24
VERÍN Páx.4 ALLARIZ Páx.11 XINZO Páx.7 Número: 4 - Ano: IX - Agosto 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OCIO Páx.18-21 CELANOVA Páx.12 Festas en Maceda, Xinzo, Verín, Celanova e Riós Un visitante no recinto feiral da praza da Mercé de Verín. As escavacións arqueolóxicas volven ao Castro de Armea Núñez Feijoo inaugura a nova subestación eléctrica Manolo Rivas recibirá o premio “Celanova, Casa dos Poetas” O subministro de gas natural chegará a preto de 3.500 fogares Entrevista ao responsable de Protección Civil de Verín [páx. 10] [páx. 2] XI Feira do Viño de Monterrei Mil alegacións contra a planta asfáltica [páx. 3] [páx. 9] A planta ubicaríase moi preto de Parada de Ribeira (Xinzo).

12 de agosto - Barrios ed. Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A Feira do Viño de Monterrei e as alegacións á planta asfáltica de Xinzo, temas destacados en portada do número de agosto de Barrios

Citation preview

Page 1: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

VERÍN Páx.4 ALLARIZ Páx.11XINZO Páx.7

Número: 4 - Ano: IX - Agosto 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

OCIO Páx.18-21CELANOVA Páx.12

Festas en Maceda, Xinzo, Verín, Celanova e Riós

Un visitante no recinto feiral da praza da Mercé de Verín.

As escavacións arqueolóxicas volven ao Castro de Armea

Núñez Feijoo inaugura a nova subestación eléctrica

Manolo Rivas recibirá o premio “Celanova, Casa dos Poetas”

O subministro de gas natural chegará a preto de 3.500 fogares

Entrevista ao responsable de

Protección Civil de Verín

[páx. 10]

[páx. 2]

XI Feira do Viño de Monterrei

Mil alegacións contra a planta asfáltica[páx. 3] [páx. 9]

A planta ubicaríase moi preto de Parada de Ribeira (Xinzo).

Page 2: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

� BARRIOSAgosto de �014

VERÍN E COMARCA

P.Lodeiro

A Agrupación de Volun-tarios de Protección Civil de Verín conta, desde o 30 de xullo pasado, cunha nova xunta directiva para os vindeiro catro anos, que foi votada polos propios voluntarios que a integran. Manuel Alfonso Araujo, como presidente, Belén Sánchez como secretaria, Javier González como te-soureiro, e Luis Ossorio e Demetrio Borrajo como vo-gais son os seus membros. Este proceso electoral foi realizado tras a aprobación por unanimidade dos novos estatutos da Agrupación de Voluntarios, tanto por eles mesmos como pola corpo-ración municipal de Verín.

Manuel Alfonso Araujo, que leva case media vida de-dicando parte do seu tempo a ser voluntario de Protec-ción Civil, cita a incorpora-ción de novos voluntarios como un dos obxectivos primordiais para esta nova etapa que comeza. Acadar melloras nos seus medios e infraestruturas, continuar a realizar operativos e actua-cións formativas do volun-tariado, así como charlas de prevención e autoprotec-ción e primeiros auxilios entre diferentes colectivos e asociacións son outros dos seus retos.

Desde cando levas como

voluntario na Agrupación de Protección Civil?

Manuel Alfonso Araujo: “Empecei aos 16 anos, levo 14 anos, na Agrupación de Voluntarios de Verín os últi-mos catro. Esta é a primeira vez que son presidente da agrupación”.

Incorporar máis vo-luntarios é un dos vosos obxectivos, non si?

M.A.A.: “Apenas su-peramos os �0 membros, o obxectivo é aumentar a plantilla; por poboación a Verín corresponderíalle unha agrupación de 40, 50 persoas mínimo. Imos in-tentar captar voluntarios con algunha campaña pu-blicitaria, talleres, realiza-ción de simulacros… para animar á xente a colaborar coa agrupación”.

Que tipo de xente se fai voluntaria de Protección Civil?

M.A.A.: “Temos de todo, xente de todas as idades, temos un maior número de mulleres e son as que máis participan nos operativos, algo que noutras agrupa-cións non é habitual. Te-mos xente en paro e xente traballando, que usan o seu tempo libre para axudar aos veciños. É un tipo de vo-luntario difícil de atopar, un voluntario de emerxen-cias”.

Que hai que facer para formar parte da Agrupa-

ción de Voluntarios?M.A.A.: “Para entrar na

agrupación é obrigatorio facer un curso básico da Academia Galega de Segu-ridade Pública, sen el non podes participar en ningún operativo. Ao longo do ano a Academia fai cursos espe-cíficos na súa sede na Estra-da ou ben a nivel provincial, na Gudiña, Ourense, etc. Trátase de irse especiali-

zando, formando a todos os voluntarios en accidentes de estrada, operativos no monte, etc. Pretendemos facer cursos propios dentro da agrupación co obxecto de ir reciclando coñece-mentos”.

De que equipamento dispodes?

M.A.A.: “Dispoñemos de vehículos todoterreo, de roupa para operativos… Contamos coa colaboración do Concello de Verín que coñece as necesidades da agrupación e sabe da impor-tancia de estar ao corrente no material e equipamentos, para ante un gran evento ter a xente preparada”.

A agrupación depende organicamente do Conce-llo?

M.A.A.: “O alcalde é o máximo mando ou en quen el delegue, se temos unha emerxencia hai unha serie de protocolos que temos que seguir; por outra ban-da temos un réxime interno de funcionamento, e temos un convenio co Concello

de Verín que reflexa a nosa relación coa administración local”.

Está máis preparado o Concello de Verín que outros da provincia ante unha emerxencia?

M.A.A.: “Eu creo que si. Os plans de autopro-tección, por exemplo, son obrigatorios para eventos que reúnan máis de �0.000 persoas; a Batucada, na que participamos, non chega a esas cifras, pero estivemos, porque é recomendable. Son plans que fan que haxa maior coordinación entre os distintos medios de emer-xencias. Nos últimos anos o Concello de Verín si que está concienciado”.

Cubrides só o territorio do municipio?

M.A.A.: “O primordial é cubrir o noso municipio, pero tamén outros con-cellos ou entidades piden a nosa colaboración; por exemplo temos participado na marcha BTT de Monte-rrei, nalgunha ocasión na festa do Pemento de Oím-

ENtREVIStA AO PRESIDENtE DA AgRUPACIóN DE VOLUNtARIOS DE PROtECCIóN CIVIL DE VERÍN

“Non teñen que ter o físico dun bombeiro, calquera persoa pode ser voluntaria”

4 Manuel Alfonso Araujo é, desde finais de xullo, o novo presidente da Agrupa-ción de Voluntarios de Protección Civil de Verín.

bra, no Rali da Gudiña… ao igual que no entroido de Verín veñen axudar doutras agrupacións de Protección Civil”.

No tempo que levas en Verín, hai algún operativo realizado que queiras des-tacar?

M.A.A.: “Recordo a pri-meira vez que se fixo o plan de autoprotección no xoves de comadres, en �013, es-treamos posto de mando, e todo saíu ben, só houbo que reseñar o típico, algunha intoxicación etílica, cortes por caídas…”

O verán é unha época máis complicada para vós?

M.A.A.: “No verán au-mentan os operativos, hai moitos máis actos previstos e iso se nota… normalmen-te en outubro, novembro se reducen, pero en canto ás emerxencias, nunca se sabe cando van ocurrir”.

Facedes gardas na agru-pación de Verín?

M.A.A.: “Facíanse gar-das cando non había par-que de bombeiros en Verín, desde fai uns anos xa non se fan porque non hai su-ficientes voluntarios e non ten sentido facer garda un luns e non poder facela un martes. Intentaremos cam-bialo pero de momento non temos xente”.

Queres deixar unha mensaxe aos verineses para que se animen a ser voluntarios?

M.A.A.: “Recibiremos cos brazos abertos a todo o mundo, non teñen que ter o físico dun bombeiro, calquera persoa pode ser voluntaria. O que pasa é que se non o experimentas, non vas saber se che vai gustar; se che gusta, como me pasou a min, quedas enganchado, aquí hai xente que leva 30 anos e pico de voluntario.

Ser voluntario é unha for-ma de axudar aos veciños, coa nosa presenza colabora-mos en que se leven a cabo moitos eventos. Eu sempre digo que non son volunta-rios, son profesionais non remunerados, e o demos-tran en cada operativo.

En setembro reunirase a xunta directiva para iniciar unha campaña de publici-dade da agrupación; ata o momento quen estea inte-resado pode achegarse ata o Concello e o informarán alí”.

Integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín xunto ao alcal-de./CEDIDA.

“Desde fai uns anos non se fan gardas porque non hai suficientes voluntarios; intentaremos cambialo”“Se non o experimentas, non vas saber se che vai gustar; se che gusta, como me pasou a min, quedas enganchado, aquí hai xente que leva 30 anos e pico de voluntario”

Manuel Alfonso Araujo, presidente da Agrupación de Protección Civil de Verín./P.L.

Page 3: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

3VERÍN E COMARCA

P. Lodeiro

O grupo de goberno do PP de Verín aprobou en solita-rio unha modificación pun-tual do PXOM na “cidade do transporte” (situada no enlace das autovías A-5� e A-75). O cambio permitirá a pequenos negocios como bares, gasolineiras ou ta-lleres instalarse nesta área, algo que co Plan Xeral tal e como fora aprobado non era posible.

O PSOE optou pola abs-tención neste punto ao con-siderar esta modificación unha “irregularidade”. “Cre-mos que se abre unha porta que flexibiliza os usos que significa tamén unha modi-ficación da edificabilidade”, opinaba o seu voceiro, Emi-lio González Afonso.

O BNG, pola súa par-te, votaba en contra. A súa portavoz, Perfecta Losada, estaba en desacordo coa afirmación do grupo de go-berno de que fose só unha corrección de erros, “isto é unha cuestión de calado”, afirmaba.

O alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, recordou que o plan conta “con todas as bendicións xurídicas”, e

que, en todo caso, a Xunta de Galicia, como “garante da legalidade” decidirá “se está ben ou mal” a modifi-cación.

Rogos e preguntasNo apartado de rogos e

preguntas da sesión plenaria do 8 de agosto, o socialista Emilio González Afonso solicitou ao Concello que se intensifique a limpeza de camiños coa desbrozadora nesta época, sobre todo na zona de Ábedes e San An-tón, petición que o alcalde xa dixo estar a atender. Ji-ménez Morán explicou que ademais das dúas desbroza-doras que posúe o Conce-llo, está en funcionamento unha brigada de �0 persoas con xente que percibe a RISGA que están limpando a man en diferentes partes do municipio.

A nacionalista Perfecta Losada trasladou as moles-tias que ocasionan os tra-ballos de asfaltado que se realizan durante o mes de agosto. O rexedor xustifi-couno en que “o aglomera-do en quente tense que fa-cer nestes meses” . Jiménez anunciou que a avenida de Cabreiroá e o vial de enlace

cos balnearios tamén ve-rán mellorados o seu firme neste mes.

A edil do BNG tamén informou ao rexedor das protestas dos usuarios so-bre os horarios de verán da piscina climatizada e o ximnasio. Jiménez Mo-rán considerou inevitable que as instalacións pechen durante o mes de agosto para o seu mantemento: “se queremos ter a piscina ben para o resto do curso hai que pechala un mes, agosto é o momento ideal para que a xente cando volva en setembro se ato-pe todo en correcto uso”. Con todo, o alcalde dixo que estudará a petición do BNG para que non se co-bre a cota enteira do mes de agosto aos matricula-dos nestas instalacións.

O rexedor aproveitou a sesión plenaria para anun-ciar o próximo comezo da escola obradoiro San Antón, que concedeu �0 prazas formativas a des-empregados de Verín e Vilardevós nas materias de albanelería, carpintaría e xardinería. “Empezarán a semana próxima e van arranxar a capela e o seu contorno”, confirmou o político popular.

O pleno tamén aprobou os festivos para �015: o venres posterior a Co-madres e o Mércores de Cinza, 13 e 18 de febreiro, respectivamente.

Unha modificación puntual do PXOM permite a instalación de pequenos negocios na “cidade do transporte”4 Aprobouna en solitario o grupo de goberno do Concello de Verín.

Momento da votación da modificación urbanística no pleno de Verín./P.L.

A oposición reprochoulle ao grupo de goberno que a modificación do PXOM non é unha simple corrección de errosOs festivos para 2015 serán o venres posterior a Comadres e Mércores de Cinza

P. L.

A máis nova das deno-minacións vitivinícolas galegas, Monterrei, cele-brou a pasada fin de sema-na a undécima edición da súa feira do viño.

As 10 adegas participan-tes (Ladairo, Gargalo, Cre-go e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Ciga-rrón, Triay, Boo Rivero, Vía Arxéntea, Abeledos e Tabú) deron a degustar os viños da última collei-ta, brancos e tintos, aos verineses e turistas que se achegaron ao recinto fei-ral da praza da Mercé. Os stands do Consello Regu-lador, da Eurocidade Cha-ves-Verín, dunha empresa de embutidos de Riós e do Inorde completaban os expositores presentes no certame.

Os organizadores da XI Feira do Viño de Monte-rrei - Consello Regulador e Concello de Verín - de-cidiron manter os prezos das últimas edicións: seis euros por un cataviños máis 5 degustacións, catro euros por 5 degustacións e unha botella por 6 euros. O programa da feira vol-veu conxugar gastrono-mía, viño e música, pois contou con actuacións musicais variadas duran-te o sábado e o domingo, así como con menús espe-ciais en dez restaurantes da contorna e paquetes turísticos especiais de fin

de semana. Todo isto xunto a un tempo non demasiado caloroso e á ausencia de choivas atraeu numerosos visitantes a Verín, a falta de que a organización facilite os datos exactos de asisten-cia e venda de cataviños.

