O flautista

Preview:

Citation preview

O frautist

a de

Hamelin

Había unha vez un pobo onde a xente vivía tranquila. Os agricultores traballaban terreos  onde plantaban o que necesitaban para comer eles e o seu gando. Os comerciantes tiñan tendas que vendían bos produtos que os artesáns fabricaban. Había avogados e xuíces que se encargaban de que os cidadáns  foran  respectuosos coas leis, e respectados por todos.

Todos vivían felices ata que un día deu en entrar unha peste. A peste das ratas. Aqueles roedores metíanse por todas partes , comían toda a comida , roían nas roupas, nas casas, andaban por todas partes e eran tantas que ata os gatos marcharon do pobo porque non eran quen de asustalas.. Había ratas de todas as cores …………………

Os cidadáns acudían ao concello cada día para lle reclamar ao alcalde e aos concelleiros que buscaran unha solución para aquel desastre que os levaba cara a ruína.

• Os rapaces non podían ir a escola pois os ratos lles comían os libros e todos os materiais ..

• Os médicos tiñan que pasar a consulta subidos das mesas xa que as ratas enchían o chan . E así cada un dos traballadores daquel marabilloso Hamelin tiñan que facer quendas nas noites para coidar das ferramentas do traballo

• O carniceiro pasaba a noite prendendo lume preto da carne pois se non as ratas so lle deixaban os osos.

Por aquelas terras de Alemaña andaba un frautista. Era un home estraño. Oíu as novas de Hamelin e presentouse diante do alcalde .- “Señor eu son quen de libralo deste andazo ” díxolle ao alcalde.O alcalde púxose tan contento que non reparou no prezo. O Frautista tiña o poder de embobar aos que escoitaban a súa música , de tal xeito que empezou a tocar uns sons axeitados para os ratos e estes seguirono ata o río , onde pereceron afogados.

Unha vez rematada a faena o frautista presentouse diante do alcalde e reclamou o seu.O alcalde que non medira o prezo decatouse de que non podía pagar. O frautista sentiuse estafado e marchou alporizado. Cando chegou a noite volveu pero esta vez non tocaba a música dos ratos , se non que tocaba a música que embobaba aos nenos.

E así foi como o frautista enganado castigou as xentes de Hamelin.

E así foi como o frautista enganado castigou as xentes de Hamelin.

-Que pensas que fixo o frautista cos nenos?

-Que edificios hai nos pobos e non aparecen no conto?

- Como pensas que actuou o alcalde? Foi responsable ou irresponsable?

- Pensas que podía haber outra forma de solucionar o problema?

• A quen lle reclama a xente?• Por que llo din a esa persoa?• Como se elixe esa persoa?• En que edificio traballa?• Cantos oficios diferentes aparecen na

presentación?• Que solución darías para solucionar

este problema?