4
A NARRATIVA MEDIEVAL Como época histórica, a Idade Media abrangue o período comprendido entre o ano 476, data da caída do Imperio romano de Occidente, e 1453, ano da caída de Constantinopla en mans dos turcos. O nome de Idade Media déronllo, no século xv, os humanistas do Renacemento, que a consideraban como unha época intermedia (ignorante e escura) entre a Antigüidade e o movemento renacentista, que arrinca xa nese mesmo século xv. CONTEXTO XERAL Os feitos histórico-culturais de maior transcendencia son o triunfo do cristianismo (coa conseguinte influencia da Igrexa na esfera cultural), as invasións dos pobos bárbaros e o xurdimento do feudalismo como sistema económico e social. A base do sistema feudal eran as relacións de dependencia entre señores e vasalos: os señores feudais, ricos e poderosos, estaban obrigados a protexer os seus vasalos, e estes, a cambio, debían obedecer en todo e estar sometido á súa vontade. A pertenza a un estamento ou outro determinábaa o nacemento: nacíase nobre ou nacíase plebeo. Por outra banda, a maioría da xente era iletrada, o cal explica, entre outras cousas, que boa parte da literatura medieval sexa de tradición oral. Esta situación empezou a cambiar a partir do século XII. Co desenvolvemento do comercio e dunha primitiva industria aparecen os burgos ou cidades e unha nova clase social, a burguesía (habitantes dos burgos). Esta burguesía, de mentalidade e costumes máis mundanos, está máis preocupada polo benestar material e a prosperidade económica que polas cuestións espirituais. O latín, continúa sendo a lingua cultural e de prestixio en Europa, pero pouco a pouco as linguas vulgares (as linguas romances) van desprazándoo no uso escrito e literario nun proceso que culminará no Renacemento. Nacen tamén, na Idade Media, as linguas xermánicas: inglés, alemán, danés, noruegués, sueco, etcétera. A ÉPICA MEDIEVAL A épica medieval fórmana sobre todo os cantares de xesta, poemas narrativos que relatan as xestas ou fazañas de heroes históricos ou lendarios. Estes poemas eran cantados polos xograres e transmitíanse oralmente. Sobre un fondo histórico moi leve, sobreponse a ficción literaria. Non son obras de autores individuais senón creacións colectivas (engádense, quítanse e reelabóranse pasaxes de acordo co gusto do público). CANTARES DE XESTA 1. ÉPICA FRANCESA 1

A Narrativa Medieval

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contexto. Épica. Poemas cabaleirescos e narracións en prosa e verso

Citation preview

Page 1: A Narrativa Medieval

A NARRATIVA MEDIEVAL

Como época histórica, a Idade Media abrangue o período comprendido entre o ano 476, data da caída do Imperio romano de Occidente, e 1453, ano da caída de Constantinopla en mans dos turcos. O nome de Idade Media déronllo, no século xv, os humanistas do Renacemento, que a consideraban como unha época intermedia (ignorante e escura) entre a Antigüidade e o movemento renacentista, que arrinca xa nese mesmo século xv.

CONTEXTO XERAL

Os feitos histórico-culturais de maior transcendencia son o triunfo do cristianismo (coa conseguinte influencia da Igrexa na esfera cultural), as invasións dos pobos bárbaros e o xurdimento do feudalismo como sistema económico e social.

A base do sistema feudal eran as relacións de dependencia entre señores e vasalos: os señores feudais, ricos e poderosos, estaban obrigados a protexer os seus vasalos, e estes, a cambio, debían obedecer en todo e estar sometido á súa vontade.

A pertenza a un estamento ou outro determinábaa o nacemento: nacíase nobre ou nacíase plebeo. Por outra banda, a maioría da xente era iletrada, o cal explica, entre outras cousas, que boa parte da literatura medieval sexa de tradición oral.

Esta situación empezou a cambiar a partir do século XII. Co desenvolvemento do comercio e dunha primitiva industria aparecen os burgos ou cidades e unha nova clase social, a burguesía (habitantes dos burgos). Esta burguesía, de mentalidade e costumes máis mundanos, está máis preocupada polo benestar material e a prosperidade económica que polas cuestións espirituais.

O latín, continúa sendo a lingua cultural e de prestixio en Europa, pero pouco a pouco as linguas vulgares (as linguas romances) van desprazándoo no uso escrito e literario nun proceso que culminará no Renacemento. Nacen tamén, na Idade Media, as linguas xermánicas: inglés, alemán, danés, noruegués, sueco, etcétera.

A ÉPICA MEDIEVAL

A épica medieval fórmana sobre todo os cantares de xesta, poemas narrativos que relatan as xestas ou fazañas de heroes históricos ou lendarios. Estes poemas eran cantados polos xograres e transmitíanse oralmente. Sobre un fondo histórico moi leve, sobreponse a ficción literaria. Non son obras de autores individuais senón creacións colectivas (engádense, quítanse e reelabóranse pasaxes de acordo co gusto do público).

