16
CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Actividades de recreación lectora Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. Do libro a... - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. Competencias básicas e inter- disciplinariedade Actividades de comprensión Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Apartado informativo Un misterio na mochila de Alba Recursos para Fina Casalderrey / Xosé Cobas o profesor 4 CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Actividades de: Para o alumnado Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades de documentación Busca información sobre o autor de A expedición dos libros,Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente: Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide: As viaxes de Gulliveré un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma. Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira. 1.2 1.3 1.4 1.1 1 Actividades de comprensión De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar.Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas. Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro). Zarrapicar: Gargarexar: Agora fai o mesmo con estes substantivos: Tobeira: Balor: Sixilo: Narguilé: Couza: Sobrado: Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/ Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas. 1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca.(Páxina 14) a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama 2. Ollándose de esguello,agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo 2.1 2.2 2 A expedición dos libros Velocidade lectora A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras. As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r, q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n. S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das cóx_gas. De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría c_ndo chov_a. Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da x_nte dim_nuta? Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_ro coid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobre ac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos. «O pai chamou ao timbre. Como non quería que se lle notase o interese, pediulle ao home das lentes que lle deixase botar unha ollada. Mirou varios libros e despois, como por casualidade, preguntou polo tomo de Jules Verne. O home das lentes non se deixou enganar, e seguiulle o xogo. Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado. O quinto tomo de Jules Verne non só pertencía á mesma colección, senón que era un dos seus. Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba, e tamén, nunha das primeiras páxinas, as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó, escritas con lapis azul. Levouno ao peito, coma se o arrolase. —Este libro é meu —díxolle ao home das lentes—. Ten tamén os outros tomos? —Primeiro teríame que demostrar que é seu. 3.1 3.2 3 Actividades de recreación ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA De todas as obras que se mencionan enA expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa! » http://gl.wikipedia.org/ Obra elixida: Sinopse: No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan: «O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne» Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor. Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillasestá sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas: 4 4.2 4.1 4.3 A expedición dos libros Fotocopiables para o alumnado Un misterio na mochila de Alba OXFORD | 1

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR - oupe.es · CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR ... inf or ma ci ón sob re est a cid ad e reda ct a n res um o non sup er io rá s ez liñ as ob

Embed Size (px)

Citation preview

CADERNO DEDESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Actividades de recreación

lectora

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

Do libro a...

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

Competenciasbásicas e inter-

disciplinariedade

Actividades de comprensión

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Apartado informativo

Un misterio na mochila de Alba

Recursos para

Fina Casalderrey / Xosé Cobas

o profesor

4

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Actividades de:

Para o alumnado

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades de documentación

Busca información sobre o autor de A expedición dos libros, Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente:

Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide:

As viaxes de Gulliver é un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma.

Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Actividades de comprensión

De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar. Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas.Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro).

• Zarrapicar:

• Gargarexar:

Agora fai o mesmo con estes substantivos:

• Tobeira:

• Balor:

• Sixilo:

• Narguilé:

• Couza:

• Sobrado:

• Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/

Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas.

1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca. (Páxina 14)a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama

2. Ollándose de esguello, agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo

2.1

2.2

2

A expedición dos libros

OXFORD4 |

Velocidade lectora

A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras.

As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r,

q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n.S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois

f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das

cóx_gas.

De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e

ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría

c_ndo chov_a.

Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra

int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do

d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da

x_nte dim_nuta?

Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_rocoid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo

estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobreac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos

Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos.

«O pai chamou ao timbre. Como non queríaque se lle notase o interese, pediulle ao home daslentes que lle deixase botar unha ollada. Mirouvarios libros e despois, como por casualidade,

preguntou polo tomo de Jules Verne.O home das lentes non se deixou enganar,

e seguiulle o xogo.

Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado.O quinto tomo de Jules Verne non só pertencíaá mesma colección, senón que era un dos seus.

Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba,e tamén, nunha das primeiras páxinas,

as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó,escritas con lapis azul.

Levouno ao peito, coma se o arrolase.—Este libro é meu —díxolle ao home das

lentes—. Ten tamén os outros tomos?—Primeiro teríame que demostrar que é seu.

3.1

3.2

3

OXFORD | 5

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

De todas as obras que se mencionan en A expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa!

