16
A TORRE DO CASTRO Revista Cultural e Turística do Concello de Sandiás Nº5 – ANO 2011

A Torre do Castro (Nº5)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista cultural e turística do Concello de Sandiás editada para dar a coñecer o rico patrimonio cultural do concello e da Limia (Deposito Legal: 150-2008 - ISSN: 1889-0199).

Citation preview

A TORRE

DO CASTRO

Revista

Cultural e Turística do Concello de

Sandiás

Nº5 – ANO 2011

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

2

ÍNDICE:

• Saúdo da alcaldesa.

• Editorial.

• A torre do Castro ilustra un selo de Correos.

• Artigo de Domingo Fontán sobre a necesidade do desaugamento da lagoa de Antela (1858).

• Novo éxito participativo da segunda edición da Carr eira

Popular Torre do Castro.

• O Centro Ecuestre de Antela. O hipódromo de Galicia .

• Memoria fotográfica do concello de Sandiás – Fotos da colección particular de María Fe Fernández.

Dereitos de autoría dos traballos desta edición: *dos textos: X. F. (Salvo dos textos das publicació ns na que figura a súa orixe ó principio do artigo) *das fotografías: contraportada e penúltima páxina (Colección particular de María Fe Fernández), portada (Miliarios de Vilariño das Pold ras) e demais fotos (X. F.). *de arquivo: reprodución do selo da torre do Castro (Sociedade Filatélica Miño), foto do retrato de Domingo Fontán (Web: http://age.ieg.csic.es/hispengeo/fotos_restos.htm), artigo de Domingo Fontán (Biblioteca do Museo de Pontevedr a), carreira no Centro Ecuestre de Antela (Padroado de Turismo da Provincia de Ourense ), mapa da lagoa de Antela na Carta Xeométrica de D. Fontán e plano da lagoa de A ntela de Toribio Íscar (Blog Amigos do Arqueolóxico: http://arqueoloxico.com/blog )

Edición non venal do Concello de Sandiás

Deposito legal: OU 150-2008 ISSN: 1889-0199

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

3

SAÚDO DA ALCALDESA

Como xa vén sendo habitual nos últimos catro anos diríxome ós veciños e visitantes para comunicarvos a saída do número cinco da revista que naceu cun obxectivo moi concreto, o de dar a coñecer o noso rico patrimonio histórico-artístico e cultural ós nosos veciños e ós nosos visitantes. Este ano temos como principal novidade a ilustración da torre do Castro nun selo de Correos. Esta é a segunda iniciativa de promoción, a nivel de toda España, do noso patrimonio histórico-artístico, xa que a primeira foi a edición pola ONCE dun boleto para celebrar o 400 aniversario do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2007). Tamén é preciso lembrar que este ano se celebrou a segunda edición da Carreira Popular Torre do Castro, proba que pouco a pouco vaise afianzando no calendario galego, que tivo un incremento na asistencia de atletas, sobre todo os máis novos. Esta carreira naceu co fin de promocionar o deporte entre os máis novos, cun obxectivo principal, o fomento dunha sá deportividade na que os resultados sexan o de menos, un obxectivo que se esta a cumprir. Espero e desexo que con este novo número avancemos un pouco máis na promoción do noso patrimonio cultural e do deporte. Sandiás, setembro de 2011.

Concepción Méndez Gándara Alcaldesa do Concello de Sandiás

EDITORIAL

Chegamos ó quinto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar coincidindo co Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2011. Rematamos este número, cunha mostra de vellas fotografías, neste caso xentileza da veciña de Sandiás, María Fe Fernández, que entran a formar parte da galería de imaxes da memoria do noso concello. Esperamos que estas páxinas sexan do agrado dos veciños e dos visitantes.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

4

A TORRE DO CASTRO ILUSTRA UN SELO DE CORREOS

A torre do Castro é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense

O xoves 21 de xullo tivo lugar, no Concello de Sandiás, a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, máis coñecida polos veciños do concello de Sandiás pola torre do Castro, e é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense.

