2

Click here to load reader

Contrato para a formacion

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Contrato para a formacion

Citation preview

Page 1: Contrato para a formacion

Outras características do contrato

Que normativa se aplica

• Retribución: será durante o primeiro ano de contrato a fixada no Convenio Colectivo, sen que poida ser inferior ao salario mínimo interprofesional en proporción ao tempo traballado. Durante o segundo ano, será a fixada no Convenio Colectivo, sen que en ningún caso poida ser inferior ao salario mínimo interprofesional, con independencia do tempo dedicado á formación teórica.

• Finalizado o contrato, o empresario deberá entregar ao traballador un certificado da formación teórica e práctica adquirida.

• O traballador poderá solicitar da Administración Pública competente a expedición do correspondente certificado de profesionalidade.

• A acción protectora da Seguridade Social comprenderá todas as continxencias, situacións protexibles e prestacións, incluído o desemprego. Así mesmo, terase dereito á cobertura do Fondo de Garantía Salarial.

• A prestación económica por incapacidade temporal concederase de acordo co artigo 15 do R.D. 488/98, do 27 de marzo.

• Se o traballador continúa na empresa ao termo do contrato, non poderá concertarse un novo período de proba, computándose a duración do contrato a efectos de antigüidade na empresa.

• Artigo 11 do Estatuto dos Traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 35/2010, do 17 de setembro (B.O.E. do 18 de setembro).

Contrato para a

formaciónPara máis información:

Servicio Público de Empleo Estatal

www.redtrabaja.es901 11 99 99

Emprego

NIPO: 794-10-162-3

Page 2: Contrato para a formacion

Para quen

Como se formaliza o contrato, a súa duración e tempo dedicado á formación

• Traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vinte e un (excepcionalmente menores de vinte e cinco anos ata o 31 de decembro de 2011) que carezan da titulación ou certificado de profesionalidade requirido para realizar un contrato en prácticas.

• O límite máximo de idade non será de aplicación cando o contrato se concerte con persoas con discapacidade.

• Por escrito, expresando o oficio ou nivel ocupacional obxecto da aprendizaxe, o tempo dedicado á formación e a súa distribución horaria, a duración do contrato e o nome e cualificación profesional da persoa designada como titor.

• Deberase comunicar ao Servizo Público de Emprego no prazo dos dez días seguintes á súa concertación, ao igual que as prórrogas do mesmo.

• A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder os dous anos, sen que, en ningún

caso, se poidan superar os tres anos ou os catro anos cando se concerte con persoas con discapacidade.

• Poderanse acordar ata dúas prórrogas cunha duración mínima de seis meses.

• O tempo dedicado á formación teórica non deberá ser inferior ao 15% da xornada máxima prevista no Convenio Colectivo ou, na súa falta, da xornada máxima legal.

• A xornada será a tempo completo (sumando ao tempo de traballo efectivo o dedicado á formación teórica).

• Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

• Poderase establecer un período de proba que non será superior aos dous meses.

Que vantaxes obtén a empresa

• A partir do 18 de xuño de 2010 e ata o 31 de decembro de 2011, os contratos para a formación que se celebren con traballadores desempregados e inscritos na oficina de emprego terán dereito, durante toda a vixencia do contrato, incluídas as prórrogas, a unha bonificación do cento por cento das cotas empresariais á Seguridade Social

por continxencias comúns, así como das correspondentes a accidentes de traballo e enfermidades profesionais, desemprego, fondo de garantía salarial e formación profesional, correspondentes aos devanditos contratos. Tamén se bonificará o cento por cento das cotas dos traballadores á Seguridade Social durante toda a vixencia do contrato, incluídas as súas prórrogas.

• As bonificacións serán aplicables aos contratos concertados con anterioridade ao 18 de xuño de 2010 que sexan prorrogados entre a devandita data e o 31 de decembro de 2011 durante a vixencia das devanditas prórrogas.

• A contratación debe supor un incremento do nivel de emprego da empresa.

• As empresas están obrigadas a manter durante o período de duración da bonificación o nivel de emprego fixo alcanzado coa contratación.

• O incumprimento do mantemento do nivel de emprego alcanzado coa contratación dará lugar ao reintegro das bonificacións aplicadas.

• Os traballadores contratados serán obxectivo prioritario nos plans de formación para persoas ocupadas, así como de calquera outra medida de política activa de emprego.

• Se o contrato se transforma en indefinido, poderase obter a bonificación de 500 euros ao ano durante 3 anos (no caso de mulleres, tal bonificación será de 700 euros ao ano) regulada na Lei 35/2010, do 17 de setembro (B.O.E. do 18 de setembro).

CONTRATO PARA A FORmACIóN