» http://gl.wikipedia.org/

Obra elixida:

Sinopse:

No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan:

«O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne»

Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor.

Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillas está sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas:

4

4.2

4.1

4.3

A expedición dos libros

6 | OXFORD

Fotocopiables para o alumnado

Un misterio na mochila de Alba

OXFORD | 1

Un misterio na mochila de Alba

PresentaciónO CDL é un material orientado ao docente que acompaña a cada libro do

Proxecto Lector A Árbore da Lectura. O seu obxectivo principal é o de contribuír ao desenvolvemento de lectores competentes, capaces de afrontar a lectura de calquera tipo de texto utilizando a estratexia máis adecuada en función da fi nalidade da lectura, das características do texto e do contexto no que se produce.

As actividades que se presentan pretenden que o alumnado «aprenda gozando», espertando o seu interese pola lectura de textos literarios e mellorando os seus hábitos lectores, asemade achegan ao docente unha ferramenta útil e atractiva para estimular a lectura na aula.

A realización das actividades do CDL será fl exible. Aínda que o ideal é completalo de maneira íntegra, o profesorado tamén terá a posibilidade de escolmar aqueles exercicios que considere máis axeitados para satisfacer as necesidades específi cas de cada alumno e de cada clase.

SinopseUnha noite de fi nais de abril, unha nena coa única compañía dunha mochila chega

ata unha vila chamada Riomanso e instálase nunha casa abandonada. A nena, de nome Alba, esperta nun principio a estrañeza e curiosidade dos habitantes desa aldea que non comprenden que pode facer unha rapariga tan pequena vivindo soa. Mais o que nun principio era curiosidade termina transformándose nun sentimento de envexa e celos polo que eles cren que Alba agocha na súa mochila.

Descubrir o segredo que se atopa na mesma e, que parece proporcionarlle a Alba algún tipo de misterioso poder, levará a tres rapaces desa vila a inventar todo tipo de argalladas para facerse co contido da mochila encantada.

Razóns para ler este libro• Descubrir e valorar a linguaxe literaria que se desprende da lectura desta obra.

• Valorar e mostrar respecto pola contorna que habitamos, e mais polos animais (aves, peixes…) que nela conviven.

• Descubrir o valor das cousas sinxelas como vieiro natural para acadar a felicidade.

• Valorar e practicar a tolerancia como vínculo de respecto cara os demais.

• Entender a liberdade como un ben persoal e lexítimo que debemos respectar.

2 | OXFORD

Actividades de documentación1.1

1A autora deste libro é Fina Casalderrey. Procura información na rede e escribe un resumo biográfi co e bibliográfi co sobre esta escritora.

Repara nas ilustracións do libro que estás a traballar. Parécenche propias dun debuxante ou dun pintor? Vai a páxina web do ilustrador e despois de botarlle unha ollada, escribe o que máis che sorprendeu deste artista.

» www.xosecobas.es

Unha das razóns para ler este libro é gozar coa linguaxe literaria. Ás veces, esta linguaxe precisa dunha segunda lectura para a súa interpretación. Interpreta estes anacos seleccionados de Un misterio na mochila de Alba:

a. «—Bah! Tamén dixo que un día, cando sexamos maiores, quereremos recuperar ese neno que todos levamos dentro. Eu non engulín ningún neno e, por suposto, non creo nin chisca».

b. « —Viches que contento se puxo o ceo? Case non caben as estrelas! E o río...decatácheste de que o converteron nun espello?».

c. « (…) A nena meiga conseguira derreter a neve da mirada do señor Marcelino».

d. «—Esa nena axudoume a derrubar o muro que erguera entre a miña infancia e o meu mundo de agora e volvín recuperar o camiño de ida».

1.3

1.2

OXFORD | 3

Un misterio na mochila de Alba

2.1

2Elixe a resposta adecuada.

1. Alba chegou a aquel lugar e unha curuxa saudouna dende a póla dun...A. carballo.B. chopo.C. salgueiro.

2. As murmuración das veciñas sobre Alba dicían que era fi lla dunha...A. bruxa.B. meiga.C. costureira.

3. Na vila todos os nenos e nenas devecían por saber o que levaba Alba na...A. melena.B. saia.C. mochila.

4. Os tres investigadores clandestinos respondían ao nome de...A. Marta, Fuco e Xabier.B. Inés, David e Antón.C. Marcial, Lucía e Antón.

