Benvidos á escola

Preview:

Citation preview

BENVIDOS Á ESCOLA

PLAN DE ACOLLIDA DE EDUCACIÓN INFANTIL

CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDALEQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A entrada na escola

É un acontecemento moi importante.

Supón un cambio que influirá moito nas súas vidas.

É necesaria a colaboración de todos e todas.

O programa de adaptación

1ª fase: Xuño. Reunión coas familias.

2ª fase: 10 setembro. Reunión das familias co profesorado EI 3 anos.

3ª fase: 11 setembro. Incorporación escalonada do alumnado.

4ª fase: 24 setembro: Incorporación en horario normal.

Entrevistas individuais

A nosa escola As instalacións:

Un edificio e patio independente.

Unha aula para cada nivel co baño compartido.

Aula de usos múltiples:psicomotricidade, informática, …

A nosa escola O profesorado:

Oito mestras especialistas en E.I.

- Seis titoras.

- Dúas mestras de apoio.

Mestras especialistas en:

- Lingua Estranxeira

- Relixión

- Audición e linguaxe

- Pedagoxía terapéutica

Servizos do colexio

Almorzos

Comedor

Actividades Extraescolares: Organizadas

polo Concello e supervisadas polo centro

Transporte

Preparámonos

Falar da escola

positivamente.

Ser realista, evitar

esaxeracións.

Manter unha actitude

tranquila.

Reforzar hábitos.

Hábitos de autonomía

Facer as cousas por si

sós/soas.

Abotoarse/desabotoarse.

Subir e baixar escaleiras.

Espirse e vestirse (abrigo,

pantalón, mandilón, ...)

Subir e baixar pantalóns.

Hábitos de hixiene - alimentación

Lavar as mans.

Ir ao baño, limparse.

Limpar os mocos.

Retirar o cueiro.

Comer e beber sós/soas.

Ir retirando o chupete, o

biberón e a comida

triturada.

Horario de durmir

Manter unha rutina

diaria.

Deital@s á mesma hora.

Deben durmir as horas

suficientes.

Levantal@s cedo para

vestirse e almorzar con

tranquilidade.

Hábitos de orde

Procurar que recollan

os seus xoguetes.

Ir ordenando a súa

habitación.

Colaborar en tarefas

domésticas.

Axudar ao desenvolvemento Reforzar a linguaxe:

-Falar moito con eles.

-Cantarlles, ler contos, xogar, ...

-Evitar a fala de bebé.

Dar pequenas responsabilidades.

Favorecer a súa autonomía.

Evitar a sobreprotección.

Favorecer a súa integración no contorno: pasear, coñecer sitios novos, ...

Controlar o tempo/contido de “pantallas”

Para facilitar a entrada na escola

Facel@ participar dos preparativos.

Facer amig@s que tamén vaian comezar a escola.

O máis importante: transmitir tranquilidade

Normas Entradas e saídas puntuais (9:00 – 13:50). Unha vez

rematado o período de adaptación os nenos e nenas entrarán na súa fila.

Puntualidade: ás 9:10 pecharase a porta. Pasada esta hora, as entradas faranse pola porta principal e asinarase en conserxería unha nota de retraso que se entregará á titora.

Débense xustificar as faltas, retrasos ou saídas no horario escolar (asinar xustificante)

Se o neno ou nena e recollido por outra persoa non habitual deberá comunicarse por escrito á titora.

Se hai algunha variación co alumnado de transporte ou comedor deberá avisarse por escrito, nunca telefonicamente.

Roupa cómoda, tipo chandal. Calzado con velcro. Nin lazos, nin cintos nin bodis.

Deben traer unha muda completa. Chamaráselles para que os veñan a cambiar.

Convén que traian unha mochila mediana senrodas co nome posto.

Rervisar as mochilas diariamente xa que van notas e avisos nun sobre azul.

Colocar nos colos das cazadoras e chaquetas unha cinta ampla co seu nome para poder colgalas no percheiro.

Cada neno/nena debe traer unha botella de auga.

Material

Presuposto anual aportado polas familias

M

O

I

T

A

S

G

R

A

Z

A

S

Recommended