8
Nadal 2014 a micro pechado nº125 Compostela estrea feira de Nadal Q ue sería do ambiente ‘nadalenc’ de Barcelona sen os seus tradicionais mercados de artesanía? O máis popular é o de Santa Llúcia, cos seus postos de obxectos típicos do Nadal a carón da catedral. De forma similar, Compostela estreou este ano unha pequena feira na praza da Quintana. Agardamos que se consolide e aumente a súa oferta en vindeiras edicións. Antón Fernández Escuredo H.D.G. Entrevista: Eduard Velasco, gañador do Premio Pérez Parallé Opinión: Podemos, referendos de Escocia e Catalunya Crónicas: O magosto, concerto de Xabier Díaz en BCN Humor: refraneiro ladronicio Medios: Irmandade TV Creación literaria: de Vilarouto a Vilachá Festas: o Nadal NO INTERIOR...

Compostela estrea feira de Nadalmente con dous contos que, na miña opinión, están moi relacionados. Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros é unha narración exquisita, e

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • Nadal 2014

    a micro pechadonº125

    Compostela estrea feira de Nadal

    Que sería do ambiente ‘nadalenc’ de Barcelona sen os seus tradicionais mercados de artesanía? O máis popular é o de Santa Llúcia, cos seus postos de obxectos típicos do Nadal a carón da catedral. De forma similar, Compostela estreou este ano unha pequena feira na praza da Quintana. Agardamos que se consolide e aumente a súa oferta en vindeiras edicións.

    Antón Fernández Escuredo

    H.D.G.

    • Entrevista: Eduard Velasco, gañador do Premio Pérez Parallé

    • Opinión: Podemos, referendos de Escocia e Catalunya

    • Crónicas: O magosto, concerto de Xabier Díaz en BCN

    • Humor: refraneiro ladronicio• Medios: Irmandade TV• Creación literaria: de Vilarouto a Vilachá

    • Festas: o Nadal

    NO INTERIOR...

  • Nº 125

    Presentamos unha edición do A Micro Pechado con

    pequenos cambios de deseño mais

    o mesmo espírito de sempre, ofrecer

    información e opinión dende unha

    óptica independente e, se cadra, di-

    ferente. Temos unha versión persoal

    e contaminada do mundo, non o

    ocultamos; contaminada de utopía,

    de activismo, de compromiso coas

    comunidades e culturas minorizadas.

    Estar ‘entreculturas’ modela por

    completo as actividades de Ergac,

    colectivo editor desta publicación e

    tamén produtor do programa radiofó-

    nico ‘Galiza... algo máis’, un espazo

    de participación xa emblemático para

    a comunidade galega de Barcelona.

    Cun boletín e un programa de radio,

    e axudados dos medios sociais, pre-

    tendemos exercer os nosos dereitos

    de cidadáns, facendo ecoar a nosa

    voz na esfera pública.

    Unha vez expostas e aclaradas as

    intencións, só nos queda agardar

    que o mosaico de fotografías, ilustra-

    cións, artigos, crónicas, entrevistas,

    noticias e contos que compoñen este

    número os inviten á reflexión. E se

    non fose así, están convidados a in-

    tervir e a participar do cambio, se así

    o quixesen. Sempre atendemos as

    mensaxes que nos chegan ao mail.

    Bo Nadal

    Que buscamos

    [email protected]

    2

    a micro pechado

    •NA WEB EN PDF. Podes descargar o último número desta publicación, e todos os números anteriores, en formato pdf dende a web oficial de Ergac: www.ergac.org/amicropechado.html

    •EN PAPEL. Tamén podes obter esta publicación en formato impreso, mediante unha subscrición anual. Enviámosche á casa cada número, se nos indicas o teu enderezo postal a través do mail [email protected] e ingresas unha cota de 20 euros na conta de La Caixa 2100-1194-51-0100571924.

