12
Ó son da melodía do río Eo A voz de Cándido Sanjurjo para nenos e nenas Escolma e notas de Xoán Babarro

CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

  • Upload
    suso-fa

  • View
    246

  • Download
    3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A voz de Cándido Sanjurjo para nenos e nenas. Escolma e notas de Xoán Babarro.

Citation preview

Page 1: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

1

Ó son da melodía do río Eo

A voz de Cándido Sanjurjo para nenos e nenas

Escolma e notas de Xoán Babarro

Page 2: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

2

Cándido en 1925

Page 3: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

3

Cándido Sanjurjo Fernández, nace o 13 de xaneiro de 1919 no barrio da Ponte,

parroquia de Santiago de Abres e concello da Veiga, no seo dunha familia numerosa. O

seu padre, Pedro, era natural da parroquia e concello de Santiso de Abres e a súa madre,

Rosa, da Casa da Rúa, na de Santiago. El facía o número 5 de entre oito irmáns.

Na escola de Abres desenvolve os estudos primarios e recibe certa formación literaria.

En 1929, con dez anos, participa nunha das súas primeiras representacións teatrais no

Pósito Marítimo-Terrestre e a partir de aí irase familiarizando, entre outras, con obras de

“Alfredo Nan de Allariz”, Xavier Prado “Lameiro”, Charlón e Hermida, Heliodoro

Fernández Gastañaduy..., autores dos que el lembraba fragmentos aínda de maior.

Bo coñecedor da cultura popular, foi un amante da literatura tradicional, da que

recompilou cántigas, xogos, contos, refráns e outros xéneros baixo o título Apousos que

deixa o tempo. Deixou, ademais, escolmado abundante léxico no seu Diccionario de mi

lengua vernácula. El, que exerceu de secretario da Asociación Astur-Galaica de Amigos

del Camino de Santiago, investigou sobre o trazado da vía norte do Camiño e sobre

outros aspectos históricos e etnográficos da comarca, tales como o ferrocarril mineiro

que ía de Vilaoudriz a Ribadeo. Moitos dos seus coñecementos quedaron rexistrados na

súa obra Entre Fonteo y el mar. Apuntes sobre el río Eo (1996), publicado pola

Consejería de Cultura do Principado de Asturias.

Entre as súas composicións poéticas destacan a elexía “Recuerdo amargo” e a loa ós

gaiteiros do Eo titulada “Recordando a Patricio e Leonardo”, publicadas en 1982 e

1983, respectivamente, no ribadense La Comarca del Eo, semanario onde deu a coñecer

unha longa serie de artigos baixo o título “Apuntes sobre el río Eo”. Na última etapa da

súa vida constituíu un referente cultural na redonda e, por toda a súa traxectoria vital, a

Asociación Cultural San Tirso del Eo outorgoulle en 2006 o premio Terra Viva.

Falece o 19 de abril de 2010. O día do seu enterro, o 21, a mencionada Asociación,

presidida por Ángel Prieto, tribútalle no adro da parroquial de Santiago unha sentida

homenaxe, con música de gaita e acordeón, recitando versos seus e declamando “Na

chegada a Ourense da primeira locomotora” de Manuel Curros Enríquez, un poeta

admirado por Sanjurjo do que se aprecian claras pegadas na súa poesía.

X. B. G.

Novembro de 2014

Page 4: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

4

1

RECUERDO AMARGO

(En lengua vernácula)

Page 5: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

5

Page 6: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

6

(Orixinal do autor)

1

VARIANTES: Pro = pero. Pra = para. *Blanco = branco. Nun = non. Friu, riu [sinéreses por motivos

métricos] = frío, río. I = e. *Os árboles = as árbores. *Hasta = ata. *Fai muito = hai moito. Truitas,

escuito... = Troitas, escoito... Iba = ía. *Manzanilla = macela. Abellois, alumois, cais... = abellóns,

alumóns, cans... Polegos = poexos. Chupamelos = chupameles, chuchameles. *Plateados = prateados.

*Corriente = corrente. *Limpia = limpa. Algueiros = argueiros. *Silbido = asubío. Volandeiros =

voandeiros. *Recuerdos = recordos. *Losas = lousas. *Estrellas = estrelas. Cas, ca = coas, coa. *Cosechas

= colleitas. Trai = trae. *Acongoxada = apesarada. *Fuerza mayor = forza maior. Solamente = soamente.

Silbeiros = silveiros. Vieiteiro = bieiteiro. I’os, i’as…= i os, i as…, e os, e as… Pol’a, pol’os… = pola,

polos… Ô = ó, ao.

SINÓNIMOS: Moñico = cestiño. Tarrelos = leitarega, leituga dos porcos. Bieiteiro = sabugueiro. Cabras

lolas = pitiñas da auga [insecto]. Fatados = fatos, grupos, rabaños. Baxegos = crías de salmón. Rei-reis =

xoaniñas, maruxiñas, porquiñas rubias. Algueiros = lixos. Canas = pólas, ponlas. Regañas = fendas,

físgoas, gretas. Lóntrigas = lontras.

DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como describe o autor a ribeira do río?

2. ¿Por que o poeta non pode escribir sobre os bonitos recordos da infancia?

Page 7: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

7

Fragmento do orixinal de “Recordando a Patricio e Leonardo” e “aclaraciois do autor”.

A Ponte Vella de Abres “según la tradición” que o autor reproduce en 1993 nunha edición

caseña do relatorio “Caminos de Santiago por el Eo”.

Page 8: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

8

2. XACALANDRINAS

–Chucurruchú, ¿pra unde vas María?

–Chucurruchú, vou pró sal.

–Chucurruchú, ¿pra que é o sal?

–Chucurruchú, pra salar as verzas.

–Chucurruchú ¿pra que son as verzas?

–Chucurruchú, pra dar ás vellas.

–Chucurruchú, ¿pra que son as vellas?

–Chucurruchú, pra pisar o millo.

–Chucurruchú, ¿pra que é o millo?

–Chucurruchú, pra dar ás pitas.

–Chucurruchú, ¿pra que son as pitas?

–Chucurruchú, pra poñe-los ovos.

–Chucurruchú, ¿pra que son os ovos?

–Chucurruchú, pra dar ós cregos.

–Chucurruchú, ¿pra que son os cregos?

–Chucurruchú, pra decir as misas.

–Chucurruchú, ¿pra que son as misas?

–Chucurruchú, pra subir ó Ceo.2

(Popular. Versión recollida en Apousos que deixa o tempo)

VARIANTES: Xacalandrinas = xacarandinas. Pra = para. Unde = onde. Pró = para o. Decir = dicir.

SINÓNIMOS: Xacalandrinas = xacarandainas, requilindorias, requilorios, divertimentos. Pita = galiña.

Crego = clérigo, cura.

DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Saberías identificar os nomes comúns e os propios?

2. ¿Serías capaz de recitar de memoria este diálogo?

Page 9: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

9

(14-III-1994)

(14-XII-2005)

Fragmentos de dúas cartas de C. Sanjurjo.

Page 10: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

10

Debuxo de C. Sanjurjo.

Page 11: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

11

[No CD, versión oral de “Chucurruchú…” e “Recuerdo amargo” de 1991]

Page 12: CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo

12

OS TEIXEDAIS

5