4
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Joseba Murazábal preséntase como un investigador incansable dos fenómenos sociais que o rodean para despois materializalos en creacións divertidas que nos ofrecen novas lecturas dos aspectos máis cotiáns da realidade. Fiel á tradición figurativa, desenvolve principalmente o seu traballo entre o óleo sobre lenzo e a pintura mural, aínda que tamén se atopa realizando pezas noutros formatos. Entre os seus últimos proxectos destaca a serie Fenómenos do rural, coa que retratou a varias mulleres do rural galego levando a cabo as súas faenas cotiás e outorgándolles superpoderes para dignificar e visibilizar os seus labores. Cunha mirada crítica e aceda, o seu traballo foi recoñecido en varias ocasións, destacando o primeiro premio de pintura no Certame Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009); o premio ao mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010); o premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012). Ademais, participou en diferentes mostras colectivas e os seus murais están presentes en varias cidades galegas e estatais. Case sen tocar, 2018.

Case sen tocar, 2018.193.146.39.203/bbaa/_documentos/Curso2019-2020/Teleco... · 2019-11-04 · Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Case sen tocar, 2018.193.146.39.203/bbaa/_documentos/Curso2019-2020/Teleco... · 2019-11-04 · Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Joseba Murazábal preséntase como uninvestigador incansable dos fenómenos sociais que o rodean para despois materializalos encreacións divertidas que nos ofrecen novas lecturas dos aspectos máis cotiáns da realidade. Fiel átradición figurativa, desenvolve principalmente o seu traballo entre o óleo sobre lenzo e a pinturamural, aínda que tamén se atopa realizando pezas noutros formatos. Entre os seus últimosproxectos destaca a serie Fenómenos do rural, coa que retratou a varias mulleres do rural galegolevando a cabo as súas faenas cotiás e outorgándolles superpoderes para dignificar e visibilizar osseus labores.

Cunha mirada crítica e aceda, o seu traballo foi recoñecido en varias ocasións, destacando oprimeiro premio de pintura no Certame Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009); opremio ao mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010); o premio do V Certame de PinturaArte Nova Galega (2012). Ademais, participou en diferentes mostras colectivas e os seus muraisestán presentes en varias cidades galegas e estatais.

Case sen tocar, 2018.

Page 2: Case sen tocar, 2018.193.146.39.203/bbaa/_documentos/Curso2019-2020/Teleco... · 2019-11-04 · Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que

Fórmaste na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que probablemente ten un dos perfísmáis conceptuais de España. Terminas dedicado á pintura figurativa. Isto fainos reflexionarun pouco sobre os clichés en relación a este tipo de centros de estudo e á propia artecontemporánea. Gustaríanos saber como foi a túa experiencia formativa, cando se inicia oteu interese pola pintura e se houbo algún punto de inflexión durante eses anos.

O primeiro ano de carreira tiven a Ánxel Huete de profesor de pintura. Ensinounos a pintar plano,estilo David Hockney. Iso foi perfecto para alguén coma eu. Era a primeira vez que pintaba e é aforma máis sinxela para empezar. Déuseme ben e non deixei de facelo en toda a carreira. A niveltécnico non podo dicir que me ensinaran moito en Pontevedra pero a nivel conceptual si.Almudena Fernández Fariña encamiñoume a dar coa serie Os meus amigos e os seus cans edespois Ignacio Pérez Jofre, unha vez rematada a carreira, animoume a seguir pintándoa. Conesa serie fíxenme pintor, pasei de non saber manexarme co óleo no primeiro cadro a gañar ocertame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra. As outras materias reforzaron a miñaforma de entender as imaxes. Diso funme dando conta cos anos. Creo que de Pontevedra saenmoi bos pintores, todos pintamos distinto, cada un á súa maneira. Isto é algo que non pasa ensitios onde se limitan a aprender a copiar ben.

O punto de inflexión tíveno unha vez rematada a carreira, despois de dúas semanas nun curso depintura con Guillermo Muñoz Beira. Saín de Chichón cunha forma máis ordenada de pintar e conalgún truco básico para ter o proceso do óleo máis controlado. Puxen en práctica o aprendidopintando Juancho e os seus cans. Gañei Novos Valores e iso motivoume o suficiente como paratomarme en serio a pintura até agora.

