26
O BOSQUEXO DO MUNDO Exposición de artistas galeg@s Auditorio de Galicia

Bosquexo do mundo exposición

Embed Size (px)

DESCRIPTION

1º Eso. traballo de aula. impresións dalgunhas obras de arte da exposición "O Bosquexo do Mundo".

Citation preview

Page 1: Bosquexo do mundo exposición

O BOSQUEXO DO MUNDO

Exposición de artistas galeg@s

Auditorio de Galicia

Proxecto Interdisciplinar

1º ESO

Page 2: Bosquexo do mundo exposición
Page 3: Bosquexo do mundo exposición

COMO SE NOS ESCAPAN OS SOÑOS

O artista é Bosco Caride. A obra é unha parte en lenzo e outra con materiais que creaban unha especie de escultura. Empregouse pintura gris claro e corda. A parte en lenzo semella unha árbore cunha especie de conexo enriba. A parte en vivo semella unha rede roída por un animal.

Coido que o artista quixo reflectir que, as veces, cando estamos perseguindo algo, se nos pode escapar, como un conexo que roe unha rede para ser libre.

Na miña opinión xa está terminada e gustoume porque é sinxela pero elegante.

Eu titularía esta obra: “Como se nos escapan os soños”.

Olaya Dubra Boquete

Page 4: Bosquexo do mundo exposición

LABERINTO AZUL Esta obra de arte está na exposición do Bosquexo Do Mundo.

A súa autora é Tatiana Medal que naceu na Coruña, no ano 1971. A obra está feita de metal e so se usou unha cor, azul. Ten unha forma de liñas rectas de todo tipo, pequenas, largas, anchas, estreitas... Están perpendiculares unhas con outras e algunha fai unha escaleira. Para acabar faltáballe que fose en 3D.

Creo que a artista quixo reflectir que non ten que ser unha obra perfecta para ser bonita..

Gustoume moito esta obra, porque é moi bonita e chamoume a atención porque ten moitas liñas e é moi rara.Eu titularíaa “Laberinto Azul”.

Adrián Brea

Page 5: Bosquexo do mundo exposición

AS METADES DA CABRAA escultura que máis me gustou foi una cabra que estaba partida

pola metade, unha metade arriba e outra abaixo. Creouna Rosendo Cid, licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo. Rosendo Cid é de Ourense.

Para a súa escultura empregou: escaiola para o soporte, pintouna de cor branco e vernizouna. Para a cabra empregou plástico amarelo.

O que me chamou a a atención foi que é unha cousa simple, pero estraña, eu nunca vira una escultura así. Penso que quixo reflectir que non lle gusta moito este animal. É unha idea rematada, aínda que sen título.

Eu titularía esta obra: “As metades da cabra “. Antía Iglesias Iglesias

Page 6: Bosquexo do mundo exposición

O CABALO DE CARGAO nome do artista é Rosendo Cid. O material que utilizou

é o plástico. As cores usadas son marrón e azul. O cabalo está de pé, cas orellas levantadas e a cabeza

abaixada e ten unha botella o lombo enrugada e vacía. Creo que quixo reflectir que os cabalos son animais de

carga. Chamoume a atención porque aparecía un cabalo cunha botella de agua no lombo e non mo esperaba. Gustoume porque saía un cabalo e a mín gústanme moito os cabalos desde pequeno.

Eu titularía “O cabalo de carga” porque é o que aparece na obra, un cabalo cunha botella como se levara cargas no lombo.

Samuel Deus García

Page 7: Bosquexo do mundo exposición

O MUNDO SILENCIOSOA obra que elixín é de Rut Massó. Ten forma rectangular. Esta colocada ao longo dunha

parede. A artista utilizou principalmente a cor gris e por algunhas

zonas utilizou a cor negra.A obra está formada por seis cadros e un mais que é o que

ocupa case toda a parede.A min pareceume que a obra representa un lugar no que

non hai bocas, creo que a artista quixo expresar un mundo de silencio, xa que os debuxos da obra parecen caras redondas con ollos e nariz pero ningún ten boca.

Gustoume porque me pareceu impresionante que unha persoa pintase un cadro tan grande e fermoso. Dáme a impresión de que ela quería que no mundo non houbese bocas para usalas de mala maneira.

Page 8: Bosquexo do mundo exposición

Paréceme unha obra xa rematada. Eu titularía este cadro : “O Mundo Silencioso”.