5. Don Marcelino levaba tempo chorando as súas penas porque...A. Era un «choromiqueiro».B. O seu único fi llo morrera nunha guerra inxusta e terrible.C. Non puidera ir á escola de pequeno.

6. Os «músicos» que engaiolaban a Alba coa súa música eran…A. ameneiros.B. carballos.C. castiñeiros.

7. Lucía tratou de subornar a Alba para que lle dera a mochila con...A. larpeiradas.B. xeados.C. cartos.

8. Marcial tratou de trocarlle a mochila por...A. amorodos.B. estrelas do ceo.C. xoguetes.

9. Ao conseguiren, con malas mañas a mochila, e abrírena viron como saía do seu interior...A. Un gato, uns doces de amorodo e un bolígrafo.B. Un libro, unha canción, un anaco de pan duro, un bico tenro e unha goma de

borrar malos momentos.C. Un anaco de turrón, un xeado de vainilla, un aloumiño e unha galleta de coco.

Actividades de comprensión

4 | OXFORD

2.2

2.3

2 Actividades de comprensión

Ordena, na parte inferior desta táboa, os acontecementos segundo o capítulo no que aparecen:

A. «A curiosidade roíalles na pel do peito».

1. Do interior da mochila saíran: unha goma de borrar malos momentos, un libro, unha canción, un anaco de pan duro e un bico tenro.

B. «Cando descobren o misterio».

2. Xa se ía cando un repentino chuvasco de gotas vermellas comezou a caer sobre a súa cabeza. Non tardou en darse conta de que eran os merlos quen provocaban esa chuvia e sorriu.

C. «O espectacular concerto».

3. Semellaba un anxo, liviá coma unha papoula, deslizándose coa súa mochila branca por un fío invisible, desafi ando as leis do equilibrio e da gravidade.

D. «Alba camiña sobre as augas».

4. Foi entón cando os músicos do souto revelaron os seus nomes… Castiñeiros! Eran os castiñeiros!

E. «Chuvia de Cereixas».5. De súpeto, ducias de corazóns brancos saíron

daqueles ocos e ocuparon momentaneamente o ceo danzando en círculos coma fantasmas.

A) B) C) D) E)

No capítulo titulado «Os primeiros prodixios», a autora conta que «Alba rescataba palabras no fondo dun estanque máxico: ámbar, manancial, utopía…». Rescata estas palabras atinando co seu signifi cado e subliña a resposta adecuada:

a) «—Pobre? Pero se parece un axóuxere!». (anxo, cascabel, entroido)

b) «(…) un misterio que agromou como agroman as papoulas». (silvas, mapoulas, rosas)

c) «—Mancaríase? —bisbou Marcial». (falou entre dentes, falou berrando, falou con voz melodiosa)

d) «Marcelino levantou á fi n a barbela para prestar atención». (queixo da cara, folla de barbear, ave nocturna)

e) «(…) Alba pregoulles silencio cun xesto do seu furabolos sobre a boca». (dedo maimiño, dedo polgar, dedo que acompaña ao polgar)

f) «Alba, aínda coas meixelas perladas…». (da cor rosada, da cor vermella, da cor branca)

g) «(…) vírona apoiada no peitoril da ventá e ocultáronse». (antepeito dunha ventá, marco dunha ventá, cristal dunha ventá)

OXFORD | 5

Un misterio na mochila de Alba

Le o seguinte texto tres veces; vocalizando e coa entoación adecuada. Cronometra o tempo que tardas en lelo e calcula, segundo a fórmula que se che ofrece, a túa velocidade lectora.

«Alba amaba moito os animais, quizais porque tamén amaba moito as persoas. En

especial amaba as aves, pero sabía que os seus mundos eran diferentes e non pretendía

coutar a súa liberdade.

Algúns merlos aínda lle cantaron dende a espesura da ramaxe. Alba comprendeu

o signifi cado daqueles rechouchíos e os seus ollos brillaron compracidos.

Mirou á mochila, díxolle unhas palabras que ninguén podería reproducir e un

suave resplandor foi a resposta.

Nese momento quedaría durmida de novo baixo as sombras do souto, coma unha

fl or máis da campiña, de non ser porque oíu unhas risas, case imperceptibles.

