View
220
Download
6
Category
Preview:
DESCRIPTION
Hoxe lembramos a Charles Dickens na conmemoración do bicentenario do seu nacemento.
Citation preview
Charles Dickens
24 de Outubro
Día das Bibliotecas Escolares
El ensinounos a celebrar o Nadal, aínda que
tamén quen denunciou a dureza da
Inglaterra vitoriana. Quen representa mellor
o espírito do Nadal, ou a falta del, que
Ebenezer Scrooge, o vello forrón que
inventou Dickens en 1843? O personaxe e a
súa lenda traspasaron de sobra a súa
historia,hoxe todos coñecen esta figura,
'resucitada' en diversos formatos: dende o
parrulo animado de Disney -o Tío Gilito- ao
Sr. Burns de The Simpsons. O seu éxito
converteuno no autor máis seguido do seu
tempo, precursor da era dos escritores
mediáticos líderes de opinión.
Converteu persoaxes infantís en
protagonistas absolutos de novelas
serias.
Dickens disecciona e saca á luz o
peor do ser humano; tamén o mellor.
'Oliver Twist' é a vítima do sistema
por excelencia. Un mozo orfo que
crece no campo e foxe dunha vida que
o aterra para topar con outra peor.
Segunda novela de Dickens, é
considerada a primeira en inglés cun
neno protagonista.
Humillación, abandono, soidade,
todo iso aderezado coa lousa do
traballo. Si, un neno é o
protagonista desta secuencia.
«Eu non recibía ningún consello,
ningún apoio, ningún estimulante,
ningún consolo, ningunha
asistencia de ningún tipo, de
ninguén que me puidese recordar.
Canto desexaba ir ao ceo», reza
David Copperfield.
A clase obreira, protagonista do
relato.
Utilizando o humor e o seu dominio
da sátira, Dickens consegue en
Tempos difíciles (1854) denunciar o
trato dispensado polos empresarios
aos traballadores, considerados
meras mans, en plena revolución
industrial, prescindibles apéndices
das máquinas que manexaban.
Publicou a súa primeira gran novela con
24 anos. A obra presentouse por
entregas e máis tarde se reditó como
única. É unha historia disparatada e
cómica das aventuras de catro
membros dun club moi especial, cuxo
nome é do filántropo-filósofo Samuel
Pickwick, un dos membros que, xunto a
outros tres, fan unha viaxe por
Inglaterra onde viven divertidas
aventuras cheas de frescura e sentido
do humor.
En 'Historia de dúas cidades',
Dickens esquece os nenos para
somerxerse na Revolución
Francesa. Detalla o terror, as
execucións, a violencia e as vítimas
do conflito. Confronta as realidades
de Inglaterra e a Francia
revolucionaria na historia do doutor
Manette (entre outros), un nobre
inocente, que tras pasar anos
encarcerado, logra saír e viaxa a
Londres.
Un goberno incompetente, unha sociedade
hipócrita e un sistema caduco. A
ineficiencia e a corrupción non entenden de
séculos. Xa os denunciaba Dickens en 'A
pequena Dorrit', a sátira, que tamén lle
dedica o seu espazo á banca. Dickens
centra a acción desta obra no cárcere de
debedores e evidencia o absurdo de
encerralos, sen posibilidade de traballar, ata
que non pagasen as súas débedas. Pon a
pan pedir a «innecesaria» burocracia da
Facenda británica creando un
'Departamento do Circunloquio' para 'non'
facer nada‘.
Trala morte do seu pai, Nicholas Nickleby
debe facer fronte a un dilema de difícil
solución: seguir xunto á súa irmá Kate e a súa
nai, ás que non pode asegurar o sustento
económico, ou que estas poidan ser mantidas
polo tío Ralph mentres el busca traballo fóra
da capital inglesa.
Nicholas consegue un emprego en Yorkshire
como profesor. Pero ao chegar alí dáse conta
que se trata dunha situación que dista do
ideal. Os alumnos reciben clases nuns nunhas
condicións vexatorias polo que Nicholas
finalmente fuxe e entra a formar parte dunha
compañía teatral ambulante.
O gardavía é un relato no que se
mestura terror e elegancia
demostrando que poden ir da man.
Dickens cóntanos a historia dun
espectro que se aparece nas vias de
ferrocarril, nunha zona lúgubre perdida
na nada, xurdindo da boca dun túnel
tenebroso, sendo portador de malas e
nefastas noticias. Cada vez que o
fantasma se aparece o guardavias
vixiante desa etapa do ferrocarril sabe
que a morte axexa e polo tanto lle
invade unha ansiedade e medo
terribles.
O seu universo reduciuse a Londres, Yorkshire ou Brighton e non obstante,
200 anos despois do seu nacemento, Charles Dickens segue ocupando un
dos primeiros postos na literatura universal. A súa prosa denunciou sen
ridiculizar as condicións de vida dunha metrópole que seguía sendo capital
do mundo. Pero na que moitos morrían de fame e de miseria.
Recommended