Nutrición i

Preview:

Citation preview

NUTRICIÓN I: O MEDIO INTERNO E O

APARATO CIRCULATORIO

Profesor: Adán Gonçalves

1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Nutrición:

“Conxunto de procesos polos que se produce o intercambio de materia e

enerxía entre os seres vivos e o entorno” (libro).

Dende un punto de vista máis nutricional:

Nutrición, consiste na separación e incorporación dos nutrientes do

alimento ao noso organismo para que poidan ser utilizados polas células.

Xurden entón varias cuestións:

Para que precisamos a materia e a enerxía?

É o mesmo nutrición e alimentación?

Que son nutrientes e que é alimento?

1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

A materia e a enerxía as precisamos para elaborar a nosa propia materia,

é dicir, para crecer, reparar e renovar e ademais precisamos enerxía para

todas as actividades diarias.

Esta materia e enerxía as obtemos dos alimentos, o que inxerimos, ao

degradalos en nutrientes que son empregados polas nosas células.

Polo tanto, volvemos a preguntar:

É o mesmo alimento e nutriente?

Evidentemente, non.

Para vivir precisamos tomar líquidos e sólidos que denominamos alimentos.

Os compostos químicos nos que separamos os alimentos durante a

dixestión chamámolos nutrientes.

Por tanto, os alimentos conteñen os nutrientes, pero non o revés.

1. A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Lóxicamente, alimentación e nutrición son dous procesos moi relacionados,

pero diferentes:

Alimentación, é a inxestión dos alimentos e a súa preparación para

degradalos. É voluntaria e consciente.

Nutrición, consiste na separación e incorporación dos nutrientes do

alimento ao noso organismo para que poidan ser utilizados polas células.

Os Nutrientes

Os nutrientes clasifícanse en:

Inorgánicos: presentes na materia viva e na inerte. Son a auga, as

sales minerais e o osíxeno.

Orgánicos: son exclusivos da materia viva. Son os glícidos (hidratos

de carbono, lípidos (graxas), proteínas e vitaminas. Os nutrientes

orgánicos adoitas ser moléculas máis grandes (polímeros)

constituídas por outras máis pequenas (monómeros).

Cada tipo de nutriente ten unha composición e ten unha función

determinada.

Nutrientes inorgánicos

Auga:

- Arredor do 65% do noso peso.

- Funcións: Lugar onde suceden as reaccións químicas do

metabolismo, regula a temperatura e transporta substancias.

Sales minerais:

- Como sólidos: desempeñan funcións estruturais. Forman

parte de ósos e dentes.

- Como ións: ións como o Na+ e o K+ participan no transmisión

do impulso nervioso, o Ca+ permite a contracción muscular e

cardíaca.

Osíxeno:

- Entra como O2 (molécula diatómica) na respiración.

- A súa función é oxidar na mitocondria os nutrientes.

Nutrientes orgánicos

Glícidos ou hidratos de carbono:

- Basicamente proporcionan enerxía.

- Os seus monómeros son os monosacáridos como a glicosa que

forman polímeros como o amidón (reserva de glicosa en vexetais)

ou o glicóxeno (reserva de glicosa en animais) e a celulosa (forma

as paredes vexetais).

-Abundantes no pan, na pasta ou nos cereais.

Lípidos ou graxas:

- Son a reserva enerxética máis abundante.

- Os seus monómeros son o glicerol e os ácidos graxos que

forman os polímeros aceites e graxas como o aceite de oliva ou a

manteiga.

Nutrientes orgánicos

Proteínas:

- Con funcións estrutural, de transporte, de defensa,

catalizadora…

- Os seus monómeros son os aminoácidos que orixinan os

polímeros proteínas.

- Son exemplos a hemoglobina (transporta o osíxeno no sangue) e

o coláxeno (da resistencia a nosa pel).

- Abundan nas carnes, ovos e peixes.

Vitaminas:

- A súa función primordial é reguladora e se precisan en moi

pequenas cantidades, pero son indispensables.

- Debemos inxerilas co alimento porque o noso organismo non as

produce e hainas hidrosolubles e liposolubles.

- Son exemplos a vitamina A e a vitamina D.

- Son abundantes en froitas verduras.

Os Alimentos

A través do traballo grupal da unidade trataremos estos aspectos, pero a

xeito de introdución podemos dicir:

Os alimentos adoitan ter máis dun tipo de nutriente, pero clasifícanse

segundo o que conteñen en maior proporción.