CANTARES DE XESTA

1. ÉPICA FRANCESAEn Francia, a épica céntrase no chamado ciclo carolinxio. Os poemas do ciclo carolinxio refírense ao emperador Carlomagno

e aos seus cabaleiros. O máis famoso de todos é o Chanson de Roland (Cantar de Roldán) de autor anónimo, escrito no século XI, tres séculos despois dos feitos nos que se inspira: a derrota de Carlomagno no enclave pirenaico de Roncesvalles a mans dun exército árabe e a morte do cabaleiro Roldán, traizoado por Ganelón.

CHANSON DE ROLANDNo poema, Carlomagno, que conquistou xa toda España agás Zaragoza, envía a esta cidade a Ganelón para negociar co rei mouro Marsilio. Ganelón, non obstante, que se sentiu ofendido por Roldán, sobriño de Carlomagno, pacta con Marsilio a traizón. Xa de volta a Francia, os árabes atacan o exército francés. Roldán, a punto de morrer, toca o seu olifante para previr a Carlomagno. Cando este chega, o único que atopa é o campo de batalla cheo de cadáveres. Entón o sol detense para dar tempo a que os francos alcancen e derroten as tropas árabes de Marsilio. Alda, prometida de Roldán, morre ao coñecer o tráxico fin do cabaleiro.

2. ÉPICA XERMÁNICA E NÓRDICANa literatura dos pobos xermanos, a épica comeza coas narracións mitolóxicas escandinavas, as sagas, recitadas por uns xograres

chamados escaldas. As lendas e a mitoloxía dos pobos nórdicos están recollidas nos Edda.Relacionado con esta poesía nórdica atópase o célebre poema de Os Nibelungos, epopea escrita en alemán cara ao ano 1200.

1

Page 2: A Narrativa Medieval

OS NIBELUNGOS Nela nárranse as fazañas e a morte de Sigfrido, invulnerable en todo o seu corpo por bañarse no sangue dun dragón (coa única excepción dunha parte das costas en que unha folla caída dunha árbore impedira que o sangue lle tocase a pel). Sigfrido namórase da princesa Krimilda, e, para conseguir a súa man, ten que axudar ao rei a conquistar o amor de Brunilda, a raíña de Islandia, que somete aos seus pretendentes a duras probas. Sigfrido conségueo volvéndose invisible. Anos despois, Krimilda descobre a Brunilda o engano de que foi obxecto e esta se vinga facendo que un guerreiro mate a Sigfrido feríndoo no seu único punto vulnerable. Krimilda, casada logo con Atila, rei dos

hunos, vingará posteriormente a morte de Sigfrido.

O S P O E M A S C A BA L E I R ES CO S ( N OV E L A S CO RT ESÁ S )

Denomínase así a unha serie de narracións cultas en verso o protagonista das cales adoita ser un cabaleiro que se enfronta a grandes perigos e aventuras co propósito de alcanzar a fama, a perfección moral ou o amor dunha dama.

Os poemas cabaleirescos supoñen, de feito, o comezo da novela, que vén ocupar o lugar da epopea clásica.Estas primeiras novelas pertencen a un tipo de narracións denominados romans da materia de Bretaña (porque a

acción transcorre en Gran Bretaña ou na Bretaña francesa) ou ciclo artúrico, porque a corte do mítico rei Artús é a que constitúe o centro destas aventuras cabaleirescas.

O punto de partida do ciclo artúrico, á parte da posible existencia anterior de tradicións e lendas célticas, constitúeo unha obra en latín de Godofredo de Monmouth, a Historia Regum Britanniae (Historia dos reis de Bretaña), escrita en 1136, na que xa aparece Arturo ou Artús.

En 1155 o poeta Robert Wace traduciu a obra de Godofredo de Monmouth ao francés en pareados octosílabos, tradución coñecida co nome de Roman de Brut (Novela de Bruto), na que, como elemento engadido, se fai referencia á mesa redonda en que sentaban os cabaleiros de corte de rei Artús. Aínda que disfrazada de historia (o público tomou como históricos e non como criaturas de ficción personaxes como Lancelot ou Perceval), a tradución de Wace pode ser considerada a máis antiga novela artúrica ou da materia de Bretaña.

O rei Arturo (ou Artús) aparece na literatura como o monarca ideal. Si se sabe con certeza que non houbo en Inglaterra ningún rei con ese nome, polo que todo parece indicar que a súa historia provén da mitoloxía celta ou que se construíu a partir da vida dalgún caudillo guerreiro bretón.

O tema central das obras do ciclo artúrico é a busca do ''Santo Grial', o cáliz no que se supoñía que bebera Xesucristo na última cea e ao que se atribuían poderes máxicos e curativos. Este cáliz sería levado, segundo a lenda, a Inglaterra, e o rei Arturo, a instancias do sabio Merlín, mandaría os seus cabaleiros a buscalo.

A lenda por excelencia do ciclo artúrico é a dos amores de Tristán e Iseo, obra de colaboración de varios poetas que narra os amores de Tristán e a bela Iseo. Este amor xorde ao beber por equivocación un filtro máxico. Ao final, Iseo expira sobre o cadáver de Tristán, que morrera de dor.