Consideración específi-ca para o viño

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de inaugurar a feira na tarde do venres 8 de agosto. Durante o seu discurso, Núñez Feijoo anunciou que a Xunta soli-citaralle ao Goberno central unha consideración especí-fica para o viño dentro do novo anteproxecto de lei de prevención de consumo de alcohol.

Asemade, o máximo mandatario galego quixo pór en valor a “excelencia” dos caldos degustados na feira, reflexo “do bo facer e da profesionalidade” dos viticultores, colleiteiros e adegueiros da comarca. Nesta mesma liña, desta-cou o traballo e o esforzo de todo o sector vitivinícola galego por aumentar a cali-dade do produto para che-gar a un mercado cada vez máis global e esixente, ato-pando así o camiño axeita-do para vencer os obstácu-los da crise. Feijóo incidiu en que grazas a ese esforzo, “Monterrei xa non é a irmá pequena das denominacións de orixe galegas”, recalcou, malia que as súas apenas dúas décadas de existencia a convertan na máis nova.

Posteriormente Feijoo presidiu a cerimonia de imposición de medallas da Confradía dos Viños de Monterrei. Máis dun cento

de persoas participaron nes-te acto no que se nomeou a catro novos membros. O recoñecemento para o sec-tor fíxose nas figuras dos viticultores Felisindo Prie-to Arcos e Ángel Salgado Vilela, mentres que foron nomeados Confrades de Honra, Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, e Nava Castro, directora xeral da Axencia Turismo de Galicia.

4Entregan unha carta a Feijoo

Un dos membros da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei con-seguiu entregarlle unha carta ao presidente da Xunta, cando se dirixía á praza da Mercé para inau-gurar a Feira do Viño de Monterrei. No escrito re-clámanlle a Núñez Feijoo unha reunión para que lles dea “unha informa-ción completa e clara das razón do cambio de uso e do desenvolvemento da tramitación” da rehabilita-ción da fortaleza. Asema-de, pídenlle que garanta o acceso a este patrimonio cultural, que os fondos destinados á construción do parador se dediquen só á rehabilitación do Cas-telo, e que se cree unha comisión de investigación no Parlamento sobre este proceso.

A Plataforma anunciou unha concentración na praza do Concello de Verín para o xoves 14 de agos-to, ás �0:30 horas, baixo o lema “Non ao espolio do Castelo de Monterrei. Non deixes que che rou-ben o que tamén é teu”.

Nomeados catro novos membros da Confradía dos Viños de Monterrei

Aspecto do recinto feiral durante a inauguración./P.L.

XI Feira do Viño de Monterrei4 10 adegas participaron nesta edición.

Page 4: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

4 BARRIOSAgosto de �014

Redacción

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de inaugurar, o pasado 30 de xullo, a nova subestación eléctri-ca de Verín, situada no polígono de Pazos. Fei-joo afirmou que a nova infraestrutura redundará na mellora do servizo eléctrico aos cidadáns da zona e incidirá no incre-mento da competitivida-

de do tecido empresarial da comarca.

Núñez Feijoo indicou que a nova subestación mellora-rá a calidade da subminis-tración eléctrica a ��.600 galegos dos concellos de Verín, Sarreaus, Trasmiras, Laza, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Vilar-devós, Oímbra e Vilar de Barrio. Do mesmo xeito, as obras permitirán conectar a rede de alta tensión coas subestacións de Larouco e

Xinzo, o que fai que a nova subestación dispoña de do-bre alimentación da rede de 13� KV, eliminando practi-camente a posibilidade de fallo de alimentación.

6,3 millóns de euros de investimento

A nova subestación eléc-trica de Verín contou cun investimento que supera os 6,3 millóns de euros, dos cales a Xunta achegou case o 68%, arredor de 4,3 millóns. Concretamente, o Executivo autonómico fi-nanciou o 30% dos gastos resultantes da construción da infraestrutura, achegan-

do 900.000 euros dos �,9 millóns do custo total da obra; e fixo fronte aos cus-tos de adecuación do tendi-do eléctrico, traballos aos que destinou 3,4 millóns.

Beneficios para a co-marca

A nova infraestrutura dispón dos sistemas máis avanzados de protección e manobra, o que permite ofrecer as máis altas pres-tacións de supervisión e control a distancia desde os centros de operación da compañía. O presidente da Xunta tamén destacou os beneficios ambientais, pois

Asistentes á inauguración da subestación eléctrica de Verín./XOÁN CRESPO.

O presidente da Xunta inaugura a nova subestación eléctrica de Verín4 Mellorará a subministración a ��.600 veciños de Verín, Sarreaus, Trasmiras, Laza, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Vilarde-vós, Vilar de Barrio e Oímbra.

Feijoo anunciou que a ampliación do parque empresarial de Pazos porase en servizo no mes de setembro

VERÍN E COMARCA

a subestación conta con transformadores actualiza-dos e modernos que ofrecen unha mellor insonorización e un maior respecto am-biental; ten soterrada parte da estrutura, cun edificio compactado que evita ao máximo o impacto visual; e a acometida aérea foi subs-tituída por unha soterrada, o que tamén redunda nunha menor pegada no contorno.

O xefe do Goberno ga-lego incidiu, ademais, en que este proxecto supón importantes beneficios eco-nómicos para os veciños de Verín e de toda a comarca. Primeiro, dixo, porque a subestación permitiu retirar do centro da vila unha infra-estrutura que tiña importan-tes servidumes, o que supón un beneficio directo para os propietarios dos predios, que ven liberadas as súas parcelas das liñas de media e alta tensión, o que reper-cutirá no incremento do va-lor das súas propiedades. E, en segundo lugar, explicou, porque a nova infraestru-tura eléctrica garante unha subministración de calida-de aos veciños da zona e ás empresas da comarca, atendendo tanto aos polígo-nos industriais xa existentes como aos proxectados nun futuro, como a ampliación do polígono industrial de Pazos, terreos nos que está instalada esta subestación e que o concello puxo á disposición de Gas Natural Fenosa.

A este respecto, Feijóo adiantou que a primeira fase deste parque empresa-rial está a piques de rematar –a mediados deste mes de agosto- polo que, previsi-blemente, a obra será posta en servizo no mes de setem-bro. Esta primeira amplia-ción suporá un incremento do 53% (máis de 70.500 metros cadrados) na super-ficie do polígono industrial.

4 Servizo da ‘Bi-blioRúa’ en Verín

A Biblioteca Pública Municipal de Verín vol-verá saír a rúa o próximo �� de agosto co obxecto de incentivar a lectura tanto nos máis novos como no público en xeral.

Será a cuarta das xorna-das programadas este ve-rán pola institución, cuxos voluntarios situarán fronte á biblioteca un stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clá-sicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral. O ‘BiblioRúa’ funcionará en horario de 11 a 13 horas.

4 A Asociación Monteval promove cinco cursos

A Asociación Monteval GDR-13, coa colaboración do departamento de De-senvolvemento Local de Verín, promove a realiza-ción do proxecto formativo ‘NoRProS’ (Novos retos produtos de sempre), que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas.

O mesmo está confor-mado polos obradoiros de elaboración de conservas, encurtidos, cervexa ar-tesá, licores e herbas me-dicinais. Un total de cinco obradoiros independentes destinados á valorización de produtos locais, que in-clúen un módulo transver-sal para a comercialización web de produtos locais.

O obradoiro de herbas medicinais iniciarase o luns 18 de agosto, e os catro res-tantes o �5. Todos eles son de carácter gratuíto pero para participar é obrigato-ria a inscrición previa, no 988 59� 0�� ou no local da asociación (r/Montemaior, 10 - Local 8).

EN BREVE

Page 5: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

5VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón informa dos prazos de ma-triculación para o vindeiro curso académico.

No caso dos estudos de Bacharelato (Humanida-des, Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía) o prazo de matrícula está aberto do 1 ao 10 de se-tembro para alumnado que aprobou na convocatoria de setembro.

En canto á Formación Profesional, o prazo de presentación de solicitu-des vai do 1 ao 1� de se-tembro, mentres que a ma-trícula realizarase do �4 ao �6 de setembro (ata as 13 horas).

Na Educación de Adul-tos (ESA), as matricula-cións realizaranse do 1 ao 10 de setembro.

Pola súa banda, están pendente de establecerse as datas de matrícula na FPB

–Formación Profesional Básica- e no �º curso do Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI), e na Oferta de Formación Profesional Básica (FPB), que inclúe Mantemento de vehículos e Servizos administrativos.

Calendario de setem-bro 2014

O resto do calendario de setembro no instituto verinés é o seguinte: o día 1 e � de setembro haberá os exames de Bachare-lato e ESA, cuxas cuali-ficacións publicaranse o día 3 ás 11:30 horas. De 11.30-13.30 atenderase ao alumnado presentado nes-ta convocatoria, que terá os días 4 e 5 de prazo ofi-cial para reclamacións (no caso de estudantes de �º

[Máis información: http://bitly.com/barbontic]

Prazos de matrícula no IES García Barbón

Redacción

Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de construción dun edificio destinado á atención de persoas maiores no conce-llo de Vilardevós. O futuro equipamento contará tan-to con prazas residenciais como de centro de día.

O proxecto da obra de-talla que as instalacións, que se levantarán nunha parcela situada na rúa Es-trada Vella, contarán con entrechán, primeiro andar, unha zona verde e unha zona de aparcamento.

No entrechán situaranse os servizos necesarios para o funcionamento diario do centro e para a realización de actividades polos usua-rios, como o comedor, unha sala polivalente ou unha sala de actividades, ademais dunha zona de

servizos na que estarán a cociña, a lavandería e o almacén.

O primeiro andar acolle-rá a zona residencial, con oito habitacións dobles e outras oito individuais, todas cos seus respectivos baños, así como unha zona de control de enfermería e unha sala de estar.

En canto á zona ex-terior, o proxecto sinala que a entrada ao edificio habilitarase dende a estra-da principal e alí crearase unha zona de aparcamento para os visitantes.

Segundo se recolle no anuncio do DOG, o pre-zo da licitación ascende a 1,4 millóns de euros, IVE incluído, e o prazo para a execución dos traballos é de 15 meses.

Vilardevós terá un centro de atención a persoas maiores4 A Xunta vén de licitar a obra.

Contará con zona residencial e con centro de día

Redacción

O sindicato CIG vén de solicitar no rexistro do Concello de Verín a con-cesión das diversas honras e distincións a un grupo de veciños da localidade que foran represaliados durante o franquismo.

O sindicato demanda o nomeamento como “fillos predilectos do Concello de Verín” de 15 veciños da comarca (Juan Antonio Álvarez Diéguez, Ernesto Ramos Méndez, Sixto Sal-gado Fariñas, Manuel Ca-david García, Luís Álva-rez Losada, Manuel Sola Pareja, Enrique Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Constantino Gago Gago, Ramón Quin-tas González, Francisco Vaz Álvarez, Celso Blan-co Castro, Manuel Cabi-do Rodríguez, Gregorio Barreiras Martínez e José Sola Pareja) e como “fillos adoptivos” (por ser proce-dentes doutras rexións) a Carlos Reino Caamaño, Lino García Vázquez, Pe-dro Justo Castro, Ricardo González González, José Pérez Delgado e Gerardo Rodríguez Barja. Todos eles foran condenados en 1937 por un suposto delito de rebelión militar, cinco deles a penas de morte e o resto a penas de prisión de entre 15 e �0 anos.

Ademais, a CIG pide a modificación da denomi-nación da actual praza do Concello pola de “praza do alcalde Carlos Reino

Caamaño” (alcalde de Verín no 1936); o da rúa Deputa-ción polo de “rúa de Lino García Vázquez” (indus-trial da época); o da rúa Pe-dro González Prada polo de “rúa de Sixto Salgado Fari-ñas” (sindicalista); o da rúa Elle polo de “rúa de Xoan Antonio Álvarez Diéguez” (que fora tenente de alcalde antes da Guerra Civil); e o da actual travesa Elle polo de “rúa de Ernesto Ramos Méndez” (concelleiro da-quela). Os cinco foran fusi-lados en xuño de 1937.

Insignia de ouro e praca conmemorativa

A CIG tamén reclama a concesión da insignia de ouro do Concello de Verín a todas as persoas execu-tadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas durante o franquismo, naturais do municipio, así como a co-locación dunha praca con-memorativa na fachada da casa consistorial.

Dependendo da resposta que obteña esta solicitude do Goberno municipal de Verín, a CIG decidirá se emprende unha recollida de sinaturas esixindo a conce-sión de tales honras e dis-tincións.

A central sindical nacio-nalista anunciou que tamén levará a cabo unha iniciati-va semellante no Concello de Xinzo de Limia.

Membros da CIG entregando a solicitude no rexistro do Concello de Verín./CEDIDA.

A CIg solicita ao Concello distincións para os represaliados no franquismo 4 Propón que se lles dediquen varias rúas de Verín e sexan no-meados fillos predilectos.

O sindicato levará a cabo unha iniciativa similar en Xinzo

Page 6: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

6 BARRIOSAgosto de �014

VERÍN E COMARCA

P. Lodeiro

Nove familias de etnia xitana do municipio de Ve-rín “okupan” desde o pasa-do 3 de agosto as vivendas do denominado “poboado de Obras Públicas” da lo-calidade, situadas na rúa de San Antón. Os xitanos ex-plican que as casas levaban abandonadas �5 anos e que recurriron á súa ocupación porque non queren seguir vivindo en chabolas. “Esta-mos fartos de buscar unha casa ou un piso barato en Verín, non queren alugar-nos por ser xitanos, bota-mos unha solicitude hai cinco anos para unha casa de protección e sen respos-ta”, relataba a nai dunha parella de sordomudos que se instalaron co seu fillo de curta idade nun dos chalés.