    •NO FACEBOOK. Nas redes sociais, dámos conta das novidades da comunidade galega de Catalunya que non podemos incluír no boletín por razóns de espazo ou de tempo.

    facebook.com/amicro.pechado

    A Micro Pechado

    TRANSMEDIA

    EMITIMOS EN GALEGO, DENDE BARCELONA PARA O MUNDO

    Sábados de cinco a seis da tarde,

    en directo en www.sants3radio.cat

    http://www.ergac.org/amicropechado.htmlhttp://www.ergac.org/amicropechado.htmlhttp://facebook.com/amicro.pechadohttp://sants3radio.cat

  • Nº 125

    EDUARD VELASCO, gañador dos premios Pérez Pallaré e Leiras Pulpeiro

    — Gañaches dous premios de poesía nun curto período de tempo. Que representa para ti este duplo recoñecemento?

    S empre alegra que guste o que fas e que che digan que hai unha calidade. Eu sempre fun de escribir pouquísi-mo e non sei se isto me vai levar a facelo con máis inten-sidade. O premio Pérez Parallé comporta a publicación en Espiral Maior, o que representa ter un poemario publicado nunha das coleccións máis pres-tixiosas do país. Soa ben, mais vívoo con terror e case con arrepentimento. Repaso o texto obsesivamente e cuestiónome se ese poemario vai achegar algo intere-sante ao panorama. Neste momento, agradezo tamén moitísimo o diñeiro dos premios, que me arranxaron o soldo duns meses.

    — Xa tes dúas novelas traducidas do cata-lán ao galego, Pan negro e As valgadas bra-vas. Que dificultades representa para ti a tradución inversa?Sempre puxen en cuestión esta etiqueta. Inversa, para quen? No meu caso, que son falante de galego a diario e me dedico a estudar a lingua e a cultura galegas desde hai anos, non representa ningunha dificultade distinta ás que podo ter ao traducir ao catalán. A mellor maneira de coñecer unha lingua é vivindo nela todo tipo de situacións. Para min a tradución é un traballo artesanal que require, sobre todo, tempo e paciencia. Dúbidas teño traducindo a calquera das dúas linguas e resólvoas cos dicionarios, coas gramáticas, cos corpus ou consultando a mellor ferramenta da que dispomos, que son os falantes, aos

    que agradezo sempre a paciencia e a sabedoría á hora de responder as miñas preguntas.

    — Como foi a experiencia de traducir O porco de pé. Sénteste agora máis próximo da literatura de Risco?A Fundación Vicente Risco permitiume levar adiante ese proxecto que consistía en traducir a novela conxunta-

    mente con dous contos que, na miña opinión, están moi relacionados. Do caso que lle aconteceu ao doutor

    Alveiros é unha narración exquisita, e Os europeos en Abrantes é unha novela inacabada que, a pesar diso, se pode ler coma un conto e comple-menta o anterior. Para min, O porco de pé ten máis interese histórico ca literario, aínda que lle hai que recoñecer unha boa dose de experimen-

    tación. Paréceme importante que estea traducida para coñecer unha época fundamental da cultura

    galega e para introducirse na figura de Vicente Risco, a quen cómpre coñecer para entender moitas cousas,

    máis alá da opinión que nos mereza a súa traxectoria.

    — En que proxectos traballas actualmente?Estou traducindo Paraules d’Opòton el vell, de Avel•lí Artís Gener, máis coñecido como Tísner. Unha novela catalá escrita en México nos anos 60 e ambientada na Galiza na que se recrea a descuberta de Europa por parte dos mexicas uns anos antes da invasión de América. Edita-rase, grazas á xenerosidade da familia Artís, o ano que vén en Hugin e Munin, a mesma editora que publicou As valgadas bravas. Teño tamén entre mans algunha tradu-ción que non quero revelar e ando nun proxecto literario e noutro fotográfico —en colaboración— que me gustaría que saísen adiante.

    ‘Alegra que guste o que fas, pero vivo o premio con terror’

    Filólogo e tradutor, o catalán Eduard del Castillo Velasco, asenta-do na Galiza, vén de gañar os premios de poesía Leiras Pulpeiro e Pérez Pallaré. Con este dobre recoñecemento e a próxima publi-cación do seu primeiro poemario, irrompe no panorama literario galego con voz propia.

