8
PONTECESURES

Pontecesures

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Pontecesures

PONTECESURES

Page 2: Pontecesures

Pontecesures é un concello pontevedrés de 6,7 km² pertencente á comarca de Caldas. Atópase na ribeira do Río Ulla, que separa as provincias da Coruña e Pontevedra.Pontecesures e un concello pequeño xa que so ten 3026 habitantes

Page 3: Pontecesures

Ata o ano 1883, pertenceu ó concello de Padrón, tras este pasou a pertencer ó concello de Valga. No ano 1925 asinouse o Pacto da Devesa entre os representantes de ambos os concellos. Tras este pacto, no mes de marzo de 1925, iniciáronse as primeiras xestións para acada-la constitución de Pontecesures coma concello independente, o 9 de outubro do ano 1925 elixiuse alcalde e formalizouse a creación do concello de Pontecesures.

OA PRINCIPIO PONTECESURES NON ERA UN CONCELLO INDEPENDENTE

Page 4: Pontecesures

FESTAS DE PONTECESURES

Festa do Patrón de Pontecesures - San XuliánCelébrase o 7 de Xaneiro.

Festa da Raiña dos Anxos - CarreirasCelébrase a segunda fin de semana de Xaneiro

Festa da LampreaMarzo-Abril

Festas da Virxe do CarmeCelébrase a primeira fin de semana de Xullo

Page 5: Pontecesures

Festas de San Roque - Festas de PortoCelébrase a terceira semana de Agosto.

Festa da Raiña dos Anxos - CarreirasCelébrase a segunda fin de semana de Xaneiro

Festa do Pilar - San XuliánCelébrase o 12 de Outubro.

Festa de Santa Lucia - InfestaCelébrase en INFESTA o 12 e 13 de Decembro

Subida Xacobea do Mar de Arousa e UllaCelébrase en Xullo/Agosto e consiste nunha travesía marítimo-fluvial dende Vilagarcía ata o peirao de Pontecesures.

Page 6: Pontecesures

CRUCEIROSCruceiro de PortoCruceiro do século XX que se atopa na Praza dos Valeiros, no lugar de Porto.

Cruceiro de CarreirasData do ano 1747. No nacente figura a imaxe da Raiña dos Anxos, patrona do lugar.

Cruceiro de San XuliánCruceiro do século XIV que pertenceu á desaparecida capela de San Lázaro. Cabe sinalar que a capela formaba parte da Malatería ou Hospital de Leprosos, tamén chamado Obra Pía de San Lázaro

Fito XacobeoInaugurado o 21 de agosto de 1966 con motivo da Ruta Fluvial Xacobea a través do Río Ulla.

Page 7: Pontecesures

LUGARES DE INTERESE

O AlfolíEdificio barroco do século XVIII, destinado á almacenaxe de sal, tabaco, xofre... Testemuña da importancia de Pontecesures na época ao ser o único porto habilitado para a descarga de sal desde 1467. En 1990 sofre o incendio que destrúe todo o interior. Conserva na fachada o escudo borbónico e o seguinte texto: “LOS ALMACENES DE LA RENTA DEL TABACO CONSTRUIDOS EN EL AÑO DE MDCCVC REINANDO EL SEÑOR DN CARLOS IV".

Capela de San XuliánCapela románica feita construír polo Bispo Xelmírez, cunha remodelación no 1918 na que se atoparon restos romanos, que foron catalogados polo Museo Provincial de Pontevedra

A PonteConstruída no século I, con remodelacións posteriores (a máis importante deseñada polo Mestre Mateo no século XII). Consta de dez arcos sobre o río Ulla e une as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Page 8: Pontecesures

RÍO ULLA

O río Ulla pasa por Pontecesures onde separe as provincias de Pontevedra e A Coruña.

Peirao de Pontecesures sobre o río Ulla Río Ulla