Fada de marmelada

Preview:

DESCRIPTION

Conto de fantasía

Citation preview

“FADA DE MARMELADA”

Miriam era unha bruxa ruín, tan ruín que minguara ata se tornar diminuta, do tamaño dun puño.

Tiña a pel de cor cinza e levaba sempre unha roupa negra que cheiraba mal.

Era practicamente invisble para o ollo humano. Voaba enriba dun plumeiro a moita velocidade e facía unha falcatruada tras doutra.

Gustáballe, por exemplo, pasar entre a nariz das persoas, cando falaban polo móvil, facéndolle cóxegas.

Un día, voando por Santa Comba, descubriu un recendo estraño. Era doce, suave e a boca tornábase auga. O cheiro viña dunha casa pequena . E, sen pensalo dúas veces, voou deica alí e penetrou no cuarto.

Na cociña había un pote a ferver sobre o lume. Dentro fervellaba un líquido espeso, de cor avermellada.

Miriam asomou os fouciños ao pote, esvarou do plumeiro e caeu dentro. Choff! Enguliu e enguliu moito daquel líquido vermello. Era delicioso!

Cando deo saído, xa non era moura. Parecía un caramelo con brazos, pernas e cabeza. E montada no seu plumeiro, era un caramelo con pau!

Como tiña moitas travesuras que facer marchou por Santa Comba adiante. Pasou polo medio da xente, que con caras serias volvía para a casa despois do traballo.

A todos lles mudou a expresión das caras cando ela pasaba. Algúns pensaban en croissants recheos. Outros, en torradas con marmelada. Todos tiñan pensamentos bonitos que chegaban a través do cheiro que ela desprendía.

E Miriam púxose furiosa. Que era aquilo? Todos sorrían, todos tiñan caras alegres! Era o contrario do que ela se propoñía! Estaba anoxadísima! Así que decidiu volver a casa donde estivera.

Alí encontrou a unha ancía que remexía no pote.

-Muller, que poderosa apócema é esa que me fai provocar sorrisos na xente?

A muller, que era cega, respondeulle:

- Non é apócema ningunha. É só marmelada de amorodo e cereixa que uso como recheo dos meus pasteis.

Miriam quedou sorprendida. E descubreu que tiña dúas ás coas que podía voar sen necesidade do plumeiro.

A anciá uliu o aire e dixo:

-Umm, es unha fada… re recendes a marmelada. Quizais ti sexas a fada de marmelada.

Así foi como dende entón se dedica a facer feliz a xente co seu recendo y arrinca sorrisos alá por donde vai.

Adaptación do conto de XAVIER FRÍAS CONDE (Fada de marmelada)