View
33
Download
4
Category
Preview:
Citation preview
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
INTRODUCIÓN
Seguimos viaxando ao pasado. Imos coñecer agora algunhas das civilizacións que axudaron a
construír o mundo no que vivimos. Verás o importante que é coñecer o pasado para poder
entender mellor o noso presente. Os legados destas civilizacións forman parte do noso día a día: a
lingua, as leis, a arquitectura... Atrévete e viaxa connosco!
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
TAREFA
Por Idade Antiga referírmonos a aquel período da historia que se inicia coa aparición da escritura e
chega ata a caída do Imperio Romano a mans dos bárbaros, no século V logo de Cristo, no ano 476.
Tarefa 1. Actividade en grupo: Imos elaborar unha presentación dixital sobre un dos temas que se vos
propoñen relacionados con ese período de tempo utilizando un servicio gratuito de almacenamento de
arquivos de Google, Google Drive, que nos permitirá, unha vez elaborado, insertala no noso blog.
que nos permitirá, unha vez elaborado, insertalo no noso blog.
Tarefa 2. Actividade individual: Responder a un cuestionario no que verificarás o que aprendiches e
descubriches sobre a Idade Antiga.
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
PROCESO
ACTIVIDADE 1. En grupos de dúas ou tres persoas tedes que elaborar unha presentaciónl dixital con imaxes, que
explicaredes aos vosos compañeiros/as, utilizando o servizo de almacenamento de Google, Google Drive, dun dos
seguintes temas que distribuirá a vosa titora:
O Imperio Romano
A Antiga Grecia
O Antigo Exipto
As orixes da escritura: Mesopotamia
Os Xogos Olímpicos
As Guerras Púnicas
A Península Ibérica antes da chegada dos romanos
A Conquista Romana da Península Ibérica
A Romanización
ACTIVIDADE 2. Individualmente, teredes que completar o cuestionario que se vos propón.
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
RECURSOS
Aquí tedes unha selección de recursos que vos axudarán a desenvolver as tarefas propostas
Para comezar. Vídeo
A península antes da chegada dos romanos Guerras Púnicas. Vídeo
Os celtas Guerras Púnicas
Os Iberos Mesopotamia
Roma Escritura cuneiforme
A Roma Imperial. Vídeo Os Xogos Olímpicos
Os pobos Prerrománicos e a conquista da Península Historia dos Xogos Olímpicos. Vídeo
Documental sobre Exipto A Romanización
Exipto Hispania Romana. Vídeo
Grecia clásica. Vídeo A Romanización en Hispania. Legado
Antigua Grecia Galicia romana
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
AVALIACIÓN
A avaliación do traballo será global para toda a unidade e farase atendendo aos elementos referidos a:
Calidade do Traballo, selección, relevancia e precisión dos contidos e coñecementos adquiridos.
Fontes, ética no traballo e recoñecemento de autoría.
Traballo cooperativo, esforzo, resolución de conflitos, contribucións e actitude traballando con outros.
Traballo coas ferramentas web.
Presentación do traballo.
Puntuación do cuestionario.
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
CONCLUSIÓN
A historia axúdanos a entender o presente estudando o pasado, a importancia da historia reside no
feito de que un pobo que non recorda a súa historia, corre o risco de repetila. As cousas hoxe en
día son como son grazas á historia pasada. Nunca está de mais coñecer o pasado dun pobo ou o
pasado da nosa raza humana.
A importancia da historia reside no feito de que ao entender o sucedido no pasado e a situación
actual, podemos de mellor forma entender o que está por vir e entender o que debemos evitar e o
que podemos mellorar.
Para rematar, queda facer unha reflexión. Quizais non saibamos moito sobre a historia, non
coñezamos os detalles, pero agora, nós mesmos estamos facendo historia. Estamos vivindo nun
período que no futuro será recordado, como dixo Machado: Hoxe é sempre aínda.
INTRODUCIÓN
TAREFA
PROCESO
RECURSOS
AVALIACIÓN
CONCLUSIÓN
CRÉDITOS
CRÉDITOS
María Albarellos e Julia González.
O deseño baséase nunha plantilla de PowerPoint.
As imaxes e vídeos,así como os scripts utilizados nesta webquest foron utilizadas baixo as licenzas
Pola importancia gráfica das imaxes de Phillip Martin neste traballo, queremos deixar constancia do
noso recoñecemento.
Recommended