Formato RAW

Preview:

DESCRIPTION

Presentación Power Point sobre o formato RAW

Citation preview

Nacho Romero 2009

RAW = datos do sensor da cámara + algúns metadatos (ISO, v, f, 0K, etc.)

Cada fabricante codifica os seus RAW de forma diferente (CRW, ORF, NEF, etc.)

Os datos RAW son en escala de grises; posteriormente convírtense en datos con cor gracias a unha matriz Bayer GRGB.

Arquivo RAW=imaxe en escala de grises. Para obter a cor precísase un conversor RAW (como o ACR) que interpola a información cromática ausente en cada píxel desde os que son seus veciños. Este proceso chámase“demosaicing”.

Os conversores RAW tamén controlan:• Balance de brancos• Interpretación colorimétrica (según un espacio

colorimétrico)• Mapeo tonal: a captura RAW ten unha gamma lineal

1.0; co mapeo tonal faise corresponder máis exactamente coa visión humana.

• Reducción de ruido, antialias e enfoque: para evitar os “artefactos” nas aristas.

Cada conversor RAW fai todo esto ao seu xeito, polo que unha misma imaxe pode parecer bastante diferente segundo o conversor RAW que se use para editala.

RAW:• Alta calidade• Reportaxe social• Publicidade• Foto creativa

JPEG• Reportaxe• Rapidez• Foto afeccionada• Pouco espacio de almacenamento

Para controlar a interpretación da fotografía (que non o faga a cámara, como pasa con JPEG)

Para poder modificar a imaxe despois da toma Edición non destructiva e a 16 bits Para usar todos os bits que ofrece a captura

da nosa cámara Para controlar o balance de brancos, a

interpretación colorimétrica, a exposición, o detalle e o ruido

A maior parte da percepción humana é non lineal (luz, son, peso, etc.)

Si se dobra a cantidade de luz, non vemos o dobre de luminoso, si poñemos dous azucarillos no café, non sabe o dobre de doce, etc.

A película fotográfica imita esa percepción non lineal.

Os sensores dixitais responden á luz de xeito absolutamente lineal, por eso precísase despois da captura unha “distribución de gamma correxida”.

É moi importante saber o rango dinámico (capacidade de captar detalles nas luces e nas sombras) da nosa cámara, inda que o fabricante non ofrece ese dato.

Como orientación:• Diapositivas: 4-5 diafragmas• Negativos: 7-8 diafragmas• Cámara dixital gama media: 5-6 diafragmas• Cámara dixital gama alta: 8-9 diafragmas• Respaldos dixitais: 10-12 diafragmas

Para poder aproveitar ese rango dinámico hai que expoñer ben.

Si a nosa cámara ten un rango dinámico de 6 EV e dispara a 12 bits, disporemos de 212 niveis = 4.096 niveis.

Si subexpoñemos un diafragma, e dado que a captura é lineal, non perdemos a sexta parte dos niveis, senón A METADE, ou sexa, perdemos 2.048.

Na distribución lineal, cada paso ten o dobre de luz que o anterior. A gama correxida é similar a nosa visión, o que ocorre coa película fotográfica ou o que ocorre ao procesar o arquivo dixital, ou ben revelando o RAW ou ben cando se grava un JPEG (nese último caso a gamma é correxida pola cámara sin intervención do usuario).

No noso exemplo a suma dos 6 pasos de rango dinámico dan os 4.096 niveis; no 6º diafragma (nas altas luces) atópase a metade da información. Esto fai que si subexpoñemos un diafragma quedemos sin a metade de información.

Como vemos no exemplo a subexposición supón unha pérdida de datos moi importante, polo que en fotografía dixital se fai necesario espoñer ata o límite da sobreexposición.

En caso de dúbida é mellor pecar dunha lixeira sobreexposición que non dunha subexposición; ademáis no caso dos arquivos RAW a posibilidade de recuperar luces queimadas e bastante grande.

No caso dun arquivo JPEG (8 bits-256 niveis), ao redistribuir os 6 pasos de rango dinámico nas sombras tan só teremos 4-8 niveis. Esa é a razón de que as sombras se empasten.

•Si ademáis subexpoño enseguida quedo sin información nas sombras.•Ademáis nos JPEG non podemos recuperar as luces do mesmo xeito que se podía facer en RAW, polo que se fai imprescindible ser moi precisos á hora de expoñer.

Baixo contraste: a cámara é capaz de leer más información que a que hai na escea. Faltan tanto sombras como luces no histograma.

Contraste óptimo: o contraste da escea coincide con rango dinámico do sensor. Hay información tanto nas sombras como nas luces.

Alto contraste: na escea hai máis de 6 diafragmas de diferencia entre luces e sombras. A cámara non pode rexistrar a escea, perdéndose tanto luces como sombras.

Trátase en todos os casos de levar o extremo dereito do histograma ata o límite da gráfica, xusto antes de empezar a queimar as luces.

Deste xeito capturaremos o máximo de información que permite a nosa cámara.

Baixo contraste: levamos a gráfica ao extremo dereito sobreexpoñendo. Logo, no revelador RAW, tiramos do extremo esquerdo da gráfica cara a esquerda.

Contraste óptimo: non se precisa correxir na exposición sempre e cando o histograma nos marque que chegamos ao límite dereito.

Alto contraste: temos que subexpoñer para levar o histograma ao seu lugar no extremo dereito. Logo, no revelado, levaremos o lado esquerdo ao seu sitio.

Recommended