Esta clasificación baséase nas necesidades nutricionais que cubrimos

con cada tipo de alimento.

Podemos falar de:

- Necesidades enerxéticas: con alimentos ricos en glícidos e

graxas.

- Necesidades estruturais: proteínas, algúns lípidos (membranas)

e sales minerais.

- Necesidades reguladoras: basicamente vitaminas e sales

minerais.

Os Alimentos

Atendendo a esto podemos falar de alimentos enerxéticos, plásticos ou

formadores e reguladores segundo o aporte nutricional.

Alimentos enerxéticos: proporcionan fundamentalmente enerxía. Os

alimentos ricos en glícidos e lípidos como o azucre, o pan , a pasta, a

pataca, os legumes e os doces.

Alimentos plásticos ou formadores: permiten a formación de estruturas

no organismo. Son os ricos en proteínas como a carne, o peixe, os froitos

secos ou os ovos.

Alimentos reguladores: contribúen a regulación do metabolismo. Son

ricos en vitaminas, sales minerais e auga. Son as froitas e verduras.

GASTO ENERXÉTICO

Incluso, estando en completo reposo, o noso

organismo precisa unha cantidade mínima de

enerxía que se denomina metabolismo basal

(gasto en repouso e a unha temperatura de

20ºC).

A Dieta

Na nosa vida diaria consumimos distintos tipos de alimentos que nos

aportan diferentes nutrientes.

Dieta: é a cantidade e tipo de alimentos que unha persoa consome

diariamente.

Para que unha dieta sexa saudable é preciso que estea equilibrada, e

dicir, que nos suministre os nutrientes enerxéticos, estruturais e

reguladores necesarios e na proporción axeitada.

A dieta depende dunha serie de factores: a idade, o sexo, a actividade

física, o estado fisiolóxico (embarazo, lactancia, enfermidade...)...

A pesar disto hai varias recomendacións xerais para aproximarnos a unha

dieta equilibrada:

Que sexa diversificada.

Facer cinco comidas o día non moi copiosas. Máis cantidade nas

primeiras horas.

Tomar alimentos vexetais frescos para cubrir os requerimentos

vitamínicos. Alomenos cinco pezas de frutas e verduras ao día.

Consumir alimentos ricos en fibra (25 g/ día).

Evitar os precociñados e refinados, e consumir cereais integrais que

conservan as súas vitaminas.

Reducir o consumo de alimetos ricos en graxas saturadas (orixe: animal)

e colesterol. Alomenos a metade das graxas que inxerimos diariamente

deben ser insaturadas (orixe: peixe azul e vexetais) e o colesterol non debe

superar uns 300 mg/día.

A Dieta

Diversificar a orixe das calorías, aproximadamente:

- Un 50-60% dos glícidos.

- Menos dun 30% de graxas ( mínimo 50% insaturadas).

-Un máximo dun 15% de proteínas.

Incorporar os aminoácidos esenciais en cantidade suficiente. Polo que

debemos inxerir proteínas de orixe animal ou ben complementar ben as

de orixe vexetal.

Distribuir a inxesta de alimentos en alomenos catro tomas: almorzo,

comida, merenda e cea. O almorzo é a toma máis importante.

A Dieta

A Roda dos Alimentos

A roda dos alimentos é unha representación dos alimentos agrupados

segundo a súa función e nutrientes que posúen.

Ademais incórporase como actividades indispensables a práctica de

exercicio físico e beber auga (uns 2-3 l/día).

Segundo a clasificación da nova roda dos alimentos hai 6 grupos de

alimentos.

Unha dieta equilibrada debe conter unha cantidade proporcional de todos

eles.

Para interpretar a roda debemos ter en conta o tamaño das porcións nas

que se divide e a posición de cada alimento e incluso o degradado das

cores dentro de cada porción.

I: enerxéticos.

Predominan os

glícidos: cereais,

patatas, azucre…

II: enerxéticos.

Predominan lípidos:

manteiga, aceites…

III: Plásticos:

Predominan proteínas:

cárnicos, ovos, peixes,

legumes e froitos

secos.

IV: Plásticos: lácteos e

derivados.

V: Reguladores:

hortalizas e verduras

VI: Reguladores:

froitas.

