1
O PSOE de Vilalba propón o estudo da redución do IBI como medida de aforro para os vilalbeses nun pleno extraordinario Os socialistas de Vilalba pretenden que o Imposto de Bens Inmobles se reduza do 0,5 ao 0,4% no urbano e do 0,4 ao 0,3% no rural O Concello trata de suplir a súa falta de capacidade inversora con tributos municipais que atacan de xeito directo ao peto de cada vilalbésVilalba, 19 de agosto de 2015 O Grupo Municipal Socialista propón para o pleno extraordinario solicitado a redución do Imposto de Bens Inmobles, logo de ter comprobado a pasividade e desinterese do equipo de goberno por falar dos temas que afectan de xeito directo á economía dos vilalbeses e vilalbesas. Dito estudo analizaría a posibilidade de pasar do 0,5 actual ao 0,4% no urbano e do 0,4 ao 0,3% no rural. Segundo sinalan os socialistas, a suba dos valores catastrais da que foron informados os veciños contou coa máxima opacidade e desvencellamento por parte do Concello, polo que o PSOE de Vilalba, ademais de pedir contas ao respecto, propón unha redución que suporía pagar 50€ menos tendo como referencia un valor catastral de 50.000€. Deste xeito, a Agrupación Socialista critica severamente a nefasta xestión do responsable de economía na lexislatura anterior, Agustín Baamonde, subraiando que fomos forzados a un plan de axuste estatal para poder facer fronte ao pago a acreedores- un total de dous millóns de euros- para regularizar a situación económica e financeira do Concello”, afirmou o concelleiro socialista Luis Álvarez. A forte débeda nas arcas municipais “limita a capacidade inversora e de gasto precisos para o desenvolvemento dun municipio como o de Vilalba”, proseguiu o edil vilalbés. Para os socialistas, as consecuencias desta pésima xestión indican que o equipo de goberno trata de suplir esta débeda cos cartos de todos os veciños e veciñas, aumentando a fiscalidade dos tributos municipais. Dito grupo municipal posiciónase do lado dos cidadáns á hora de facer fronte aos pagos dos que o goberno do PP vilalbés debería dar conta fai tempo, sen procrastinar as informacións oportunas sobre o catastrazo e facendo da débeda municipal unha excusa para exprimir económicamente á xente da vila.

190815 Nota Redución IBI

Embed Size (px)

DESCRIPTION

s

Citation preview

Page 1: 190815 Nota Redución IBI

O PSOE de Vilalba propón o estudo da redución do IBI como

medida de aforro para os vilalbeses nun pleno extraordinario

Os socialistas de Vilalba pretenden que o Imposto de Bens Inmobles se reduza

do 0,5 ao 0,4% no urbano e do 0,4 ao 0,3% no rural

“O Concello trata de suplir a súa falta de capacidade inversora con tributos

municipais que atacan de xeito directo ao peto de cada vilalbés”

Vilalba, 19 de agosto de 2015

O Grupo Municipal Socialista propón para o pleno extraordinario solicitado a redución

do Imposto de Bens Inmobles, logo de ter comprobado a pasividade e desinterese do

equipo de goberno por falar dos temas que afectan de xeito directo á economía dos

vilalbeses e vilalbesas. Dito estudo analizaría a posibilidade de pasar do 0,5 actual ao

0,4% no urbano e do 0,4 ao 0,3% no rural.

Segundo sinalan os socialistas, a suba dos valores catastrais da que foron informados

os veciños contou coa máxima opacidade e desvencellamento por parte do Concello,

polo que o PSOE de Vilalba, ademais de pedir contas ao respecto, propón unha

redución que suporía pagar 50€ menos tendo como referencia un valor catastral de

50.000€.

Deste xeito, a Agrupación Socialista critica severamente a nefasta xestión do

responsable de economía na lexislatura anterior, Agustín Baamonde, subraiando que

“fomos forzados a un plan de axuste estatal para poder facer fronte ao pago a

acreedores- un total de dous millóns de euros- para regularizar a situación económica

e financeira do Concello”, afirmou o concelleiro socialista Luis Álvarez. A forte débeda

nas arcas municipais “limita a capacidade inversora e de gasto precisos para o

desenvolvemento dun municipio como o de Vilalba”, proseguiu o edil vilalbés.

Para os socialistas, as consecuencias desta pésima xestión indican que o equipo de

goberno trata de suplir esta débeda cos cartos de todos os veciños e veciñas,

aumentando a fiscalidade dos tributos municipais. Dito grupo municipal posiciónase do

lado dos cidadáns á hora de facer fronte aos pagos dos que o goberno do PP vilalbés

debería dar conta fai tempo, sen procrastinar as informacións oportunas sobre o

catastrazo e facendo da débeda municipal unha excusa para exprimir

económicamente á xente da vila.