O presidente da Sociedade Filatelica Miño, José Barros, e a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez na presentación do selo de Correos

Ó acto de presentación asistiron a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o presidente da Sociedade Filatélica Miño, Jose Barros, entre outros. Esta colección de selos naceu con fin de divulgar o patrimonio cultural das fortalezas ourensáns por todo o territorio nacional, polo que contribuirá a dar a coñecer a torre de Sandiás por toda España. Esta é a segunda iniciativa posta en marcha polo Concello de Sandiás para visibilizar o seu patrimonio histórico-artístico. Lembrar que o Concello de Sandiás solicitou no ano 2007 á Organización Nacional de Cegos (ONCE) a realización dun cupón para celebrar o 400 aniversario do retablo de santo Estevo de Sandiás (1607-2007), obra de Francisco de Moure. A torre de Sandiás, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro, conserva en bo estado os seus grosos muros norte e leste, e parcialmente o do sur. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde é arrasado polos irmandiños, e logo quizais xa non foi reconstruído, tal como apunta algún autor. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

5

¨EL SANEAMIENTO DE LA LAGUNA ANTELA¨(1)

POR DOMINGO FONTÁN (LA EXPOSICIóN COMPOSTELANA, XUÑO 1858)

Retrato de Domingo Fontán (Portas (Pontevedra), 1788-1866)

Domingo Fontán (1788-1866). Galego Ilustre. Autor da Carta Xeométrica de Galicia (1854), o primeiro mapa topográfico de Galicia realizado con métodos científicos, colaborador do Diccionario Madoz, e Deputado a Cortes por Pontevedra polo Partido Liberal. Entre xuño e xullo de 1858 publicou unha serie de artigos no xornal semanal ¨La Exposición Compostelana¨ relacionados co fomento da agricultura en Galicia como “El fomento de la Agricultura”, “La utilización de los juncales”, “El saneamiento de Limia y de la tierra llana”, “El poder público y fomento de la producción”. A primeira parte do artigo relacionado co saneamento da Limia é o que reproducimos a continuación, artigo que se atopa na Biblioteca do Museo de Pontevedra.

No solo progresará en mucho la agricultura de Galicia aprovechando en el riego las abundantes acequias, sino también dando á los que desaguan en el mar la dirección conveniente en el término de su curso, á fin de que sin perjudicar en nada a la pesca y facilitando la navegación, se sustraigan al dominio de las mareas terrenos por ellas inundados, cuya posición nos excusa decir que serán feracísimos, y que nunca debieron verse así perdidos para el país por un Gobierno ilustrado y previsor á quién está encomendada su felicidad.

El utilizar estos vastos juncales, que en bajamar cualquiera puede reconocer en las rías de Betanzos, Pontevedra, Noya y otras, pues en todas ellas hay terrenos fangosos mas o menos extensos, es un objeto preferente atención para las autoridades honradas con el encargo de fomentar y promover, la riqueza pública. Trabajos de esta clase no están al alcance de nuestros labradores. También es necesario que al emprenderlos el Gobierno, marchen de consumo los ministerios del Fomento y de la Marina; no sea que competencias siempre perjudiciales, eternicen en daño del país expedientes, que solo deben iniciarse y llevarse á cabo rápidamente sin perder de vista el importante objeto que los motiva.

Si el Gobierno no quisiese emprender obras de esta naturaleza, en su mano está estimular á los capitalistas á que de su cuenta las realicen, cediéndoles la propiedad de terrenos tan vastos. Tales empresas son conocidas e indudablemente lucrativas. Así que, levántense por nuestros ingenieros los planes de esas marismas; fíjese en ellos el curso que haya de darse á las aguas en provecho de la navegación; mídase el terreno adyacente que hoy inundan y que ha de ser entregado al cultivo; y así aumentamos la masa de la producción agrícola, y aun de la producción industrial á beneficio de las aguas que quieran estancar los empresarios, empleándolas después, como un motor, según hoy se hace en algunos senos de nuestras rías.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

6

Este aumento en la producción del suelo gallego, hoy perdido, y con el empleo de capitales quizá dedicados á negocios de efectos públicos improductivos para la Hacienda, es no menos beneficioso al país que aquella, creando así una riqueza imponible; y lo es sobre todo para nuestros desgraciados compatricios, proporcionándoles tales obras ocupación y trabajo, sin necesidad de buscarlos en lejanas tierras, sin atravesar el Atlántico, como lo están haciendo emigrando á las repúblicas del Uruguay, Buenos Aires y otras del continente americano.

