Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do...

Preview:

Citation preview

“A VIDA NA IDADE MEDIA”

Tema 4.- “O FEUDALISMO”

A.- SITUACIÓN NO TEMPO E NO ESPAZO

Tradicionalmente o inicio da Idade Media sinalábase no momento da caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio Carolinxio e a situación de inestabilidade provocada polas invasións de normandos, musulmáns e húngaros, cando se formou en Europa Occidental o sistema económico, social e político que se coñece co nome de Feudalismo.

A.1.- Sinala cando comeza e cando remata a Idade Media.

A.2.- Indica se é verdadeira ou falsa a seguinte afirmación, comentando o porqué:

“O Feudalismo iníciase ao mesmo tempo que a Idade Media”.

A.3.- Define o concepto de Feudalismo.

IDADE MEDIA

ALTA IDADE MEDIA

Inicios do Feudalismo ║

BAIXA IDADE MEDIA

Plena Idade Media Crise

s.V s.VI s.VII s.VIII s.IX s.X s.XI s.XII s.XIII s.XIV s.XV

╚ 476 - Caída do Imp. Romano de Occidente ║ Descubrimento de América – 1492 ╝

Nos primeiros séculos desta etapa histórica, Alta Idade Media, pódese falar dun mundo basicamente rural, no que a gran maioría da poboación estaba composta por campesiños dependentes dun Señor, que exercía o seu dominio sobre un territorio máis ou menos extenso.

A partir do século XI, Baixa Idade Media, comezaron a renacer as cidades, nas que apareceu un novo estilo de vida e novas profesións.

Pero no século XIV Europa Occidental sufriu unha fonda crise económica e social que levou ao remate deste modelo de sociedade a finais do século XV.

A.4.- Indica en cantas etapas se pode dividir a Idade Media e explica as súas características.

A.5.- Representa nun eixo cronolóxico os séculos que abarca a Idade Media e sinala as distintas etapas nas que se pode dividir.

Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais estados de Francia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Austria, Suiza, o norte da Península Ibérica, centro e norte da Península Itálica e centro e sur das Illas Británicas.

A.6.- Usa o mapa para sinalar os límites da Europa feudal.

Os habitantes da Europa feudal vivían rodeados de inimigos aos que atacaban e polos que eran atacados (sobre todo nos primeiros tempos):

- Nos actuais Países Escandinavos vivían os normandos ou viquingos.- No norte de África e no sur da Península

Ibérica os árabes ou musulmáns.- No leste da Europa medieval os

húngaros ou maxiares.

A.7.- Fai uso do mapa para sinalar a localización dos pobos inimigos da Europa feudal.

B.- AS ORIXES DO FEUDALISMO

B.1.- Quen foi Carlomagno? Como organizou o seu Imperio? Que sucedeu á súa morte? (Páx.16-19)

- Rei dos ………….. que conquistou gran parte de …………………….., foi coroado ………………. do Imperio ………………….. no ano 800.

- Condados, gobernadas por ……………….

- Marcas, nas zonas fronterizas, dirixidas por ……..…...

- Para administrar un ……….…….. tan extenso, recadar ………...…. e facer cumprir as …………., entregou terras aos ……………… do reino para que as …….…………. no seu nome e se …………...……… delas:

Os nobres convertíronse así nos ……………….….. do rei e xurábanlle ………………….. e …………………..

- Á morte de ……………….., a coroa pasou ao seu ………… e despois o Imperio dividiuse en reinos …………………….. entre os seus ………………. As loitas entre eles e as ………………… dos musulmáns, normandos… provocou terror e ……………………. entre a poboación de Europa Occidental desde o século……………..

B.2.- Por que a situación de Europa occidental era de inseguridade nos séculos IX e X?

B.3.- Por que tiveron os monarcas que pedir apoio aos nobres? Que relacións se establecían entre eles?

B.4.- En que parte da cerimonia de vasalaxe se producía a entrega do feudo? Quen o recibía e que obrigas tiña a cambio?

B.5.- Por que buscaban os campesiños a protección dos Señores feudais? Que debían a cambio desa protección?

