11
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHILLERATO MATERIA: Física DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA DATA: 11 de Maio de 2020

Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHILLERATO MATERIA: Física DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA DATA: 11 de Maio de 2020

Page 2: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 1 DE 11

CENTRO:IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHILLERATO

MATERIA: FÍSICA

ÍNDICE

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles.

2. Avaliación e cualificación.

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)

4. Información e publicidade.

Page 3: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 2 DE 11 CENTRO:IES ARCEBISPO XELMIREZ I CURSO:2º BACHILLERATO

MATERIA: FÍSICA

TEMA 1. CAMPO GRAVITATORIO

Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Asociar o campo gravitatorio á existencia de masa, e caracterizalo pola intensidade do campo e o potencial. Representa o campo gravitatorio mediante as liñas de campo e as superficies de enerxía equipotencial

Recoñecer o carácter conservativo do campo gravitatorio pola súa relación cunha forza central e asociarlle, en consecuencia, un potencial gravitatorio.

Xustifica o carácter conservativo do campo gravitatorio e determina o traballo realizado polo campo a partir das variacións de enerxía potencial.

Interpretar as variacións de enerxía potencial e o signo desta en función da orixe de coordenadas enerxéticas elixida Calcula a velocidade de escape dun corpo aplicando o principio de conservación da enerxía mecánica.

Xustificar as variacións enerxéticas dun corpo en movemento no seo de campos gravitatorios. Aplica a lei de conservación da enerxía ao movemento orbital de corpos como satélites, planetas e galaxias.

Relacionar o movemento orbital dun corpo co raio da órbita e a masa xeradora do campo. Deduce a velocidade orbital dun corpo, a partir da lei fundamental da dinámica, e relaciónaa co raio da órbita e a masa do corpo.

TEMA 2. CAMPO ELÉCTRICO

Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

Asociar o campo eléctrico á existencia de carga e caracterízalo pola intensidade de campo e o potencial.

Relaciona os conceptos de forza e campo, establecendo a relación entre intensidade do campo eléctrico e carga eléctrica. Utiliza o principio de superposición para o cálculo de campos e potenciais eléctricos creados por unha distribución de cargas puntuais.

Recoñecer o carácter conservativo do campo eléctrico pola súa relación cunha forza central, e asociarlle, en consecuencia, un potencial eléctrico

Representa graficamente o campo creado por unha carga puntual, incluíndo as liñas de campo e as superficies de enerxía equipotencial. Compara os campos eléctrico e gravitatorio, e establece analoxías e diferenzas entre eles.

Caracterizar o potencial eléctrico en diferentes puntos dun campo xerado por unha distribución de cargas puntuais, e describir o movemento dunha carga cando se deixa libre no campo.

Analiza cualitativamente a traxectoria dunha carga situada no seo dun campo xerado por una distribución de cargas, a partir da forza neta que se exerce sobre ela.

Interpretar as variacións de enerxía potencial dunha carga en movemento no seo de campos electrostáticos en función da orixe de coordenadas enerxéticas elixida.

Calcula o traballo necesario para transportar unha carga entre dous puntos dun campo eléctrico creado por unha ou máis cargas puntuais a partir da diferenza de potencial. Predí o traballo que se realizará sobre unha carga que se move nunha superficie de enerxía equipotencial e discúteo no contexto de campos conservativos.

Asociar as liñas de campo eléctrico co fluxo a través dunha superficie pechada e establecer o teorema de Gauss para determinar o campo eléctrico creado por unha esfera cargada.

Calcula o fluxo do campo eléctrico a partir da carga que o crea e a superficie que atravesan as liñas do campo.

Valorar o teorema de Gauss como método de cálculo de campos electrostáticos. Determina o campo eléctrico creado por unha esfera cargada aplicando o teorema de Gauss.

Aplicar o principio de equilibrio electrostático para explicar a ausencia de campo eléctrico no interior dos condutores e asóciao a casos concretos da vida cotiá.

Explica o efecto da gaiola de Faraday utilizando o principio de equilibrio electrostático e recoñéceo en situacións cotiás, como o mal funcionamento dos móbiles en certos edificios ou o efecto dos raios eléctricos nos avións.

