2
A Santa Compaña BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; Pequena Mitoloxia de galicia; ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 2001. A Santa Compaña EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

A Santa Compaña

Embed Size (px)

DESCRIPTION

boletín con adaptacións de lendas de tardos para nenos/as

Citation preview

Page 1: A Santa Compaña

A Santa

Compaña

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia;

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

Edición Xerais, Vigo 2001.

A Santa

Compaña

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Page 2: A Santa Compaña

Contan que o portador da cruz ten que cumprir rigurosamente unha serie de normas. A primeira delas é non mirar atrás baixo ningún concepto. Ten a obriga de gardar silencio sobre a súa actividade nocturna, unha actividade que polo demais traelle como consecuencia un notable deterioro físico e psíquico: de seguida empeza a poñerse fraco, ensómese nunha extraordinaria tristura, séntese sempre mal, perde a cor e adquire a dos difuntos e en moitas ocasións non tarda en morrer.

A procesión vai encabezada por un vivo que porta unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Este está condenado a guiar á Compaña todas as noites do resto da súa vida, a non ser que consiga desfacerse da cruz pasándolla a outro vivo.

En definitiva, considérase a Santa Compaña como unha anunciadora da morte. A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un finado.

A Compañía sempre representa un perigo para que bate con ela ou quen a ve. Por todo isto, non é moi recomendable andar de noite por determinados vieiros.

Xa advirte a Compaña: “Andade de día, que a noite é miña”.

Todos os membros levan luces, cadeas ou ósos ardendo e é frecuente que desfilen acompañándose de toque de campaíñas e que canten o miserere ou se laien con grandes berros.

Lendas

Existen varios remedios para librarse de coller a cruz: - Fai un círculo cunha cruz e queda dentro ata que pasen. - Leva no peto cornos de vacaloura e allo. - Déitate no chan e fai o morto,boca abaixo. Librarás da cruz, pero se cadra a Compaña pasa por riba túa e esmágate. Quedarás magoado unha tempada. - Responde “Cruz teño” cando o portador da cruz trate de colocarcha dicíndoche “tócache a ti”.

O nome máis correcto é simplemente C o m p a ñ a o u Compañía.

Trátase dunha rocesión de mortos ou ánimas en pena que envoltos nun sudario branco e descalzos percorren, a partir das doce da noite os c a m i ñ o s d a parroquia.