2
Curso 2015-2016 AGASALLOS DE NADAL http://www.blogoteca.com/normalizacionepalugo Xosé Neira vilas Caxade Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cru- ces, Ponteve- dra). En 1949 emigrou a Buenos Aires, cidade na que desenvolveu un intenso activismo cultural galego. Coa súa dona Anisia Miranda, de nacionalidade cubana, fundou a organización li- breiro-editorial "Follas Novas". Publicou en 1960 o poemario Dende lonxe e, en 1961, a nove- la Memorias dun neno labrego, o libro máis lido da literatura galega. En Cuba traballou na Admi- nistración e realizou xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Dende 1983 ata que se xubilou ocupou o posto de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos anos que residiu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria, entre outros li- bros o titulado Querido Tomás. Na Arxentina e en Cuba realizou investigacións sobre a presenza da emigración galega neses países. Finalmente radi- couse con Anisia na aldea natal de Gres, onde presidía a fundación cultural Xosé Neira Vilas. Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega. Recibiu numerosos reco- ñecementos: Premio da Crítica Española (narrativa), Premio da Crítica Galega (ensaio), medalla Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas. Finou no mes de novembro deste 2015 deixando unha extensa obra publicada. CAXADE é neste momento unha banda musical, aínda que naceu no ano 2012 como un proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das video-creacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro e Tánia Ameneiro). En 2013 editou no selo cooperativo "Discos da Máqui- na" o seu primeiro traballo discográfico, A Dança dos Moscas coa banda formada por: Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e Alonso Caxade (voz e acor- deón). Este ano saíu á venda o DVD+CD A Dança dos Moscas ao Vivo gravado coa Banda de Música da Ban- deira. @ EPAPU_Albeiros Non sabes qué agasallar? Equipo de Dinamización Lingüística

Agasallos de Nadal 2015-2016

  • Upload
    cendl

  • View
    98

  • Download
    0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Tríptico de recomendacións de agasallos de libros de discos musicais do EDLG da EPAPU Albeiros (Lugo). http://www.blogoteca.com/normalizacionepalugo/

Citation preview

Page 1: Agasallos de Nadal 2015-2016

Curso 2015-2016

AGASALLOS DE NADAL

http://www.blogoteca.com/normalizacionepalugo

Xosé Neira vilas Caxade

Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cru-ces, Ponteve-dra). En 1949 emigrou a Buenos Aires,

cidade na que desenvolveu un intenso activismo cultural galego. Coa súa dona Anisia Miranda, de nacionalidade cubana, fundou a organización li-breiro-editorial "Follas Novas". Publicou en 1960 o poemario Dende lonxe e, en 1961, a nove-la Memorias dun neno labrego, o libro máis lido da literatura galega. En Cuba traballou na Admi-nistración e realizou xornalismo literario. En 1969 fundou a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Dende 1983 ata que se xubilou ocupou o posto de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos anos que residiu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria, entre outros li-bros o titulado Querido Tomás. Na Arxentina e en Cuba realizou investigacións sobre a presenza da emigración galega neses países. Finalmente radi-couse con Anisia na aldea natal de Gres, onde presidía a fundación cultural Xosé Neira Vilas. Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega. Recibiu numerosos reco-ñecementos: Premio da Crítica Española (narrativa), Premio da Crítica Galega (ensaio), medalla Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas. Finou no mes de novembro deste 2015 deixando

unha extensa obra publicada.

CAXADE é neste momento unha banda musical, aínda que naceu no ano 2012 como un proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das video-creacións “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro e Tánia Ameneiro). En 2013 editou no selo cooperativo "Discos da Máqui-na" o seu primeiro traballo discográfico, A Dança dos Moscas coa banda formada por: Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e Alonso Caxade (voz e acor-deón). Este ano saíu á venda o DVD+CD A Dança dos Moscas ao Vivo gravado coa Banda de Música da Ban-deira.

@ EPAPU_Albeiros

Non sabes qué agasallar?

Equipo de Dinamización

Lingüística

Page 2: Agasallos de Nadal 2015-2016

Para rapazas e rapaces

Para meniñas e meniños

Para maiores

Sechu Sende

DVD

CÓMIC

MÚSICA

A república das palavras