Penúltimas tendencias

Preview:

DESCRIPTION

Selección dalgúns poemas de "Penúltimas tendencias" de Carlos Negro

Citation preview

PENÚLTIMAS TENDENCIAS

Carlos Negro

Casual look

Nada rosa.

Ningún logo.

Chupa negra.

O cabelo ao cero.

E o corazón,

descosido e roto,

con furados de rabia.

3MSC

Nada de amores a tres metros sobre o ceo.

Nese lugar os corazóns devóraos a néboa.

Prefiro que pisemos superficies de cristal.

Para que saibas que fráxil cada paso que

damos.

Para que entendas que o lume é xeo por dentro.

Tatuaxe

Non quero que me digas para sempre.

Non quero ser nunca tinta imborrable.

Non quero converterme en cicatriz.

Só quero os nosos nomes sobre a area.

Algo que nos una ata a seguinte onda.

Post-it

Fai favor,

pecha a porta

ao saíres.

Vou mutar

de novo,

estraños

ao axexo.

(Grazas).

Superpop (consultorio íntimo)

Ela é a voz que resolve os problemas.

A que me di como, cando e con con quen.

A que controla todos os resortes.

A que me anticipa as últimas tendencias.

A raíña escura de bóla máxica.

O oráculo teenager das revistas.

A voz que ofrece todas as respostas

antes de que decidas as preguntas.

(Ta lista que me vai deixando muda).

JULIÁN GÓMEZ VILLAMAYOR