Trastornos e alteracións na alimentación

Traballo en parellas para pescudar información e presentala ao resto

da clase sobre catro ideas:

Obesidade

Desnutrición

Anorexia

Bulimia

Podedes presentalo no formato que desexedes: presentación ao uso,

un poema, unha canción, un collage coa vosa explicación oral…

(Tempo: 1 semana)

Imos traballar agora estos contidos a través de dúas actividades do

libro:

Pensa e Reflexiona páxina 46

Actividade resolta páxina 46

2. A NUTRICIÓN NO SER HUMANO

Os aparatos que participan na función de nutrición son: o circulatorio, o

dixestivo, o respiratorio e o urinario.

Aparato circulatorio: encárgase de transportar as substancias

nutritivas e o O2 a todas as células; e de recoller os refugallos e o CO2

producidos nas células.

Aparato dixestivo: dixire os alimentos transformádoos en nutrientes

que poidan ser asimilados polas células.

Aparato respiratorio: proporciona o O2 ao sangue e retira del o CO2.

Aparato urinario: elimina as substancias sobrantes que transporta o

sangue.

O medio interno

O medio interno está formado polo plasma intersticial e polos fluidos

circulantes (sangue e linfa).

Plasma intersticial: é o fluido que rodea ás células e do que extraen os

nutrientes e o O2 e no que verten os restos e o CO2 producidos no seu

metabolismo. Orixínase a partir do filtrado do sangue a través dos

capilares.

Linfa: fluido que circula polos vasos linfáticos. Fórmase a partir do

plasma intersticial sobrante.

Sangue: fluido que circula polos vasos sanguíneos e transporta a

maioría das substancias.

Homeostase: consiste no mantemento dunha serie de propiedades

constantes no medio interno para asegurar as funcións vitais en todas as

células do noso organismo.

O aparato circulatorio conecta todos os demais aparatos relacionados na

función de nutrición co plasma intersticial permitindo a súa renovación

continua.

O aparato circulatorio está formado polo sistema circulatorio e o sistema

linfático.

3. O SISTEMA CIRCULATORIO

O sistema circulatorio encárgase de distribuir os nutrientes e o O2 por todo

o organismo; e de recoller os produtos resultantes do metabolismo celular

para levalos aos órganos excretores (pulmóns, riles, glándulas

sudoríparas…)

Está composto polo sangue, os vasos sanguíneos e o corazón (bomba

propulsora).

Vasos sanguíneos

Hai tres tipos:

Arterias: levan o sangue do corazón aos órganos. Teñen paredes máis

grosas para soportar o impulso do corazón. Ramifícanse en arteriolas.

Veas: levan o sangue dos órganos ao corazón. Ramifícanse en venulas.

Posúen válvulas para impedir o retroceso do sangue.

Capilares: interconectan arteriolas e venulas. Teñen paredes moi finas

para permitir o intercambio de substancias.

O sangue: o noso medio interno

O sangue realiza tres funcións básicas no organismo:

Transporte: transporta substancias nutritivas e O2, refugallos e CO2 , e

hormonas.

Defensa: no sangue atópanse glóbulos blancos encargados da defensa.

Regulación da temperatura: o sangue actúa como un transportador de

calor dende os órganos que a producen, como o fígado e os músculos,

cara o resto do corpo.

O sangue está formado por unha parte líquida, o plasma, na que se

atopan distintos tipos de células sanguíneas.

O plasma é un líquido amarelo formado nun 90% por auga, na que están

disoltas multitude de substancias: proteínas, hormonas, gases,

nutrientes…

As células sanguíneas créanse na médula ósea vermella, localizada no

interior dos ósos do esqueleto.

¡Esta diapositiva é informativa. Non estudar!

Tipos de células sanguíneas

Glóbulos vermellos ou eritrocitos: son células sen núcleo que posúen

no seu interior unha proteína chamada hemoglobina que se ocupa

do transporte de O2 no sangue.

Glóbulos brancos ou leucocitos: son células con núcleo que teñen

función defensiva.

Plaquetas ou trombocitos: fragmentos celulares que participan na

coagulación sanguínea.

O corazón

As paredes do corazón están formadas por tecido muscular cardíaco, o

miocardio, que se contrae e relaxa de maneira autónoma.

O corazón divídese en dúas metades separadas polo tabique

interventricular. Cada metade, consta a súa vez, de dúas cámaras

comunicadas entre si: unha superior, a auricula, e outra inferior, o

ventrículo.

O paso do sangue está regulado por estas válvulas:

Válvulas sigmoideas: permiten a saída do sangue dos ventrículos cara

ás arterias impedindo o retroceso.