Nos teus traballos sobre lenzo, a elección do material pictórico é case unha declaración deintencións. Fálanos do lento do proceso, da mirada á tradición pictórica clásica...

Na carreira si, parece que usar cola de coello para preparar os lenzos e pintar ao óleo é ir aorevés. Os pintores que me gustaban atopábanse entre Velázquez e Mariano Fortuny e iso implicausar aceite. Por certo, paréceme un pecado que na biblioteca non houbese libros de Fortuny, IliáRepin, Anders Zorn, John Singer Sargent, Giovanni Boldini... os grandes do S.XIX en canto apintura realista. Eu tiven que ir descubríndoos aos poucos e son a base da figuración realistaactual.

Comezas retratando á túa contorna máis próxima a través do proxecto Os meus amigos eos seus cans. Xa desde ese momento, percíbese na túa obra un interese por mirar o cotián,por enxalzar situacións que habitualmente pasan desapercibidas. Como xorde esteinterese? Cal é a base á hora de seleccionar a escena?

Empecei en terceiro de carreira, Almudena viu que tiña un interese polo social pero moi desligadoda miña realidade máis próxima. As típicas fotos do semanal con persoas sufrindo convertíaas encadros bonitos de cor e vendibles. Deixei de facelo e deixei de vender cadros moitos anos.Empecei a ver nos meus amigos algo especial, algo ao que a xente que pinta non adoita teracceso. Mozos de barrio, cans de presa... Joder, vino clarísimo. Ademais, desde o retrato da miñacuadrilla facía referencia a unha xeración de mozos e mozas. Estaba a documentar algo que pasaen case todo o mundo a unha determinada idade nos barrios das cidades.

Levas uns anos realizando a serie Fenómenos do rural. Trátase de mulleres con súperpoderes, avoas do rural galego que teñen moito que contarnos. Empezas con retratos aoóleo sobre lenzo e logo co formato mural. Aínda que comparten concepto, son linguaxes eformas de expresión diferentes: varía o tamaño, o tipo de exposición ao público... En quese relacionan e que achega cada un?

Nos cadros case sempre os poderes adoitan ser máis sutís. A señora cortando a torta co fouciño,ou a que arranxa a antena subida á cheminea... se te despistas velas como escenas reais. Nosmurais déixome levar polos meus referentes e convértoas en heroínas de cómic. Enténdese oconcepto de forma máis inmediata. É moi divertido. Pero ás veces fago cadros moi esaxerados emurais con poderes máis discretos. A tendencia é o primeiro.

Page 3: Case sen tocar, 2018.193.146.39.203/bbaa/_documentos/Curso2019-2020/Teleco... · 2019-11-04 · Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que

Combinas realidade e ficción. Aquí hai varias fontes de inspiración...

Tiro sobre todo dos debuxos animados. Desde Naruto; Claudina, a ninja das ondas a Obelix; Amuller Nitromón. Pero tamén tiro de pelis como Mary Poppins, ou O ataque da muller de 50 pés.Moitas non teñen ningún referente como é o caso de Luisa, a muller acróbata ou Amparo, areposteira dous montes. O universo está construído, agora as ideas poden saír de calquera lado.

Partir a tarta, 2016.

É interesante que pintes a estas mulleres como superheroínas, cando as súas funcións, assúas tarefas cotiás (que tan importantes son para a estrutura social en xeral) adoitanquedar nun segundo plano. Hai unha intención reivindicativa?

Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que unha señorade 80 anos faga os domingos a comida para todos e logo recolla. Ou que se poña a podar amaceira enriba dunha escaleira. Levo varios anos observando a estas señoras e vin auténticastolemias. Só hai que pór atención á beirarrúa da estrada, é un escenario de auténticas proezasdiarias. A intención é clara, quero que se valore o seu traballo como se merece.

