2
EL CABALLERO FANTASMA Cornelia Funke Ed: Siruela Última novela de Cornelia Funke (Reckless, Corazón de tinta). Aventura, emoción, escrita coa calidade habitual desta autora. Jon Whitcroft, de 11 años acaba de chegar a un internado onde pronto estraños sucesos vinculados a un remoto pasado na Idade Media ameazan a súa vida. Jon vai necesitar axuda… EL ENREDO DE LA BOLSA Y LA VIDA Eduardo Mendoza Ed: Seix Barral Corren tempos de crise. Contra a súa vontade, movido pola amizade e sen un euro no peto, o perruqueiro volve a exercer de insospeitado sabuxo na Barcelona de hoxe nunha carreira contra o reloxo por desatircular unha acción terrorista antes de que interveñan os servizos especiais de seguridade do Estado. LA VIDA DESPUÉS Marta Rivera de la Cruz Ed: Planeta A vida despois viaxa polo complicado mapa dos sentimentos, onde hai lugar para os conflitos, os celos e a envexa, pero tamén para o cariño e a lealdade. EL DIARIO AMARILLO DE CARLOTA Gemma Lienas Ed: Destino O diario amarelo de Carlota non é exactamente unha novela nin un diario, senón un libro a cabalo entre a ficción e a non ficción que procura responder a unha serie de interrogantes: Que tipos de drogas hai? Que efectos provocan? Que é a adicción? LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE AUTORA: Jaqueline Kelly Ed: Siruela Calpurnia é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que acontece no laboratorio do seu avó. Empezará a colaborar con el nas súas observacións, aprenderá quen é Darwin, e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran LA JIRAFA BLANCA Lauren St John Ed Salamandra Tras quedarse orfa con apenas once anos, Martine é enviada a vivir á reserva natural de Sawubona, en África, unha bela e misteriosa paraxe onde a espera unha avoa non moi acolledora e algo enigmática. Continua con La Canción de Delfín e El último Leopardo LADRONES EN EL FORO Caroline Lawrence Ed: Salamandra Flavia, unha rapaza duns 12 anos efrontarase a unha cadea de misterios que suceden na necrópole da súa cidade. Ó longo dos 12 libros da serie os catro xóvenes protagonistas veranse envoltos en diferentes misterios e aventuras na Roma do século I d.C CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO Diego Rey Ed: Galaxia En clave de comedia, trata o tema da soidade da man de Máximo Toxo, un escritor amargado preocupado pola creación da obra perfecta, e Belinda, a carteira, chea de vida e de carácter aberto e alegre. COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR. PASTAS E PIZZAS. Ed.Ouvirmos. Colección: Cociña fácil e divertida Abrangue un receitario básico, instrucións para a masa da pizza, sobre cómo elaborar ñoquis ou unha pizza calzone. Con ingredientes sinxelos e técnicas de cociña elementais para animar aos máis pequenos a participar.

Boletín veran

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Recomendacións de lecturas da biblioteca IES Poeta Díaz Castro

Citation preview

Page 1: Boletín veran

EL CABALLERO FANTASMA Cornelia Funke Ed: Siruela Última novela de Cornelia Funke (Reckless, Corazón de tinta). Aventura, emoción, escrita coa calidade habitual desta autora. Jon Whitcroft, de 11 años acaba de chegar a

un internado onde pronto estraños sucesos vinculados a un remoto pasado na Idade Media ameazan a súa vida. Jon vai necesitar axuda…

EL ENREDO DE LA BOLSA Y LA VIDA Eduardo Mendoza Ed: Seix Barral Corren tempos de crise. Contra a súa vontade, movido pola amizade e sen un euro no peto, o perruqueiro volve a exercer de insospeitado sabuxo na Barcelona de hoxe nunha carreira contra o reloxo por desatircular unha acción terrorista antes de que interveñan os servizos especiais de seguridade do Estado.

LA VIDA DESPUÉS Marta Rivera de la Cruz Ed: Planeta A vida despois viaxa polo complicado mapa dos sentimentos, onde hai lugar para os conflitos, os celos e a envexa,

pero tamén para o cariño e a lealdade.