A mesma muller explica

que as casas estaban “cheas de merda” cando chegaron, que as limparon e adecenta-ron, e que as familias “non se negan a pagar un aluguer, nin a luz e a auga”, que ac-tualmente están cortadas. Por iso pídenlle ao alcalde de Verín que os axude, “pois cando son os votos gústalle vir a onde os xitanos”.

Axentes dos corpos de seguridade xa acudiron ao lugar a identificalos, pero, de momento, eles non teñen previsto marchar.

Será un xuíz quen de-termine o desafiuzamento

Preguntado sobre este asunto no pleno ordinario do 8 de agosto, o rexedor explicou que os propietarios dos inmobles son Xunta e Estado, e confirmou que “xa presentaron demanda de desafiuzamento e está en

marcha”. Jiménez Morán non tomará ningunha me-dida ao respecto das fami-lias “okupantes”, “ten que ser un xuíz o que deter-mine o desafiuzamento a instancias do propietario”, dixo.

Os “okupas” comparten barrio co centro de dismi-nuidos psíquicos, a quen a Xunta de Galicia cedera no seu día unha destas vi-vendas.

As casas da rúa San Antón foran construídas hai décadas para os ope-rarios que se encargaban da conservación das es-tradas. Segundo o edil nacionalista Óscar Nuñez, quen viviu a súa infancia e xuventude nunha das casas agora ocupadas, “chegamos a vivir alí �00 persoas”. Núñez explicou que a maior parte dos tra-balladores intentou mer-calas, pero o Estado nun-ca as puxo en venda. O concelleiro recordou que incluso un dos inmobles, o número �0, nunca fora habitado.

Nove familias xitanas “okupan” as vivendas abandonadas da rúa de San Antón4 Ofrécense a pagar un alu-gueiro, así como luz e auga.

Unha das familias, diante dunha das casas “okupadas”. /M.REJO.

Xunta e Estado interpuxeron demanda de desafuizamento

Redacción

O sindicato CIG denun-ciou en materia de riscos laborais á UTE confor-mada polas Isolux Corsan e Taboada e Ramos, que traballa nas obras de alta velocidade no treito de Cerdedelo (Laza). O sin-dicato presenta esta de-nuncia tralo lume que se produciu o domingo 3 de agosto nun cadro eléctri-co do túnel do Corno, por causas que se descoñecen,

e que obrigou a desaloxar aos 13 operarios que nel traballaban, ante o perigo que supuña a proximidade de 101 detonadores de ex-plosivos nel depositados.

A central sindical pide que a inspección de Traba-llo xire visite á zona, e pre-vio análise das causas deste sinistro para o caso “de que se conste falta de medidas de seguridade, se levanten as correspondentes actas de sanción ou se determinen as actuacións que corres-

pondan”. Asemade, a CIG pide que se lle informe das causas deste incendio.

IncumprimentosA CIG denuncia que ten

constatado desde o inicio das obras do AVE “gra-ves incumprimentos das adxudicatarias e das súas subcontratadas aos derei-tos dos traballadores tanto en materia de prevención de riscos laborais como en materia laboral de seguran-za social”.

A CIg denuncia na Inspección de traballo á UtE que realiza as obras do AVE no túnel do Corno4 O domingo 3 de agosto un incendio provocou o desaloxo no interior do túnel.

En Clínica Salva ofre-cen una coidada atención aos seus pacientes. “Co-méntanos o teu problema e realizaremos un plan de tratamento totalmente personalizado e axustado ás túas necesidades. O noso obxectivo é que te recuperes canto antes e cos mellores resultados”,

explican os seus responsa-bles.

A clínica está composta por un equipo multidiscipli-nar formado por fisiotera-pia, logopedia, psicoloxía , podoloxía e ioga. Todos os seus profesionais son titu-lados universitarios debida-mente colexiados, e Clínica Salva é un centro sanitario

Clínica SalvaNova clínica en Verín, na rúa Hermanos Moreno

polivalente autorizado con número de rexistro sanita-rio c-3�-000933.

ServizosNa área de podoloxía

tratan callos, durezas, uñas encarnadas, uñas engrosa-das, papilomas, podoloxía infantil, pé diabético, fasci-te, e análise da pisada.

Ofrecen tamén fisiotera-pia traumatolóxica, reuma-tolóxica, deportiva, xeriá-trica e neurolóxica.

No seu departamento de logopedia tratan problemas de fala, deglución, voz e linguaxe

En canto aos servizos de psicoloxía, abordan tras-tornos do estado de ánimo, de personalidade, psicóti-cos… Ofrecen reforzo en habilidades sociais, técni-cas de estudo, dificultades cognitivas. E realizan tanto traballos individuais como talleres grupais.

[+ info no 988 78 41 99 e www.salvaclinica.com]O responsable da Clínica Salva.

Page 7: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

7XINZO E COMARCA

Paula Lodeiro

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, e o delegado de Novas Po-boacións Zona Norte de Gas Natural Distribución, Arsenio Talavera, presen-taron o proxecto de gasi-ficación que permitirá que ao redor de 3.500 vivendas, comercios e industrias do núcleo urbano e do polí-gono industrial de Xinzo poidan gozar das vantaxes que ofrece esta enerxía. Gas Natural Galicia inves-tirá máis de �,8 millóns de euros no municipio para construír máis de 13 qui-lómetros de rede de distri-bución e ofrecer a submi-

nistración de gas natural aos seus primeiros clientes antes de final de ano.

Durante a presentación, Arsenio Talavera explicou as fases das obras de cana-lización, que se iniciarán a principios de setembro, así como os pasos que os in-teresados terán que seguir para solicitar a subminis-tración de gas natural, e as vantaxes desta enerxía “limpa, económica e fácil de usar”. Talavera anun-ciou que a empresa realiza-rá un acto na Casa da Cul-tura en próximas datas para dar a coñecer este proxecto aos veciños.

Pola súa banda, o rexedor recordou que a gasificación

de Xinzo “é unha vella rei-vindicación”. “Sei que vai ser un trastorno para os ve-ciños –dixo- pero é algo ne-cesario e imprescindible”. Antonio Pérez tamén solici-tou á empresa que as obras se inicien “canto antes” para poder aproveitar o bo tempo e evitar ter que abrir zanxas cando as condicións meteo-rolóxicas non acompañen. O responsable de Gas Na-tural Galicia confirmou que os traballos se iniciarán “no momento que teñamos os permisos e tramitada a li-cenza municipal”.

Proxecto A subministración de gas

natural a Xinzo de Limia

realizarase a través dunha planta satélite de gas natu-ral licuado (GNL), situada nunha parcela no polígono da vila, da cal parte a rede de distribución cara ao núcleo urbano. A planta de GNL contará cunha capacidade de almacenamento de 80 metros cúbicos. Construi-rase de maneira paralela ás canalizacións, cun prazo de execución de dous meses.

Nesta primeira fase de gasificación de Xinzo de Li-mia, canalizaranse as princi-pais rúas do núcleo urbano, o que suporá que o 80% das vivendas e comercios terán acceso ao gas natural, es-tando previsto no proxecto

construtivo de Gas Natural Galicia dotar de gas natural ao parque empresarial da localidade. “Se vemos que hai demanda de sitios máis alonxados do centro, segui-remos”, adiantou o delegado da empresa.

O subministro de gas natural chegará a preto de 3.500 fogares de Xinzo de Limia4 A empresa Gas Natural Galicia planea construir máis de 13 km de canalizacións na vila limiá.

O tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, o alcalde, Antonio Pérez, e o delegado de Novas Poboacións de Gas Natural Galicia, Arsenio Talavera./P.LODEIRO

Nunha primeira fase canalizaranse as principais rúas do núcleo urbano de Xinzo

Page 8: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

8 BARRIOSAgosto de �014

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Redacción

A Escola Rural de Saú-de da Limia completa o seu percorrido pola zona interior de Ourense divul-gando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas co-tiás que melloran a calida-de de vida.

Os profesionais sanita-rios achegaron aos veci-ños da comarca da Limia coñecementos sobre “Ali-mentación e enfermida-des”, ou como desde a asociación din “vivir máis e mellor cambiando pe-quenos hábitos diarios” .

Este programa de char-las, denominado “Perco-rrido pola saúde da zona rural da Limia” e que xa vai pola súa cuarta edi-

ción, realizouse até a data en Morgade, Guntimil, San Pedro, Rebordecha, Para-da e Arnuide. Neste punto, toman un respiro para dar continuidade despois do ve-rán levando o taller a varios concellos da Limia.

EspecialistasNeste caso foi posible

grazas a farmacéuticos especialistas en nutrición como Yolanda Gómez, que explicou as dietas para me-llorar as medicións e Pablo García Vivanco, que abor-dou a importancia da ali-mentación e a prevención

de enfermidades crónicas. Xunto a eles tamén estivo a titulada en enfermaría Sonia Rodríguez Joga, tomando as medidas de tensión arterial, glucemias e colesterol.

Durante os talleres (dous por localidade), fa-cilitouse material para fa-cer máis entendible todo o relacionado coa alimenta-ción nas persoas maiores. Pautas que deben de terse en conta cando hai necesi-dade de realizar unha ali-mentación para controlar valores relacionados con enfermidades crónicas.

O “percorrido pola sáude” continuará despois do verán4 A Escola Rural de Saúde da Limia organiza obradoiros para achegar aos veciños da comarca hábitos de vida saudables.

“Vivir máis e mellor cambiando pequenos hábitos diarios”, contido das charlas saudables

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) leva desde me-diados de xullo realizan-do tarefas de limpeza e restauración hidrolóxico-forestal do río Arnoia, ao seu paso por Arnuide, no municipio de Vilar de Ba-rrio. O custo da actuación ascende a 50.000 euros.

Durante un prazo esti-mado de dous meses, unha brigada composta por cin-co peóns e un capataz fo-restal realizarán este labor de desbroce nun tramo de catro quilómetros e medio do Arnoia.

O seu obxectivo será mellorar a capacidade de desaugadoiro do río, que

presentaba un gran número de árbores secas e acumula-ción de arrastres nas pontes minorando, por iso, a sec-ción da canle e provocando continuos tapóns.

Os operarios están a reali-zar rozas puntuais da vexe-tación existente eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada nal-gunhas zonas, co ánimo de mellorar a capacidade de desaugadoiro do río. Están programadas, ademais, po-das selectivas sobre o estra-to arbóreo, respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas e re-tirando as árbores caídas ou susceptibles de caer ao leito do río, que puidesen obstruir a canle e provocar desbordamentos.

A CHMS restaura o río Arnoia4 Ao seu paso por Arnuide, Vi-lar de Barrio.

Redacción

Os cativos de Rairiz de Veiga poden acudir á escola infantil munici-pal mesmo en agosto. As instalacións permanecen abertas neste mes para os menores de 0 a 3 anos.

Durante todo o ano, o Concello de Rairiz ofrece nestas instalacións ser-vizo de gardaría para ne-nos de entre 4 meses e 3 anos; con comedor no que se serve a comida que os proxenitores mandan de casa; e un servizo com-plementario de atención a

infancia para menores de 3 a 8 anos. De xeito extraor-dinario, a escola infantil continúa aberta en agosto, con horarios e cotas axusta-das a asistencia dos peque-nos ao centro.

tarifasNo tocante ás tarifas de

agosto, o servizo pode con-tratarse por horas (dende 4 a 8 horas) e no prezo influi-rá tamén a idade do cativo. Así, este servizo pode os-cilar entre os 140 e os ��0 euros.

[+ info no 988 40 94 46 ou na propia escola]

A escola infantil de Rairiz abre en agosto

4 A subasta parcelas no polígono

O Concello de Xinzo de Limia mantén aberto ata o próximo 16 de agosto o prazo para presentar ofer-tas á subasta dunha parce-la de 7�.000 metros cadra-dos no parque empresarial da localidade.

Tras non chegar a un acordo coa empresa in-teresada en construir en Xinzo un Centro Tecnoló-xico da Carne – e da que é socio o ex alcalde Isaac Vila- o actual rexedor, An-tonio Pérez, confía en que desta vez a subasta pública prospere. “A parcela ten un prezo de saída de 10,17 euros o metro cadrado, non se pode vir con me-nos”, apuntaba o rexedor, que agarda que desta volta haxa varias empresas inte-resadas no soar.

No mesmo polígono, Xestur Galicia ten á venda outras tres parcelas de uso comercial-industrial ,de 1�.000, 1.0�8 e 1.0�3 me-tros cadrados respectiva-mente. Nesta cuarta fase do parque empresarial lévanse vendidos 41.3�� metros cadrados.

4 Autorizado un parque eólico en Sarreaus

O Consello da Xunta au-torizou un novo parque do concurso galego, o eólico de Xinzo Norte, situado no concello de Sarreaus.

A infraestrutura, que prevé un investimento de máis de 4� millóns, es-tará composta por nove aeroxeradores que, cunha potencia total de �7 MW, producirán máis de 7�.000 MW/h ao ano, o equiva-lente ao consumo anual de 17.000 fogares galegos.

Participantes na charla saudable en Rebordechá, Xinzo./CEDIDA.

Page 9: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

9

O investimento previsto supera os 150.000 euros

XINZO E COMARCA

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello dos Blancos colaborarán na constru-ción dunha ponte sobre o río Airoa, situada neste municipio ourensán.