B.6.-Actividade oral: Le atentamente o texto para saber cales eran as distintas partes da cerimonia dun xura-mento de fidelidade e vasalaxe.

Co paso do tempo os vasalos do monarca (condes, bispos, duques…) foron adquirindo cada vez máis independencia e acabaron por cobrar impostos, administrar xustiza, incluso acuñar moeda… nos feudos que lles tiña cedido o rei. Asemade, estes nobres repartiron parte das súas terras entre nobres menos importantes, cabaleiros, fidalgos, guerreiros…, a cambio dun xuramento de fidelidade e vasalaxe.

Desta maneira o poder político quedou fragmentado en multitude de poderes, pois os Señores feudais convertéronse na práctica en pequenos monarcas dos seus feudos.

B.7.- Por que se di que o poder político estaba fragmentado nesta etapa feudal?

Este diagrama mostra como pasaban as terras do rei aos nobres (laicos ou eclesiásticos) e deles a outros nobres menos poderosos e finalmente aos campesiños. Cada nivel da pirámide feudal debía lealdade e obediencia á capa superior e todos debían lealdade ao rei.

B.8.- As relacións de vasalaxe: Que son? Entre que persoas se podían establecer? Que lle debía o Señor ao seu vasalo? E o vasalo ao Señor?

B.9.- Copia e completa o esquema da pirámide feudal, poñendo cada “grupo” no piso ou frecha que corresponda: Alta nobreza laica ou eclesiástica, Campesiños, Señores de…, Servidores de todos, Rei, Baixa nobreza laica ou eclesiástica, Vasalos de…

Texto nº1

“Eu, Urraca, raíña de toda España, xuntamente co meu fillo Don Alfonso, fago carta a vós, Conde Don Froilaz e á vosa esposa a Condesa Dona Maior, do territorio de Várzena e de todo o que lle corresponde: terras de labradío, bosques, prados, igrexas, castelos…

Eu, a raíña Urraca, dou e concedo aos sobreditos Condes as enriba nomeadas posesións, por razón de que o meu pai Don Alfonso criouvos e coudouvos, e polos moitos servizos que recibín de vós ata hoxe, e porque criastes e coidastes ao meu fillo Don Alfonso. Quero que teñades todo isto como propiedade vosa e da vosa descendencia”.

(Tomado de A. López Ferreiro: “Historia de la Iglesia de Santiago”, 1900)

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.10.-Le atentamente o texto nº 1 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? Por que fai o Señor a concesión?

Texto nº2

“No nome de Deus, saiban todos os presentes … que eu, Bernardo, futuro Señor de Carcasona, recoñézote a ti León, abade de santa María, como meu Señor.

Por todos os dominios que vou a recibir fago homenaxe e fidelidade de manos e boca a ti, meu Señor León, e xuro sobre os Evanxelios que serei sempre un fiel vasalo para ti e os teus sucesores; e defendereite a ti, meu Señor, e ao mosteiro e aos monxes… ás miñas expensas; e prometo servirte a ti e aos teus homes cando queirades pasar por Carcasona… e se non respecto todas as miñas promesas, os mencionados dominios retornarán a ti e ao mosteiro”.

(Tomado de W. Cook: “La visión medieval del mundo”, Ed. Vicens Vives)

B.11.-Le atentamente o texto nº 2 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? A que se compromete o vasalo a cambio?

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.12.- Imaxina que eres un membro da nobreza feudal.

-Debes decidir se queres ser un Señor que concede un feudo ao seu vasalo ou un vasalo que xura fidelidade ao seu Señor. A continuación debes redactar un documento que recolla o compromiso e a relación de vasalaxe que estades a “pactar”.

-Podes usar os textos traballados como modelo para redactar o teu.

C.- A MONARQUÍA FEUDAL (páx. 50 do libro)

C.1.- Que lugar ocupa o monarca na sociedade feudal? Cal era a orixe do seu poder?

C.2.- Cales eran as “atribucións” exclusivas do rei?

C.3.- Que era a Curia ou Consello Real?