EL DIARIO AMARILLO DE CARLOTA Gemma Lienas Ed: Destino O diario amarelo de Carlota non é exactamente unha novela nin un diario, senón un libro a cabalo entre a ficción e a non ficción que procura responder a unha serie de interrogantes: Que tipos de drogas hai? Que efectos provocan? Que é a adicción? LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE AUTORA: Jaqueline Kelly Ed: Siruela

Calpurnia é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que acontece no laboratorio do seu avó. Empezará a colaborar con el nas súas observacións, aprenderá

quen é Darwin, e tamén o idiotas que se volven os irmáns maiores cando se namoran LA JIRAFA BLANCA Lauren St John Ed Salamandra Tras quedarse orfa con apenas once anos, Martine é enviada a vivir á reserva natural de Sawubona, en África, unha bela e misteriosa paraxe onde a espera unha avoa non moi acolledora e algo enigmática. Continua con La Canción de Delfín e El último Leopardo

LADRONES EN EL FORO Caroline Lawrence Ed: Salamandra Flavia, unha rapaza duns 12 anos efrontarase a unha cadea de misterios que suceden na necrópole da súa cidade. Ó longo dos 12 libros da serie os catro

xóvenes protagonistas veranse envoltos en diferentes misterios e aventuras na Roma do século I d.C CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO Diego Rey Ed: Galaxia En clave de comedia, trata o tema da soidade da man de Máximo Toxo, un escritor amargado preocupado pola creación da obra perfecta, e Belinda, a carteira, chea de vida e de carácter aberto e alegre. COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR. PASTAS E PIZZAS. Ed.Ouvirmos. Colección: Cociña fácil e divertida

Abrangue un receitario básico, instrucións para a masa da pizza, sobre cómo elaborar ñoquis ou unha pizza calzone. Con ingredientes sinxelos e técnicas de cociña elementais para animar

aos máis pequenos a participar.

Page 2: Boletín veran

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS Marcos Calveiro Ed Xerais Gañador do Premio Lazarillo, 2009 e do Premio Fervenzas Literarias. Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo. O mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte.

O PENALTI DE FUCO Alfonso Eiré Ed: Baía edicións A sinalización dun penalti é punto de partida desta novela na que o tempo se detén para contar a vida de Francisco e do seu fillo Fuco, encargado de

parar o penalti que vai lanzar Messi ... HOTEL CIDADE SUR Xerardo Quintiá Ed: Galaxia Oito historias nas que se van cruzando as vidas e as circunstancias peculiares de personaxes que buscan o seu lugar no mundo...

Vacacións, praia, sol, viaxes, festas, durmir, soñar …

sempre hai tempo para un libro!!!

Biblioteca Diaz Castro http://biblodiazcastro.blogs

pot.com/ A ILLA DO TESOURO Robert Louis Stevenson Ed Xerais

Aproveita o verán para achegarte a un clásico de aventuras. Descubre as peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de Hohn Silver e do resto dos tripulantes da Hispaniola.Traducción de Xavier Alcalá

LIBRO DISCO AS CATRO ESTACIÓNS Ed Kalandraka KALANDRAKA estrea unha nova colección de Música Clásica, que comeza con este libro-cd para achegarlle este xénero ao público infantil. Inspirándose nesta obra, o autor coruñés José Antonio Abad presenta un relato bucólico ambientado nun bosque, cunha fermodsas ilustracións de Emilio Urberuaga

EL FOTÓGRAFO Autores: Lefevre, Guibert e Lemecierr Editorial: Sis Sentido Magnífico libro, a medio camiño entre ou cómic e o reportaxe. Baseado nas experiencias e material fotográfico acumulados polo fotógrafo Didier Lefèvre, durante a súa viaxe a Paquistán e a Afganistán no ano 1986, para cubrir o traballo de Médicos Sin Fronteras, durante a guerra entre Rusia e Afganistán. Fundamental LOS COMBATES COTIDIANOS.

Manu Larcenet Ed: Norma Esta é a historia de Marco, un xa non tan novo fotógrafo que intenta encaixar as pezas da vida: o seu traballo, muller, a súa filla, o seu pasado... un recén estreado pai que intenta descubrir como facer

ver a súa filla que a vida é un regalo, Marco, que aínda non sabe onde vai EL INCAL INTEGRAL Alejandro Jodorowsky (guión), Moebius (ilustración) O Incal, un clasico do cómic de ciencia ficción, converteuse por méritos propios nunha das obras máis importantes do cómic europeo contemporáneo.