As tres administracións formalizaron nun proto-colo de colaboración o financiamento, execución e entrega do proxecto de construción deste novo paso, que dará continui-dade á estrada municipal que une as poboacións dos Blancos e Nóveas. A infraestrutura actual de paso está moi deteriorada polas continuas crecidas de caudal, o que afectou

á súa seguridade estrutural e provocou gretas de gran tamaño que impiden o trán-sito pola citada vía.

CaracterísticasO novo pontón terá unha

lonxitude de 17 metros, de 7 metros de luz libre, e 3,50 m de altura. Para completar a actuación, construiranse muros de contención que darán continuidade á nova ponte adaptando os viarios de acceso e proxéctase, ademais, a protección da zona de canle recuperada tras a ampliación da luz da ponte con técnicas de bio-enxeñería, que garantirán a estabilidade do terreo fron-te á erosión da auga.

Con este proxecto dara-se continuidade a unha vía

pública que facilite o paso entre os veciños de ambos os núcleos de poboación que actualmente sofren a incomodidade de non po-der utilizar a infraestrutura de comunicación coa que contaban.

O investimento previsto supera os 150.000 euros, sendo sufragados ao 50%, pola Deputación Provin-cial e a Confederación do Miño-Sil. O Concello será o encargado de pór a dispo-sición os terreos necesarios para levar a cabo as actua-cións. O prazo de execu-ción das obras estímase en catro meses.

Deputación, Confederación e Concello construirán unha ponte nos Blancos4 O paso actual sobre o río Airoa está moi de-teriorado.

José Manuel Castro, Manuel Baltar e Francisco Marín, na sinatura do convenio entre as tres administracións. /CEDIDA

Traballos de construción da planta asfáltica; ao fondo, o núcleo de Parada de Ribeira. /CEDIDA.

Presentan mil alegacións contra a planta asfáltica4 A asociación O Muíño da Lama pide unha moratoria para outorgar licenzas para actividades nocivas en Parada de Ribeira, Xinzo.P. L.

A asociación cultural O Muíño da Lama de Parada de Ribeira conseguiu preto de mil alegacións contra a planta asfáltica que unha empresa pretende instalar ao carón deste núcleo de Xinzo de Limia.

As obras de construción da planta asfáltica foron paralizadas o pasado �8 de xullo polo Concello de Xinzo, que lle abriu un expediente sancionador á empresa, pois o correspon-dente expediente de conce-sión de licenza municipal de actividade aínda está en tramitación e, malia todo, executou obras de conso-lidación, explanación e preparación de terreos, así como a instalación da infra-estrutura básica da planta.

Revogación de oficioO colectivo tamén solici-

tou a revogación de oficio da resolución favorable á instalación da planta da Consellería de Medio Am-biente. Esa autorización do pasado 11 de xuño conside-ra que se trata dunha activi-dade “que non é previsible que vaia producir impac-tos adversos significativos sempre que se cumpran as condicións ambientais especificadas na documen-tación…”. Segundo o re-

Piden a revogación de oficio da resolución favorable de Medio Ambiente

presentante da asociación O Muíño da Lama e con-celleiro do BNG en Xinzo, Xosé Lois Carreira, a dele-gación de Medio Ambiente “tiña que baixar ao terreo e comprobar se se producen os mínimos impactos que veñen no proxecto”. Carrei-ra recórdalles ás adminis-tración local e autonómica que “teñen que garantir a saúde e o interese xeral por riba de intereses particula-res”. Aínda están pendentes os informes de Urbanismo, Medio Rural e Industria so-bre esta instalación.

Solicitude de moratoriaPor otura banda, O Muí-

ño da Lama pedirá a todas as consellerías implicadas “unha moratoria para outor-gar licenzas para activida-des nocivas en Parada de Ribeira”, explica Carreira. E é que con 9.000 cabezas de porcino, 70.000 cabezas avícolas, granxas de vacún, unha planta de formigón e unha canteira no seu con-torno máis próximo, “xa se-ría o colmo” a autorización da planta asfáltica, afirma o representante veciñal.

4 Posibles danos medioambientais e para a saúde

Tanto a asociación O Muíño da Lama como ADEGAL (Asociación de Empresarios, Gan-deiros e Agricultores da Limia) insisten nos gra-ves danos ambiental e para a saúde que xerará esta instalación, “como é a contaminación do aire e do medio ambiente por dióxidos de azufre e nitróxeno, monóxido de carbono, emisión de partículas contaminantes con nafta, formaldehido, arsénico e cadmio, risco de chuvias ácidas, resi-duos e vertidos proce-dentes dos enxaugados con gasóleo dos tanques de asfalto, fortes cheiros e irritacións da pel, ollos e afeccións dos sistemas respiratorio e nervioso, presión arterial alta, si-nusite e predisposición á aparición de cancro no sistema respiratorio”.

Amais deste impacto sobre saúde, fauna, flora e medio, ambos colecti-vos ven “un forte prexuí-zo económico” sobre a gandería, agricultura, horticultura, a caza e a diversidade cinexética do coto de Xinzo da Li-mia.

Page 10: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

10 BARRIOSAgosto de �014

ALLARIZ E COMARCA

Nestes momentos oferta actividades auxiliares en viveiros, floraría, albanelería, atención socio sanitaria e cociña

Redacción

O centro Valverde de Allariz foi o primeiro en funcionar en Galicia compartindo nas súas ins-talacións unha vivenda tutelada cun centro de for-mación para o emprego. Os menores tutelados acoden aos cursos formativos no mesmo centro onde viven, aínda que tamén participan nas actividades formativas outros adultos selecciona-dos entre os demandantes de emprego.

O centro alaricano é unha extensión do centro integra-do de Formación Profesio-nal (CIFP) “Santa María de Europa” de Ourense. Para este ano ten programados un total de 30 cursos que darán formación a 450 per-soas desempregadas.

Cinco cursos AFDNa actualidade estanse a

desenvolver cinco cursos AFD nos que participan 75 alumnos. Actividades auxi-liares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, flo-raría, albanelería, atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e cociña son as ma-terias ofrecidas nestes cur-sos, que o delegado territo-rial da Xunta en Ourense,

Rogelio Martínez, puido coñecer de primeira man, nunha visita á institución a finais de xullo.

Rogelio Martínez expli-cou que estas accións for-mativas son o instrumento do Goberno galego para ofrecer ás persoas desem-pregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, capa-citándoas para traballar en sectores laborais que pre-

sentan uns niveis de empre-gabilidade máis altos.

En total, na provincia de Ourense este ano ofertaran-se 144 cursos AFD dos que se beneficiarán 2.160 per-soas desempregadas

Instalacións pioneirasAdemais de vivenda tute-

lada e oferta de cursos, este centro tamén acolle unha oficina para o asesoramen-to e a avaliación da acredi-

Valverde, centro pioneiro en ofrecer vivenda tutelada e formación 4 O centro alaricano desenvolve na actualidade cinco cursos for-mativos para 75 desempregados.

tación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia la-boral.

O delegado da Xunta en Ourense, xunto ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social, José Selas visitaron a finais de xullo o centro Valverde para interesarse polos seus cursos de formación./CEDIDA.

Redacción

A aparición de peixes mortos no río Arnoia a co-mezos de agosto de 1989 foi o detonante dunha re-volta veciñal que desem-bocou nun xiro político no consistorio alaricano, inicio dunha época de pro-funda transformación des-ta vila ourensá.

Fartos dos continuos vertidos, o 11 de agos-to daquel ano un grupo de mozos pecháronse na casa consistorial, encerro que non rematou ata a re-nuncia do nese momento alcalde, Leopoldo Pérez Camba, da coalición Cen-tristas de Galicia-PP, e o nomeamento como alcal-

de do nacionalista Anxo Quintana nun pleno o �7 de novembro. Desde aquela, o BNG goberna con maioría no consistorio alaricano.

�5 anos despois, os pro-tagonistas daquelas datas participaron nunha meren-da-cea de confraternidade na praza Maior, que se rea-lizou cos pratos cociñados e achegados polos propios veciños que a ela asistiron.

Praca conmemorativaEstaban previstas as in-

tervencións de mozos naci-dos en Allariz en 1989, así como de pais e nais de ca-tivos que naceran neste ano na vila. Ademais, fíxoselle un recoñecemento aos veci-ños da localidade que pro-tagonizaron a revolta, co descubrimento dunha praca conmemorativa. Asemade, tomaron a palabra Anxo Quintana, primeiro alcalde nacionalista trala revolta, e o rexedor actual, Francisco García, daquela tenente de alcalde.

A proxección do audio-visual “�5 anos” e do “lib-dup” mocidade de Allariz completaron a xornada, que se pechou con actuacións musicais.

Allariz recordou o 25º aniversario da revolta veciñal4 A praza Maior acolleu unha merenda-cea de confraternida-de o pasado 11 de agosto.

Cartel co que se promocio-naron os actos de recordo.

Page 11: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

11ALLARIZ E COMARCA

Redacción

A Area de Promoción Económica do Concello de Allariz está a preparar unha nova edición do Mercado de Artesanía Arte de Man, que se celebrará na vila ala-ricana o 14 de setembro.

O mercado, organizado polo Concello en colabo-

ración coa Asociación de Artesáns de Allariz, des-envolverase nas prazas da localidade.

Nesta edición está previs-to que participen un total de �5 postos, que estarán abertos durante toda a xor-nada do domingo 14 de se-tembro. O mercado contará asemade con demostracións

de diferentes oficios.A organización porá a

disposición dos interesados un stand de madeira, que os participantes terán que decorar tendo en conta que a feira discorre nun casco histórico.

Os artesáns que estean interesados deberán cum-primentar un formulario e

Publicadas as bases do mercado de artesanía4 “Arte de Man” celebrarase o 14 de setembro.

envialo xunto co seu currí-culo e material fotográfico recente dos seus traballos ao enderezo electrónico [email protected].

O prazo de recepción de solicitudes remata o �� de agosto. As persoas intere-sadas en participar poden informarse no teléfono 988 44� �10.

Redacción

Un grupo de arqueólo-gos da Universidade de Vigo rematará esta sema-na a súa escavación anual no Castro de Armea. O Concello de Allariz pre-tende con esta nova fase poñer de manifesto o po-tencial e o valor cultural e histórico da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, onde se atopa o castro.

O principal obxectivo das escavacións é procu-rar dar unha cronoloxía válida do xacemento, así como seguir investigando sobre os datos de evolu-ción das estruturas e so-bre cando este poboado foi abandonado. Adolfo Fernández, técnico direc-tor da investigación, afir-maba que, do total das 8 hectáreas que se supón que ten o xacemento, tan só un 0.5 está escarvado. Foi por tanto nunha zona nova, que non fora esca-vada por Conde Balvís nos anos 50, onde se tra-ballou este mes.

O arqueólogo explicou que durante estas últimas semanas realizaron tres sondaxes, entre elas unha nunha vivenda, descu-brindo unha nova estan-cia, e outra na rúa central

do poboado, que se atopou “un pouco expoliada”. Coa información e material re-cabado realizarán agora traballo de laboratorio para obter “datos importantes sobre a cronoloxía e a vida” en Armea.

O Concello financia esta nova fase en colaboración coa Universidade de Vigo, que achega os profesionais. En total, son dez persoas as que realizaron as escava-cións; entre eles un grupo de cinco alumnos en prácti-cas aos que a administración local lles deu unha oportu-nidade única, xa que este tipo de formación escasea en Galicia. O arqueólogo agarda repetir esta fórmula de colaboración en vindei-ros anos.

A primeiros de setembro comezarase unha nova fase de escavacións, cun grupo de arqueólogos encabeza-dos por David Pérez.

Monte do SeñoriñoDurante a presentación

das escavacións, o alcalde de Allariz, Francisco García, resaltou o “importantísimo” valor turístico e paisaxístico dos xacementos e anunciou a intención do Concello de adquirir o Monte do Seño-riño para continuar poten-ciando os valores arqueoló-xicos de Allariz.

O rexedor de Allariz, Francisco García, xunto ao arqueó-logo Adolfo Fernández, no castro de Armea./CEDIDA.

As escavacións volven ao Castro de Armea4 En setembro outro grupo continuará cos traballos no cas-tro alaricano.

O prazo de recepción de solicitudes remata o 22 de agosto

Page 12: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

1� BARRIOSAgosto de �014

CELANOVA E COMARCA

Redacción

15 camiños do munici-pio de Celanova viron re-novado o seu firme dentro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal �013/�014, que destinou a esta localidade un orza-mento de 55.�47 euros.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde de Celanova, José Luís Ferro, e do xefe terri-torial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou as obras levadas a cabo. O delega-do remarcou na súa visita a importancia da realiza-ción destas actuacións de ampliación, remodelación e mantemento de camiños

de titularidade municipal, que “buscan facilitar os accesos e a comunicación das localidades e mellorar a calidade de vida destas po-boacións rurais”.

Foron un total de 15 ac-tuacións, que consistiron na ampliación e mellora do firme de varios camiños mediante un proceso de substitución do pavimento deteriorado por unha nova rega asfáltica seguindo unha técnica de bacheo.

As vías nas que se leva-ron a cabo as obras foron os camiños de Fontecuberta-Rabal, Armada-Celanova, Rabal da Igrexa, entrada a Leborín, Quintairos de Bobadela, acceso a Miran-zo, Cavadoiro-Acevedo, Os Barreiros-Amoroz, As

Pedreiras-As Lobeiras, acceso ao cemiterio de Sampil, O Burgo, Morei-ras, camiño á capela de Casasoá, Casasoá-Cañón e o camiño de A Gandare-la-A Freiría.