    3

    a micro pechado

    HELENA DOMÍNGUEZ

    LETRAS

    REVISTA LUZES. Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, directores da revista, presentaron en decem-bro en Barcelona o nº 11, dedicado a Catalunya, co título ‘Catalunya sense tabús’.

    www.revistaluzes.com

    REVISTA ABRIU. A publica-ción científica de estudos de textua-lidade do Brasil, Galicia e Portugal, editada pola Universitat de Barcelo-na, vén de publicar o seu terceiro número, dedicado á novela negra. revistes.ub.edu/index.php/Abriu

    CERTAME ROSALÍA. O certa-me literario organizado pola Asocia-ción Cultural Rosalía de Castro de Cornellà entregou en novembro os premios 2014. Miriam Ferradáns, en poesía, e Alba Sánchez, en narrati-va, resultaron gañadoras.

    FOTO: facebook.com/

    premio.xosemariaperezparalle

    ‘A mellor maneira de

    coñecer unha lingua é vivindo

    nela todo tipo de situacións’

    @eduard_dcv

    [email protected]

    http://www.revistaluzes.comhttp://revistes.ub.edu/index.php/Abriuhttps://www.facebook.com/premio.xosemariaperezparallehttps://www.facebook.com/premio.xosemariaperezparallehttps://twitter.com/eduard_dcv

  • nº125

    Escòcia i Catalunya: ‘Small is beatiful’

    Un bon grapat d’economistes diuen que, després de la crisi, es farà realitat a Europa una frase que a Brussel•les sentim sovint: “Small is beatiful”. No sé si les coses petites són més maques, però diuen que hi ha alguns països petits que funcionen millor. Ei, tampoc cal fer-ne cas. La qüestió que plantegen Escòcia i Catalunya no és pas sobre la gran-dària o sobre l’economia. El referèn-dum escocès i el 9-N son un exemple de bones pràctiques democràtiques: els problemes s’han de resoldre votant. Vaig ser a Edinburg i Glasgow durant la setmana del referèndum. Hi havia il•lusió pel ‘Yes’, tothom que veies pel

    carrer significat políticament portava una xapa del Sí. I a més somreien! El No va ser el vot de la por, de la gent que no mostrava clarament la seva opinió. I també dels que dubtaven entre una opció i l’altra. En qualsevol cas, l’anomenada “Devo Max” era una oferta atractiva que, més o menys materialitzada, donarà moltes més competències als escocesos que fins ara. També vaig viatjar a Catalunya. Vaig passar, entre d’altres llocs, per Vic i Badalona. Contrast, pensareu. Doncs no. Cues i desafiament democràtic a una “consulta il•legal”. Tot just aquests dies sentia unes declaracions de la nova Comissària

    de Competència, la danesa Vestager on afirmava “Només hi ha una cosa que sempre trobo beneficiosa, amb referèndum o sense referèndum, i és escoltar la gent. No necessàriament perquè hi estiguis d’acord, però sense escoltar els altres, mai seràs tu més savi”. Aquesta és la UE que jo vull: la que no s’involucra però que no parla de referèndums il•legals ni de Fisca-lies. Hi ha res de dolent en sentir la opinió del poble? Justament, Dinamarca és un d’aquests països petits que rutllen econòmicament. Un exemple recu-rrent; un país on viuen 5,6 milions de persones. Small is beatiful.@silviofalcon

    POLÍTICA

    Podemos... afundilo todo

    A utopía serve para camiñar, esa é a cuestión, seguir camiñando. A pregunta é como e cara onde. Teño claro ao lado de quen: as persoas pobres, as maricas, as bolleras, as persoas trans, as traballadoras do sexo, as e os intersexuais, as excluí-das e os excluídos, as mulleres e os homes feministas, a clase traballado-ra, as boas persoas, as persoas en proceso se inmigración, as persoas con diversidade funcional, as exiliadas e exiliados internos e externos, as víti-mas desta sociedade violenta, racista, heterosexista e machistas, as persoas desafiuzadas, as persoas desobedien-tes e desafiantes, as persoas pacifis-tas que saben que non hai arma máis

    poderosa que a palabra, as galegas e os galegos que queren existir, as persoas que seguen crendo que Ada Colau, Rosa Parks, o Che Guevara ou Nelson Mandela son outros nomes para a figura de Cristo, as persoas que manteñen a maxia de continuar cren-do que outro mundo é posible máis aló dos ismos dos uns e dos outros.Quero camiñar sabendo que non é im-portante chegar senón seguir adiante. Pero non me vale facelo de calquera xeito. Importa o que, pero sobre todo, importa como, o xeito. Xuntar ética e política, pasado e presente, pen-samentos e sentimentos, palabras e feitos, xustiza social e humana e liberdade. Ese é o camiño.