Si en las tres provincias litorales tienen sus dignos Gobernadores un objeto de tan preferente atención en que ocupar su actividad e inteligencia en beneficio de Galicia, igual gloria puede caber al digno Gobernador de la provincia de Orense, llevando a cabo empresas análogas respecto á terrenos inutilizados por las aguas de algunos de sus ríos. Bien se deja ver que vamos á hablar del Limia.

El artículo Limia de las páginas 286 y 287 del Diccionario geográfico del Sr. Madoz, de cuya exactitud no cabe dudar, merece ser aquí trasladado casi en su totalidad, no para conocimiento de la autoridad á quien se haría una ofensa en suponer que desconoce lo que es el valle de la Limia, sino para conocimiento del público y de todos cuantos deben interesarse por la salubridad, aun mas que por la riqueza agrícola y pecuaria, de los que lo pueblan.

A lagoa de Antela na Carta xeométrica de Galicia (Paris, 1854)

Plano da lagoa de Antela no proxecto de desaugamento de Toribio Íscar (1866).

Es el Limia un río que nace en nuestro territorio y á las 40 leguas entra en Portugal y cruza este reino desaguando en Viana en el Océano Atlántico. Domina su origen la gran sierra de San Mamed, de cuyas vertientes occidentales procede también Arnoya; así como las meridionales dan sus aguas al Támega, que es afluente del Duero. El curso de los dos ríos es rápido, no así el del Limia. Aproximase el nacimiento de aquellos á la cumbre de una sierra, al paso que el de este dista de ella unas tres leguas. Del fondo una laguna de extensión de una legua cuadrada, brotan sus aguas corriendo casi cuatro leguas mansamente por una llanura sin declive ninguno. El desnivel entre el origen del Limia ó la laguna Antela y la extensa cumbre de la sierra es de 4200 varas. Las nieves no desaparecen de ella sino en tres ó cuatro meses del año. En esa estación del estío la laguna viene á ser un pozo, cuyas aguas allí se estancan, como que aparece enteramente seco el cauce del río, y yo así lo reconocí en el puente de las Poldras bien próximo a la laguna, y la vadeé también enfrente a Sandiás. Pero en el resto del año, sobre todo en la estación de las lluvias y del derretimiento de las nieves, la llanura se inunda, brota el agua en toda su extensión, y la carretera es un camino muelle ó arrecife que cruza un lago especialmente entre los ríos Limia y Ginzo; todos los demás caminos rurales están encharcados ó inundados.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

7

Estos dos ríos forman dos valles llamados el del E. ó de la laguna Limia baja, y el del O. Limia alta, mediando una colina entre las dos comarcas, siendo la extensión de estas de cuatro leguas N. S. Y otras tantas E. O. Este terreno es muy productivo en lo poco que de él se puede cultivarse, y que se calcula en una octava parte; pues los labradores se ven precisados á abrir zanjas alrededor de sus tierras para desahogarlas del agua que las encharca y esteriliza. A pesar de ello es tal la feracidad del terreno que se considera la Limia como el granero de Galicia. Su centeno, abundante y el mejor que he visto, se extrae para Allariz, Celanova, Verín, Ribadavia, Pontevedra, Redondela y Vigo, aparte del que se introduce en Portugal. Hay también mucho trigo, mucho y buen maíz, patatas, nabos y otras legumbres, y jamás hallé cebollas tan disformes como las que se cultivan no lejos de la laguna. Abunda el ganado, de todas clases, es bien merecida la nombradía de los cabritos, y si se exceptúa la producción del vino, de todas es capaz el suelo de la Limia, en donde tampoco escasean excelentes frutas. Veamos ya el reverso de esta medalla.