Martínez recordou que “o goberno autonómico está a mobilizar preto de 3.600.000 euros a través do Plan Marco Programa da Consellería de Medio Rural e do Mar para a rea-lización de melloras nas infraestruturas rurais en Ourense”.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o alcalde de Celanova, José Luís Ferro, e o xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitaron as obras levadas a cabo nesta localidade dentro do Plan Marco./CEDIDA.

Renovado o firme de 15 camiños de Celanova grazas ao financiamento do Plan Marco4 As actuacións contaron cun orzamento de pre-to que superou os 55.000 euros.

O pavimento deteriorado foi substituido por unha nova rega asfáltica

Redacción

O xornalista e escritor Manolo Rivas recibirá o XXX Premio “Celanova, Casa dos Poetas” nun acto na vila de San Rosen-do o domingo 7 de setem-bro, coincidindo co 35º cabodano de Celso Emi-lio Ferreiro. A Fundación Curros Enríquez. acordou concederlle este galardón a Rivas “polo seu longo e froitífero labor creati-vo, tanto nun coma noutro campo, ambos os dous tan significados tamén na biografía de Curros Enrí-quez”.

A Fundación Curros En-ríquez considera que “non hai ningún outro escritor na historia de Galicia que teña contribuído tanto á internacionalización da

Manolo Rivas recibirá o premio “Celanova, Casa dos Poetas”4 A Fundación Curros Enríquez entregaralle o galardón nun acto o vindeiro 7 de setembro.

literatura galega, ao con-seguir ter publicado a súa obra nas máis prestixiosas editoriais europeas”.

Alén diso, a Fundación Curros Enríquez tamén fixo constar a longa relación que o xornalista e escritor coruñés mantén co espírito currosiano, “non en van, a mediados e finais dos anos 80, cando o antigo Padroa-do Curros Enríquez acudía con regularidade anual, no mes de marzo, a home-naxear a Curros Enríquez diante do nicho no que se custodian os seus restos no cemiterio de San Amaro, xa Manolo Rivas se sumaba, como un devoto máis do poeta, a aquelas homenaxes iniciáticas”.

Outros acordosNa mesma xuntanza na

que se fallou o premio “Ce-lanova, Casa dos Poetas”, o Padroado da Fundación aprobou o seu orzamento e actividades para este �014. Destaca a decisión da enti-dade de asumir a xestión tu-rística de diversos espazos de Celanova e de elaborar un estudo de comercializa-ción de distintos paquetes turísticos.

Durante a reunión tamén se traballou na elaboración das bases para a inminen-te creación dun premio de xornalismo para profesio-nais novos.

Membros do Padroado da Fundación Curros Enríquez./CEDIDA.

Concédeselle “polo seu longo e froitífero labora creativo”, como escritor e xornalista

Page 13: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

13PUBLICIDADE

Page 14: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

14 BARRIOSAgosto de �014

CELANOVA E COMARCA

Silvia Nieto

Hércules Brass Quinteto de Metais é unha formación composta por cinco mozos (Vìctor Vilariño, Alejandro Vázquez, Esteban Méndez, Javier González e Rodri-go Rodríguez) amantes da música de cámara, que se coñeceron cando formaban parte da Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España. Agora, unen a súa experiencia e talento co Concello de Celanova para poñer en marcha un festival único, que contará con cla-ses maxistrais, concertos, coloquios e un sinfín de ac-tividades lúdicas.

Como se unen as vosas carreiras musicais para dar forma a Hércules Brass Quinteto de Me-tais?

Alejandro Vázquez: “En �011, despois de rematar os nosos estudos musicais, unímonos coa iniciativa de presentarnos a un concurso internacional para quinte-tos de metais en Lyon, pero principalmente a unión vén dada por unha gran ami-zade forxada nos encon-tros da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na

ENtREVIStA A ALEjANDRO VáZQUEZ, INtEgRANtE DE HéRCULES BRASS:

“Intentaremos facernos un oco dentro da fantástica programación

cultural que ofrece Celanova”4 Do �7 ao 30 de agosto a vila de San Rosendo acolle o I Festival Hércules Brass de música de cámara.

Joven Orquesta Nacional de España”.

Lin na vosa web o co-mentario dun mestre de trompeta alemán que se preguntaba de onde viña o voso nome... e que un concerto voso lle deu a resposta. “Porque tocan sen esforzo”, dixo. Para os nosos lectores, que nos vos coñezan, podes expli-carnos como naceu esa denominación?

A.V: “Nada máis rematar un concerto que fixemos en Lugano (Suiza), Max (Sommerhalder, profesor de trompeta na Escola de Mú-sica de Detmold, Alemaña) achegouse a nós e deunos a noraboa con esas pala-bras. El é un experimentado trompetista e quixo facer un símil do semideus Hér-cules, coñecido pola súa forza sobrehumana e o noso concerto. Pero o nome do grupo fai referencia á Torre de Hércules, monumento por excelencia da cidade da Coruña, onde naceu e ten a sede o grupo”.

Nestes dous anos ac-tuastes por toda España e participastes en festivais internacionais con gran-des resultados, podes fa-cernos un resumo da vosa

traxectoria? A.V.: “Fomos semifina-

listas no ‘8th International Chamber Music Compe-tition’ en Lyon, gañadores do primeiro premio no ‘IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza’ na localidade valenciana de Benimodo e finalistas no ‘8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet’ en Múnich. Será inesquecible para nós o concerto de solistas ao fronte da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e as viaxes a Costa Rica ou Sui-za, onde participamos nun importante festival como quinteto residente. Recen-temente fomos protagonis-tas do programa ‘Música Joven’ en Radio Clásica de RTVE e recibimos o pri-meiro premio no ‘eMuse online music competition �014’”.

A vosa oferta conta con tres espectáculos: Hécules Brass en concerto, Hércu-les Brass Ensemble e Os SuperHércules; en que consiste cada un?

A.V.: “O primeiro deles é un espectáculo cun reper-torio moi variado, arranxos de músicas do Renacemen-to, Barroco, Clasicismo e

pezas orixinais para quinte-to de metais, algunhas delas feitas para nós por compo-sitores galegos. Con este concerto mostrámoslle ao publico as posibilidades so-noras dos instrumentos de vento metal e as súas ver-satilidades técnicas. Todo o mundo sae sorprendido despois dos concertos!

Os SuperHércules é o noso espectáculo didáctico para todos os públicos, aín-da que está enfocado para nenos de Primaria. Un con-certo no que contamos coa axuda dun narrador, algúns decorados e uns fantásticos traxes de superheroes para levar a cabo unha historia onde salvamos ao mundo do malvado Silencieitor.

Hércules Brass Ensem-ble conta cunha formación diferente de 14 músicos, todos eles galegos, de in-mensa calidade individual, aos cales estamos moi ledos de poder reunir, para obter unha gran sonoridade coral. Estrearemos este concerto o 30 de agosto no claustro de Celanova, coa colabora-ción do trombonista Enri-que Crespo, un dos piares fundamentais na historia da música de cámara nos ins-trumentos de vento metal.

Non quero dar máis pistas e só podo convidarvos a dito concerto onde estou com-pletamente seguro que que-daredes abraiados! E algo distinto ao cotián e difícil de volver presenciar”.

En que se atopa sumer-xido este quinteto neste momento?

A.V.: “Estamos inmersos de cheo na organización do festival, tratando de que sexa o máis exitoso posi-ble. Unha vez rematado, enfocaremos o noso traba-llo para a preparación do concerto que ofreceremos en setembro no Auditorio Nacional de Música de Ma-drid, a elaboración do noso primeiro disco comercial e futuros proxectos con cola-boracións do pianista Javier Ares, a Sinfónica de Galicia ou a Banda Municipal da Coruña”.

todos tendes idades comprendidas entre os 25 e os 28 anos, como busca-des achegar a música de cámara aos máis novos?

A.V.: “Dende Hércules Brass, tratamos de ache-garnos aos máis novos co espectáculo Os SuperHér-cules, e para os que xa son músicos queremos transmi-tir a música de cámara como unha forma de vida. Son in-numerables as satisfaccións que nos achega escoller nós mesmos o repertorio, em-pregar os nosos métodos de traballo, renovar a posta en escena... son valores que transmitimos cando impar-timos masterclass ou cursos para os máis novos”.

Do 27 ao 30 de agosto celebrarase en Celanova o I Festival Hércules Brass, como xurdiu este proxec-to?

A.V.: “A idea xurdiu pa-ralelamente entre Hércules Brass e o Concello de Cela-nova, por medio de Antonio Piñeiro. Queríamos organi-zar un festival de música de cámara, á imaxe dou-tros encontros que se fan noutros lugares de España e Europa onde tivemos a oportunidade de participar, dando moito protagonismo á calidade dos músicos. Ce-lanova é unha vila ideal, á que lle teño moito cariño, onde as súas xentes, os seus

servizos e infraestruturas fan que todo isto sexa posi-ble. Intentaremos facernos un oco na parcela musical, dentro da fantástica progra-mación cultural que ofrece Celanova, como a literaria, as artes plásticas ou a au-diovisual”.

Que actividades terán lugar durante eses catro días?

A.V.: “Ofertaranse clases maxistrais a cargo dos pro-fesores do Hércules Brass Ensemble e dos solistas da Orquestra Sinfónica de Ga-licia. Concertos no claustro ás �0:30 horas a cargo de Hércules Brass, Cuarteto Skirion, Quinteto Rubato e Hércules Brass Ensemble & Enrique Crespo, para os ca-les pomos á venda un abo-no que permite a entrada a todos os concertos por �0 euros. Concertos de balde na rúa con grupos de jazz, blues, ska e un concerto da Banda de Música de Cela-nova. Tamén contaremos cun coloquio sobre o bara-llete, a xerga dos músicos, dirixido por Bruno Santos. Todo isto complementado con actividades de ocio e turísticas para os partici-pantes no festival. Trátase de estar todo o día rodeados de boa música!”

Como pensades que pode ser a acollida?

A.V.: “A nosa idea é po-der repetir a vindeira edi-ción no ano �015. Agarda-mos ter unha boa acollida, estamos a recibir moitas matrículas para as clases maxistrais, cunha gran pre-senza de músicos doutras provincias. Oxalá acuda moita xente aos concertos, ese sería un apoio indiscuti-ble á música en directo e de calidade. Garantimos que imos facer pasar un bó rato e todos quedarán gratamen-te sorprendidos”.

Envíalle unha mensaxe aos nosos lectores para que se acheguen ata o fes-tival.

A.V.: “Queremos convi-dalos a gozar no festival da música en directo, grupos e músicos de gran talento, proxectos de calidade crea-dos por novos artistas, que en tempos de crise aposta-ron polo talento”.

Alejandro Vazquez (segundo pola esquerda), conforma xunto a Victor Vilarino, Esteban Mendez, Javier Gonzalez e Ro-drigo Rodriguez o quinteto Hércules Brass./CEDIDA.

“Hércules Brass Ensemble conta cunha formación diferente de 14 músicos; estrearemos concerto o 30 de agosto no claustro de Celanova”

Page 15: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

15

EN BREVE

CELANOVA E COMARCA

4 Ludoteca na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas aco-lle este verán unha ludo-teca organizada pola Fun-dación Curros Enríquez e o Concello de Celanova para nenos de entre 4 e 1� anos.

De martes a venres de 10.00 a 13.00 horas, os máis pequenos da vila poderán realizar traba-llos manuais e xogos na horta da casa familiar de Manuel Curros Enríquez. Tras un primeiro período de ludoteca no mes de xullo (do 15 ao �4) o mar-tes 1� comeza unha nova quenda ata o �9 de agos-to e finalmente a ludoteca ofrece un terceiro grupo do � ao 1� de setembro.

4 92.100 euros para obras

A corporación munici-pal de Celanova aprobou por unanimidade dúas modificacións de crédi-to que permitirán reali-zar obras por importe de 9�.100 euros. Nunha delas incluíuse unha emenda do PSOE para conceder unha axuda de 6.000 euros á asociación de comercian-tes.

O BNG puxo como condición para dar o seu apoio que a concreción do destino dos fondos non asignados aínda (previstos para limpeza de fontes pú-blicas e mellora de viais) se realice nunha xunta de voceiros.

Redacción

Durante catro xornadas de xullo Celanova foi o epicentro do sector audio-visual galego, grazas á ce-lebración do XI Curso de Medios Audiovisuais.

Baixo o título “O audio-visual galego: �5 anos de presente” e configurado como un curso de verán de extensión universitaria, a actual edición deulle prota-gonismo ás longametraxes e a súa versatilidade actual, así como aos formatos e xé-neros máis alternativos e de baixo custo. En referencia ao lema deste ano, lembrá-

ronse as tres películas reali-zadas en 1989 coas que se iniciou a andaina do cinema en galego: ‘Urxa’, ‘Conti-nental’ e ‘Sempre Xonxa’.

Amais de mesas redon-das, ponencias e proxec-cións, os universitarios participantes tiveron tamén unha parte práctica, grazas ao taller audiovisual “Cela-nova, plató de ficción”, co que crearon unha webserie, “O interfecto”.

Na entrega de diplomas participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria, Xe-sús Vázquez, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro,

o presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Ca-sares, e o director do curso Miguel Anxo Fernández.

“Estou convencido de que temos unha clara mostra do talento e a creatividade do

Autoridades e participantes no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, no acto de entrega de diplomas no auditorio Ilduara./RAMSÉS.

Redacción

Os concellos de Bande, Verea, Muíños, Ramirás, A Merca, Lobios, Lobei-ra, Celanova e Quintela de Leirado resultaron benefi-

ciarios da nova liña de sub-vencións que recentemente aprobou a Consellería de Economía e Industria para a renovación da iluminación pública exterior. O proxec-to conxunto contará cun

investimento de 540.000 euros -dos que 459.000 se-rán subvencionados a través do INEGA-, para a realiza-ción de varias actuacións de carácter enerxético que permitan optimizar o gasto

Alcaldes das comarcas de Celanova e Baixa Limia xunto ao delegado da Xunta, na casa consistorial de Bande./CEDIDA.