Pareceulle que procedían de lonxe, diría que do outro lado do río. Puxo a bolsa ao

colo e achegouse silandeira á beira».

• Primeira lectura:

Velocidad lectora (VL) =119 palabras do texto x 60

segundos= palabras por minuto

• Segunda lectura:

Velocidad lectora (VL) =119 palabras do texto x 60

segundos= palabras por minuto

• Terceira lectura:

Velocidad lectora (VL) =119 palabras do texto x 60

segundos= palabras por minuto

3.1

3 Velocidade lectora

6 | OXFORD

Volve ler o novo texto que se che ofrece unha soa vez e comproba se melloraches con relación á primeira lectura do texto da actividade anterior.

«Alba, dominada por unha serena somnolencia, unha vez fi nalizado o concerto,

quedara durmida no mesmísimo souto. A súa respiración continuaba sendo pausada e

intensa, moi tranquila.... Cos seus dedos delgados, acariñaba a mochila, que permanecía

pegada ao seu corpo coma un can que durmise profundamente ao seu carón. Sobre a

súa bolsa durmían tamén dúas fl ores brancas de camelia.

O día espreguizou con esa seda lixeira dunha espléndida mañá. O sol desprendeuse

incluso da súa boina branca e nas árbores, que seguían vestidas coas roupas de verán,

os rechouchíos dos paxaros invadírono todo».

Velocidad lectora (VL) =93 palabras do texto x 60

segundos= palabras por minuto

Le, canto máis rápido mellor, os substantivos e, deseguido, subliña os que se repiten na caixa. Logo compara os resultados co resto da clase e tira unha conclusión.

3.3

3 Velocidade lectora

sandaliasequipaxesombreiromochilacuruxachan

buratobandexaxemelgas

cofregargallada

armiñomanancial

utopía

maxia • mochila • feitizo • planeta • memoria • segredo • ollos • rostro • corchea

fusa • nácara • amoras • palla • centeo • cereixas • cabeza • cofre • merlos • peito

utopía • xílgaro • ás • traxe • meigo • melodía • concerto • silencio • souto • xabón

vilacuxo

costumesegredo

fachocemiterio

bruxameigo

axóuxereperfumepaxarossoutochuviaxardín

OXFORD | 7

Un misterio na mochila de Alba

4.1

4.2

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

Repara como describe a autora do libro a primavera:

«Unha rula macho pousou unha orquídea no niño dunha femia para conquistala;

un xílgaro dedicou os seus primeiros trinos de marzo á súa parella, mentres o peto

gravaba as iniciais dos seus nomes no tronco da súa árbore».

Agora, describe o verán e, deseguido, describe a estación do ano que máis che guste. Completa os ocos coas palabras que, de xeito desordenado, aparecen na caixa.

raio • velas • mareiro • amigo • verán

artística • golfi ñas • coralina

Sobre as brancas do branco veleiro, un morno do

sol pintou unha imaxe que chamou polo vento para

comezar unha singradura pola mar . Unha parella de namoradas

trocáronse en mozas do veleiro. O nacera así… deste xeito!

A Alba gustáballe coller a mochila e falarlle como se lle falase a unha amiga. Dá resposta as preguntas que Alba lle formula á mochila. Non te esquezas de sinalar con guionciños, a participación de cada personaxe.

Actividades de recreación

8 | OXFORD

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL

Alba escoitaba continuos concertos de música na fraga e nos soutos, onde o óboe, a bandurra, o saxofón, a trompeta, o violín… creaban música engaiolante. De forma individual, pensade nun instrumento que che atraia e explica aos demais as súas características.

• Repara neste exemplo:

«A arpa é un instrumento de tamaño e peso considerables. As cordas tócanse

coas xemas dos dedos de ámbalas dúas mans. Tócase sentado e apoiando o instrumento

sobre os xeonllos.

Eu quixera ser arpa para acariciar, cos meus dedos artesáns, as súas cordas e

facelas vibrar ata converter todo nunha incrible fervenza de sons e ilusións incribles».

Formade grupos de catro para debater por que Alba era feliz: que a facía feliz? Que cousas a facían feliz? Con que era feliz? Onde era feliz?