Page 4: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 3 DE 11 CENTRO:IES ARCEBISPO XELMIREZ I CURSO:2º BACHILLERATO

MATERIA: FÍSICA

TEMA 3. CAMPO MAGNÉTICO

Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

Predicir o movemento dunha partícula cargada no seo dun campo magnético. Describe o movemento que realiza unha carga cando penetra nunha rexión onde existe un campo magnético e analiza casos prácticos concretos, como os espectrómetros de masas e os aceleradores de partículas.

Comprender e comprobar que as correntes eléctricas xeran campos magnéticos. Relaciona as cargas en movemento coa creación de campos magnéticos e describe as liñas do campo magnético que crea unha corrente eléctrica rectilínea.

Recoñecer a forza de Lorentz como a forza que se exerce sobre unha partícula cargada que se move nunha rexión do espazo onde actúan un campo eléctrico e un campo magnético.

Calcula o raio da órbita que describe unha partícula cargada cando penetra cunha velocidade determinada nun campo magnético coñecido aplicando a forza de Lorentz. Utiliza aplicacións virtuais interactivas para comprender o funcionamento dun ciclotrón e calcula a frecuencia propia da carga cando se move no seu interior. Establece a relación que debe existir entre o campo magnético e o campo eléctrico para que unha partícula cargada se mova con movemento rectilíneo uniforme aplicando a lei fundamental da dinámica e a lei de Lorentz.

Interpretar o campo magnético como campo non conservativo e a imposibilidade de asociarlle unha enerxía potencial.

Analiza o campo eléctrico e o campo magnético desde o punto de vista enerxético, tendo en conta os conceptos de forza central e campo conservativo.

Describir o campo magnético orixinado por unha corrente rectilínea, por unha espira de corrente ou por un solenoide nun punto determinado.

Establece, nun punto dado do espazo, o campo magnético resultante debido a dous ou máis condutores rectilíneos polos que circulan correntes eléctricas. Caracteriza o campo magnético creado por unha espira e por un conxunto de espiras.

Identificar e xustificar a forzar de interacción entre dous condutores rectilíneos e paralelos. Analiza e calcula a forza que se establece entre dous condutores paralelos, segundo o sentido da corrente que os percorra, realizando o diagrama correspondente.

Coñecer que o ampere é unha unidade fundamental do Sistema Internacional. Xustifica a definición de ampere a partir da forza que se establece entre dous condutores rectilíneos e paralelos.

Valorar a lei de Ampère como método de cálculo de campos magnéticos. Determina o campo que crea unha corrente rectilínea de carga aplicando a lei de Ampère e exprésao en unidades do Sistema Internacional.

Relacionar as variacións do fluxo magnético coa creación de correntes eléctricas e determinar o sentido destas.

Establece o fluxo magnético que atravesa unha espira que se atopa no seo dun campo magnético e exprésao en unidades do Sistema Internacional.

Explicar as experiencias de Faraday e de Henry que levaron a establecer as leis de Faraday e Lenz.

Calcula a forza electromotriz inducida nun circuíto e estima a dirección da corrente eléctrica aplicando as leis de Faraday e Lenz.

Identificar os elementos fundamentais de que consta un xerador de corrente alterna e a súa función

Demostra o carácter periódico da corrente alterna nun alternador a partir da representación gráfica da forza electromotriz inducida en función do tempo. Infire a produción de corrente alterna nun alternador, tendo en conta as leis da indución.

Page 5: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 4 DE 11 CENTRO:IES ARCEBISPO XELMIREZ I CURSO:2º BACHILLERATO

MATERIA: FÍSICA

TEMA 5. MOVEMENTO ONDULATORIO

Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

Asociar o movemento ondulatorio co movemento harmónico simple. Determina a velocidade de propagación dunha onda e a de vibración das partículas que a forman, interpretando ambos resultados.

Identificar en experiencias cotiás ou coñecidas os principais tipos de ondas e as súas características.

Explica as diferenzas entre ondas lonxitudinais e transversais a partir da orientación relativa da oscilación e da propagación. Recoñece exemplos de ondas mecánicas na vida cotiá.

Expresar a ecuación dunha onda nunha corda indicando o significado físico dos seus parámetros característicos

Obtén as magnitudes características dunha onda a partir da súa expresión matemática. Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características

Interpretar a dobre periodicidade dunha onda a partir da súa frecuencia e o seu número de onda.