    Podemos, unha forza política saída da crise de crises na que fomos conde-nados a vivir, é unha forza que nada ten que ver co exemplo de democra-cia, desobediencia pública, pacífica e civismo que vivimos en Catalunya o pasado 9-N. Unha forza que vén tentar o xogo maligno dese pacto de silenzo chamado ‘transición’ e que gosta tanto á dereita coma á esquerda máis desubicada, e tanto dá, porque ao final, os extremos acaban por tocarse.Non creo que no século XXI lle intere-se a ninguén ter un presidente que se declara abertamente stalinista. Cando chegará o século XXI?

    dende Bruxelas

    4

    a micro pechado

    Silvio Falcón,

    dende BarcelonaGalego Lorquiano,

    “AQUESTA ÉS LA UE QUE JO VULL: LA QUE NO PARLA DE REFERÈNDUMS IL•LEGALS NI DE FISCALIES”

    “PODEMOS É UNHA FORZA QUE NADA TEN QUE VER CO EXEMPLO DE DEMOCRACIA QUE VIVIMOS O 9-N”

    S.O.S lingua galega

    O proceso de substitución lingüística do galego polo castelán avanza na Galiza con pasos de xigante. Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Esta-tística (IGE), en dez anos, a porcentaxe dos cidadáns que só falan galego caeu trece puntos. Pero sen dúbida,

    o máis preocupante é a perda de falantes habituais en-tre 5 e 14 anos, cunha baixada de case 11 puntos en-tre 2008 e 2013. O 75% dos rapaces menores de 15 anos usa sempre ou maioritariamente o castelán. Estes preocupantes datos, que corresponden a unha enquisa

    http://twitter.com/silviofalcon

  • Nº 125

    Escribo este artigo cando lembramos o 96º aniversario da I Asemblea Nazonalista organizada en Lugo polas Irmandades da Fala. Non deixa de ser curioso que agora un novo proxecto xornalístico recolla o nome daquela organización política e cultural que fixo tanto polo noso país. Falo de Irmandade TV, unha nova canle que xurdiu hai un ano como entidade sen ánimo de lucro máis con arelas de levar a imaxe na nosa lingua a todos os recunchos do mundo. Desde o seu plató televisivo no Polígono do Tambre en Compostela conseguiron facer, a través de internet, horas e horas de debates, entrevis-tas, reportaxes e música. Un ano despois a idea evolucionou. Coa intención de medrar en contidos e calidade os promotores decidiron no mes de outubro pasar a ser unha empresa de comunica-ción, modesta mais con moito futuro. Cando escribo estas liñas, atópanse de cheo nun primeiro proceso de capitalización para dar entrada a todas aquelas persoas que pensen que o galego e a información independente teñen que ter un espazo propio e máis visual neste século XXI. Entre os seus proxectos fi-gura traballar noutros formatos comunicativos como a radio e a posibilidade de chegar aos fogares galegos grazas á TDT e ao FM.Antes do inicio da nova tempada, prevista para o mes de decembro, Irmandade TV visitou Catalunya para estar presente e cubrir a consulta cidadá do 9-N a través dunha re-portaxe. Un equipo formado polo seu funda-dor, Aurélio Lopes, e eu mesmo estivemos en Barcelona, falamos con parte da colectivida-de galega e comprobamos da boa saúde que manteñen entidades como ACGB ou ERGaC. Faltou unha presentación do proxecto, algo que se fará máis adiante. Iso si, a relación con todos eles vai ser estreita. Agardade a ver a nova programación. www.irmandade.tv