Deseguido, pensade en vós, e ide expoñendo aos demais se a vosa felicidade se pode comparar á de Alba, con que cousas sodes felices, onde sondes felices… a suma de todo iso tenvos que dar a razón da vosa felicidade. Cando teñades todo claro, que un voceiro ou voceira do grupo, expoña aos demais a conclusión á que chegástedes.

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ARTÍSTICA

Debuxa a primavera segundo a descrición que Fina Calsalderrey fai:

«Unha rula macho pousou unha orquídea no niño dunha femia para conquistala;

un xílgaro dedicou os seus primeiros trinos de marzo á súa parella, mentres o peto

gravaba as iniciais dos seus nomes no tronco da súa árbore».

Actividades de recreación

4.3

4.4

4.5

OXFORD | 9

Un misterio na mochila de Alba

Solucións e outras actividadespara o docente

1.1

10 | OXFORD

1. ACTIVIDADES DE DOCUMENTACIÓN

O alumnado deberá consultar en Internet a biografía da autora así como a bibliografía.

Solución:

Biografía da autora

Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.

Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfi ca. Dirixindo o seu alumnado, participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra... (traballos galardoados con diferentes premios).

Xunto con Mariano García, publicou O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles libros de investigación.

Colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía...

No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fi llos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas do Estado, tamén ao portugués.

Nos anos 2010 e 2011 foi nomeada candidata ao Memorial Astrid Lindgren, evento internacional de literatura que premia un escritor ou escritora de literatura infantil e xuvenil.

Bibliografía da autora

• Mutacións xenéticasHadrián vai realizar o seu bautismo de voo. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ao que nin sequera coñece. Estes resultarán ser trinta días de abraiantes descubrimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonista na solución dun terrible problema, que está a piques de rematar coa liberdade humana que un louco pretendía controlar.• Cando a terra esqueceu xirarHai moitísimos anos, a Terra esqueceu xirar e camiñar polo espazo: fi cou apampada mirando o Sol. En medio planeta, sempre era un día; na outra metade, había noite sempre. Pasaba o tempo e ninguén daba coa solución... E se todos os habitantes do planeta se unisen e camiñasen xuntos?

Solucións e outras actividadespara o docente

OXFORD | 11

O alumnado acudirá ao enderezo sinalado e, ademais de ler a biografía de Xosé Cobas, repasará os seus traballos e tratará de ver a conexión entre pintura e debuxo deste artista.

Biografía do ilustrador

Xosé Cobas Gómez (Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953) está vencellado profesionalmente ao mundo da pintura e o deseño gráfi co.

A comezos dos anos 80 toma contacto co mundo da ilustración, sobre todo na prensa e mais nas revistas, iniciándose na ilustración de literatura infantil e xuvenil, sen abandonar os rexistros pictóricos.

Dende aquela publicou numerosos libros, gañou varios premios e participou en diversas exposicións en España e no estranxeiro. Entre os seus libros destaca, O libro das viaxes imaxinarias (Xerais, 2008) Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 (Infantil-Xuvenil), e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008.

Hoxe en día traballa coma deseñador gráfi co na Deputación da Coruña.

O alumnado deberá refl exionar sobre os anacos de texto que se lle propón, coa fi n de obter un signifi cado real á proposta literaria.

Solución:

a) Estase a falar da infancia.

b) Estase a dicir que nas noites estreladas, a luz é tal que se refl icte na auga.

c) Alba conseguiu que Marcelino volvese a ter ilusión pola vida, rematar coa súa tristura.

d) Alba conseguiu que a muller volvese lembrar a etapa da súa infancia e comprender o valor, que a infancia posúe, para sermos felices.

Ademais… A palabra misterio emprégase para referirse a un suceso que non se pode comprender ou explicar. En literatura as novelas de intriga e misterio tratan de feitos secretos ou moi reservados que deben resolverse no transcurso da narración. Son moitas as obras que no seu título inclúen esta palabra. Neste sentido, o alumnado, coa axuda do seu profesor, pode buscar obras que leven o termo misterio no seu título.

Solución: poderiamos falar de títulos como La isla misteriosa, de Jules Verne, El misterio del tren azul, de Agatha Christie, El misterio de la cripta embrujada, de Eduardo Mendoza ou O misterio dos fi llos de lúa, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil 1995, da galega Fina Casalderrey e comentar o argumento dalgunha destas obras.