Dada a expresión matemática dunha onda, xustifica a dobre periodicidade con respecto á posición e ao tempo.

Valorar as ondas como un medio de transporte de enerxía pero non de masa Relaciona a enerxía mecánica dunha onda coa súa amplitude. Calcula a intensidade dunha onda a certa distancia do foco emisor, empregando a ecuación que relaciona ambas magnitudes.

Page 6: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 5 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHILLERATO MATERIA: FÍSICA

:

2. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN

Debido á suspensión das clases presenciais e á necesidade de traballar de xeito telemático faise

necesario revisar e adaptar os procedementos e instrumentos de avaliación dende o inicio de dito

período ate final de curso. Cabe sinalar que esta modificación non invalida os procedementos e

instrumentos sinalados na programación e usados durante as dúas primeiras avaliacións senón que

os complementan. Polo tanto, para a avaliación do alumnado necesariamente usaranse tanto os

procedementos e instrumentos referidos na Programación Didáctica do Departamento como a súa

adaptación ás especiais circunstancias do terceiro trimestre e que son expostas a continuación.

2.1. Adaptación dos Procedementos e instrumentos de avaliación ao terceiro trimestre

a) Procedemento Observación do traballo e participación do alumno, que incluirá os seguintes

instrumentos:

Entrega dos traballos propostos mediante o procedemento que o profesor acordou cos seus

alumnos: subida de materiais á aula virtual, posterior envío por correo electrónico ao profesor.

O instrumento será unha lista de control.

Participación na aula virtual. Comprobarase a actividade do alumno nos distintos apartados

que figuran na aula virtual. Entrada en vídeos explicativos, entrada nas actividades subidas

polo profesor, actividade nos temas obxecto de repaso ou ampliación, etc.

A ponderación destes instrumentos de avaliación na cualificación final do alumno indícase na rúbrica

que aparece no punto 2.2.

b) Procedemento Proba telemática que avaliará o grao de consecución daqueles estándares de

aprendizaxe avaliables mínimos correspondentes aos temas 1, 2, 3 e 5. O instrumento de avaliación

será a propia proba ou probas telemáticas que se lle propoñan ao alumnado implicado.

2.2. Cualificación final

Para a cualificación final seguirase tamén un procedemento similar ao previsto na Programación do

Departamento adaptado as circunstancias excepcionais deste terceiro trimestre. Na Programación do

Departamento establécese que a nota final da materia obterase mediante a media aritmética das

probas escritas realizadas durante o curso (non mediante a media das notas das avaliacións). Isto

xustifícase no feito de que na primeira avaliación so da tempo a avaliar un tema (habitualmente

campo gravitatorio), mentres que no resto das avaliacións inclúense necesariamente máis temas.

Tendo en conta o anterior, para obter a cualificación final de curso distinguiremos os casos seguintes:

Alumnado con todas as probas escritas aprobadas.

Para cualificar aos alumnos que teñen aprobadas todas as probas escritas realizadas ata o momento

da suspensión das clases presencias aplicarase o procedemento sinalado na Programación Didáctica

do Departamento: a súa nota coincidirá coa media aritmética das notas das probas escritas

realizadas. Cando o alumno realizase algún exame de recuperación será a nota deste exame a que se

terá en conta para a obtención da media aritmética sinalada anteriormente.

Page 7: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 6 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA: FÍSICA

A nota anterior poderá ser mellorada polo traballo e participación do alumno no terceiro trimestre

de acordo co procedemento de avaliación sinalado no apartado “a” do punto anterior (Observación

do traballo e participación do alumno). Dependendo da súa participación o alumno poderá aumentar

a súa cualificación ata un 10% da nota que acadase mediante a media aritmética dos probas escritas

realizadas.

RUBRICA PARA A AVALIACIÓN DO TRABALLO E PARTICIPACIÓN DO ALUMNO Ponderación

Sempre ou practicamente sempre realiza e entrega as tarefas propostas polo

profesor.

A súa actividade na aula virtual durante o terceiro trimestre é a normal

entrando nos documentos sinalados polo profesor ou nos documentos

pertinentes para a realización das tarefas anteriormente sinaladas.