    5

    a micro pechado

    A TV galega do futuro

    Neste mundo hai honestidade e hai desvergoña. Hai honra-dez e hai corrupción, hai quen ten e hai quen non ten, pero temos evidencias que dan pistas…‘O que come cabrito e cabra non ten, de algures lle vén’‘Sancristía que vende cera e non ten colmea… que o digan as candeas da igrexa’‘Quen moito logrou a alguén llo quitou’‘A sorte do rico ten débeda co pobre’E non digo que os malos costumes sexan xenéticos, que tamén pode ser, senón que o ladroízo pode ser un destino ao que un chega como quen non quere a cousa…‘Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña’Quizais un mal costume que de repetido se converte en vicio. Para que traballar se co atallo de prear chégase antes? Se xa caíches no vicio, se xa tes merda ata os nocellos pero porque caíches de cabeza na merda, hai varios mantras que alivian e poden axudarche a sobre levalo:‘A murmuración pasa e o diñeiro queda na casa’‘O que-dirán logo pasa e o diñeiro queda na casa’‘Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña’Chegados a este punto, resulta curioso que sempre nos parece peor a conduta do veciño que a nosa propia. Sempre hai alguén peor ou, se non, buscámolo para que o noso mal quede reduci-do e minimizado:‘A corrupción é como a merda, só nos cheira a dos de-mais’‘Só vemos a palla no ollo alleo e non vemos a viga no noso’E se finalmente buscamos consolo, pensemos que aí pode che-gar calquera…‘O mellor viño vólvese vinagre’

    XOSÉ MANUEL FDEZ MONTES

    Refraneiro Ladroízo

    ANTÓN FDEZ. ESCUREDO

    @Hermanager

    sobre uso e coñecemento do galego realizada no 2013, foron dados a coñecer un venres da ponte de decembro, para evitar que xerasen re-bumbio social. Poden consultar o estudo deta-llado, aquí: http://ves.cat/l_5Q

    @anton_escuredo

    http://www.irmandade.tvhttp://twitter.com/hermanagerhttp://ves.cat/l_5Qhttp://twitter.com/anton_escuredo

  • a micro pechado

    VoltaCumpriu un dos seus obxectivos na vida: volver a Vilachá. E faino como mestra da Escola Pública Municipal. Xa se entretivo bastantes anos en ceavogas. Poderá arranxar a casa dos pais e vivir nela co home e mais cos dous fillos. Ten o hábito de dicir NON ao seu home, e sempre SI aos fillos. Logo, se nun segundo asalto, cómpre mudar de táctica, múdaa. Corre un mes de santos ben desaxeitado, con forzas da natureza emperradas en desarborar o inevitable camiño ao inverno. Desde que comezou o curso vai recuperando faces e historias, e celebra estes novos tempos. E, inevitablemente, comezan os indicios.Na clase de 5º de primaria, a Paula cóntalle contos, froito da súa imaxinación de 11 anos e das súas orixes caribeñas. A mestra vese a si mesma, cativa e bolboreta, antes de coñecer a seu pai. No bolso ela, a Alicia, leva unha foto antiga, da familia, en gris, ela o máis lonxe do pai; non a toca, pero vai aí, consigo, como talismán defensor. Os acontecementos, xa ben enleados de seu, complicáronse máis hai uns quince anos. A Alicia pasa o tractor polas agras dos Pereiros, preto do río e non lonxe do Castro. Nunha das viravoltas ve escintilar un obxecto no medio do rego que vén de abrir. Á sorpresa segue o pulo de collelo. Agarda unha miga, e do brillo comeza a saír un fume amarelado, unha néboa pequecha. A ra-cionalidade da Alicia, moza, faille pisar o acelerador e pasarlle por riba, outra volta, co arado. Por máis que buscou e rebuscou días despois, animada coa posibilidade de ter algo máxico (elimina-dor de imaxes, de escenas abraiantes), nada volveu aparecer. Nunha das celebracións que agora a Alicia comparte con familiares e amigos, contou o do tractor e mais o do obxecto brillante. Ata entón non se atrevera. E molestouse. Ningunha reacción, como quen oe chover. Ela tamén sabe que as cousas veñen sendo máis fondas. Hoxe, 11 de santos, na aula 7 da Escola Pública Municipal, a Alicia mira pola fiestra e alégrase de estar aquí, en Vilachá. Ben sabe que este regreso é un regreso a si mesma, á súa estabilidade. Sábeo porque xa non precisa cavar (deixou de levar a eixada no automóbil), e onte agochou o longo machete que o pai trouxera, daquela, de México.

