View
237
Download
13
Category
Preview:
DESCRIPTION
Un dicionario ilustrado feito dentro das actividades de educaBarrié por escolares de Educación Primaria, baseado nas palabras que aparecen nos versos da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Citation preview
No principio foi o verso. Rosalía de Castro é o título da exposición
conmemorativa do 150 aniversario da publicación no 1863 de Cantares
Gallegos, de Rosalía de Castro, obra clave para a literatura e cultura galega.
Cando a autora creou este poemario non dispoñía dun dicionario en galego
que lle permitira saber cómo se escribían as palabras no noso idioma ou cal
era o significado de moitas delas. Afortunadamente agora si dispoñemos de
este recurso e, mesmo as veces, ilustrado.
Por iso queremos renderlle tamén homenaxe á nosa inmortal autora
elaborando o noso particular dicionario ilustrado a partir de palabras que
atopamos nos versos de Cantares Gallegos. É un labor individual, porque cada
un de nós escolle a súa palabra favorita, describe o que pensa que significa e
despois a converte nunha imaxe, mais tamén colectiva pois sumando todas
elaboramos un dicionario único que desexamos sexa de interese para quen o
vexa.
No principio foi o verso. Rosalía de Castro
Fundación Barrié – Vigo
Do 15 de maio ao 15 de agosto de 2013
Recommended