10%

En varias ocasións realiza e entrega as tarefas sinaladas polo profesor.

A súa actividade na aula virtual durante o terceiro trimestre é incompleta e

desordenada non seguindo a secuencia cronolóxica das tarefas propostas polo

profesor.

5%

Nunca ou practicamente nunca realiza e entrega as tarefas sinaladas polo

profesor.

A súa actividade na aula virtual durante o terceiro trimestre foi nula ou so tivo

unha actividade esporádica, a miúdo non conducente á entrega do traballo

proposto.

0

En ningún caso a cualificación do alumno se verá diminuída polo seu traballo durante o terceiro

trimestre.

Nota final curso = Nota obtida mediante a media aritmética das probas

escritas + Traballo desenvolvido na terceira avaliación (0-5%-10%)

Alumnado con algunha das probas escritas suspensas.

Os alumnos con algunha das probas escritas realizadas ata o momento da suspensión das clases

presenciais suspensa centrarán o seu traballo durante o terceiro trimestre na realización de

actividades de revisión e repaso das unidades didácticas correspondentes.

Cara final de curso este alumnado realizará unha proba ou probas telemáticas da materia

correspondente a cada un dos exames que teña suspensos. Esta proba ten como obxectivo avaliar o

grao de consecución dos estándares de aprendizaxe avaliables mínimos das unidades didácticas que

o alumno non teña superadas e que están sinalados no primeiro punto deste documento.

No caso de retornar aos centros, os exames serán presenciais e adaptaranse ó que indique a

dirección do IES ARCEBISPO XELMÍREZ I.

Page 8: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 7 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA: FÍSICA

A cualificación final destes alumnos realizarase como se indica a continuación:

– Alumnado que supera a materia despois de facer as correspondentes probas telemáticas e

as actividades de recuperación correspondentes.

Este alumnado será cualificado como os alumnos que tiñan todos os exames aprobados.

– Alumnado con algún dos exames suspensos (despois de facer as correspondentes probas

telemáticas)

A cualificación final do alumno obterase do seguinte xeito:

- Os distintos aspectos recollidos no procedemento “Observación do traballo e participación do

alumno” poderá ter un peso na cualificación final de ata un 10% (1 punto sobre 10). Para a

valoración deste aspecto terase en conta a rúbrica indicada máis arriba para os alumnos con todas as

probas aprobadas.

- A media aritmética das notas obtidas nos exames aprobados con anterioridade ó 13 de marzo e as

probas telemáticas terá un peso dun 90% (9 puntos sobre 10)

A cualificación final do alumno será o resultado de sumar as dúas notas anteriores:

Cualificación final = Nota media·0,90 + Nota traballo alumno (0-1 puntos)

2.3. PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

O alumnado que non aprobou a materia na convocatoria ordinaria poderá superala mediante unha

proba extraordinaria que abarcará a totalidade dos contidos impartidos presencialmente. No caso

desta materia serían os seguintes temas:

Tema 1. Campo gravitatorio.

Tema 2. Campo eléctrico.

Tema 3. Campo magnético.

Tema 5. Movemento ondulatorio.

A superación desta proba implicará o aprobado da materia. A proba poderá ser presencial ou

telemática, dependendo da situación sanitaria na que nos atopemos.

Page 9: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 8 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA: FÍSICA

AVALIACIÓN DE ALUMNOS CON MATERIAS DE CURSOS ANTERIORES

PENDENTES

METODOLOXÍA DE TRABALLO ANTES DA SUSPENSIÓN DE CLASES PRESENCIAIS

Creouse unha aula virtual específica para este alumnado onde figura toda a información sobre o

temario obxecto de avaliación así como o procedemento para a súa avaliación.

Así mesmo, nesta aula virtual súbense os materiais de traballo que os alumnos deben facer cunha

periodicidade quincenal. Cada quince días os alumnos entréganlle ao profesor os exercicios

propostos resoltos, e o profesor entrégalles e sube á aula virtual o seguinte grupo de exercicios.

