View
194
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
Música: Pietro Mascagni. Intermezzo; present: B. Areskurrrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain.
O xuízo contra Xesús tivo lugar
probablemente no palacio no que residía Pilato cando acudía a
Xerusalén. Alí encóntranse unha
mañá de abril do ano trinta un reo indefenso,
chamado Xesús, e o representante do poderoso sistema imperial de Roma.
O evanxeo de Xoán relata o
diálogo entre ambos. En realidade, máis que un
interrogatorio, parece un
discurso de Xesús para esclarecer
algúns temas que interesan moito ao
evanxelista.
Nun determinado momento Xesús fai esta Nun determinado momento Xesús fai esta solemne proclamación: solemne proclamación:
““Eu para isto vin ao mundo: para ser testemuña Eu para isto vin ao mundo: para ser testemuña da verdade. da verdade.
Todo o que é da verdade, escoita a miña voz"Todo o que é da verdade, escoita a miña voz"..
Esta afirmación recolle un trazo básico que define Esta afirmación recolle un trazo básico que define a traxectoria profética de Xesús: a súa vontade de a traxectoria profética de Xesús: a súa vontade de
vivir na verdade de Deus. vivir na verdade de Deus. Xesús non só dice a verdade, senón que busca a Xesús non só dice a verdade, senón que busca a verdade e só a verdade dun Deus que quere un verdade e só a verdade dun Deus que quere un mundo máis humano para todos os seus fillos e mundo máis humano para todos os seus fillos e
fillas.fillas.
Por iso, Xesús fala con Por iso, Xesús fala con autoridade, autoridade,
pero sen falsos pero sen falsos autoritarismos. autoritarismos.
Fala con sinceridade, pero Fala con sinceridade, pero sen dogmatismos. sen dogmatismos. Non fala como os Non fala como os
fanáticos que tratan de fanáticos que tratan de impoñer a súa verdade. impoñer a súa verdade.
Tampouco como os Tampouco como os funcionarios quefuncionarios que a defenden por a defenden por
obrigación aínda que obrigación aínda que non crean nela. non crean nela.
Non se sente nunca Non se sente nunca gardián da verdade gardián da verdade
senón testemuña.senón testemuña.
Xesús non converte a verdade de Deus en propaganda.
Non a utiliza en proveito propio senón en defensa
dos pobres. Non tolera a mentira ou o
encubrimento das inxustizas. Non soporta as manipulacións.
“Xesús convértese así na "voz dos sen voz, e voz , e voz
contra os que teñen demasiada voz”
(Jon Sobrino).
Esta voz é máis necesaria que nunca nesta sociedade Esta voz é máis necesaria que nunca nesta sociedade atrapada nunha grave crise económica.atrapada nunha grave crise económica.
A ocultación da verdade é un dos máis firmes A ocultación da verdade é un dos máis firmes presupostos da actuación dos grandes poderes presupostos da actuación dos grandes poderes
financeiros e da xestión políticafinanceiros e da xestión política sometida ás súas esixencias. sometida ás súas esixencias.
Quérennos facer vivir a crise na mentira.Quérennos facer vivir a crise na mentira.
Faise todo o posible para ocultar a responsabilidade dos
principais causantes da crise e ignórase de maneira perversa o
sufrimento das vítimas máis débiles e indefensas.
É urxente humanizar a crise poñendo no centro de atención a verdade dos que sofren e a atención prioritaria á súa situación cada
vez máis grave.
É a primeira verdade esixible a todosÉ a primeira verdade esixible a todos se non queremos ser inhumanos. se non queremos ser inhumanos.
O primeiro dato previo a todo. Non nos podemos acostumar á exclusión social e á
desesperanza na que están caendo os máis débiles.
Os que seguimos a Xesús temos que
escoitar a súa voz e saír instintivamente
na súa defensa e axuda.
Quen é da verdade escoita
a súa voz.
INTRODUCIR VERDADE
O xuízo contra Xesús tivo lugar probablemente no palacio no que residía Pilato cando acudía a Xerusalén. Alí encóntranse unha mañá de abril do ano trinta un reo indefenso, chamado Xesús, e o representante do poderoso sistema imperial de Roma.
O evanxeo de Xoán relata o dialogo entre ambos. En realidade, máis que un interrogatorio, parece un discurso de Xesús para esclarecer algúns temas que interesan moito ao evanxelista. Nun determinado momento Xesús fai esta solemne proclamación: “Eu para isto vin ao mundo: para ser testemuña da verdade. Todo o que é da verdade, escoita a miña voz".
Esta afirmación recolle un trazo básico que define a traxectoria profética de Xesús: a súa vontade de vivir na verdade de Deus. Xesús non só di a verdade, senón que busca a verdade e só a verdade dun Deus que quere un mundo máis humano para todos os seus fillos e fillas.
Por iso, Xesús fala con autoridade, pero sen falsos autoritarismos. fala con sinceridade, pero sen dogmatismos. Non fala como os fanáticos que tratan de impoñer a súa verdade. Tampouco como os funcionarios que a defenden por obrigación aínda que non crean nela. Non se sente nunca gardián da verdade senón testemuña.
Xesús non converte a verdade de Deus en propaganda. Non a utiliza en proveito propio senón en defensa dos pobres. Non tolera a mentira ou o encubrimento das inxustizas. Non soporta as manipulacións. Xesús convértese así en "voz dos sen voz, e voz contra os que teñen demasiada voz" (Jon Sobrino).
Esta voz é máis necesaria que nunca nesta sociedade atrapada nunha grave crise económica. A ocultación da verdade é un dos máis firmes presupostos da actuación dos grandes poderes financeiros e da xestión política sometida ás súas esixencias. Quéresenos facer vivir a crise na mentira.
Faise todo o posible para ocultar a responsabilidade dos principais causantes da crise e ignórase de maneira perversa o sufrimento das vítimas máis débiles e indefensas. É urxente humanizar a crise poñendo no centro de atención a verdade dos que sofren e a atención prioritaria á súa situación cada vez máis grave.
É a primera verdade esixible a todos se non queremos ser inhumanos. O primeiro dato previo a todo. Non nos podemos acostumar á exclusión social e á desesperanza en que están caendo os máis débiles. Os que seguimos a Xesús temos que escoitar a súa voz e saír instintivamente na súa defensa e axuda. Quen é da verdade escoita a súa voz.
José Antonio Pagola
Recommended