación senón no compromiso.

Ademais do que se fai na parroquia, imos comezar a reunirnos no grupo parro-quial para achegar propostas para o sínodo diocesano. No mes de decembro, odía 8, comeza o Ano Santo da Misericordia; temos previstas actividades peroadmítense suxestións para esta ou outras actividades.Podemos contar contigo? Achega ideas, intégrate nalgunha comisión, participaactivamente.

Serás ben recibido/a.

Benjamín.

Page 2: Boletin novembro 2015

Obras de misericordia

Aquel antigo catecismo que as pasa-das xeracións tiveron que memorizar,lembraban todo o que debía ter comoconsecuencia o amor cristián; eran aschamadas obras de misericordia que,se se cumprían, tiñan como recom-pensa o que Xesús nos prometera noSermón da Montaña: “Ditosos osmisericordiosos porque acadaránmisericordia”. Eran verdadeirosactos de caridade que nacían do man-dato de Xesús: “Amádevos uns aoutros como eu vos amei”.

O mandato segue vixente nestes tem-pos de abundancia e benestar inxus-tamente distribuído.

Corporais:

- Dar de comer ao famento.- Dar de beber ao sedento.- Vestir o espido.- Acoller o forasteiro.- Asistir os enfermos.- Visitar os que están na cadea.- Enterrar os mortos.

Espirituais:

- Dar consello ao que o necesita.- Aprender ao que non sabe.- Corrixir ao que erra.- Consolar ao triste.- Perdoar as ofensas.- Soportar con paciencia as persoasmolestas ou inoportunas.- Rogar a Deus polos vivos e polosdefuntos.

PARROQUIA VIVA1.- Festa de Todos os Santos.

2.- Misa por todos os familiares eveciños defuntos ás 20 h.

25.- Reunión do grupo de Cáritas ás20:30 h.

29.- Primeiro Domingo de Advento.

A PALABRA DE DEUS

Misericordiosos como o Pai

Cando rezamos co salmo 102: “Deusperdoa todas as túas culpas e curatodas as túas enfermidades; rescata atúa vida do foso e énchete de graza eamor entrañable”, consideramosdesde dentro de nós os sentimentosmáis profundos e viscerais de ondesaen as reaccións con máis sensibili-dade. As entrañas de Deus estáncheas de amor, de tenrura e de mise-ricordia. Non se trata, pois, de emo-cións ocasionais senón de respostassinceras e comprometidas.

Hai moitos salmos que nos axudan aafondar na idea entrañable da miseri-cordia, coma no salmo 146 no quelemos: “O Señor libera os cativos,abre os ollos dos cegos e levanta ocaído; o Señor protexe os estranxei-ros e sustenta o horfo e a viúva; oSeñor ama os xustos e frea no cami-ño os malvados. Tamén o salmo 147cando di que “O Señor sanda oscorazóns aflixidos e venda as súasferidas”.

Deus é aquel que está presente, pró-ximo, providente, santo e misericor-dioso.

O mesmo salmo 102 nos axuda avalorar a recompensa que o crenterecibe de Deus porque é rico enmisericordia: “Bendí, alma miña, aoSeñor, e non esquezas os seus bene-ficios”.

XUBILEO DA MISERICORDIABautismos:

Juán Vieiro Lareo, de José Antonio eCristina (14-06-2015)Ángel Adrián e Mariana RodríguezCobas, de Carlos Osvaldo e María Gabriela (25-10-2015)Defuncións:Alberto José Menéndez Alonso, dosTilos (14-06-2015)Jesús Oriente Varela Fariña, deCobas de Arriba (16-10-2015)

ACONTECEMENTOS

Cáritas nace en 1947 e como diocesa-na de Santiago en 1965.

En 1997 celebrou Cáritas española os50 anos de solidariedade e este ano (7de novembro) celebrámolo na nosaDiócese.

Naquela ocasión elabórase un exce-lente documento sobre a Identidadede Cáritas, que segue vivo e vixente,no que se establece a Cáritas como“lugar de encontro da comunidadecristiá para un mellor servizo aospobres”. Por tanto, é a parroquia,como comunidade, a base da accióncaritativa por razón da súa proximi-dade cos pobres e pola experienciaconcreta do compartir.

O Papa Francisco convócanos a todosos cristiáns para que durante un ano, apartir do próximo 8 de decembro,vivamos dun xeito especial e intensoque, como o samaritano na parábolado Evanxeo, se compadece do feridona beiravía cun amor compasivo, conentrañas de misericordia, para que coseu favor se recupere das súas feridas,poñendo todos os medios posiblespara que iso ocorra.

Deste xeito, o samaritano pónoloXesús de exemplo e modelo a imitarnun mundo onde os feridos se contanpor milleiros e as súas doenzas nonson suficientemente socorridas.

¡Ditosos os misericordiosos...!

CÁRITAS