CELANOVA E BAIXA LIMIA

Nove concellos renovan a iluminación pública exterior4 Grazas a unha axuda do INEGA.

do alumeado público.Nestes nove municipios

substituiranse �8 instala-cións eléctricas e 1.�87 puntos de luz o que, se-gundo explicou o delegado da Xunta en Ourense, Ro-

gelio Martínez, “traduci-rase nun aforro enerxé-tico de máis de 3�6.055 kWh anuais, e preto de 63.000 euros, o equiva-lente ao consumo dunhas 93 familias”.

noso alumnado, pero tamén dos seus docentes, recoñe-cidos profesionais do sector que foron quen de estimu-lar esa forza e convertela en realidade”, afirmou o con-selleiro durante a clausura.

Os universitarios participantes crearon unha webserie, “O interfecto”

Clausurado o curso de medios audiovisuais4Analizou os �5 anos do sector en Galicia.

Page 16: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

16 BARRIOSAgosto de �014

DEPORTES

O triatlón de Allariz chega a súa 25ª ediciónOs triatletas terán que cubrir unha distancia de 750 metros a nado, 24 quilómetros en bici e 5,5 a pé

Redacción

O club ciclista Maceda colleita éxitos fóra da BTT. A pasada fin de semana ce-lebrouse en Cambados o

A alevín do CC Maceda, Aida gonzález, gañadora do gran Premio do Albariño4 A súa compañeira Noela Saa foi segunda.

Gran Premio do Albariño, proba disputada en ruta.

A ciclista do CC Maceda, Aida González, foi a vence-dora en categoría alevín.

En segunda posición re-

matou a súa compañeira de equipo, Noela Saa. Os seus compañeiros de equi-po Breogán Diz, Martín González e Marco Nube, foron 5º, 9º e 14º, respec-tivamente en categoría masculina.

En júniors, o actual campión galego de BTT, Raúl González Carracedo foi 19º nunha disciplina na que se estreaba; González entraba co pelotón.

Con estes resultados, os deportistas macedáns do Club Ciclista e da Escola de Ciclismo José Antonio Hermida demostran que, cando se suben a unha bici -ben de montaña, ben de ruta- demostran que están entre os mellores de Galicia.

Aida González celebrando a vitoria en Cambados.

18 anos correndo de Cartelle a Outomuro4 Esta edición terá lugar o sá-bado 16 de agosto.Redacción

A 18ª edición da Carrei-ra popular do Concello de Cartelle celebrarase o sá-bado 16 de agosto.

Como cada ano darán o pistoletazo de saída as probas dos máis cativos: a carreira dos pitufos (100 metros) comezará ás 19 horas; de seguido (ás 19.10 horas) correrán os prebenxamíns e os benxa-míns -500 metros-; men-tres que os alevíns corre-rán 800 metros ás 19.�0h. Xa para rematar, sobre ás �0.15 horas tocaralle o turno á proba absoluta que contará cun percorrido de 10.000 metros.

Saída en CartelleA proba absoluta terá a

súa saída en Cartelle para rematar en Outomuro. Media hora antes do hora-rio de comezo da carreira, a organización trasladará aos participantes en au-

tobús desde Outomuro ata Cartelle.

InscriciónsPara o proba absoluta o

período de inscrición rema-ta o venres 15 de agosto. O custe é dun euro e realiza-

Participantes dunha edición pasada en Cartelle./ARQUIVO

Un triatlón e unha popular nocturna, as citas deportivas nas vilas de Allariz e Maceda4 A cita alaricana xa está consagrada, mentres que a macedá celebra a súa primeira edición.

rase a través da páxina web championchipnorte.com (os que non posúan chip amarelo deberán aboar tres euros).Para o resto de cate-gorías a inscrición é de bal-de e tamén pódese facer na web do Concello de Carte-lle ou nos teléfonos 988 491 111 ou no 988 491 1�0.

trofeosHaberá trofeos para os

primeiros clasificados ab-solutos masculino e femini-no; ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría e á persoa de máis idade que participe nesta edición.

R.t.

Este mes de agosto, Alla-riz e Maceda ofrecerán ac-tivades deportivas. Allariz celebrará o seu triatlón po-pular, que chega á súa �5ª edición, o �3 de agosto, mentres que en Maceda terá lugar a primeira edición da carreira nocturna, na mes-ma xornada.

triatlónO sábado �3 de agosto

celebrarase en Allariz o XXV Triatlón popular Vila de Allariz.

O percorrido que deben

cubrir os triatletas que par-ticipen será de 750 metros a nado, �4 quilómetros en bici e 5,5 quilómetros a pé.

Carreira nocturnaPara o mesmo día, sába-

do �3 de agosto, terá lugar a primeira edición de “Mace-da nocturna”. O percorrido será de 10,5 quilómetros, dando voltas a un circuíto urbano no que se bordeará o castelo de Maceda.

A saída da proba absoluta terá lugar ás �1.30 horas no centro do pobo. Antes, ás �0 horas, comezará a proba dos máis cativos (ata 8 anos); ás

�0.15h a de premini (nenos e nenas de 9 e 10 anos); ás �0.45h, a de mini cativos (11 e 1� anos); e ás �1.05 a carreira infantil, que será a última das probas dos es-colares.

Caracter solidarioEsta primeira edición

da carreira macedá ten ca-racter solidario, polo que dos oito euros que custa a inscrición na proba absolu-ta, un destinarase a axudar a unha rapaza de Maceda que sofre unha parálise ce-rebral. As demais carreiras son gratuítas. Para quen

queira colaborar con máis cantidade que o euro da inscrición, habilitaranse huchas na zona de recollida de dorsais.

O período de inscricións remata o 18 de agosto, para a proba dos maiores, e rea-lizarase na web cronotec.es. Os menores poden ins-cribirse o mesmo día da carreira.

Un euro da inscrición da nocturna de Maceda irá destinado a axudar a unha rapaza da vila que sofre parálise cerebral

A proba de natación do triatlón de Allariz volverá ter lugar no río Arnoia. Un participan-te saíndo da auga nunha edición anterior /ARQUIVO

Os ciclistas do club macedán subiron desta volta a unha bici de ruta en Cambados

Page 17: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

17OCIO E CULTURA

Existe un novo modo de ser turista en galicia. trátase de percorrer, utilizando como medio de transporte o tren, al-gúns dos recursos máis singulares da comunida-de. Este proxecto turístico foi pioneiro e iniciouse en �013 co Tren dos Faros e o Tren dos Pazos e os Xar-díns Históricos. O gran éxi-to de público destas dúas iniciativas levou a estender a oferta este ano a cinco no-vos percorridos polas zonas vitivinícolas da comunida-de.

Trátase por tanto dun modo de practicar turismo combinando os despraza-mentos en tren con outros en autobús, catamarán ou mesmo barco para achegar-se dunha maneira diferente aos recursos relacionados coa paisaxe, a natureza, a viticultura, a enoloxía ou a botánica.

Turismo de Galicia e Renfe colaboran na posta en marcha desta iniciativa que promove un produto turístico de calidade e co aliciente de ser innovador e de resaltar outros produ-tos turísticos diferenciais e recursos que identifican o territorio e poñen en valor algúns dos seus atributos máis singulares. Así, en tren pódense percorrer os faros galegos e descubrir algunhas das praias e acan-tilados máis espectaculares

da costa galega. Pero tamén se poden des-

cubrir os pazos e os xardíns, algúns cunha gran riqueza tanto en cantidade como en variedade de especies e moitos deles situados nal-gúns das paraxes máis belas de Galicia. Os trens turísti-cos combinan o aproveita-mento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente e son un modo di-ferente de viaxar e de confi-gurar un plan moi atractivo para o fin de semana.

Novidades deste 2014: os viñedos

As novidades deste �014 pasan por percorrer os vi-ñedos da Ribeira Sacra, Valdeorras, O Ribeiro, Rías Baixas e Monterrei e algúns dos seus máis relevantes re-cursos enoturísticos.

Así, por exemplo, o Tren do Viño da Ribeira Sacra sae de Ourense e ofrece a oportunidade de visitar a aula ferroviaria e a estación dos Peares, así como os ca-nóns do Sil e a adega Regi-na Viarum, xunto co Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, un paseo en catamarán e a degusta-ción dunha queimada. Unha xornada completa e todo un paseo pola gastronomía, a enoloxía e a cultura dun das paraxes máis espectacula-res de Galicia.

Se optamos por realizar o percorrido no Tren dos

Viños de Ribeira Sacra e Valdeorras poderemos per-correr o territorio de dúas Denominacións de Orixe Protexidas co río Sil como nexo común e aproveitar para vivir un cruceiro en ca-tamarán pola Ribeira Sacra e visitar as adegas A Coroa. O Santuario das Ermidas e a estación e a aula ferrovia-ria dos Peares son as outras dúas visitas que completan o plan desta ruta.

Tamén unha ruta dobre é a que percorre o Tren dos Vi-ños do Ribeiro-Rías Baixas. A adega Marqués de Vizho-ja e o casco de Ribadavia son algúns dos grandes re-clamos desta ruta. Ademais, na Igrexa da Madalena visí-tase o Túnel do Viño onde o viaxeiro pode paladear cal-dos da D.O. Ribeiro men-tres visita unha exposición sobre os mesmos. O Barrio Xudeu da localidade e unha degustación de licores na cooperativa vitivinícola do Ribeiro son o plan perfecto para unha ruta que inclúe ademais a visita ao Castro de San Cibrán de Las e ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. Xa desde Santa Cruz de Arrabaldo re-tórnase a Ourense.

O Tren do Viño de Mon-terrei ofrece a oportunidade de visitar o Parador de Ve-rín, recibir unha explicación sobre os viños da Denomi-nación de Orixe e visitar a adega Gargalo. Desde a

estación da Gudiña traslá-danse a Baños de Molgas, onde se realiza a comida e desde alí chégase en auto-bús a Xunqueira de Ambía, onde se pode admirar a súa colexiata románica. A visita a Allariz complétase des-pois cun paseo á beira do Arnoia.

E o Tren do Viño das Rías Baixas permite ao viaxeiro gozar da paisaxe da ría de Arousa e observar as me-dievais Torres do Oeste de Catoira. A visita ás adegas Martín Códax e Pazo de Fefiñáns e un paseo por Cambados, a “capital do Albariño”, forman parte do percorrido desta ruta, que permite ademais coñecer a experiencia de pasear en barco pola ría de Vigo e co-ñecer a illa de San Simón.

Nesta tempada inclúese tamén como novidade os packs de fin de semana nos que se combina as Rutas en Trens Turísticos coa per-noctación dunha noite nun hotel galego e os paquetes combinados de fin de sema-na desde outras cidades de España.

Ruta da Camelia, tren dos Pazos e Ruta dos Fa-ros

Despois de Xapón, Gali-cia é a rexión do mundo con máis variedades de came-lia. Na súa aposta por dar a coñecer tanto as especies como os magníficos encla-

ves nos que se producen, Turismo de Galicia creou a Ruta da Camelia, un produ-to endóxeno da comunida-de que difunde un recurso singular e permite realizar un percorrido novo por al-gúns das paraxes máis belas da comunidade galega.

A Ruta da Camelia en Galicia conta con múltiples alternativas. Unha delas é o Tren dos Pazos e Xar-díns Históricos. Con saída e chegada en Santiago, o tren percorre Vilagarcía e vista o Pazo de Rubiáns, así como Arcade e o Castelo de Soutomaior; Castrelos e o Pazo Quiñones de León. A través deste percorrido, o viaxeiro ten a ocasión de visitar o xardín, os viñedos e as instalacións do Pazo de Rubiáns, na Ría de Arousa.

Galicia conta con outro produto cabeceira de marca que, do mesmo xeito que a Ruta da Camelia, permi-te pór en valor os faros e praias de Galicia.

A forma máis singular de penetrarse neste gran recla-mo da comunidade galega é o Tren Turístico pola Ruta dos Faros. Con saída e che-gada á estación de Ferrol, o Tren dos Faros percorre en-

claves tan singulares como o Cabo Ortegal, a Serra da Capelada, os cantís de Vixía Herbeira; o santuario de San Andrés de Teixido; Es-taca de Bares, O Barqueiro, o Faro de Illa Pancha ou a praia das Catedrais.

O percorrido permite ta-mén saída desde A Coruña incluíndo unha panorámica da cidade e a visita á Torre de Hércules.

train&BreakfastExiste tamén un modo

de chegar a Galicia perco-rrendo o Camiño de San-tiago en tren, a través do Train&Breakfast posto en marcha por Renfe e que ini-cia o seu traxecto en Barce-lona. Train & Breakfast Ca-miño de Santiago combina o traxecto en ferrocarril coa realización de etapas a pé ou en bicicleta e con visitas e outras actividades progra-madas.

A estas rutas turísticas temáticas convén engadir a posibilidade de descu-brir Galicia co Galicia Rail Pass, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e o Transcantábrico. As rutas están en funcionamento até finais de setembro.

Santuario das Ermidas. /CEDIDA POR TURGALICIA.

Canón do Sil. /ADOLFO ENRÍQUEZ

DESCUBRIR UN DESTINO VIAXANDO EN TREN

As novidades deste 2014 pasan por percorrer os viñedos da Ribeira Sacra, Valdeorras, O Ribeiro, Rías

Baixas e Monterrei

Page 18: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

18 BARRIOSAgosto de �014 OCIO E CULTURA

Redacción

O Concello de Verín cele-bra os días 14 e 15 de agos-to as súas Festas de Verán na honra de Santa María a Maior. O concelleiro de Festas, Víctor Baladrón, e o alcalde en funcións, En-rique Díaz, presentaron as actividades previstas para estes dous días.