1.2

1.3

Un misterio na mochila de Alba

Solucións e outras actividadespara o docente

12 | OXFORD

2. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN

O alumnado deberá elixir entre as respostas que se propoñen a adecuada.

Solución: 1 - B; 2 - A; 3 - C; 4 - C; 5 - B; 6 - C; 7 - B; 8 - B; 9 - B.

O alumnado deberá relacionar o capítulo co texto que o identifi ca.

Solución: A - 5; B - 1; C - 4; D - 3; E - 2.

Deben dicir o signifi cado dunha serie de palabras. Para facer a actividade poden consultar calquera destes dous diccionarios:

» http://www.edu.xunta.es/diccionarios/» http://www.digalego.com/

Solución:

a) axóuxere – cascabel.b) papoulas – mapoulas. c) bisbou – falou entre dentes.d) barbela – queixo da cara. e) furabolos – dedo que acompaña ao polgar. f) perladas – da cor branca. g) peitoril – antepeito dunha ventá.

3. VELOCIDADE LECTORA

O alumnado debe ler o texto tres veces e cronometrar e calcular a velocidade lectora. O texto ten 119 palabras.

Solución: actividade libre.

O alumnado deberá ler este novo texto e comprobar se mellorou, ou non, a súa velocidade lectora.

Solución: actividade libre.

O alumnado deberá ler, de xeito moi rápido, os substantivos, e deseguido subliñar na caixa de embaixo os que se repiten.

Solución: as palabras que se repiten son: mochila, segredo, cofre, utopía, meigo e souto.

2.3

3.1

3.2

3.3

2.1

2.2

OXFORD | 13

Solucións e outras actividadespara o docente

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O alumnado lerá de forma refl exiva o texto en cursiva no que se describe a primavera. Logo, lerá o texto con ocos e tratará, por último, de introducir as palabras seleccionadas no lugar correspondente. Despois, o alumnado deberá escribir a descrición da estación do ano que máis lle guste.

Solución: «Sobre as velas brancas do branco veleiro, un raio morno do sol amigo pintou unha artística imaxe que chamou polo vento mareiro para comezar unha singradura pola mar coralina unha parella de golfi ñas namoradas trocáronse en mozas do veleiro. o verán nacera así… deste xeito!»A segunda parte da actividade é libre.

A actividade consiste en practicar cunha técnica de expresión escrita: o diálogo. O alumnado deberá escribir un texto como se fose a mochila que responde a Alba cando ella lle fala.

Solución: actividade libre. Haberá que explicarlles que o diálogo que van compoñer é directo, polo tanto a utilización de guións ten que ser necesaria. O estilo e mais a orixinalidade serán elementos a valorar.

Actividades de expresión oral

Esta actividade intenta compaxinar unha técnica de expresión (descrición) e o valor literario do que expresamos.

Solución: actividade libre.

Nesta actividade partimos do grupo, no que todos se enriquecerán coa opinión dos demais, para chegarmos ao particular nun debate onde falarán da felicidade.

Solución: actividade libre. É importante que na elección do voceiro ou voceira por parte do grupo, o profesor ou profesora que dirixe a actividade participe na mesma.

Actividades de creación artística

O alumnado debuxará o que di o texto seleccionado.

Solución: actividade libre.

4.3

4.4

4.5

4.2

4.1

Un misterio na mochila de Alba

Do libro a…

14 | OXFORD

1. OUTROS LIBROS

O bosque animadoFERNÁNDEZ FLÓREZ, Wenceslao. Vigo: Xerais, 2009.O libro narra as historias dos habitantes da fraga de Cecebre e das pantasmas ou aparecidos que pasean polo bosque. Mais na novela latexa o mundo das plantas e animais que constitúen o corazón que alimenta este paraíso natural da fraga.

No corazón do bosqueFERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Vigo: Xerais, 2011.A obra conta a relación amistosa de Raquel, unha nena que vai cumprir dez anos, co trasno Derdrín. Das conversas entre a nena e o trasno coñeceremos os problemas de ambos e a forma de recuperar a beleza da fraga.

2. FILMES

O bosque animadoÁngel de la Cruz, Manuel Gómez (dirs.). Dygra Films, Galicia, 2001 (85 min).No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño veciño: o poste. Cando a harmonía da contorna é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán por recuperala. Primeira longametraxe con animación 3D de Europa.