Válvulas auriculoventriculares: permiten o paso das aurículas cara

ós ventrículos impedindo o retroceso. A tricúspide é a da dereita e

mitral a da esquerda.

As vías de entrada ao corazón son:

As veas pulmonares. Son catro que chegan á aurícula esquerda

procedentes dos pulmóns con sangue osixenada.

As veas cavas, superior e inferior que chegan á aurícula dereita dende

todo corpo con sangue sen O2.

As vías de saída do corazón son:

As arterias pulmonares que saen do ventrículo dereito cara ós

pulmóns. Transportan sangue sen O2.

A arteria aorta que sae do ventrículo esquerdo cara ao resto do corpo

coa sangue osixenada.

AURÍCULAS VENTRÍCULOS

Máis pequenas Máis grandes

Paredes finas Paredes grosas

Bombea sangue só cara os

ventrículos

Bombea sangue fóra do

corazón

FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN

O latexo cardíaco consta de dous

movementos: a contracción ou sístole e

a relaxación ou diástole.

Estos movementos están coordinados de

xeito que cando as aurículas están en

diástole os ventrículos están en sístole e

o revés.

Cando unha destas cámaras está en

diástole (relaxación) penetra o sangue

nela e cando se contrae (sístole) o

sangue sae.

O ciclo cardíaco

DIÁSTOLE

AURICULAR

o sangue procedente

das veas cavas e

pulmonares penetra

na aurícula esquerda

e dereita

respectivamente,

mentres as válvulas

auriculoventriculares

permancen pechadas

SÍSTOLE

AURICULAR E

DIÁSTOLE

VENTRICULAR

As aurículas

contráense e o

sangue pasa aos

ventrículos polas

válvulas

auriculoventriculares

SÍSTOLE

VENTRICULAR

Os ventrículos

contráense e o

sangue sae polas

arterias pulmonares

e a aorta grazas a

apertura das válvulas

sigmoideas.

A dobre circulación

Os seres humanos temos unha circulación dobre e completa.

Completa porque o sangue rico en O2 non se mestura no corazón co

sangue rico en CO2 sendo polo tanto máis eficaz.

Dobre porque no seu percorrido o sangue pasa dúas veces polo corazón.

Hai, polo tanto, dous circuitos:

Circuito pulmonar menor ou pulmonar: o sangue con CO2 chega a

aurícula dereita polas veas cavas, pasa ao ventrículo dereito e sae pola

arteria pulmonar. Chega aos pulmóns, onde se osixena, e regresa ao

corazón polas veas pulmonares.

Circuito maior ou sistémico: o sangue rico en O2 chega ao corazón

polas veas pulmonares, entra na aurícula esquerda, pasa ao ventrículo

esquerdo e sae pola arteria aorta cara todo os órganos. As arterias

ramifícanse en capilares onde se produce o intercambio coas células. Os

capilares conflúen en vasos máis grandes, as veas cavas que retornan o

sangue ao corazón.

ARTERIAS – CAPILARES-VEAS

Enfermidades do sistema circulatorio

Traballos individuais: Cada alumno escollera unha opción e tentará

explicala ao resto da clase do xeito que considere máis apropiado.

Anemia

Leucemia

Hemofilia

Enfermidades cardiovasculares:

- Arteriosclerose. Trombos e trombose.

- Infarto de miocardio.

- Colesterol. As LDL e as HDL.

Hábitos saudables para previr as enfermidades cardiovasculares.

4. O SISTEMA LINFÁTICO

O sistema linfático encárgase de recoller o exceso de líquido tisular

(=plasma intersticial) e devolvelo ao sangue. Tamén transporta graxas e

participa na defensa do organismo.

Está formado polos capilares linfáticos (recollen o líquido tisular), os

vasos linfáticos (son os vasos polo que circula a linfa) e os ganglios

linfáticos (centros de eliminación de microorganismos e substancias

estrañas).

GRAZAS POR ATENDERME

WEBGRAFÍA

http://bajarimagenesgratis.com/cartoon-de-humor-sobre-dietas/ http://deanatomia.blogspot.com.es/2013_04_01_archive.html http://dietas.bligoo.com.py/dietas-y-humor http://www.nutricion.org/recursos_y_utilidades/rueda_alimentos.htm http://www.nutricion.org/img/Rueda_Alimentos_SEDCA.jpg http://es.slideshare.net/borismatuteperalta/arteris-venas-y-capilares http://slideplayer.es/slide/5432510/

Recommended