    LITO CARAMÉS

    De vilarouto a vilachá

    A serie de relatos curtos ‘De Vilarouto a Vilachá’ comezou a publicarse en xaneiro de 2005. Dende entón, o seu autor, o escritor galego-catalán Lito Caramés, leva creado un particular microcosmos inspirado na realidade de calquera aldea ou vila galega.

    O concerto de Xabier Díaz tivo lugar no Centre Cultural Lleidatà de Barcelona, na Ronda Universitat, ás 20:30h. Houbo cheo ata a bandeira, con maioría de público novo menor de 35 anos, moi entregado e atento. O concerto es-tivo dividido en tres partes, cada unha protagonizada por un instrumento de percusión dos que emprega normalmente Xabier Díaz. A peculiaridade deste evento foi que non era un

    concerto ao uso, senón un con-certo didáctico. A primeira parte protagonizouna a pandeireta, na que se falou dos diferentes ritmos e xeitos de to-car, ilustrada con tres temas can-tados. A segunda parte do con-certo protagonizouna a pandeira coa súa parte teórica, ademais da interpretación de catro temas de exemplo, un deles a capela.

    Xabier Díaz relatou a anécdota da gravación de Alan Lomax ao capador de porcos de Faramontaos, cuxa melodía foi ver-sioneada por Miles Davis .

    A terceira e última parte do concerto foi protagonizada polo pandeiro cadrado, cunha parte teórica máis curta e tres te-mas de exemplo. Para rematar, e co público moi entregado con moitos aplausos, Xabier Díaz, colleu un acordeón que lle deixaron, baixou do escenario e empezou a tocar e cantar o ‘Alalá da Nosa Señora da Barca’, con esa complicidade que ten estar entre o público asistente.

    A festa de aniversario non rematou alí, parte dos asistentes e membros da organización, como se fixera no primeiro ani-versario, foron cear xuntos. A festa rematou no mesmo local ca no primeiro aniversario, nunha taberna asturiana do casco vello da cidade de Barcelona, improvisando unha FIA (foliada intercultural aberta), coas gaitas e pandeiretas e as gorxas dos presentes.

    LECER

    Concerto de Xabier Díaz no aniversario da ACGB CRÓNICA

    A Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebrou o seu segundo aniversario cun con-certo a cargo do gran músico e investigador Xabier Díaz, última voz de Berrogüetto. Aínda

    que o aniversario do colectivo xa fora en mar-zo, a actuación tivo lugar o 24 de outubro, xa que non se puido programar antes o concer-to. JOAN CAMPIO

    amp nº125

    [email protected]

    [email protected]

  • amp nº125

    DECEMBROenchentas mil!

    BELÉN REAL

    No derradeiro mes do ano, prodúcense as maiores enchentes, coma se con el chegase a fin do mundo e houbese que ir ben cheo para a eternidade. A primeiros, comeza-mos coa ponte político/relixiosa, uns días de lecer que dan para ir preparando o bandullo para o que virá logo. É tempo de cogomelos e hai tantos xeitos de comelos coma variedades comestibles, ou máis. Pasados estes días, chegan as ceas de empre-sa. Sesións maratonianas, onde todos imos comer moito e ben. Paga o xefe, e para unha vez que se estira, hai que facerlle o gasto, non vaia ser o demo que se arrepinta do convite, e non queira repetilo.Pero a gran traca, a traca sen fin, é a partir do 24 de decembro. Os que vimos de fóra mesturamos costumes e celebrámolo todo. A Noiteboa coa familia cercana, pais e fillos. O Nadal, coa próxima, irmáns, sobriños e ache-gados. E o Sant Esteve, cos que faltaban. Os

    mariscos, o peixe e a carne ao forno case non deixan sitio para as doces sobremesas. No día de Nadal, e un pouco para asentar o estóma-go, cómese a “escudella”, unha sopa na que o caldo se fai cunha gran albóndega de carne, verduras, e legumes. Ao caldo, engadimos ‘galets’ –pasta- e os ‘tropezóns’ serven de segundo. Dous días cociñando dan para facer moita comida, e máis sendo galegos. No Sant Esteve xuntamos as sobras con xeito, engadi-mos un chisco de bechamel para facelo máis suave e agarimoso ao padal e facemos cane-lóns! O prato estrela do Segundo Nadal. Pero, por que é festivo o día despois de Nadal nos Països Catalans? Se cadra para o ano vindeiro, fálovos diso!

