Presentación1

Preview:

DESCRIPTION

video

Citation preview

LETRAS GALEGAS

2010

UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra é considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos, a súa obra aínda que enraizada na tradición e no popular, ten destacadas tonalidades vangardista nas que destaca o lirismo da palabra

Uxío Novoneyra naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada do Courel. Por parte de nai procedia dunha estirpe de fidalgos rurais e por parte de pai, dunha familia de podentes labregos.

Uxío estudou o bacharelato en Lugo, onde fixo fraternal amizade co tamén poeta Manuel María. Xunto con el frecuentou o trato de intelectuais da xeración anterior, como Luís Pimentel, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro.

Aos 19 anos trasladouse a Madrid onde empeza a estudar na Facultade de Letras. Volta a Galicia para facer o servizo militar onde coincide de novo co seu amigo Manuel María

Estando en Santiago, enfermou dunha pleuresía que o tivo ás beiras da morte e pola cal entre 1953 e 1962 viviu case recluído no Courel

Nesta época traba amizade con María Mariño. que era a muller do mestre da aldea. A relación entre o mozo poeta e aquela muller de Noia foi unha das grandes e frutíferas amizades literarias de Galicia.

En 1962 Uxío radicouse por un tempo en Madrid, onde traballou en programas de radio e televisión como comentador e recitador de poesía e participou nalgunhas actividades do grupo poético Brais Pinto.

En 1973 casa con Elba Rei coa que tivo tres fillos. De casados residiron entre o Courel e Lugo, onde Elba era enfermeira.

En 1983 trasládanse a vivir a Santiago ao ser Uxío elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Nestes anos composteláns, Novoneyra incrementou a súa actividade pública con ducias e ducias de intervencións e recitais.

A bibliografía de Novoneyra é moi complexa xa que algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos. Por outra banda, hai bastantes poemas que figuran en diversos libros seus.

Velaquí unha síntese da súa obra.

En 1955, Uxío Novoneyra publicou Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2 (1974).

Son poemas que teñen como esencial a lembranza da terra,o enxebre na tradición cultural galega e os os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico.

En 1979 publica Poemas caligráficos, textos moi vinculados á vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto

En 1981, o autor refunde Os eidos e Os eidos 2 nunha edición moi depurada e modificada que titula Os eidos. Libro do Courel.

A obra de Novoneyra é exemplo constante do seu coidado polos recursos expresivos e da súa preocupación polo resultado visual do texto en verso.

En 1987 sae á luz Muller para lonxe, lote de poemas paixonais e amorosos.

Do Courel a Compostela 1956-1986, poemas políticos acompañados dunha antoloxía crítica.

Inclúe entre os seus poemas os coñecidos Vietnam Canto e Letanía de Galicia.

Publicou tamén tres libros narrativos para nenos:

O cubil do xabarín (1990). Gorgorín e Cabezón (1992). Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín

(1997).

Uxío Novoneyra morreu en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo no cemiterio de San Froilán.