Laura Martínez Calvo

EXPEDICIÓN Á EXTINCIÓN

Eu escollín unha obra de Miguel Mosquera, artista que naceu en Ourense en 1953 e sigue vivindo alá. . Trátase de dos leopardos de cor branco e negro. O estraño que ten é, que para debuxar as manchas dos leopardos, utiliza como palillos curvados de dez centímetros de lonxitude con plastilina ao final, para que pegasen sobre o marco do debuxo. Atraeume moito pola súa forma de debuxarlle as manchas do corpo do leopardo. Ademais escollín esa porque as outras obras non entendía que querían representar. Por así dicir non entendo a arte moderna.

A obra aínda está sen rematar e a min gustaríame que estivera terminada. Para min que o artista quere representar que hai que coidar as especies en perigo de extinción, xa que se se perden, xamais se volverán a recuperar. Eu poñeríalle de título “Expedición á extinción”. Esta foi a obra que máis me gustou da exposición.

Yago Rey

Page 9: Bosquexo do mundo exposición

O CANTO DO PAXAROTamara Feijoo naceu en Ourense en 1982.Esta obra representa un paxaro nunha árbore con dúas flores ao se

arredor. Ao pulsar o interruptor, o paxaro movía a cabeza de lado a lado, e abría e cerraba o pico mentres cantaba. Esta representación estaba situada nunha táboa cadrada.

O artista empregou materiais como madeira, plástico, tea, cables e un interruptor. En canto as cores usou laranxa, branco, amarelo, verde e beis.Creo que o artista quixo reflectir o canto dun paxaro nun bosque cheo de flores.

Chamoume a atención polo movemento que facía coa cabeza e o pico. Parecía estar alegre e tamén trasmitía alegría.

Eu penso que se trata dunha obra terminada e que lle quedou moi ben. O que sí lle faltaba era un título. Eu titularía esta obra: “O canto do paxaro”.

Fernando José Couselo Noya

Page 10: Bosquexo do mundo exposición

CABALETEÉ unha escultura feita por Tatiana Medal. A min

gustoume moito. É de paus de madeira e ten a forma de listóns entrecruzados. Foi feita en A Coruña e se diferencian na cor. Uns son marróns, outros brancos e verdes.

Cando a vin, pareceume un cabalete, deses que usan os pintores para apoiar os seus cadros mentres pintan.

Alejandro Vásquez

Page 11: Bosquexo do mundo exposición

A SERPE DE BRIDASGustoume moito unha obra de arte que estaba pousada no

chan. Tiña forma de serpe ou de cempés, estaba feita cunha corda moi gorda e moitas bridas en diferentes sentidos. A súa cor era negra.

Encantoume o ben que estaba realizada e os materiais que empregou. Eu engadiríalle unha cabeza feita cunha esponxa, pero aínda así estaba moi ben. O que máis me gustou foi que estaba feita con materiais que utilizamos nós nas nosas casas. Chamoume a atención que estaba no chan sen ningunha valla que impedise tocala. Eu titularía esta obra “A serpe de bridas”.

Page 12: Bosquexo do mundo exposición

Samuel Vieites

O ESCUDO

Este cadro parece un escudo íbero. Utiliza as cores metal, negro e dourado. Ten forma circular.

Creo que o artista quería representar un guerrero ibero. Para rematar a obra, fáltale unha persoa suxeitando o escudo.

Foi a obra que máis me gustou da exposición.

Damián Botana

Page 13: Bosquexo do mundo exposición

UN SOLDADO FACENDO PUENTINGO artista Rosendo Cid é licenciado en Belas Artes na

universidade de Vigo.A súa obra de arte é un soldado azul oscuro, colgado

dunha corda.Gustoume esta obra porque é distinta á arte normal.

Chamoume a atención que é moi sinxela, porque solo é un soldado de xoguete e una corda.

Creo que o artista quixo reflectir que el quixo ser soldado pero non puido.

Page 14: Bosquexo do mundo exposición

Para rematala, eu penso que lle fan falta máis soldados, en lugar dun so.

Como título eu poñería : “Un soldado facendo puenting”

Lucas Paz González

OS ENREDOS DA VIDADa exposición que fomos o martes 22 escollín unha obra de Tatiana Medal.

Na obra empregáronse os seguintes materiais:

Un tipo de metal para facer a estrutura da obra e, no centro, un espello.

A artista empregou as cores verde escuro na parte esquerda, o plateado do metal e un púrpura no centro.

Page 15: Bosquexo do mundo exposición

A súa forma era como a dunha tela de araña moi enredada.

Creo que a artista quixo reflectir con esta obra que neste mundo hai moitos enredos, por iso eu titularía esta obra “ Os enredos da vida” .

