3

Click here to load reader

A Ledicia de Ler - Problemas da crítica literaria

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual.

Citation preview

Page 1: A Ledicia de Ler - Problemas da crítica literaria

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia a partir de 1975, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.

A LEDICIA DE LER

“Problemas da crítica literaria”

CARLOS CASARES

La Voz de Galicia. 12 de febreiro de 1978

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Page 2: A Ledicia de Ler - Problemas da crítica literaria

1

A LEDICIA DE LER. “Problemas da crítica literaria”

La Voz de Galicia 12 de febreiro de 1978

PPPProblemas da crroblemas da crroblemas da crroblemas da crítica literariaítica literariaítica literariaítica literaria

CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 12 DE FEBREIRO DE 1978

Hai moi poucos días aínda, na sección de cartas ao director, publicábase neste

mesmo periódico un comunicado subscrito por catro ou cinco asociacións culturais,

que puña en cuestión a honestidade e a competencia da crítica literaria galega. Aínda

que o tal comunicado non expresa máis que unha queixa lexítima e comprensible

(que os críticos ignoraramos a determinado poeta) e que tira unha conclusión ilóxica

e falsa (xa que os críticos non falan do tal libro, logo manipulan a realidade ao seu

antollo), ten o valor de expoñer un problema cultural nun momento en que case que

soamente se presentan problemas políticos, por máis que no fondo da cuestión o tal

comunicado encerra unha intención -eu diría que esa é a súa verdadeira intención-

clarisimamente política: defender, e tamén promover, pois estas cousas non se fan

nunca en balde, a un poeta dunha concreta militancia e significación ideolóxica, e ao

mesmo tempo aproveitar para meterse coa crítica independente (independente dos

partidos, quero dicir, pois non ignoro que unha independencia aséptica e absoluta

resulta imposible, dado que despois de todo cada quen depende de algo: dos seus

gustos, dos seus prexuízos, das súas ideas, das súas teimas, etc.). De todos os xeitos,

benvido sexa o comunicado, aínda que teña máis interese como pretexto que como

texto.

E digo que sexa benvido porque nos permite recordarlle aos partidos políticos

un pasado que lles afecta a case que todos eles e que debe ser utilizado xa como

lección. Nese pasado a política cultural da maioría dos grupos e partidos políticos

estivo simplemente ao servizo dos seus intereses partidarios e foi empregada con fins

colaterais, marxinais ou como queiramos chamarlle: promover nomes politicamente

Page 3: A Ledicia de Ler - Problemas da crítica literaria

2

A LEDICIA DE LER. “Problemas da crítica literaria”

La Voz de Galicia 12 de febreiro de 1978

rendibles, defender opcións e programas conxunturais e encubrir actividades que

doutro xeito serían prohibidas. Respecto disto último, ninguén terá peito nin valor

para acusar a ninguén, o que non nos debe impedir en cambio expoñer as

consecuencias negativas dun tal proceder por moi dispostos que esteamos a

comprender os motivos que o sostiveron. Obrigados e condicionados por unha

realidade hostil, que vale como atenuante, descoidaron a formación teórica de cadros

e militantes, mesturaron política e cultura nun todo revolto e sen fronteiras,

fomentaron o acriticismo literario e impuxeron credos estéticos sen relación

ningunha coa nosa realidade inmediata. O resultado, e aquí entramos xa no presente,

témolo diante dos ollos: nin un texto teórico que mereza a pena, a ignorancia dos

métodos e resultados da moderna crítica literaria (incluídas as achegas marxistas), a

desorientación do lector, a supervivencia do tópico...

Pero na actualidade xa non se poden seguir manexando conceptos tan pobres e

pouco afortunados como os do «compromiso» e «escribir para o pobo», para falar

soamente dos máis escandalosos e insolentes de todos, porque esa incrustación do

pasado no presente non é outra cousa que o rabo dun monstro que hai que matar.

Para iso cómpre un esforzo teórico por parte de todos, unha eliminación do

analfabetismo literario e un tratamento libre da realidade. Persoalmente penso que os

partidos teñen a obriga de contribuír a unha tarefa de clarificación tan necesaria, pois

agora xa desapareceron as circunstancias que nalgún momento puideron aconsellar

unha política cultural tan mecanicista como acrítica e irracional.

Como se ve, as cuestións que aquí presentamos transcenden a anécdota do

comunicado que nos serviu de pretexto. Reducir os problemas da critica literaria

galega a un asunto tan trivial como o de que fale ou non fale de determinado libro,

someténdoa ademais a un proceso de intencións, non é senón a proba de que os

métodos do pasado seguen aínda vivos.