19

Chiquilin eume y jamón

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Chiquilin eume y jamón
Page 2: Chiquilin eume y jamón

1º-Introdución.2º-Economía.3º-Industria.4º-Servizos.5º-Tradicións e Festas.6º-Fragas do Eume.7º-Fauna.8º-Flora.

Page 3: Chiquilin eume y jamón

Comarca do Eume

A comarca do Eume está formada polos seguintes municipios: 1. A Capela, 2. As Pontes de García Rodríguez, 3. Cabanas, 4. Pontedeume

e 5. Monfero.

Page 4: Chiquilin eume y jamón

Economía

A Comarca do Eume ten recursos variados como: turismo, artesanía, cultura, pesca, agricultura, gandería…

-Turismo:-Turismo: Aqueles que visitan a Comarca do Eume están obrigados a visitar o Castelo dos Andrade, o Mosteiro de Monfero, as Fragas do Eume

(Parque Natural), entre outros.

Page 5: Chiquilin eume y jamón

INDUSTRIA

Leite Celta é unha empresa de orixe galega de envasado de leite, lácteos bebibles e derivados ( leite con zumes ) con sede en Andrade, Pontedeume.

Leite Celta foi fundada en 1.989. Situouse dende un principio como unha empresa do sector pero con sinais de identidade propios.

Page 6: Chiquilin eume y jamón

Endesa

A Central Térmica das Pontes está situada no concello das Pontes de García Rodríguez, pertencente á empresa eléctrica Endesa. Construíuse e púxose en

funcionamento entre os anos 1.972 e 1.976.

Page 7: Chiquilin eume y jamón

A enchedura do oco mineiro Das pontes (A Coruña) e a restauración do ámbito natural da antiga mina de carbón é un dos principais proxectos de recuperación de áreas industriais levado a cabo por Endesa. O obxectivo é dar unha solución económica, social e ambiental ao peche da mina Das Pontes coa creación dun

gran lago no oco da mina e a recuperación da entulleira.

Page 8: Chiquilin eume y jamón

Servizos

Servizos comerciais e empresariais. Neste tipo de servizos podemos atopar unha gran variedade de empresas. Restaurantes, nos que destacan as cantinas do Eume, como son: Cantina do Tres, Cantina Río Covés… Panaderías, como

a de Patricio en Pontedeume ou a de Vilar de Mouros na Capela. Salóns de peitado, como o de Rocío en Pontedeume.

Page 9: Chiquilin eume y jamón

CulturaCultura: Escondido no corazón das marabillosas e espectaculares Fragas do Eume, encontrase un antigo e maxico cenobio do século XII. Maxico pola súa

situación, envolto pola espesura dun verdadeiro bosque autoctono, maxico pola súa historia, xa que as súas pedras cóntannos mais de 10 séculos de

lexendarias e epicas aventuras.Coa fin de buscar novas fórmulas que permitisen impulsar ó sector primario da comarca, apareceu un Grupo chamado EuroEume, e todos os que

participaban naquel intre na Mesa Sectorial de Agricultura e Gandería, crearon a principios do ano 2.004 a agrupación Agroalimentaria do Eume, una

asociación integrada por empresas, cooperativas, agricultores e pastores relacionadas coas actividades de produción e transformación no medio rural.

Page 10: Chiquilin eume y jamón

A Comarca do Eume é unha das paisaxes máis fermosas de Galicia, aqueles que se achegan a este territorio poderán gozar dun paraíso natural privilexiado,

podendo facer rutas a pe ou a cabalo, rutas polo patrimonio histórico, etc.

Page 11: Chiquilin eume y jamón

A día de hoxe contan con mais de corenta empresas asociadas pertencentes a diversos sectores (hortícola, lácteo, cárnico, conserveiro, apícola, reposteiro…), que ofrecen produtos de calidade, fundamentalmente artesáns e galegos, ecolóxicos . Entre outros, comercializan produtos cárnicos co selo de Tenreira Galega, repostería artesanal, derivados lácteos como queixos e requeixo etc. Con isto o que pretenden é eliminar intermediarios, e así conseguir uns prezos máis xustos para os seus produtores.

Page 12: Chiquilin eume y jamón

A actividade pecuaria complementase no Monte Forgoselo coa cría de gando cabalar (todos os anos se celebra no mesmo una tradición ancestral: A Rapa

das Bestas, festivas xornadas en onde os mozos atrapan e montan ós cabalos, márcannos e lles cortan as crines.

Por outro lado temos a Casa do Mel, con flora tan rica e variada como a galega, non é de estrañar que se perciba una actividade apícola intensa en

todas as súas comarcas, xa sexa como economía principal dos seus habitantes ou como apoio a outras rendas agrícolas ou gandeiras.

Page 13: Chiquilin eume y jamón

Nos municipios que rodean as Fragas do Eume atopamos varias tradicións que podemos destacar. En Pontedeume é típico a festa das Peras, que dura varios días, nos que destacan os mómaros, a cucaña e os famosos fogos artificiais. En As Pontes destaca a festa da Fraga, que é unha romaría ó lado do río Eume. En Monfero atopamos a feira do Grelo, a que van moitas persoas a comprar e vender grelos entre outras cousas. Na Capela o máis tradicional é o requeixo, co que celebran unha feira na que venden moita cantidade. Outra tradición galega que tamén temos na comarca do Eume é o típico baile chamado “Muiñeira”.

Page 14: Chiquilin eume y jamón

Fragas do Eume

As fragas do Eume, entre os concellos de As Pontes, Monfero, Pontedeume, Capela e Cabanas.Presentan unha boa mostra de carballos, loureiros, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, salgueiros, freixo, pradairo, teixo, acivros, felgos brións e liques .Está protexido baixo a figura do parque natural e incluido na proposta para a rede Natural 2.000.

Page 15: Chiquilin eume y jamón

FaunaFAUNA:

1 Lombriz 8 Algalia 15 Peto2 Lesma 9 Denociña 16 Papuxa3 Píntega 10 Raposo 17 Ferreiro4 Musaraña 11 Londra 18 Pega marzas5 Ourizo 12 Vespora 19 Esquío6 Corzo 13 Araña 20 Gabian7 Xabarín 14 Piquelo azul 21 Curuxa

Page 16: Chiquilin eume y jamón

Flora

1 Carballo 6 Liques 11 Silva 2 Bidueiro 7 Acivro 12 Fentos 3 Castiñeiro 8 Sanguiño 13 Cogomelos 4 Hedra 9 Abeleira 14 Violetas 5 Salgueiro 10 Pradairo 15 Teixo

Page 17: Chiquilin eume y jamón
Page 18: Chiquilin eume y jamón

AUTORES:-David Purriños Pazos.-Lucía Fernández González.-Zaira García Edreira.

Page 19: Chiquilin eume y jamón