Noutras comunidades, é o home o que cultiva o campo e a horta e o papel da muller está notraballo do fogar. En Galicia sempre traballaron tanto dentro como fóra. Talvez por isto,xerouse un falso mito sobre a idea de matriarcado galego, confundindo o traballo fóra decasa con maior dominancia ou liberdade, cando o poder o seguía atesourando o home.Desde a túa experiencia coas mulleres retratadas, como ves a súa realidade?

A muller galega obtén tras unha vida de traballo unha forza real que mantén case ata que morre.Esta é a forza do minifundio. Nunca deixan de traballar a horta porque a terra é súa, a diferenzado que pasa nas zonas latifundistas. Ademais, a horta enténdese en Galicia como unha extensiónda casa polo que, igual que se fai a comida, se sachan as patacas. É certo que non somos unhasociedade matriarcal, se o fósemos seriamos o estudo de moitos antropólogos. Pero si é certo quena vellez a muller gaña poder na súa casa, e isto o penso por varias razóns. No rural os homesxubilados non adoitan axudar nas tarefas da casa. Os roles son inamovibles. As mulleresmanteñen a súa forma física, a ximnasia da horta, e por estatística viven máis ca os homes.Tamén creo que moitas están casadas con homes maiores que elas, polo que ou morren ouenferman antes.

Page 4: Case sen tocar, 2018.193.146.39.203/bbaa/_documentos/Curso2019-2020/Teleco... · 2019-11-04 · Ese é o problema. Hai que pensar que, aínda que todas o fagan, non é normal que

Por todo isto, creo que a muller do rural é moito máis libre na vellez a pesar de seguir traballandocomo mulas e coidando de todos os netos que lle carguen. De todas as mulleres que coñecín coneste traballo, a maioría eran viúvas ou tiñan que coidar dos seus maridos por algunhaenfermidade. Aínda que non coñezo estudos sobre estes datos que me invento, a realidade é fácilde ver.

A través do teu traballo con Fenómenos do rural, notaches algún cambio de apreciación dopúblico local sobre a arte?

Voume a mollar. Sobre a arte mural, a condición de que sexa bonito si. Pero sobre a arte... nonsei. En Carballo, que hai máis de 40 murais, os veciños censuraron un espido. A xente, en xeral,quere ver cousas estéticas. Por iso agora hai unha forte corrente abstracta e colorista nomuralismo. O realismo, sempre que sexa de bo gusto, triunfa. Este ano quería pintar a unhaseñora meando, do charco ía saír un arco iris; non o puiden facer.

Hai uns anos, nunha entrevista co tamén artista Joan Morera, falabas da precaria situaciónda arte en Galicia. Comentabas que moitos creadores e creadoras da túa xeración tiveronque emigrar (agora chamámolo irse ao estranxeiro) para comezar a ser valorados. Cambioualgo?

Para os artistas da miña xeración, peor. Por idade estánselles acabando as bolsas e os premios,as galerías seguen sen poder manter a un artista, sorte se te venden algo en Nadal. A xente buscaoutros traballos e vai facendo cousas, sen a idea tola de vivir unicamente da arte.

Tamén sucede que o traballo artístico está pouco valorado. Algunhas veces os concellosou institucións ofrecen a cesión do espazo para pintar aos artistas pensando que con isoxa están a ser remunerados. No teu caso cobras polo teu traballo. Desde a túa experiencia,como valoras a situación?

Si, eu cobro polos murais. O muralismo está peor pagado desde os festivais de arte urbana quedesde os concellos, polo menos falo desde a miña experiencia.

Actualmente estás a preparar novos proxectos. Podes contarnos algo sobre eles?

Teño un xoguete que quero sacar ao mercado e producilo en serie. Fixen varias tiradas pero oacabado non é moi profesional. É curioso, unha soa peza sería unha obra; 50 sería un traballoartesanal e 1000 ben feitos e ben empaquetados son un xoguete. Actualmente o teño parado.

Seguirás cos teus murais?

Teño varios murais previstos, un en Hospitalet, outro en Lugo e outro en Celanova.

Moitas grazas Joseba. Que vaia ben!