A culminación do ciclo artúrico é levada a cabo por Chrétien de Troyes (século XII) cuxas obras máis importantes son: Erec, O cabaleiro do león, O cabaleiro da carreta e O conto do Grial, sobre a busca por parte de Perceval do cálice marabilloso que usou Cristo na derradeira cea cos discípulos.

NARRACIÓNS EN VERSO E PROSA

A) CONTOS E NARRACIÓNS EN VERSO

Boa parte da literatura medieval compoñíase para ser recitada en público (algo lóxico nunha sociedade na que ler unha gran maioría non sabía nin nin escribir). Por iso, os autores, algúns deles anónimos, que concibiron as súas obras cun fin didáctico, moralizante ou crítico, escolleron a música do verso como forma de chegar á xente.

1. LITERATURA FRANCESA Destacan:Os fabliaux son breves contos en verso, de carácter cómico e satírico, con argumentos sinxelos e personaxes elementais e

populares: o labrador e a súa muller, o estudante pícaro, o clérigo aforrón, o rico avarento, etc.O Roman de Renart é un extenso poema composto por unha vintena de narracións en verso, escritas durante os séculos XII, XIII

e XIV. Os protagonistas son animais (especialmente un raposo, Renart) que actúan, falan e pensan como o home. Deste xeito, sen intención moralizadora, senón con espírito xocoso e de diversión, ofrécese unha visión satírica e burlona da sociedade francesa deses séculos. Trátase, pois, dunha especie de epopea entre animais, parodia ás veces dos cantares de xesta.

O Roman do Rose é un extenso poema de carácter didáctico e alegórico, unha das obras de maior éxito da literatura medieval. Consta de dúas partes. A primeira, atribuída a Guillaume de Lorris, foi escrita entre 1220 e 1235, e presenta unha visión do amor na que se fonden a tradición trobadoresca do «amor cortés» e a influencia de Ovidio. A segunda parte, a máis extensa, foi escrita por

2

Page 3: A Narrativa Medieval

Jean de Meung entre 1269 e 1278.

2. LITERATURA INGLESAO autor máis importante é Geoffrey Chaucer (1340-1400). Traduciu ao inglés o Roman de la Rose e residiu en Italia onde

coñeceu as obras de Dante, Petraca e Boccaccio, que deixaron nel unha fonda pegada. Foi o introdutor do pensamento e a literatura humanística en Inglaterra.

A súa obra principal é Contos de Canterbury .

CONTOS DE CANTERBURYTrátase dunha narración en verso composta por unha serie de contos relatados por trinta peregrinos que se dirixen á tumba de san Tomás Becket en Canterbury.Estes peregrinos, pertencentes a distintas clases sociais, hospédanse na Pousada do Tabardo, e o hostaleiro comprométese a premiar cunha comida ao que narre o mellor conto.

Escxritos en versos hendecasílabos, preséntanse relatos de variada procedencia -exemplos medievais, de tema artúrico, fábulas, etc. que reflicten a realidade social da época.

Expresan unha visión vitalista do mundo, próxima á do Renacemento que se aveciña: as ganas de rir e a importancia dada ao diñeiro poderían considerarse como algúns dos trazos máis significativos desta nova mentalidade. A diferenza do marco convencional e estilizado dos contos do Decameróm, os dos Contos de Canterbury teñen ás veces máis interese e vivacidade que os contos mesmos. Un dos méritos do libro é a diversidade coloquial con que Chaucer caracteriza os seus personaxes, desde o ton máis elevado, correspondente ao cabaleiro, ata o máis baixo do labrego.

B) CONTOS E NARRACIÓNS EN PROSA

O principal prosista medieval é sen dúbida o italiano Giovanni Boccaccio, a obra do cal anuncia xa as ideas do Renacemento.

Amigo de Petrarca, Giovanni Boccaccio (1313-1375), é un dos primeiros humanistas italianos, e pioneiro, polo tanto, do espírito renacentista. Como humanista, escribiu en latín algúns tratados pertencentes ao xénero biográfico. Compuxo tamén poesía, pero a súa faceta máis importante é a de narrador.

Creador da prosa italiana, escribiu varias novelas (entre elas, Fiammetta, reflexo da súa paixón amorosa por Maria d 'Aquino) e unha sátira contra as mulleres, con abundantes descricións de costumes populares: Corbaccio, chamado tamén Labirinto de amor.

A obra fundamental de Boccaccio é o Decamerón.

DECAMERÓNÉ unha colección de cen contos relatados por dez narradores -sete damas e tres cabaleiros- durante os dez días (iso significa o título: 'dez días') que pasan refuxiados nunha casa de campo próxima a Florencia, fuxindo da peste que asolaba esa cidade en 1348. Para distraerse, acordan entre eles que cada un conte un conto cada día.

O Decamerón foi moi ben acollido entre a burguesía emerxente do Trecento xa que non se inserta en nobres tradicións, senón na realidade cotiá das cidades italiás cheas de vitalidade e puxanza. O mundo varipinto é claramemnte bifronte: tráxico e cómico, cortés e vulgar que se plasma tamén no dobre xogo estilístico entre o humilde e o sublime, sen descartar as discretas aparicións do sobrenatural e o máxico.

3