11
EXPERIMENTO: EXTRAER A CLOROFILA DUNHA FOLLA5º de E.P. CEIP de Maciñeira Curso 2017/18

Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

  • Upload
    ana

  • View
    513

  • Download
    11

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

EXPERIMENTO:

“EXTRAER A CLOROFILA DUNHA FOLLA”

5º de E.P.

CEIP de Maciñeira

Curso 2017/18

Page 2: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

MATERIAIS

• Papel de filtro de cafeteira

• Vaso pequeno

• Pauciño longo

• Tesoiras

• Acetona

• Follas de cor verde

Page 3: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

PASOS 1º. Cortamos coas tesoiras as follas en anaquiños moi pequenos e poñémolos nun vaso.

Page 4: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

2º. Engadimos acetona ata cubrir os anaquiños da folla e mesturamos todo ben co pauciño.

Deixamos repousar unhas horas ou ata o día seguinte. Podemos tapar o vaso con plástico para evitar o cheiro da acetona.

Page 5: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

3º. Cortamos unha tira longa de papel de filtro e recortamos o extremo en punta.

Page 6: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

4º. Enrolamos a tira de papel de filtro no pauciño e a colocamos en posición vertical (apoiando o pau no vaso) de forma que só quede o extremo en punta en contacto coa mestura. Deixámolo nesa posición, sen tocalo, polo menos media hora.

Page 7: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

5º. Ao cabo de media hora, levantamos o papel e observámolo.

Page 8: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

5º. No papel de filtro, puidemos ver manchas de cor verde e tamén manchas de cor laranxa ou marrón, nuns papeis máis definidas que noutros.

Que pasou? A acetona, disolveu as substancias que lle dan cor ás follas. Estas substancias, foron arrastradas cara arriba do papel a medida que a acetouna as empapaba.

Page 9: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

Este experimento permitiunos ver por unha banda que en realidade hai dous tipos de clorofila, a A de cor verde escura, e a B, máis brillante e pola outra, que ademais as follas tamén adoutan ter outras substancias que dan cores alaranxadas, chamadas carótenos.

CLOROFILA B

CARÓTENOS

CLOROFILA A

Page 10: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

A técnica que utilizamos neste experimento para separar as

substancias que dar cor ou pigmentos, denóminase CROMATOGRAFÍA. Moitos científicos, utilízana para

separar os compoñentes que forman unha mestura e poder despois

identificalos.

Page 11: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla

Podedes ver este e máis experimentos no noso blogue de clase:

terceirociclomacineira.blogspot.com

Toda a información e a guía que utilizamos para facer o experimento foi extraída do libro Obradoiro de Ciencias da Editorial Santillana proxecto Saber Facer 5º de E.P.