View
184
Download
5
Category
Preview:
DESCRIPTION
Como restaurar un curso na plataforma Moodle
Citation preview
NOTA: Suponse que se ten descargado a copia de seguridade en formato ZIP do repositorio Abalar.
Accede a un curso da Aula Virtual do teu Centro como profesor/a.
Cando accedas ao curso, na columna esquerda tesun enlace que pon “restaurar”. Fai clic aí.
Abrirase unha xanela co directorio backupdata.
Imos a Cargar Ficheiros como se fai de xeito habitual para subir documentos en Moodle, e facemos clic.
Facemos clic en examinar e buscamos o directorio do noso ordenador onde teñamos o documento zip co curso Moodle que che ofrecemos e que terás descargado do repositorio Abalar.
Unha vez seleccionado, “cargamos o ficheiro”
E agora… toca esperar… Tómao con calma...
Subir uns 400 Mb ao servidor do teu Centro… leva certo tempo…
Unha vez descargada, seleccionamos restaurar
E aceptamos…
Unha vez feita a restauración, ao remate do listado de arquivos instalados, dámoslle a continuar
Agora seleccionamos se queremos eliminar o que temos no curso ou engadir os recursos ou crear un novo curso… Suxiro crear un novo curso
Podemos seleccionar que actividades queremos… aínda que a selección podemos facela despois…
Ao final da lista facemos clic en continuar
Agora xa nos avisa de que a cousa necesita tempo… paciencia!!!Facemos clic aquí
E listo
Cando remate, ao final de toda a lista de cousas que creou, dámoslle a continuar por última vez
Listo. Xa temos o curso creado!!!
Recommended