Nerea Portos

PERSEGUIDOS POR A POLICÍA

O artista Tayone empregou para facer este cadro figuriñas de animais, coches de policía e algún que outro monstro. As cores usadas son moitas, marrón, branco, negro, vermello... Ten forma rectangular, con todos os obxectos metidos dentro dun cadro.

Creo que o artista quixo reflectir unha granxa de animais. Gústame esta obra porque me gustan moito os animais.

Chamoume a atención un coche de policía e máis un monstro. Para acabala fáltalle outro tipo de animais.

Eu titularía esta obra: “Perseguidos pola policía”.

Page 16: Bosquexo do mundo exposición

Nerea González López

CAMIÑO DE BRIDASO artista que fixo esta obra é Mauro Trastoy, que naceu en Ferrol

en 1971.Ten un gran tamaño así que non é fácil de fotografar. Gustoume porque a súa estrutura é moi curiosa e interesante. Os

seus materiais son bridas moi longas e corda. Algo que me chamou a atención é que estaba no chan tirada sen nengún tipo de protección nin cintas par impedir que a xente se achegara moito.

Para completala eu poñeríalle un título: “Camiño de Bridas” e intentaría pintar o que non é de negro en negro.

Martín González Castro

Page 17: Bosquexo do mundo exposición

O OSO DAS FLORES

Esta obra estaba colocada no corredor antes de entrará exposición. É de Chelo Matesanz, artista que naceu en Reinosa en 1964.

O que máis me gustou desta obra foron os ollos, porque un é dunha forma diferente ao outro. Tamén me chamou a atención a súa boca que a ten pegada ao que parece o seu nariz.

Os materiais que empregou son escaiola e teas de cores.Creo que o artista quixo dicir é que os animais tamén se

poden parecer ás persoas. O que menos me gustou foi a súa

Page 18: Bosquexo do mundo exposición

forma, pois creo que sería mellor se poidese distinguirse a súa boca, o nariz, o que leva na man...

Unha das cousas que máis me intrigou foi o que tiña na man, porque ao principio parecíame unha paleta de pintor, pero despois creo que eran flores de diferentes formas e cores.

David Boo Noya

GUEPARDOS IMAXINARIOS

O autor é Miguel Mosquera. Eu creo que o artista quixo representar unha obra distinta as demáis, porque ningún guepardo ten rabos roxos e azuis.Gústame moito porque é o meu animal preferido. Tamén porque nunca vin un guepardo cos rabos non reais, feitos de plastilina.

Brais Bouzas

Page 19: Bosquexo do mundo exposición

O COPO DE NEVE DE MADEIRA

É unha obra realizada por Tatiana Medal, artista que naceu en A Coruña en 1971.

Os materiais empregados son táboas de madeira. Esas táboas teñen dous tipos de cores de verniz marrón e branco. Son unha serie de táboas alongadas que chegan a un punto no que se unen unhas coas outras.

Creo que a artista quixo representar un copo de neve.

Page 20: Bosquexo do mundo exposición

Gustoume esta obra porque as táboas chegaban a un punto no que se unían unhas coas outras. Eu penso que é unha obra xa acabada.

Titularíaa “O copo de neve de madeira”. A autora realizou outras esculturas anteriores en papel cebola. Á obra final doulle un cambio. O proceso é un ir e vir de formas, de tempos e de aparencias, porque a escala das cousas é moito máis que medida. Marcos García López

OS ANIMAIS E AMIGOS

O autor é Tayone, nado en Vigo en 1980. Os materiais empregados son pequenas figuriñas de cores varias. As figuriñas son de animais, de esqueletos, de coches, de plantas,... Estas están colocadas nunha especie de marco rectangular. Entre as xa nomeadas hai unhas letras que poñen “Lolailol”.

Page 21: Bosquexo do mundo exposición

Creo que o artista quixo reflectir a súa paixón polos animais. Tamén que lle encantan os esqueletos mais os coches.

Gustoume esta obra pola cantidade de animais que contén, sobre todo, polos cabalos. Tamén me chamou moito a atención que os esqueletos estiveran montando sobre os elegantes cabalos. Eu creo que se inspirou no cabaleiro sen cabeza porque o cabaleiro vai montado nun cabalo, pero na lenda o cabalo é negro.

Para acabala fáltanlle animais en perigo de extinción. Tamén uns cantos futbolistas.

Eu titularíaa “Os animais e amigos” porque hai moitas figuras de animais.

Irene Noya González

Page 22: Bosquexo do mundo exposición

TRAZO, NOVEMBRO 2013