    Preto de 400 persoas participaron na que se está a con-verter na cita obrigada do outono dunha asociación que, como se define no seu web acgb.cat, traballa a prol dunha “ga-leguidade aberta, crítica, vital e creativa en todos os ámbitos”. Estes trazos tinguen esta celebración do bullote, máis coñecido como castaña, tan tradicional no noso país e replicado por un bo feixe de entidades da nosa diáspora.O programa da xornada tivo como celme unha boa chea. Churrasco, crioulos, queixo, viño e outros manxares do país fixeron as delicias das presentes –e tendo en conta que unha boa parte eran gale-gas, os seus padais non se ían con-formar con calquera produto galego-, así como a cervexa artesá Birrantia, elaborada con ingredientes e mans da nosa terra que viven Catalunya. A todo isto hai que engadir que xa consagrado o licor café, tampouco faltou na sobremesa. E por se non se tiveran cumpridas as expectativas, Baranga deleitou as presentes cunha queimada, conxuro incluído.Pero non só a farta foi a protagonista. Non podía faltar a nosa música: soaron gaitas –que deron pé á interpretación popular do Himno Galego- e unha morea de éxitos do noso rock bravú grazas a presenza dunha DJ. Alén diso, as cativas tiveron a oportunidade de gozar da ludotega –actividades culturais dirixi-das ás máis pequerrechas– e da maxia de Morning, un mago do Ribeiro afincado en Barcelona. A troula caeu antes do determinante #9N. Isto propiciou a pre-senza de Irmandade.tv –unha canle televisiva en liña en galego- e do alcalde da localidade, un Oriol Junqueras, presidente de Esquerra Republicana de Catalunya, quen achegou a Ana Mi-randa e Camilo Nogueira, do Bloque Nacionalista Galego, para compartir unha festa que para moitas tiña tamén un arrecendo de xornada de reflexión.https://sites.google.com/site/magostoenbarcelona

    Gostamos do magostoAgraciadas pola beizón da Virxe do Licor Café trala procesión guiada polo “bispo” Anxo Baranga, o pasado 8 de novembro, Sant Vicenç dels Horts acolleu unha nova edición do Magosto da Asociación Cultural Galega de Barcelona (ACGB).

    a micro pechado

    @belenrealRUBÉN PERMUI

    @rupermui

    ‘Churrasco, crioulos, queixo,

    viño e outros manxares fixeron

    as delicias das presentes’

    7

    CRÓNICA

    http://www.acgb.cathttps://sites.google.com/site/magostoenbarcelona/http://twitter.com/belenrealhttp://twitter.com/rupermui

  • A MICRO PECHADODirección: Helena Domínguez. Colaboradores: Martí Aviñoá, Eduard del Castillo Velasco, Antón F. Escuredo, Xosé Manuel Fernández, Suso Mon, Lito Caramés, Ana Belén Real, Silvio Falcón, Joan Campio, Pablo AguiarMaquetación: Helena Domínguez CONTACTO: [email protected]/amicropechado.htmlTIRAXE: 250 exemplaresIMPRESIÓN: Master- Graf. Barcelona

    Edita: ERGaC-Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya. REXISTRO LEGAL Nº B-28699-2001

    APDO. CORREOS Nº. 501 08080 Barcelona

    www.ergac.org

    SUBSCRICIÓNS Distribución por correo postal a domicilio (6 números ao ano) mediante subscrición. Cota anual de 20 euros. Pagamento mediante ingreso en La Caixa: 2100-1194-51-0100571924 Esta publicación recibe unha subvención da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Agradécese a reprodución dos contidos citando a fonte de procedencia, así como a súa transmisión e distribu-ción en calquera forma ou medio. A dirección da publicación non se fai responsable das opinións dos colaboradores.

    Mar

    tí A

    viño

    á

    www.ergac.org/amicropechado.htmlhttp://www.ergac.org