¨Tantas ventajas naturales (dice el ilustrado autor del articulo del diccionario), desaparecen en gran parte por la insalubridad que ocasiona el pestilente charco de la laguna Antela, llamada también de Limia y Beón. Se forma esta en el centro de la Limia baja con las aguas que nacen en su fondo, las que descienden de las cumbres inmediatas, y las llovedizas que por falta de pendiente se detienen allí, y se estancan hasta ocho pies de profundidad en lo mas hondo. Creciendo con las impetuosas avenidas o derretimiento de las nieves, se derraman por toda la llanura, arroyando y destruyendo los sembrados que alcanza. Si bien en otro tiempo pudo ser mayor su extensión, hoy día tiene una legua de N. a S. y ¼ de E. a O. Poco mas ó menos. Antiguamente ceñía y contenía al lago para que no se derramase con tanta libertad una espesa selva de pinos, zarzas, y otros árboles enredados entre sí, de manera que para ir desde Junquera de Ambía al Buen Jesús, al tiempo que se edificaba este convento en el coto de Trandeiras, dice la historia de su fundación, era menester entrar armados y poner de trecho á trecho lienzo ú otras señales en las ramas hasta que se marcó esta peligrosa travesía con grandes piedras ó pasales que aún subsisten; no así los árboles de que no ha quedado uno solo en todo aquel recinto. Dentro de la laguna hay crecidos juncos, algas, espadañas, carrizos y otros herbajes palustres con que se hace mas turbio y desagradable el aspecto de unas aguas verdosas y enlodadas sin perceptible agitación. Con las sustancias vegetales y animales que allí nacen y se corrompen, adquieren un hedor y sabor ingrato aun para los ganados que pastan en sus márgenes; despiden vapores fétidos y mortíferos que vician el ambiente, y con el calor del sol en el estío, esparcen por la atmósfera una nube inmensa de zumbadores cínifes que mortifican de día y de noche y no cabe que los haya en otra parte tantos ni tan sañudos.

Durante el estío acude á bandadas á la laguna mucha variedad de aves acuáticas, en cuya caza se ocupan los labradores distrayéndose de sus útiles y más provechosas faenas. Pero lo que mas abunda en ella son las ranas y las sanguijuelas, siendo estas preferibles para los usos de la medicina á cuantas se crían en España. Así es que no ha muchos años se estableció en el país una comisión ó factoría para su acopio y exportación á Francia, pudiendo asegurarse que dicha pesca dejaba á los franceses mas ganancia que la que pudiera ofrecerles la de atunes en las almadrabas de Conil. Son muy graves los males que pesan sobre la población vecina al lago. La agricultura pierde á una y otra orilla pingües terrenos, que sofocados por la humedad, solo dan alguna hierba floja en los meses del estío; su influencia en las afecciones atmosféricas, que contribuye visiblemente á los hielos y á las nieblas frías que desvigorizan y consumen los cereales, o impelidas del viento N. E. corren hacia el inmediato valle de Monterrey, y exterminan en una noche sus viñas y olivares. No es menos perjudicial á la salud pública un suelo tan pantanoso, y un aire tan sobrecargado de su pesada y fétida humedad; sin que basten el benigno temperamento del país, la natural robustez de sus habitantes, la inocente calidad de los alimentos, ni una vida sobria y activa para que dejen de ser harto comunes la hidropesía, el asma, la gota, la parálisis, reuma y fiebres pútridas é intermitentes demasiado malignas y pertinaces: de aquí que tantos niños sucumben á los accidentes comunes de la infancia; de aquí que se malogren tantos jóvenes teniendo que arrastrar una vida penosa que mas bien es una muerte prolongada; y por último de dichas causas proviene que sean muy raros los ejemplos de longevidad en este país¨.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

8

NOVO ÉXITO PARTICIPATIVO DA SEGUNDA EDICIóN DA CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO

Os gañadores da proba absoluta: Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco), Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Ourense Atletismo Academia Postal).

O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, sobre todo dos máis pequenos, desde a atleta máis nova, María Pérez, cun ano e un mes de idade, ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño, que xa participara na primeira edición da carreira. Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia é no calendario das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo. A carreira contou, como xa é habitual, con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m., e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes. O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Ourense Atletismo Academia Postal). Na categoría feminina a gañadora foi Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo Academia Postal), e as 2ª e 3ª clasificadas foron Filomena Cid (Ourense Atletismo Academia Postal) e Rocio Cid (Burgas Atletismo Ourense). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron o seu peso en patacas da Limia.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

9

No relativo ós atletas locais, o gañador foi Ignacio Feijoo (Sandiás - Independente), e os 2º e 3º clasificados foron Pablo Feijoo (Sandiás – Limiactiva) e Francisco Dalama (Sandiás – Limiactiva).

