12
Os nen@s contan un conto…”A MOURA E O PESCADOR”

A Moura E O Pescador

Embed Size (px)

DESCRIPTION

cuento

Citation preview

Page 1: A Moura E O Pescador

Os nen@s contan un conto…”A MOURA E O PESCADOR”

Page 2: A Moura E O Pescador

Na costa da morte, en Corcubión, non lonxe do cabo Finisterre, aló onde están as extremidades do mundo, había un pescador que era xove e fermoso e tódalas rapazas do país querían converterse na súa dona.

Page 3: A Moura E O Pescador

O pescador non se daba présa en casar. Levaba unha vida tranquila.

Un día de volta a súa casa atopou unha moura ao pé dunha árbore que lle preguntou:

-Onde vas gallardo rapaz?-De volta a casa, respondeu.-- Regresarás a túa casa cando eu queira, dixo a moura. Primeiro hasme prometer casar comigo.- Nin contigo, nin con ningunha outra.- Será comigo e con ninguna outra, díxolle ela. E se non me queres heiche facer a vida imposible.

Page 4: A Moura E O Pescador

De volta por fin na súa casa, o pescador intentou prender a chimenea pero non lle iba o chisqueiro por máis que o intentaba. Deste xeito tivo que comer frío e ir cedo para a cama.

Page 5: A Moura E O Pescador

Ao día seguinte foi pescar e como lle dou o sono púxose a dormir.

Despertou de golpe ao sentir que alguén o apalpaba e murmuraba:

-Oh que perniñas tan boas!-Oh que braciños tan bos!-Oh que cabeciña tan boa!-Oh está para comelo!Traede a machada que o imos papar!

E como podedes comprender ganou tanto medo que se puxo a remar coma un tolo ata chegar a costa

Page 6: A Moura E O Pescador

Cando se recuperou do susto e decidiu volver a pesca, de camiño a súa barca atopou outra vez a moura.

-Bos dias meu rapaz! Vasme prometer que te casarás comigo?- Eu non prometo nada de todo a ninguén!, contestoulle de moi mala uva.

E foi cara ó porto. Colleu o bote e foi pescar pola ría.

Page 7: A Moura E O Pescador

Cando estaba mirando a ver se había peixes viu, no fondo do mar, un vello baúl estragado con montón de monedas de ouro que chispeaban por todas partes.

Sen perda de tempo mergullouse, apañou as que poido e a sorpresa foi que cando subiou ao bote non eran máis que pedras!.

Sumerxiuse de novo cun saco e ao subir outra vez o mesmo, o saco estaba cheo de pedras!

Page 8: A Moura E O Pescador

Deste xeito escoitou unha voz que lle decía:

- Quen demasiado ambiciona sen nada queda!

Remou coma un tola hacia a costa e decidiu e quedou na casa enfermo durante quince días, do susto que papara!.

Page 9: A Moura E O Pescador

Cando curou decidiu ir a taberna e na entrada da vila atopouse coa moura. Estaba sentada nun banco máis fermosa que nunca. E preguntoulle:

-Queres casar comigo?-Non casarei con ningúen!

E foi dereito a taberna. Alí fartouse de beber cos amigos e xa era moi tarde cando se quiso ir.

Page 10: A Moura E O Pescador

A noite era moi escura pero veu unha luz que saía da terra. Un corredor se abría baixo terra e, intrigado, quixo saber a dónde levaba. Meteuse por él e apareceu nunha gran sala dentro dunha cova.

De súpeto alguén que non podía ver o agarraba polas pernas e decía:

-Oh que perniñas tan boas!-Oh que braciños tan bos!-Oh que cabeciña tan boa!-Oh está para comelo!Traede a machada que o imos papar!

Page 11: A Moura E O Pescador

-Socorro, auxilio! Berraba morto de medo.

E apareceu a moura que lle dixo:

-Queres casar comingo?- Si, dixo por fín, con moito gusto.

Ao casarse o xove deixou de traballar de pescador. Estableceuse coa súa muller nunha fermosa casa no medio do bosque e din que viviron dos tesouros que ela tiña agochados. Tiveron numerosos fillos.

Page 12: A Moura E O Pescador

E ti ten coidado se atopas a algunha das súas descendentes,. Éstas mulleres sempre fan a mesma pregunta:

- Queres casar comigo?