Dentro del laberintoJim Henson (dir.). The Jim Henson Company / Lucasfi lm / TriStar Pictures / Henson Associates / Delphi V Productions, Reino Unido, 1986 (101 min).Película fantástica pola que transitan personaxes estraños, lugares insólitos e un labirinto cheo de perigos no que Sarah deberá atopar o seu irmán pequeno secuestrado polos trasnos e o malvado rei Jareth.

Mi vecino TotoroHayao Miyazaki (dir.). Studio Ghibli, Xapón, 1988 (86 min).Esta é a historia de Satsuki e Mei, dúas nenas que se trasladan ao campo para viviren co seu pai mentres a nai se recupera, no hospital, dunha enfermidade. No bosque dos arredores, as nenas descubrirán seres extraordinarios.

3. PÁXINAS DE INTERNET

» http://www.youtube.com/watch?v=YsxWAn5S1jQ Vídeo para ver como é unha orquestra.

» http://fi na.casalderrey.com/index2.htm Páxina web da autora do libro: Fina Casalderrey.

» http://www.youtube.com/watch?v=7tsH10_049w Video da película O Bosque animado.

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Tratamento da información e competencia dixital 1.1, 1.2 e 4.5

Competencia social e cidadá 4.4

Competencia para aprender a aprender 1.1, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 4.1 e 4.2

Autonomía e iniciativa persoal 1.1, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2, 4.3, 4.4 e 4.5

Competencia cultural e artística 1.2 e 4.5

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 4.1 e 4.5

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Lingua castelá e Literatura 1.1, 1.3, 2.1, 2.2, 2.3, 3.1, 3.2, 4.1 e 4.2

Educación artística 1.2, 4.3 e 4.5

Sobre os autores do CDLFuco Paz Souto, especialista en Lingua e Literatura Galega imparte a súa docencia nun centro

escolar na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de lingua e literatura española de secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en lingua e literatura da Universidade da Coruña. Tamén é autor de materiais didácticos na área de lingua e literatura e colabora en revistas didácticas especializadas.

texto Fuco Paz SoutoJosé Javier Pintor ElizaldeJuan Antonio Ruiz Gómez

CooRDINACIÓN Do PRoxeCto eDItoRIALMari Cruz Delgado Almansa

CooRDINACIÓN eDItoRIAL e eDICIÓNBrubim Ediciones

CooRDINACIÓN GRáfICAPurificación Fernández López

Deseño Ana María Sánchez Santiago Mosquera

mAquetACIÓNPila Iglesias

ILustRACIÓNMiguel Ordóñez

DoCumeNtACIÓN GRáfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press é un departamento da Universidade de Oxford. Como parte integrante desta institución, apoia e promove en todo o mundo os seus obxectivos de excelencia

e rigor nos eidos da investigación, erudición e educación, mediante a súa actividade editorial en:

Oxford Nova York Auckland Cidade do Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nova Delhi Xangai Taipei Toronto

Con oficinas en Arxentina Austria Brasil Chile Corea do Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Xapón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucraína Vietnam

Oxford e Oxford English son marcas rexistradas de Oxford University Press. oxford eDuCACIÓN é unha marca rexistrada en España por Oxford University Press España, S.A.

Material para o profesorado para o traballo na aula dos libros da colección «A árbore da lectura» elaborado segundo o proxecto editorial de Oxford Educación,

que foi debidamente supervisado e autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© Desta edición: Oxford University Press España, S. A., 2011

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a retransmisión de ningunha forma por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico,

por fotocopia, por rexistro e outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Oxford University Press España, S.A. concede permiso ao profesorado que empregue os materiais de oxford eDuCACIÓN para reproducir as páxinas que aparezan na indicación mAteRIAL fotoCoPIAbLe © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. non fai de seu os contidos das páxinas web pertencentes ou xestionadas por terceiros, ás que se acceda a través de calquera enderezo web citado nesta publicación. Polo tanto, exclúese calquera

responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puider derivar do acceso ás devanditas páxinas ou contidos.

As cuestións e solicitudes referentes á reprodución de calquera elemento deste libro, fóra dos límites anteriormente expostos, deben dirixirse ao Departamento Editorial de Oxford University Press España, S.A

ISBN: 978-84-673-6070-7