4
“A E.S.O. … mola!” Departamento de Orientación CEIP Emilio González López

Caderno de información para o alumnado de 6º

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Informa sobre aspectos xerais que diferencian 6º de 1º de ESO.

Citation preview

Page 1: Caderno de información para o alumnado de 6º

“A E.S.O. … mola!”

Departamento de Orientación CEIP Emilio González López

Page 2: Caderno de información para o alumnado de 6º

“A E.S.O.” Información sobre esta nova etapa

Preocupado/a? Por que?

Todas as persoas sentimos preocupación cando temos que facer un cambio

importante na nosa vida. Como serán as cousas? Serei capaz de facelas ben? E si

fracaso? Son preguntas frecuentes que nos veñen á mente neses momentos.

Seguramente que ti tamén sentes a mesma preocupación porque estás a piques de

rematar a Educación Primaria e vas iniciar a Educación Secundaria Obrigatoria: novos

profesores/as, novos compañeiros/as, novo centro, novos estudos...

É lóxico que sintas esa inquedanza... mais se tés confianza en ti mesm@, non hai

razón ningunha para que non sexas capaz de ter éxito nos novos estudos.

Traballa desde o primeiro día de curso e pide axuda cada vez que a precises.

Que é a E.S.O.?

Como seguramente xa sabes, a E.S.O. é unha etapa obrigatoria que comprende catro

cursos. Ao seu remate obtense o título de Graduado en Educación Secundaria co que se

pode pasar ao bacharelato ou á formación profesional de grao medio.

Materias que cursarás en 1º de E.S.O.

Materias Sesións Semanais

*Lingua e literatura galega. 4

*Lingua e literatura castelá. 4

*Ciencias sociais, xeografía e historia. 3

*Matemáticas. 4

Educación física. 2

*Ciencias da natureza. 4

Educación plástica e visual. 2

Lingua estranxeira 1. 3

**Lingua estranxeira 2. 2

Relixión/ Historia das relixións/At. Educativa 2

Page 3: Caderno de información para o alumnado de 6º

Proxecto interdisciplinar. 1

Titoría. 1

*Estas materias teñen reforzo educativo para quen o precise.

**Esta materia pode ser substituída por apoio nas linguas nalgúns casos.

Non hai materias optativas, pero deberás decidir, xunto coa túa familia entre:

- Cursar 1ª e 2ª lingua estranxeira (inglés ou francés).

- Relixión / Historia e cultura das relixións/Atención Educativa.

O proxecto interdisciplinar, permitirá que cos coñecementos que adquiras en todas

as materias, fagas un proxecto sobre unha temática concretada previamente co

mestre/a que imparte esta materia. Favorece o traballo en equipo.

Na titoría traballaranse aqueles aspectos que permitan mellorar a convivencia na

aula e máis no centro, técnicas de estudio...

Criterios de avaliación e promoción.

Un equipo avaliador decide a promoción do alumno/a ao final de cada curso.

Convocaranse probas extraordinarias en setembro.

Permanecerase un ano máis no mesmo curso:

- Cando o número de materias non superadas sexa superior a dúas.

Cada curso só se poderá repetir unha vez.

Si se promociona con materias pendentes hai que recuperalas nos cursos seguintes.

Os profesores/as.

Os institutos soen ter un número máis elevado de profesores/as que os colexios.

Por cada materia hai un/ha profesor/a, o que quere dicir que vas a ter tantos como

materias. Un deles será o teu titor/a: atenderá e preocuparase polos teus problemas e

manterá comunicación coa túa familia. Debes acudir a el/ela sempre que o precises.

O equipo directivo dos institutos soe estar formado por: director/a,

vicedirector/a, xefe/a de estudos e un secretario/a. Tamén conta con outro persoal

como o de conserxería, secretaría e limpeza.

Page 4: Caderno de información para o alumnado de 6º

Horarios e outros detalles.

O I.E.S. ao que está adscrito o noso centro é o David Buján de Sigrás.

O horario de clase é, actualmente, de 8:30 a 14:10 horas. Só hai clases pola mañá

agás un día, os luns no que tamén as terás pola tarde, de 16:30 a 18:10 horas. Cada clase

dura 50 minutos. Hai tamén dous recreos de 20 minutos cada un.

Tanto os profesores/as como os alumnos/as contan coa axuda do Departamento de

Orientación nos casos nos que presenten algunha dificultade especial ou precisan algún

tipo de asesoramento. Este departamento, por exemplo, organiza as clases de apoio,

sesións de técnicas de estudo, informa sobre as carreiras e estudios que lle interesen

aos alumnos e alumnas...

Queres uns consellos?

Non lle teñas medo á E.S.O. sempre que poñas un mínimo de interese e de esforzo.

Para levar ben o curso procura desde o primeiro día das clases:

- Facerte un horario de estudio na casa e cumprilo con regularidade.

- Presta atención nas clases.

- Pide toda a axuda que precises. Fala co teu titor/a ou profesor/a da

materia, sempre que creas que che fai falta. Tamén podes acudir ao

Departamento de Orientación.

- Fai algunha actividade deportiva e desfruta cos amigos e amigas.

- Conserva sempre os ánimos, aínda que teñas ás veces fracasos ou

problemas, pois estes axúdannos a aprender a superarnos e a facer

cada día mellor as cousas.