METODOLOXÍA DE TRABALLO DURANTE O PERIODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES PRESENCIAIS

Dende a suspensión de clases presenciais continuouse coa mesma metodoloxía pero agora de forma

telemática e cunha periodicidade semanal. Cada luns súbese á aula virtual o material de traballo que

deben entregar de forma telemática (por correo electrónico) ao longo desa semana. Unha vez

recibido dito material, o profesor remítelles (polo mesmo procedemento) os exercicios resoltos e

resolve as dúbidas xurdidas. Este proceso repítese ata a celebración do exame.

AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON MATERIA PENDENTE

Para avaliar estes alumnos seguirase o previsto na Programación Didáctica do Departamento

adaptándoa ás novas circunstancias derivadas da suspensión de clases presenciais. Polo tanto, para

valorar o grao de consecución dos estándares de aprendizaxe avaliables e a adquisición das

competencias, a proba final prevista será substituída por unha proba telemática que se realizará no

mes de maio.

Os alumnos que teñan aprobada a proba parcial realizada no mes de xaneiro farán unha proba

telemática no mes de maio que cubrirá a segunda parte do temario: parte de Física.

Os alumnos que non superaron a proba parcial realizada no mes de xaneiro farán unha proba

telemática que abarcará a totalidade do temario.

No caso de non poder realizar a proba telemática por razóns debidamente xustificadas os alumnos

serán avaliados pola proba parcial realizada no mes de xaneiro así como polo traballo desenvolvido

dende o inicio de curso.

Page 10: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 9 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA: FÍSICA

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e

no seu caso, ampliación)

Actividades

Ata o 24 de abril, mentres non houbo instrucións precisas por parte da

Consellería de Educación, continuouse impartindo temario de forma

telemática, dada a súa importancia cara as probas ABAU.

A partir do 27 de abril traballouse a un dobre nivel: co alumnado que tiña

unha ou as dúas primeiras avaliacións suspensas estanse a realizar actividades

de repaso e revisión das dúas primeiras avaliacións; co alumnado que ten as

dúas primeiras avaliacións aprobadas continuase impartindo temario.

Metodoloxía (alumnado con

conectividade e sen conectividade)

Dende principio de curso desenvolveuse o temario a través da aula virtual da

materia. De feito, non hai libro de texto asignado aínda que se recomendou

na primeira clase do curso que todos deberían de ter un libro de texto de

consulta nas súas casas. Todos os temas, actividades, recursos, simulacións, e

enlaces a internet figuran na aula virtual. Todo o alumnado estivo traballando

dende principio de curso con esta metodoloxía. Durante o período de

suspensión de clases continuouse traballando a través da aula virtual.

Ata o 24 de abril subíanse vídeos creados polo profesor e actividades, catro

veces por semana (tantas como sesións lectivas tiña asignada a materia). Os

alumnos enviaban as actividades ao profesor a través do correo electrónico

creado a tal efecto, e este respondíalles de forma individual a cada un deles.

A partir do 27 de abril seguiuse traballando dun xeito similar pero agora

ademais de subir actividades e vídeos explicativos da materia nova, todos os

luns sóbense tarefas de repaso e reforzo para o alumnado implicado que

deben realizar e entrega ao longo desa semana.

No se detectou alumnado sen conectividade.

Materiais e recursos

Aula virtual da materia de Física e Química de 4º de ESO.

Vídeos explicativos realizados polo profesor, e e subidos á aula virtual,

coa pizarra online Openboard e unha tableta gráfica.

Correo electrónico creado polo profesor para a recepción das actividades

desenvolvidas polo alumno, envío dos exercicios resoltos polo profesor e

resolución de dúbidas do alumnado.

En ocasións puntuais conexión a través de CISCO WEBEX.

4. Información e publicidade

Información ao alumnado e ás

familias

O alumnado está en contacto frecuente co profesor (mínimo unha vez por semana, xeralmente tres ou catro veces por semana) a través da aula virtual e o correo electrónico sinalado anteriormente.

Profesor titor a través de Abalar ou telefonicamente.

Publicidade Publicación obrigatoria na páxina web do centro. Aula virtual da materia.

Page 11: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020Escribe e interpreta a expresión matemática dunha onda harmónica transversal dadas as súas magnitudes características Interpretar

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 10 DE 11 CENTRO: IES ARCEBISPO XELMÍREZ I CURSO: 2º BACHARELATO MATERIA: FÍSICA