O xoves 14 actuará o cuarteto local Lapsus Gai-ta, na praza García Barbón ás ��.30 horas. Unha hora despois, o cantautor Emilio Rúa presentará nun concerto o seu quinto disco “Destino Sur”. O cantautor contará coa súa banda ao comple-to (Jose Gayoso -guitarra-, Kiños Saburido -batería- e Diego Pérez -contrabaixo-) e a colaboración das can-tareiras Xestreu. O remate musical da noite porao As-tarot, presentando o seu dis-co “Séptimo pecado”. Este disco está conformado por 18 temas dos cales, once son composicións propias que nos recordan ás orixes da banda galega, e o resto versións de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” de Amancio Prada, “Xirare” de Juan Pardo, “O tren” de Andrés

do Barro, “Échame a mí la culpa” e “Cerca del río” po-pularizadas por Albert Ha-mmond.

Actos relixiososO venres 15 iníciase ás

11:30 horas coa procesión e misa na igrexa parroquial para celebrar a patroa de Verín, Santa María a Maior. A Banda de Gaitas do Con-cello de Verín e a Coral de Verín participarán nos actos

relixiosos. Para o público infantil

o Concello programou o espectáculo de contacon-tos “El Origen” de Raquel Queizás. Terá lugar ás 18 horas nas piscinas descu-bertas de Verín, aínda que no caso de condición cli-máticas desfavorables tras-ladarase á Biblioteca de Verín.

O apartado deportivo non pode faltar nunhas festas

e así o Verín CF e Mon-terrei CF enfróntanse cun fin solidario a partrir das 18.30 horas no estadio José Arjiz. Será un partido amigable co fin de axu-dar a Valeria, unha nena de catro anos que padece unha enfermidade rara, e que está a recibir un tra-tamento de rehabilitación que, aínda que está a ter bos resultados, é moi cus-toso. As entradas terán un prezo de 5 euros, e a re-cadación do encontro irá destinada exclusivamente ao tratamento da pequena Valeria.

A actuación anual das Xornadas de Folclore que organiza a Deputación porá o fin de festa á xor-nada. Na súa 19ª edición, o festival levará a Verín as danzas e músicas de Perú, Corea e Rusia - Bashkiria. O evento desenvolverase na praza García Barbón a partir das ��:30 horas.

Redacción

A Asociación Xuvenil e Cultural Tioira de Mace-da organiza o vindeiro 15 de agosto o XVII Festival San Roque and Roll. Un festival que desde fai 17 anos é unha cita ineludi-ble para os amantes da boa música e da festa.

Nesta edición repiten dous grupos: The Láka-zans “despois de que a xente quedara moi satis-feita co descubrimento desta banda”, afirman os organizadores, e a banda local Coche no Río que volve actuar cun ano máis de experiencia.

Ademais o festival conta con tres actuacións máis: as do grupo Collón de Lola “que fai home-naxe á nosa infancia coas cancións do programa Xa-barín Club da Televisión Galega, que marcaron a toda unha xeración”; La Leñera, considerada a mellor banda tributo a Leño. E a actuación máis importante da historia do

festival, Costas, grupo li-derado polo ex Sinistro To-tal, Miguel Costas, creador de grandes cancións coma “Miña terra galega” ou “Bailaré sobre tu tumba”.

O festival dará comezo ás 19 horas, e a entrada é gratuíta. Ademais, permí-tese a acampada libre. As festas de Tioira, Maceda, continúan durante toda a fin de semana con verbenas amenizadas por orquestras e charangas.

Verín honra a Santa María a Maior4 Durante os días 14 e 15 de agosto.

Festival de rock en Maceda4 O XVII San Roque and Roll, o 15 de agosto

Cartel do festival.

A de Miguel Costas é a actuación estelar

O alcalde en funcións, Enrique Díaz, e o concelleiro de Festas, Víctor Baladrón, presentaron o programa das fes-tas./CEDIDA.

O venres 15 ás 18:30 h, partido solidario entre Verín CF e Monterrei CF no josé Arjiz

Page 19: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

19OCIO E CULTURA

A representación do cruce do río Lethes polas tropas romanas será o domingo 24 ás 18 horas./P.LODEIRO.

Redacción

A Asociación Cultural Civitas Limicorum pe-chou o programa da Festa do Esquecemento corres-pondente ao seu ano XIV. Unha festa de recreación histórica que durante tres xornadas -as dos días ��, �3 e �4 de agosto - fará que a capital limiá regrese ao século II a.C.

Como é tradicional, ano tras ano mantéñense os elementos esenciais da festa: o campamento de castrexos e romanos, os seus desfiles polas rúas de Xinzo, o mercado galaico-romano ou exhibicións de cetrería.

ProgramaO Esquecemento inícia-

se coa apertura do “mace-llum” ou mercado arte-sanal galaico-romano ás nove da noite do venres ��. Unha hora máis tar-de abrirase o campamen-to na Alameda do Toural. Tropas romanas e ordas castrexas xuntaranse ás once da noite, para sair en desfile, presidido pola Banda de Gaitas do Con-cello, ata a praza Carlos Casares. A medianoite realizarase o prendido do lume sagrado nesta praza e posteriormente sairán os correlumes polas rúas de Xinzo a cargo do gru-po teatral “Agora”. Unha puxa de escravos na praza Otero Pedrayo será outro dos puntos de interese da madrugada.

O sábado o día comeza coa apertura do ´”mace-llum” ás 11 horas; a me-diodía os máis pequenos terán actividades infantís na praza de San Roque, e haberá pasarrúas a cargo do grupo “Lirolaio”. Ve-ciños e visitantes poderán ver desfilar á garda Preto-riana de “Lucus Augusti”

ás 13 horas. Os que queiran aprender técnicas de loita romano-castrexa poderán facelo nas prazas Xoán XXIII e de Oriente.

As primeiras escaramu-zas entre romanos e cas-trexos terán lugar nas rúas Galicia e Constitución ás 14 horas.

Xa pola tarde, ás cinco, iniciarase unha gincana polo casco histórico para os grupos participantes no Esquecemento. No campa-mento, mentres, haberá xo-gos populares, antes de que ás 20 horas comece o desfi-le das tropas romanas e cas-trexas, con saída e chegada na Alameda do Toural.

Acto central: o cruce do río Lethes

Na derradeira xornada de festa, o “macellum” voltará abrir ás 11 horas. Pasarrúas a cargo de “Sons de Sue-via” e animación a cargo de “Agora” ambientarán a mañá do domingo. A Garda Pretoriana volverá desfilar ás 13:30 horas.

Xa de tarde, as tropas de Décimo Xuño Bruto che-garán ao río Limia (Lethes durante a fin de semana) ás 17:30 horas, e media hora despois representarán o cruce do río, que desenca-deara na gran batalla entre castrexos e romanos e a posterior incineración do caudillo castrexo Beltaine. Ambas tropas voltarán des-filar polas rúas de Xinzo, e contra as nove da noite, realizarase un gran espec-táculo “Ludi Gladiatorum” na praza Maior.

Durante todo o sábado e o domingo no parque do Toural haberá exhibición de aves rapaces.

Co apagado do lume sa-grado no campamento a medianoite, e o concer-to folk da banda Baile de Asalto darase por finalizada a Festa do Esquecemento.

A Festa do Esquecemento devolve ao pasado a Xinzo4 Os días ��, �3 e �4 de agosto.

Haberá desfiles de tropas romanas e castrexas nas tres xornadas O paso do río Lethes polas tropas de Décimo Xuño Bruto terá lugar a partir das seis da tarde do domingo 24

Page 20: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

�0 BARRIOSAgosto de �014

Campo de traballo en RiósRiós é un dos cinco municipios ourensáns que acolle este verán un campo de traballo

organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O campo medioambien-tal que se está a desenvolver no Centro de interpretación da Castaña situado en Trases-trada, ensina aos seus 17 mozos e mozas participantes (galegos, doutras comunidades autónomas e doutros países europeos) o cultivo dos soutos, así como o aproveitamento dos castiñeiros e as castañas como elemento gastronómico.

Festa do pemento de Oímbra Máis de dez mil unidades de pemento degustáronse o pasado 3 de agosto na Festa de

exaltación do pemento de Oímbra, que recibiu a visita de preto de cinco mil persoas. A festa tivo lugar días despois da constitución do Consello Regulador da Indicación

Xeográfica Protexida Pemento da Oímbra, cuxo regulamento inclúe as características do produto protexido, a zona de produción –a totalidade da comarca de Verín–, e as técnicas de cultivo, recolección, almacenamento, envasado e comercialización, entre outros aspectos.

Redacción

Tralo anticipo que su-puxo a celebración da Ra-mallosa na primeira fin de semana de agosto, os ce-lanoveses gozarán de cin-co días de festas na honra de San Roque.

A recoñecida orquesta Olympus será a encar-gada de abrir os festexos na noite do martes 1� de agosto, presentando o seu espectáculo na praza Maior. Na mesma xor-nada haberá Festival de boleros da Coral Solpor no Auditorio Municipal a partir das �0 horas.

Xa o mércores 13, a música correrá a cargo das orquestas América e Asia. No claustro barroco do Mosteiro terá lugar a actuación correspondente ás Xornadas do Folclore, a partir ds �0:30 horas, con grupos de Perú, Rusia e Argentina.

O xoves 14 as orques-tras elixidas para ameni-zar a velada son Gran At-lanta, que tocará na praza

OCIO E CULTURA

Orquestras e bandas animarán musicalmente os festexos

4IMAXES DO MES

Maior, e Los Españoles, que fará o propio nos Catro Camiños.

E o día 15, haberá pa-sarrúas e sesión vermú na Alameda a cargo da banda de músicade Vilanova dos Infantes; a mesma banda volverá tocar á tardiña (�0 horas) na praza Cervantes. Pola banda das orquestras, tocarán Royal na praza Maior e Elegancia na Ala-meda.

Festividade de San Ro-que

O sábado 16, festividade de San Roque, será a ban-da de música de Celanova a que realice o pasarrúas e dea un concerto na Alame-da a mediodía, e outro pola tarde no claustro do Mos-teiro. A verbena nocturna correrá a cargo da orquestra Principal na praza Maior e de Noite do Grove na Ala-meda.

Para a medianoite do sá-bado está prevista a tradi-cional tirada de fogos de ar-tificio, un dos platos fortes das festas que o ano pasado

houbo de anularse por falta de orzamento. Non obstan-te, este ano todo está listo (se conceden os permisos correspondentes) para que se quiten a espiña, expli-caba un dos membros da comisión de festas, Carlos Vázquez.

Este é o segundo ano con-secutivo no que un grupo de mozos e empresarios de Ce-lanova se encargan de or-ganizar as festas populares da vila, grazas ás achegas de veciños e comerciantes e a unha subvención do Con-cello de 3�.000 euros.

Apartado deportivoNo aparto deportivo, des-

de inicios de mes e ata o 17 de agosto, estase a celebrar un torneo de tenis nas can-chas da piscina. Ademais, na tarde do día 16, celébra-se un partido de fútbol entre o Celanova e o Bande.

5 días de festa en Celanova4 O sábado 16 está prevista unha tirada de fogos para pechar as celebracións de San Roque.

Redacción

A Federación de Enti-dades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat) celebra a entrega anual dos seus premios Alecrín en Celanova. Con tal mo-tivo, o Concello de Cela-nova e a Fundación Cu-rros Enríquez convidaron a todas aquelas persoas orixinarias de Celanova e residentes no exterior que estes días están gozando as vacacións cos seus fa-miliares, a que participen no xantar de confraterni-dade previsto para o 1� de agosto no antigo refectorio do Mosteiro de San Ro-sendo. Queren consolidar así unha xornada anual de convivencia entre todos os

O Mosteiro de San Rosendo acolle a entrega dos premios Alecrín4 Concedidos pola Federación de entidades ga-legas en Cataluña.

celanoveses residentes en calquera lugar do mundo.

Esta I Xuntanza de fillos das Terras de Celanova no exterior comeza cunha vi-sita guiada por Celanova e Vilanova dos Infantes, seguida do xantar e a pos-terior entrega de premios Alecrín.

Os galardoados nesta edición son a Fundación Curros Enríquez, Mon-cho Borrajo no apartado de artes escénicas, Manuel Outumuro no de artes plás-ticas; a Banda de Música Municipal de Celanova no musical, e Xosé Luís Fran-co Grande no de letras. A medalla de Ouro do Centro

Galego de Barcelona foi parar á catedrática Margari-ta Ledo Andión.

As actuacións de Isabel e Amelia e de Maria do Ceo porán o peche musical ao acto, que rematará cunha visita á Casa dos Poetas.

Está previsto que parti-cipen a Escola de Gaitas “Toxos e xestas”, a Asocia-ción Cultural “Cova da Ser-pe”, a Irmandade “A nosa Galiza” de Mollet, a ACG Alborada – La Llagosta, o Centro Galego de Tarrago-na, a Irmandade Galega “O Botafumeiro” e o Centro Galego de Barcelona, amáis da Federación de Entidades Galegas en Cataluña.

O Concello promove a I Xuntanza de fillos das Terras de Celanova no exterior

V Encontro de Cesteiros en Santa Mariña de Augas SantasSanta Mariña de Augas Santas (Allariz) acolleu os días 9 e 10 de agosto o V Encontro

de Cesteiros. O programa comezou o sábado día 9 coa visita ás escavacións arqueolóxi-cas de Armea e á Escola de Cestería, pero foi o domingo o que concentrou a maioría de actividades. Houbo obradoiros, exposición e venda de cestas, acompañados de ambien-tación musical. Un xantar degustación de carne de boi completou o festexo.