Os atletas locais gañadores

Os comentarios máis repetidos polos atletas da proba absoluta, como xa é habitual, foron as enormes e pinas subidas ata a capela do san Bieito da Uceira, ¨os muros¨ da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas. O éxito de afluencia, aínda máis xente que a edición anterior, así como a satisfacción dos atletas pola carreira, fainos pensar na consolidación desta proba no calendario de carreiras populares de Galicia.

Perfil da proba no que se poden observar ¨Os muros da Uceira¨

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

10

As gañadoras da proba absoluta: Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo Academia Postal), Filomena Cid (Ourense Atletismo Academia Postal) e Rocio Cid (Burgas Atletismo Ourense).

Grupo de participantes nas probas

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

11

Medallas para os atletas máis novos

Saída da proba escolar

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

12

O CENTRO ECUESTRE DE ANTELA. O HIPODROMO DE GALICIA

O concello de Sandiás acolle as instalacións do Centro Ecuestre da Deputación de Ourense, centro destinado ó fomento da cría cabalar, así como a aumentar a formación dos profesionais do sector na nosa provincia. A Deputación de Ourense contribuíu á dinamización e modernización do sector, creando infraestruturas e servizos no noso concello que hai pouco non existían ou eran insuficientes para a demanda que teñen. As actuacións que se levaron a cabo por parte da Deputación de Ourense centráronse en tres aspectos: 1. Fomento da cría cabalar . Construción do centro de cría de Antela e posta en funcionamento de iniciativas innovadoras, como o programa de cría integrado. 2. Creación de infraestruturas . Construcción da pista de velocidade de Antela, dotada dunha bancada-grada para o público, un picadeiro cuberto, pista exterior e edificio de servizos, ademais de boxes para cabalos. 3. Programa de Formación . Dirixida non só ós xinetes, senón tamén a profesionais como técnicos en manexo, ferradores, albardeiros, etc.

Carreira no Centro Ecuestre

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

13

Formando parte deste centro atópase a pista de velocidade, de 1.500 metros de longo por 20 de ancho. Nela realízanse ó longo do ano varias xornadas de carreiras, xa que por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España. Dispón dunha ampla bancada para público, con vestiarios e outros servizos, así como un picadeiro cuberto cunha pista de dimensións olímpicas. Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro debe ser o adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia, e a situación de Antela (boas comunicacións e proximidade ó resto de España) é privilexiada para cabalos e profesionais que continuamente se desprazan a competicións de nivel nacional.

Entrega do premio Tellyturf por parte da alcaldesa de Sandiás ó xinete M. Gomes O crecemento continuo de actividades do Centro Ecuestre de Antela está conseguindo un notable prestixio, xa que durante este ano celebrouse nas súas instalacións a segunda edición dos Xogos Ecuestres de Galicia, un macroevento deportivo que converteu ó centro limiao na capital ecuestre de Galicia durante tres días, e acolleu tamén a segunda edición dun dos mellores raids do panorama internacional, patrocinado polo Al Shahania Stud, propiedade do xeque HH Sheik Mohammed Bin Califa Al Thani de Quatar. Así mesmo o hipódromo de Antela consolídase como un dos cinco de España no que se celebran carreiras que entran dentro do apartado de apostas da Lotaría Nacional.

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

14

Cabalos no Centro Ecuestre de Antela

Un momento das carreiras

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

15

MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CONCELLO DE SANDIÁS

A familia Fernández Rodríguez na sega (Sandiás, 1958) – Colección particular de

María Fe Fernández

A familia Fernández Rodríguez xantando na sega (Sandiás, 1958) – Colección particular

de María Fe Fernández

Antonio Fernández e Rosita González diante do novo edificio do Concello de Sandiás

(1958)

Nº 5 - Ano 2011 A Torre do Castro

Concello de Sandiás - Campo de San Nicol ás, 2 http://www.sandias.es

16

MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CONCELLO DE SANDIÁS

Cataquese feminina da parroquia de Sandiás (Sandiás, 1956) – Colección particular de María Fe Fernández

Mozos de Sandiás na feira (Anos 30) – Colección particular de María Fe Fernández