Page 21: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

�1OCIO E CULTURA

Redacción

A VII Edición do Fes-tival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel de Riós renderá unha homenaxe ao presentador Carlos Sobera e á directora da Fundación Érguete, Carmen Avenda-ño. O festival celebrarase o mércores 13 e xoves 14 de agosto na Praza do Conce-llo de Riós.

O actor Rubén Riós, di-rector do festival, expli-cou como chegou Carlos Sobera a participar neste evento: “O festival tivo un principal artífice xunto co-migo que foi o grandísimo actor Abelardo Gabriel que xa non está connosco. Aló polo �010, díxome: ‘teño

un gran amigo que estou se-guro que lle encantaría co-ñecer unha terra como Riós, Carlos Sobera, non dubides en convidalo’. Dende aque-la, puxémonos en contacto con el para que fose posible a súa chegada e este ano estará connosco en honra a Abelardo Gabriel”.

Xornada centrada no audiovisual

A primeira xornada do Festival está centrada no cinema e a televisión, no que se farán proxeccións audiovisuais diversas. En-tre elas, presentarase unha nova edición da sección de cinema de integración so-cial “Todos podemos facer cine”, dirixida pola actriz

e pedagoga Estíbaliz Vei-ga. A velada nocturna será unha verbena tradicional amenizada polo colectivo Rebulir de Ramirás e a Co-ral Cantarela.

HomenaxesO xoves 14 de agosto es-

tará cargado de emoción e homenaxe. A Ruta do Ta-lento comezará ás 13 horas, trazando un percorrido ao longo de castiñeiros mile-narios. Un deles bautizarase co nome de Carlos Sobera, presentador de televisión, e outro recibirá o nome de Carmen Avendaño, outra homenaxeada polo seu la-bor social na loita contra a drogadicción a través da Fundación Érguete. A Ruta

do Talento será conducida polo antropólogo Manuel Mandianes e contará coa actuación da eurovisiva Lu-cía Pérez que interpretará cancións do seu novo disco “Quitapenas”.

Á noite, celebrarase a VII Gala das Artes Escénicas que será conducida polos humoristas Pedro Brandariz e Fran Rei, que presentarán o seu número “Dous paia-sos en apuros”. O humor

continuará da man de Car-los Blanco que realizará un monólogo que será o prelu-dio para a música con Ós-car Ibáñez que chega a Riós co seu novo traballo “Alén do mar” e Lys Pardo, que interpretará temas do seu disco “De familia” no que ofrece un tributo especial ao seu pai, Juan Pardo.

O cinema estará presente coa presentación do trailer do filme “A esmorga” de

Ignacio Vilar e a entrega da Castaña de Cristal a Antón Durán Morris, galardón que anteriormente recibiron outros referentes da cultura galega como Abelardo Ga-briel, María do Ceo, Luis Iglesias e Rosa Cedrón.

Carlos Sobera e Carmen Avendaño recibirán unha homenaxe no Festival de Riós 4 O certame celebra a súa VII edición os días 13 e 14 de agosto.

Participantes na presentación do Festival de Riós./RAMSÉS.

A Castaña de Cristal irá parar ao actor Antón Durán Morris

Page 22: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

�� BARRIOSAgosto de �014

4AXENDAMúsica e espectáculos- 13 de agosto – Xorna-

das de folclore – �0:30 h - Claustro Barroco de Ce-lanova

- 14 de agosto – Concer-to de Emilio Rúa coa súa banda & Xestreu – �3:30 h - Praza García Barbón de Verín

- 17 de agosto – Xorna-das de folclore – �0:00 h desfile e 20:30 h Festival - praza Carlos Casares de Xinzo de Limia

- 18 de agosto – Coral Rondalla da Asociación Cultural Capilla de San Miguel – �0:30 h - Salón refectorio do Claustro Ba-rroco de Celanova

- �4 de agosto – Coro Canta Compaña – �0:30 h - Salón refectorio do Claustro Barroco de Ce-lanova

- �4 de agosto – Coro Canta Compaña – �0:30 h - Salón refectorio do Claustro Barroco de Ce-lanova

- Días �7, �8, �9 e 30 de agosto – I Festival “Hér-cules Brass Celanova” – varias horas e lugares - Celanova

Exposicións- Ata o 14 de agosto

– Exposición “Hilando Plumillas”, de Valentín de Urrutia Mariscal – Sala de exposicións de Verín

- Ata o 31 de agosto – Mostra “Lembranzas de Curros” de Rosario Pa-lacios Orive - Casa dos Poetas de Celanova

Deportes- 15 de agosto - Partido

solidario Verín-Monterrei – 18.30 h – Estadio José Arjiz de Verín

- �3 de agosto - XXV Triatlón de Allariz - 18.30 h - Allariz

- �4 de agosto - Regata de piragüismo - Allariz

Festas- Do 1� ao 16 de agos-

to - Festa na honra de San Roque - Celanova

- Do �� ao �4 de agosto - Festa do Esquecemento - Celanova

- �3 e �4 de agosto - Fes-ta da Empanada - Allariz

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

Fai uns días pregun-teime a min mesmo, que pensaría D. Xesús Taboa-da Chivite do que queren facer no castelo se aínda estivera vivo? El, que foi un dos maiores defensores do castelo e que dende o seu primeiro traballo sobre a fortaleza en 1946 (Mon-terrey. Resumen histórico y arqueológico) dedicou gran parte da súa vida en estudalo e en pedir a súa restauración, que diría so-bre o intento por parte da Xunta de convertelo nun parador? Cal sería a súa opinión? Apoiaría a pla-taforma ou polo contrario estaría conforme coa idea de construír un parador no castelo?

En principio parecen preguntas sen respostas, xa que fai anos que o noso insigne erudito finou

D. Xesús taboada Chivite non quere hotel no castelo

“taboada Chivite dedicou gran parte da súa vida en estudalo e en pedir a súa restauración”

Redacción

O número 8 da revista cultural e turística do Con-cello de Sandiás, A Torre do Castro, recupera os tra-ballos sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da re-vista Nós en 1931.

Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Ur-bano Santana, na revista Nós a través do seu ¨Re-sume xeneral do folk-lore de Sandiás¨, publicado en varios números do ano 1931. Neste traballo recompilaronse lendas, refráns, expresións, etc., así como outros datos de interese da parroquia de Sandiás, textos que nos transportan a outros tem-

e probablemente sexa difí-cil, por non dicir imposible, que un defunto dea a súa opinión. Pero D. Xesús foi un home que escribiu du-cias de artigos, tanto cien-tíficos como para a prensa, e xa se sabe que as palabras lévaas o vento, pero o que deixes escrito pode ser lido moito despois de deixar este mundo.

Así que púxenme mans a obra e comecei a revisar os seus artigos e a navegar pola rede en busca dalgun-ha pista sobre a opinión de D. Xesús, E atopeina! Se buscamos na hemeroteca de ABC a edición do día �5 de setembro de 1964, encon-traremos un artigo de dúas páxinas sobre o noso cas-telo e o futuro Parador de Turismo que se ía construír, nese artigo podemos ler: “El emplazamiento de un para-

dor de turismo en aquellos parajes es ideal. Pero no precisamente en el recin-to del castillo, sino en la explanada donde estuvo el colegio de Jesuítas, según la autorizada opinión de don Jesús Taboada Chivi-te, verdadero paladín, de-fensor y conservador de la integridad del castillo y de las bellezas del valle veri-nenses”.

Queda claro: D. Xesús Taboada Chivite tampouco quere un hotel no castelo.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

Redacción

Vén de presentarse en Verín a Guía Turística da Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago e de inaugurarse o primeiro tramo da Ecovía fluvial do Támega.

A guía ofrece infor-mación sobre os diferen-tes recursos hídricos e as súas indicacións, así como un sistema de infor-mación xeorreferenciada para localizar os recursos hídricos no territorio da Eurocidade. Ademais, in-clúe información sobre a oferta complementaria do destino a nivel enogastro-nómico, relacionadas co

Camiño de Santiago, coa oferta comercial, de aloxa-mento e restauración así como unha carta de augas minero naturais.

Desta guía editaranse 10.000 exemplares -4.000 en castelán, 4.000 en inglés e �.000 en portugués- que estarán dispoñibles nas ofi-cinas de turismo da Xunta, de Verín e Chaves, e das principais cidades do norte de Portugal.

Ecovía do támegaA Ruta Termal e da Auga

inclúe como principal re-curso e atractivo a Ecovía do Támega, cuxo primeiro tramo inaugurouse o pasa-do 17 de xullo. Cun trazado

accesible a pé (tamén para persoas con mobilidade re-ducida) e en bicicleta, a sen-da aberta ten unha distancia de 4,7 quilómetros, que unen a praia fluvial de Verín co Bosque do Pracer, un lugar de gran diversidade natural e enmarcado nun contorno

rico en flora e fauna. O presidente da Deputa-

ción de Ourense, Manuel Baltar, anunciou que fi-nanciará a continuidade do paseo con 600.000 euros “a propia Deputación segui-rá esta vía ata a localidade de Feces de Abaixo, o que

pos e a outros modos de vida. Segundo os promoto-res da publicación, “trátase dun traballo que co paso do tempo adquiriu máis valor, xa que permitiu que moitas das lendas, contos, etc., non pasasen ao esquecemento de non ter sido recompila-das por ninguén”. Ao mes-mo tempo, coa publicación deste traballo, feito nunha época na que o galego non se estudaba, o Concello de Sandiás promove as inicia-tivas “que potencien a esti-ma pola nosa lingua e polo noso patrimonio cultural”.

Asemade, este último número recolle o que foi a V edición da Carreira Po-pular Torre do Castro, e unha nova recompilación de vellas fotografías.

Sandiás homenaxea á revista Nós4 No último número da publi-cación A Torre do Castro.

Unha guía difunde os recursos termais da Eurocidade4 Ábrese o primeiro tramo da ecovía fluvial do Támega.

suporá que no �015 a mes-ma conte cun total de 18 quilómetros, o que reducirá a distancia física con Cha-ves”.

O alcalde de Chaves, Antonio Cândido Monteiro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inauguraron o primeiro tramo da ecovía fluvial do Támega, na área recreativa de Pazos./RAMSÉS.

A Deputación completará a ecovía en 2015

Page 23: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014

�3AXENDA /CLASIFICADOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 14�-�014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz

Nº4 - Ano: IX - Agosto �014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 35�.

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

[Se eres un particular, publica os teus anuncios

clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@

periodicobarrios.com]

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDAAlugo piso en Avda. de Santiago, r/ Monte Medulio. Sen amoblar. 4º piso, exterior, 3 habitacións, � baños, salón grande, cociña amo-blada, � balcóns. Trasteiro e praza de garaxe. Tarima flotante, climalit. Tel. 619 753 540.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separadas no Polígo-no de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. (fronte a Codisoil). Telf. 639 67 74 3�.Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 6�6 �97 504.Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo apartamento amoblado, � habitacións, baño, garaxe pecha-do, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 22 �1 79.Compro casa vella, palleira, ade-ga ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Compro terreo, máximo 500-1000 m� preto de Ourense, máxi-mo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 3� 95 �4.Vendo apartamento en Vigo, � habitacións, 1 baño con coci-ña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 �7 19 16.Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, � baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comu-nidade. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase praza de garaxe en Edi-ficio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.Alúgase praza de garaxe pecha-da na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 �55 033.

EMPREGODúo piano&voz para eventos. Tlf.: 663 733179; e-mail: [email protected]; FB: dúo piano voz; Youtube: www.you-tube.com/user/duopianovoz.Clases a domicilio en Ourense. Especialidade Matemáticas xe-rais. Todas as etapas. Diversos grupos de materias. Recupera-cións - Verán. Con certificado de formador e CAP. Ampla ex-perencia. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail: clasesadomici-lio�[email protected]écese señora de 50 anos para limpeza de pisos familiares, que se atopen pechados polos seus propietarios e sexan utiliza-dos con escasa frecuencia, para mantelos limpos e ventilados. En Xinzo de Limia ou localida-des próximas. Salario a convir. Posúo preparación profesional. Respectuosa, seria, responsable, coidadosa, limpia e organizada. Con desempeño e valores de confiabilidade. Posúo documen-tos legais. Tel. 611 353 009 ou [email protected] cubano católico, con preparación cultural e pro-fesional, busca emprego como coidadores de personas maio-res, acompañantes, xardinería, traballo doméstico e outros ser-vizos. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade.Po-demos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009.Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, orga-nización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516.Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou ne-nos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coidar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empregador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou [email protected]ózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 5�1 448.

CONTACTOSMozo de 34 anos, atractivo e ben dotado, ofrecese para mulle-res esveltas e para despedidas de solteiras na provincia de Ouren-se. Corpo cultivado en ximnasio. Tel 66� �81 31�. Prezo anticri-se.

VENDASVendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distan-cia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel./Whatsapp 667 830 310.Vendo coche de neno Casual Play, pouco uso, �50 euros. Tel. 609 8�� 076Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón ne-bulizador. Tel. 686 54 00 87.Vendo 36 ventanas corredeiras de aluminio branco con illamento cris-tal dobre Climalit. medidas: 5�cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44Vendo 2 portas de aluminio bran-co con cristal sen marco. Medidas: �35cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44.Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75.

Vendo rodas de coche. 185/80/R14. Tel. 663 376 00�.

Page 24: 12 de agosto - Barrios ed.  Xinzo-Verín-Allariz-Celanova

BARRIOSAgosto de �014